Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Galicia - Wikipedia

Galicia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos, vexa: Galicia (homónimos)
Comunidade Autónoma de Galicia
Bandeira de Galiza Escudo de Galicia
(Bandeira e escudo de Galicia)
Mapa de localización de Galicia na península ibérica.
Agrandado
Mapa de localización de Galicia na península ibérica.
Mapa de localización de Galicia en Europa e no mundo.
Agrandado
Mapa de localización de Galicia en Europa e no mundo.
Capital Santiago de Compostela
Idiomas oficiais Galego e castelán
Cidade máis poboada Vigo
Superficie


 - total
 - % de España

Lugar nº 7


29 574 km²
5,8%

Poboación


 - Total (2003)
 - % de España
 - Densidade

Lugar nº 5


2.751.094 hab.
6,5%
92,36/km²

Taxa de natalidade (2002)
Taxa de mortalidade (2002)
7,1 por 1000
10,3 por 1000
Esperanza de vida ó nacer (2001)
Homes
Mulleres

80,1 anos
76,5 anos
83,6 anos
Xentilicio

 - galego
 - inglés
 - portugués
 - español


galego
galician
galego
gallego

Estatuto de Autonomía 6 de abril de 1981
Representación parlamentaria:

 - Congreso de España
 - Senado de España
 - Parlamento de Galicia



25 deputados
19 senadores
75 escanos
Moeda Euro (€)
Zona horaria UTC +1
Himno galego "Queixumes dos Pinos"
ISO 3166-2 GA
Presidente Emilio Pérez Touriño (PSdeG-PSOE)
editar

Galicia é unha nación establecida xurídica e administrativamente como Comunidade Autónoma con estatuto de nacionalidade histórica segundo a Constitución española e o seu Estatuto de Autonomía (ver Estatuto de Galicia) dentro do Reino de España e situada ó noroeste da Península Ibérica. Ó leste linda con Asturias e Castela e León, ó oeste co Océano Atlántico, ó norde co Mar Cantábrico) e ó sur coa República de Portugal, no escomezo un condado galego que se independizou do Reino de Galicia entre os anos 1128 e 1140.

Ten como primeira lingua oficial o galego. Lingua romance nada no Convento Lucense da antiga Gallaecia romana de influenza léxica pre-celta, celta, éuscara, xermánica, castelá (arabismos, prestamos lingüísticos, ortografía moderna e certos rasgos fonéticos) e amerindia. O galego moderno descende do galego-portugués, lingua medieval morta que daría lugar ós actuais galego e portugués.

A lingua galega fálase en Galicia, na fronteira con Asturias e Castela e León, no noroeste da comunidade autónoma española de Estremadura e nas comunidades de galegos emigrantes en Arxentina e Uruguai (máis de tres millóns de emigrantes galegos e descendentes de emigrantes galegos vivindo naqueles países).

A lingua galega é a primeira lingua oficial de Galicia e comparte co-oficialidade co castelán que é oficial en todo o estado. As linguas co-oficiais de España (galego, catalán e éuscaro) están en proceso de ser oficializadas en todo o territorio español.

A cultura galega é froito de elementos aportados por diversos pobos que se estableceron en Galicia. Galicia ten a súa orixe cultural na cultura megalítica da fachada atlántica europea e na cultura dos petroglifos. Comparte orixes antropolóxicas cos pobos británicos segundo estudos recentes do Trinity College en Dublín Irlanda.

Os primeiros poboadores de Galicia son os oestrimnios e pobos de orixe indoeuropea, concretamente celta (galos e bretóns).

A fusión destes dous pobos no noroeste peninsular dará lugar á cultura dos castros, cultura na que deixaron a súa impronta tamén os romanos.

Posteriormente Galicia será invadida por varias trebas xermánicas. Nun primeiro momento os Suevos farán de Galicia o primeiro Reino independente de Europa, posteriormente este reino será anexionado polos Visigodos. Galicia recibirá tamén no transcorrer da súa historia a viquingos, bretóns e irlandeses. Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica dúas cidades galegas serán atacadas: Santiago de Compostela e Lugo. O reparto do antigo reino visigodo, que se fai entre árabes, sirios e bérberes, dalle a estos últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do Magreb, así que deciden non asentarse. Galicia igual que outros territorios da Península Ibérica tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha comunidade xudía importante denantes recibi-la influenza cultural castelá nos últimos 900 anos da súa historia. Tamén cabe destacar na cultura galega a influenza cultural chegada dende América Latina, dende as Illas Británicas e dende o centro de Europa grazas ó Camiño de Santiago. Culturalmente posúe patróns conxuntos coas rexións portuguesas de Trás-os-Montes e Baixo Minho (antigos territorios galegos) na música, nos costumes, nas tradicións, etc.

A consideración de Galicia como nación e unha procura constante dun maior grao de autogoberno que son defendidas por un número significativo de cidadáns. As tendenzas nacionalistas e mesmo non-nacionalistas en Galicia son na súa meirande parte de tipo federalista, isto é, a formación dunha federación co resto dos actuais territorios españois. Tamén existen grupos independentistas.

Ten uns 2,8 millóns de habitantes (2002) cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte da franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña.

Índice

Símbolos institucionais

Administración do Territorio

División administrativa (provincias)

Concellos por provincia

Divisións administrativas de Galicia
Provincias 4
Comarcas 53
Concellos 315
Parroquias 3.778
Principais concellos e vilas
Agrandado
Principais concellos e vilas
Concellos menos poboados de Galicia.
Agrandado
Concellos menos poboados de Galicia.

Comarcas

Partidos xudiciais

Vilas


Economía

Galicia é unha terra de contrastes económicos. Mentres a costa oeste, sé dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación, a zona rural das provincias de Ourense e Lugo basa a maioría da súa economía na agricultura tradicional, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras. O crecemento do turismo, aproveitamento forestal sostible e agricultura orgánica e natural, así como explotacións gandeiras de certo tamaño están aumentando as posibilidades da economía galega.

Aséntanse en Galicia poucas grandes industrias. Cabe contar entre elas coa planta de Alúmina-Aluminio que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao, a industria manufactureira de automóbiles da tamén multinacional Citroën en Vigo, a refinería de A Coruña ou os asteleiros de Ferrol e Vigo, con desigual sorte e en proceso de reconversión case contínua na súa maioría dende os anos 80. Nos anos 90 unha industria galega estase a desenvolver de xeito internacional, a manufactureira téxtil Zara, con sé en Arteixo.

As industrias manufactureiras de produtos agrícolas están en pleno retroceso, caendo en mans foráneas as industrias de derivados lácteos e outras sufrindo unha reestruturación, como lle pasou á antiga industria estatal 'FRIGSA' ('Frigoríficos Industriales de Galicia') que acabou sendo desmantelada e tratando de ocupar o seu lugar unha serie de empresas moito máis pequenas.

A pesca, na que tradicionalmente Galicia é unha potencia, ven mermando o número de capturas dende hai anos tanto polo esgotamento das pesquerías tradicionais como polas condicións políticas de acceso ás mesmas. Estánse comezando a desenvolver os cultivos mariños, algúns deles seguindo a liña tradicional das mexiloneiras (que aínda hoxe representan a maioría do valor de especies cultivadas) ou as cetáreas.

A agricultura e gandeiría pasaron nunha xeración de ser practicamente de subsistencia a ser de comercialización, e seguen a sufrir cambios debido ó impacto da incorporación na UE e as condicións de entrada. O número de explotacións agrarias está caendo rapidamente, así como se está a concentrar a cuota leiteira, por citar dous indicadores.

O turismo, de desenvolvemento máis tardío que noutras zonas da península, representa hoxe en día unha importante fonte de ingresos, se ben se concentran na costa (en particular nas rías baixas) e Santiago.

A balanza exterior galega ten signo positivo, obtendo preto de 600 millóns de euros de superávit no ano 2002. Os principais socios comerciais de Galicia atópanse na Unión Europea.

Case a metade dos empregos en Galicia están adicados ó sector servizo (582.000 persoas dun total de 1.072.000 traballadores, (2002)), seguido pola industria (máis de douscentos mil), e agricultura e construción con aproximadamente a mesma cantidade de traballadores. Curiosamente, é no sector agrario onde é menor a taxa de paro: 2,9%, estando no sector terciario no 9%.

Ver tamén:

Xeografía

Límites

Dimensións de Galicia

O territorio de Galicia está comprendido entre 43º47'N (Estaca de Bares) e 41º49'N (Fronteira con Portugal no parque do Xerés) en latitude. En lonxitude, entre 6º42'O (límite entre Ourense e Zamora) e 9º18'O (Acadado prácticamente en dous lugares: cabo da Nave en Fisterra e cabo Touriñán).

A Costa

A costa galega ten multitude entrantes e saíntes e illas pequenas, e en xeral é escarpada ou con descensos pouco suaves. Alternan lugares con características diferentes, como Corrubedo nas Rías Baixas ou a Rasa Cantábrica na Mariña de Lugo, a primeira un lugar de características dunares nunha costa de perfil baixo, e a segunda unha zona de deposición xeolóxica elevada sobre o seu nivel orixinal. Os dous puntos citados son exemplos de lugares que reciben moitas visitas debido ás súas características físicas e fermosura: alí se atopan respectivamente o Parque Dunar de Corrubedo e a Praia das Catedrais.

A maioría da poboación vive na zona das rías atlánticas, nos maiores núcleos urbáns e as súas zonas de influencia. As rías teñen importancia pesqueira, contribuíndo a que a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo. Asemade atraen multitude de turistas polas magníficas vistas e praias (a maioría de area branca e suave) e mar tranquilo.

As rías

Xeograficamente, un dos puntos característicos de Galicia é a presenza das rías, indentacións na costa nas que o mar anega vales fluviais por descenso do nivel terrestre (ascenso relativo do nivel mariño). As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galiza.

As Rías Altas son a de Ribadeo, Foz, Viveiro, O Vicedo, no Mar Cantábrico (é dicir, ó leste de Estaca de Bares como punto máis ó norte de Galiza), e Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Betanzos A Coruña, Corme e Laxe e Camariñas.

As Rías Baixas, todas na fachada atlántica, son de maior tamaño. Enumeradas (de norte a sur) son Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo.

Cabos

Os máis coñecidos son:

  • Estaca de Bares, que marca o punto máis ó norte de Galicia e a separación entre Océano Atlántico e Mar Cantábrico, entre as rías de O Vicedo e Ortigueira.
  • Cabo Ortegal, entre a ría de Ortigueira e os cantís de Teixido.
  • Cabo Prior, ó norte de Ferrol.
  • Punta Santo Adrao, preto a Malpica.
  • Cabo Vilán, que limita a ría de Camariñas.
  • Cabo Touriñán, ó sur da ría de Camariñas.
  • Cabo Fisterra, tendo nunha das súas beiras o punto máis occidental de Galicia.
  • Cabo Silleiro, que pecha polo sur a ría de Vigo.

Illas

Illa da Toxa
Agrandado
Illa da Toxa

Non se listan multitude de illas máis pequenas e illotes.

O interior

demograficamente, o interior galego está pouco densamente poboado, sufrindo emigración ás cidades costeiras (antes a Madrid, Barcelona e Europa, e antes aínda a América, onde os peninsulares aínda hoxe son chamados 'gallegos'), de xeito que se mantén a estructura poboacional en pequenos núcleos, pequenas vilas e a poboación diseminada en aldeas, o que se reproduce na costa pero con características diferentes debido á moito maior densidade poboacional.

O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas, con multitude de ríos, estruturados como tributarios do Río Miño no interior, e nas cuncas atlántica e cantábrica, ríos máis curtos (en particular os que van ó Mar Cantábrico). As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como ocorre nos Canóns do Sil. Noutras zonas aparecen amplios vales, se ben son minoritarios.

Galicia é percorrida de norte a sureste por dúas fallas tectónicas, partindo as características do chan galego por ditos lugares. Así, atopámonos na zona de Porriño con canteiras de granito, material moi abondante en boa parte de Galiza, pero ausente no extremo nordeste.

Ríos

Galicia califícase moitas veces como a terra dos ríos pola cantidade de cursos fluviais que mantén. En xeral, e debido á súa pequenez, salvo o Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros, non son navegables (excepción feita para pequenas barcas no tramo final sen pendente dalgúns, que propicia a celebración de festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Son ríos moi curtos na vertiente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente de Miño e Sil que teñen unha lonxitude de varios centos de km.

Existen moitos encoros para produción de enerxía eléctrica, debido ó caudal, pendente e angostura, o que produce tamén o fenómeno dos 'canóns', como os célebres canóns do Sil (moitos deles aproveitados para encoros).

Ver o listado de ríos de Galiza

Montes

As montañas máis altas son Pena Trevinca, con altura superior ós 2000 m (no límite administrativo da Comunidade Autónoma) e Cabeza de Manzaneda, ambas en Ourense.

Nembargantes, coas características antes citadas, existen diversas serras ou cadeas montañosas, entre elas:

  • O Xistral entre A Mariña de Lugo e a Terra Chá, con Cadramón (1019 m) e Monseiván (929 m) como puntos máis altos,
  • Os Ancares, facendo fronteira con León e Asturias, co pico de Pena Rubia (1821 m) como altura raíña,
  • O Courel, ó norte do río Sil, tamén en fronteira con León, co monte Faro (1606 m),
  • Serra do Eixo, con Pena Trevinca (2124 m), fronteira entre Ourense e Zamora,
  • Macizo de Manzaneda, con Cabeza de Manzaneda (1778 m), no corazón da provincia de Ourense,
  • Serra do Faro, co monte Cantelle (1222 m) fronteira entre Lugo e Pontevedra,
  • Cova da Serpe, co pico do mesmo nome (841 m) entre Lugo e A Coruña,
  • Montemaior, co pico de Meda (565 m) na provincia da Coruña,
  • Montes do Testeiro, entre Pontevedra e Ourense, co Faro de Avión (1151 m),
  • Serra da Peneda, Serra do Xerés e Serra do Larouco facendo fronteira entre Ourense e Portugal con montes como o Aguioncha (1240 m)

Natureza

Flora

Galicia ten unha grande porcentaxe de bosque, onde se desenvolven importantes especies forestais en estado natural, se ben nas últimas décadas as características boscosas están cambiando debido á importación do eucalipto, quedando un número de fragas reducido, en particular no centro-norte da provincia de Lugo.

Dentro do aproveitamento da terra fóronse introducindo diversos cultivos, pero respecto á cantidade de terra dedicada compiten cos pastos debido á presión do aproveitamento económico do gando.

Galicia é unha forte potencia de riqueza forestal para o Estado Español. A pesares dos incendios forestais que queiman moitas hectáreas tódolos anos, a madeira producida en Galicia é unha importante fonte de ingresos, así como a pasta de celulosa procedente de madeiras brandas. A rexión é unha zona de transición entre tres climas e os seus biotopos:

  • atlántico, con bosques de carballos, bidueiros, amieiros, etc.;
  • mediterráneo, principalmente nos vales interiores dos grandes ríos, con elementos significativos coma estevas, sobreiras, erbedos, etc.;
  • continental bastante suavizado, con elementos puntuais coma teixos, acivros, algúns abetos (alóctonos), piñeiros vermellos, etc.;

Debido á bonanza do clima, dánse tamén facilmente especies subtropicais e mesmo tropicais: palmeiras, orquídeas, etc. En Galicia houbo tres revolucións botánicas ou forestais, que se deron en tres épocas diferentes e con resultados ben distintos:

  • chegada do castiñeiro (Castanea sativa) cos romanos, rapidamente aclimatado e agora xa considerado coma autóctona;
  • chegada das repoboacións de piñeiro rodeno (Pinus pinaster), co tempo chamado mesmo piñeiro do país ou piñeiro galego, dende a descobremento de América, sobre todo para a construción de barcos;
  • chegada das repoboacións de eucalipto (especialmente Eucalyptus globulus), dende finais do século XIX.

Fauna

Os animais que se ven tópicamente como máis característicos de Galicia son domésticos, e corresponden as explotacións gandeiras. Nembargantes, os bosques e montes galegos albergan unha variedade de pequenos mamíferos (lebres, coellos) e outros non tan pequenos (como xabarís ou corzos) que son aproveitados nas tempadas de caza.

Dentro das aves, cabe citar ós varios sitios de paso ou invernada, zonas ZEPA, etc, como a da Ría de Ribadeo

Climatoloxía

Galicia ten un clima suave de tipo oceánico, caracterizado por precipitacións abundantes e permanentes.

Resumo dos datos do Observatorio Ramón María Aller de Santiago respecto ó ano 2002 como exemplo ilustrativo desta normalidade:

  • Choiva: 189 días de choiva (distribución normal de 50% de días chuviosos) con 2415,9 l/m2, distribuída na súa maioría nos tres derradeiros meses do ano.
  • Temperatura: mínima rexistrada de +0,6ºC e máxima de 32,8ºC.
  • Insolación: 1.663 horas e 40 minutos, a cantidade máis baixa con diferenza dos últimos anos (media anual, 2000 horas).
  • Outros: 28 días de tormenta.

O clima varía entre as costas, con oscilacións máis suaves, e o interior, no que se acadan en inverno as temperaturas máis frías (Manzaneda) e en verán as máis cálidas (Ourense).

Historia

Artigo principal Historia de Galiza
As etapas culturais máis importantes datadas en Galicia son:

Cultura megalítica

Artigo principal: Megalitismo en Galicia

A primeira claramente identificada, caracterízase pola súa capacidade construtora e arquitectónica, xunto co seu sentido relixioso, fundamentado no culto ós mortos como mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixioso abrangue a súa importancia ata a actualidade.

Estaban constituídos en clans. Desa época dan testemuña milleiros de mámoas e medorras espalladas por todo o territorio.

Idade de Bronce

É nestes tempos cando se acada o desenvolvemento metalúrxico, impulsado pola riqueza mineira. Parece que debido ós cambios climáticos, pobos da meseta se trasladaron á zona, incrementando a poboación e os conflitos entre pobos.

É a época de produción de diversos utensilios e xoias de ouro ou de bronce, que mesmo foron levadas máis aló dos Pirineos.

Etapa castrexa

Artigo principal: Cultura Castrexa

Floreceu na segunda metade da Idade de Ferro, resultado da fusión da cultura da Idade de Bronce e outras contribucións posteriores, coexistindo en parte coa época romana. Os celtas trouxeron novas variedades de gando, o cabalo domesticado e probablemente o centeo.

O primeiro pobo celta que invade Galicia é o dos Saefes, no século XI a.C. Someterá ó Oestrymnio, pero este influirá no primeiro sobre todo no eido da relixión, da organización política e das relacións marítimas con Bretaña e Inglaterra. O seu carácter eminentemente guerreiro fixo que Estrabón dixera deles que eran os máis difíciles de vencer de toda Lusitania.

Os castros son recintos fortificados de forma circular, provistos dun ou varios muros concéntricos, precedidos xeralmente do seu correspondente foxo e situados, os máis deles, no cume de outeiros e montañas. Entre os castros de tipo costeiro destacan o de Fazouro, Santa Trega, Baroña e O Neixón. No interior poden mencionarse os de Castromao e Viladonga. Común a todos eles é o feito de que o home se adapta ó terreo e non ó contrario.

En canto ós templos, a única construción atopada é a de Elviña. O de Meirás conserva unha necrópole. Noutros castros existían pequenas construcións en forma de caixa onde se gardaban as cinzas (cultura sorotáptica, dos campos de enterramento de furnas ou Urnenfelder como se coñecen pola súa denominación en alemán). Existe tamén outras parcialmente soterradas, cun depósito para a auga, nas que os vestixios de lume indican que debían servir para incinera-los cadáveres.

Dende finais do Megalítico aparecen insculturas sobre as rochas graníticas a ceo aberto das que se descoñece aínda a verdadeira orixe e significado.

A romanización

Artigo principal: Gallaecia

Os romanos someteron a Galicia para aproveita-los seus recursos mineiros. Co tempo convertiríana en provincia do imperio e recoñecerían a súa personalidade chamándoa Gallaecia. Con eles, os castros perderon o seu vello valor defensivo. Trouxeron novas técnicas, novas vías de comunicación, novas formas de organiza-la propiedade e unha lingua nova, pero foron tolerantes coa cultura existente.

O cristianismo chegaría a Galicia cos romanos. Lograría o que non acadou o latín e impúxose ó arrianismo dos suevos e ó paganismo prerromano. Os suevos, que mantiveron Galicia como reino independente cento setenta anos, foron progresivamente mediatizados polos visigodos. Foi na súa época na que se impuxeron definitivamente a lingua latina e o cristianismo, evolucionando o primeiro cara o galego e mesturándose a segunda cos costumes paganos.

O Islam chegaría ó sur de Galicia e só o norte se mantería como bastión da Reconquista ata que, logo de recupera-lo sur, este se independizara co nome de Portugal. As actividades económicas dos castrexos baséanse na agricultura e gandería-pastoril.

Idade Media

Artigo principal: Idade Media en Galicia

A aparición do Sepulcro do Apóstolo 'Sant Iago' en plena guerra da reconquista conferiulle a Galiza unha importancia clave dento do fortalecemento dos reinos cristiáns, erixíndose Santiago como centro relixioso e destino de pelegríns que fortaleceron as ligazóns con Europa. O 'Camiño de Santiago convertiuse nun eixe cultural polo que se espallaron, entre outros, a arte románica ou a lírica dos trobadores, facendo dela tamén un contrapeso cultural fronte ó centralismo.

Idade Moderna

Artigo principal: Galicia na Idade Moderna

A partir da escriturización normativa en castelán comezada por Afonso X, o galego como lingua comezou unha decadencia acelerada dentro do proceso de uniformización de España, pasando polos chamados "Séculos Escuros", nos que a supervivencia lingüística foi só oral. No século XVIII comezouse a tomar conciencia da situación de división lingüístico-social entre o pobo galegofalante e os poderosos, castelánfalantes.

Século XIX

Artigo principal: Galicia na Idade Contemporánea

En 1833 Galicia perde a súa representatividade como unidade administrativa e desaparece a Xunta do "Reino de Galicia". É aqui que nacen as actuais catro provincias galegas que estruturan o territorio baixo administración do goberno central. Atopamos neste século o primeiro xurdimento dun movemento político que vai defender Galicia por causa desta perda de poder.

O pronunciamento de Solís vai levantar en armas a unha parte do exército para defende-la Unidade de Galicia contra a perda da desa administración anterior. Finalmente foron masacrados na batalla de Compostela e en 23 de Abril de 1846 fusilados os sobreviventes, coñecidos a partir de aí coma os Mártires pola Liberdade ou Mártires de Carral.

O Rexurdimento supón unha tentativa culturalista de defensa da galeguidade posterior a esa tentativa política o afianzamento da conciencia de diferenciación cultural parella a un ideal político de autopertenza. Isto supón a recuperación da lingua galega como vehículo de expresión culto. Desta época son Rosalía de Castro, Murguía, Leiras Pulpeiro ou Eduardo Pondal, entre outros.

Século XX

Logo do provincialismo, federalismo e rexionalismo do século anterior, xorde a etapa da Solidaridad Gallega, de 1907 á Primeira Guerra Mundial, co obxectivo de conseguir unha fronte electoral unida para eliminar o caciquismo e acadar unha representación galega (o que se saldou cun fracaso).

Unha primeira etapa, ata Primo de Rivera, é a marcada polas Irmandades da Fala, cunha preocupación fundamental pola defensa da lingua. Ó extendérense, vai callando de novo a idea política do galeguismo. Así, Vicente Risco e Otero Pedrayo traballaron no aspecto cultural e tiveron contraparte no aspecto político en Porteira e Lois Peña Novo. O relevo constitúeo a chamada 'xeración Nós', en torno a revista do mesmo nome, acompañada de 1920 á Segunda República por unha preocupación pola creación dun galeguismo controlado e instrumental dende o moder político central.

Na Segunda República hai dúas tendencias fundamentais: a correspondente á Organización Republicana Gallega Autónoma e a contraparte no Partido Galleguista. O PG xorde da unión de varias tendencias representadas nas figuras de Vicente Risco, R. Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Suárez Picallo, Castelao...En 1936 o PG, para logra o estatuto para Galiza, aliouse coa Frente Popular e a resultas desa alianza sufríu unha escisión. Nembargantes, logrouse o Estatuto e Castelao presentouse a Cortes pouco antes da Guerra Civil española.

Franquismo

Durante o franquismo, cualificado por Celso Emilio Ferreiro de "longa noite de pedra", sucedéronse diferentes etapas represivas para coas ideas galeguistas, a partir da loita armada de moitos galeguistas en contra de Franco.

Na posguerra créase en Bos Aires o Consello de Galicia, comandado por Castelao e Suárez Picallo. No ano 1944 sae do prelo 'Sempre en Galiza', guía ideolóxica do galeguismo. Pouco a pouco váise optado polo mantemento dunha acción cultural, como manifesta a criación da editorial Galaxia.

No ano 1964 fúndanse a Unión do Pobo Galego (UPG, partido nacionalista de esquerda revolucionaria segundo o definiu Méndez Ferrín) e o Partido Socialista Galego (PSG, con X.M.Beiras e García Bodaño).

En democracia

(Ver a liña temporal á beira)

Cronoloxía (dende a democracia en España)
1975 Constitución da Xunta Democrática de Galicia
1976 Constitución da Táboa Democrática de Galicia
1977 Constitución da Asemblea de Parlamentarios de Galicia
1978 Xunta Preautonómica presidida por Antonio Rosón Pérez
1979 Xunta Preautonómica presidida por José Quiroga Suárez
1980 Referendo do Estatuto de Autonomía. Aprobado facendo referencia á Nacionalidade Histórica.
1981 Primeiras eleccións autonómicas
1982 Presidente da Xunta de Galicia: Xerardo Fernández Albor
1987 Presidente da Xunta de Galicia: Fernando González Laxe
1991 Presidente da Xunta de Galicia: Manuel Fraga Iribarne
2005 Presidente da Xunta de Galicia: Emilio Pérez Touriño

Lingua

As linguas que se falan en Galicia son o galego, (a lingua histórica local derivada do latín), o castelán (a lingua oficial en todo o estado español).

Dispois de varios séculos de imposición política da lingua castelá o galego acadou nos últimos decenios tamén o estatuto de lingua oficial na comunidade autónoma galega, e ámbolos dous son aprendidos nos centros de ensino. Existe un forte movemento social que busca mante-lo galego como lingua viva e propia de Galicia.

Hai que notar que tanto o galego como o portugués son derivados do antigo galego-portugués. As dúas linguas escomezaron a se afastaren progresivamente coa separación política de Portugal e Galicia. A posición sostida pola administración galega é que hoxe constitúen linguas separadas cada unha delas cas súas institucións, pero conservando algunhas ligazóns. Existe un movimento social en Galiza que defende que o galego non é unha língua nen separada, nen afastada do portugués, mais un outro dialecto do sistema galego-portugués, é o reintegracionismo.

A literatura galega foi destacada na idade media, voltando a rexurdir na actualidade, cunha ampla oferta de escritores galegos que son traducidos a diferentes linguas de todo o mundo.

Persoas destacables

A Ciencia en Galicia

Ver A Ciencia en Galicia

Arquitectos

Escritores

En orde alfabética (polo primeiro apelido). En galego:

(sen apelido)

... (ver Día das Letras Galegas)

En castelán:

Cine e Vídeo

Algúns Directores e Guionistas dos que hai páxinas nesta Galipedia:

Para unha información máis completa véxase:

Fotógrafos

  • Tono Arias
  • Ramón Capotillo
  • Andrea Costas
  • Manuel Ferrol
  • Mariano Grueiro
  • Manuel Lemos
  • Xurxo Lobato
  • Manuel Vilariño
  • Xulio Villarino

Política

Cronoloxía de Presidentes da Comunidade Autónoma de Galicia

Partidos políticos

  • PP de G 'Partido Popular de Galicia'
  • PSdeG 'Partido Socialista de Galicia-PSOE'
  • BNG 'Bloque Nacionalista Galego'
  • Partido Galeguista 'Partido Galeguista'
  • FPG 'Frente Popular galega'
  • EU 'Esquerda Unida'
  • Nos-UP 'Nós- Unidade Popular'

Ligazóns externas

Portal galego
Estatuto de Autonomía de Galiza
Instituto Galego de Estatística (I.G.E.)
Bloque Nacionalista Galego
Esquerda Unida - Izquierda Unida
Xornal electrónico galego
Plataforma Nunca mais
Xunta de Galiza
Informacións turísticas de Compostela

Universidades galegas

Universidade de Vigo
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de A Coruña
Galiza

A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra


España
Andalucía - Aragón - Principado de Asturias - Illas Baleares - Illas Canarias - Cantabria - Castela-A Mancha - Castela e León - Cataluña - Comunidade Valenciana - Estremadura - Galicia - Comunidade de Madrid - Rexión de Murcia - Comunidade Foral de Navarra - País Vasco - A Rioxa
Cidades autónomas
Ceuta - Melilla

Europa | España

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu