Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Portugal - Wikipedia

Portugal

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

República Portuguesa
Bandeira de Portugal Escudo de Portugal
Lema nacional: Não tem
Situación de Portugal
Lingua oficial Portugués
Capital Lisboa
Presidente Aníbal Cavaco Silva
Primer ministro José Sócrates
Área
 - Total
 - % auga
Posto 109º
92.391 km²
0,5%
Poboación
 - Total (2004)
 - Densidade
Posto 75º
10.524.145
114 hab./km²
Soberanía
Independencia
868, 1095
1128, 1143
Moeda Euro (€ EUR)1
Fuso horario
 - en verán
WET2, UTC
EST (UTC+1)
Hino nacional A Portuguesa
TLD (Internet) .pt
Código telefónico +351
Miembro de: UE, ONU, OTAN

1 Antes de 1999, o Escudo.
2 Nas Azores, UTC-1 (UTC en verán).

Portugal é un país situado no sudoeste da Europa, na zona Ocidental da Península Ibérica, delimitado ao norte e ao leste por España, ao sur e oeste polo Océano Atlántico. O territorio Portugués comprende ademais os arquipélagos autónomos das Azores e Madeira, situados no Oceano Atlántico, completando unha área total de 92,391 km².

Índice

[editar] Xeografía

As fronteiras de Portugal están definidas por montañas e ríos, sendo o interior montañoso, descendendo para planicies moi cultivadas. O punto máis alto do território portugués é a Montaña do Pico, situada na illa azoreana do mesmo nome, alcanzando 2.351 metros de altura.

[editar] Ríos

A Portugal atravesanno tres grandes rios: (Douro, Texo e Guadiana), tendo estes a súa nacente en España e desembocando nas principais cidades do país (os dous primeiros; o terceiro, na fronteira sur do país.

O río Miño (Minho en portugués) fai fronteira, durante a ultima parte do seu curso, entre Galiza e mais Portugal.

Mapa de Portugal
Agrandado
Mapa de Portugal

[editar] Distritos e rexións autónomas de Portugal

Vexa Distritos e rexións autónomas de Portugal

[editar] Principais Cidades

  • Lisboa (cerca de 1560 000 habitantes) é a capital, a maior cidade do país e detenta o principal porto marítimo. Foi a Capital Europea da Cultura en 1994 e hospedou a Exposición Internacional de 1998, a EXPO 98. Pola súa beira chega ó mar o río Texo. Ten bairros e monumentos mundialmente famosos, como o de Santa Xusta (co seu célebre ascensor) ou a excepcional Torre de Belém na confluencia de río e mar.
  • Porto, (cerca de 1 000 000 habitantes) a segunda maior cidade e porto marítimo, á beira do río Douro, célebre entre outras cousas polos seus viños.
  • Vila Nova de Gaia, (arredor de 300 000 habitantes).
  • Braga (cerca de 120 000 habitantes).
  • Coimbra (cerca de 100 000), importante centro industrial e universitario de renome tanto noutros tempos como hoxe.

[editar] Poboación

Portugal, incluindo os Arquipélagos das Azores e Madeira, ten unha poboación estimada en cuase 11.000.000 114 persoas, representando unha densidade poboacional de 108 persoas por quilómetro cadrado.

A poboación portuguesa é unha mestura de varios elementos étnicos, dende Ibéricos a Romanos, Visigodos e, máis tarde, Mouros. Así mesmo, ten pequenos aportes doutras poboacións, tais como das antigas colonias.

Os Portugueses son de poboación Europea mediterránea. Na súa orixe está esencialmente unha mistura de tribos Celtas e Iberas (chamados Celtiberos, como os Lusitanos, os Calaicos ou Gallaeci e os Conios, entre outras menos significativas, tais como os Bracari, Celtici, Coelerni, Eqvaesi, Grovii, Interamici, Levni, Luanqvi, Limici, Narbasi, Nemetati, Paesvri, Qvaqverni, Sevrbi, Tamagani, Tapoli, Zoelae, Turduli). Outras influencias importantes foran tamén os Romanos ( o portugués deriva do Latín), os Visigodos e os Suevos, todos os cais poboaran o que é hoxe territorio portugués. Influencias menores foran os Gregos e os Fenicios-Cartaxineses (con pequenas feitorías comerciais costeiras semi-permanentes), os Vándalos (Silingos e Asdingos) e os Alanos (ambos expulsados ou parcialmente integrados polos Visigodos).

[editar] Clima

O clima portugués varia consoante coa altitude, variando entre temperaturas elevadas e ambiente seco nas comparativamente baixas rexións do Sur e temperaturas medias menores con ambientes húmidos na zona norteña.

As choivas son constantes durante todo o ano coa excepción do período comprendido entre Xullo e Agosto, durante o que son virtualmente nulas.

[editar] Cultura

[editar] Idioma

O idioma oficial utilizado pola totalidade da poboación é o portugués. Ademais fálase o mirandés

[editar] Literatura

Na literatura portuguesa, é eminente a poesia, sendo os maiores poetas portugueses de todos os tempos Luís de Camões e Fernando Pessoa.

Na prosa, Gil Vicente, Padre António Vieira, Almeida Garrett, Eça de Queirós, Camilo Castelo Branco, Fernando Namora, José Cardoso Pires, António Lobo Antunes,e Damião de Góis, o Humanista portugués que a Inquisición condenou.

Ven emerxendo unha nova xeración moi sólida na poesia. Especial releve merecen tamén Cesário Verde, Florbela Espanca, Miguel Torga, António Ramos Rosa, Herberto Helder, Manuel Alegre, e o premio Nobel José Saramago .

[editar] Gastronomía

Moi rica e do agrado das xentes estranxeiras en xeral. Cada zona do país ten os seus pratos típicos, incluindo os máis diversificados alimentos, pasando polas deliciosas carnes, polos variados enxidos, polas varias especies de peixe fresco, de marisco e de bacallau, e acompañados polos indispensábles legumes frescos.

Portugal é un país fortemente vinícola, sendo célebres os viños do Douro, Alentexo e Dán, os viños verdes do Miño, e os licorosos do Porto e Madeira.

[editar] Turismo

  • O Algarve, ao sur de Portugal, é por excelencia o ponto turístico de portugueses e estranxeiros. O Clima e a temperatura da auga son os principais factores que contribuen para o gran crecemento do turismo nesta rexión. Compre destacar que na última década os portugueses veñen contribuindo e gran parte para o éxito do turismo.Tamén a inauguración do aeroporto de Faro na década de 60 contribuiu dun xeito inmenso para o afluxo de turistas das máis diferentes nacionalidades en especial británicos,alemáns e escadinavos. De destacar o número enorme de praias existentes entre Vila Real de Santo Antonio, Sagres e Aljezur e a gran cantidade de oferta para todos os prezos. Un pouco esquecido é o interior desta rexión, que aos poucos está a ser divulgado. De destacar a cidade de Silves e as freguesia de Alte, Salir, Querença entre muitas outras.
  • Lisboa e Porto atraen tamén moitos turistas, sendo consideradas cidades especialmente atractivas polo seu movemento nocturno, pola estreita relación cos respectivos ríos (Texo e Douro) e polo seu recheio de Monumentos. Porto é unha cidade que ven conquistando un lugar de relevo no panorama cultural do país e da Europa. Foi Capital Europea da Cultura en 2001. A Fundación de Serralves e a Casa da Música son de visita obrigatoria. O clube de futbol da cidade é tamén un dos máis coñecidos de Europa.
  • Madeira é tamén un pólo turístico, tanto polo seu clima ameno durante todo o ano coma pola súa excepcional gastronomía.
  • Outras atraccións importantes turísticas son as cidades Tomar, Sintra, Coimbra, Évora, Braga e Guimarães; e o Val do Río Douro, incluindo as gravuras paleolíticas de Foz Côa.

Na rexión de Lisboa compre destacar a "costa do estoril" e a "costa da caparica" como locais de veraneo para os habitantes da cidade de Lisboa. Entre cascais e sintra atópase o punto máis ocidental do continente europeo (só incluindo a parte continental, excluindo os Azores), o Cabo da Roca.

Fotografias de PORTUGAL

[editar] Relixión

Os portugueses son na súa maior parte crentes, 97 por cento na Relixión Católica . A constitución garante liberdade de relixión.

[editar] Política

En Portugal existen catro Órganos de Soberania, o Presidente da República, a Asemblea da República (parlamento), o Goberno e os Tribunais.

O Presidente da República é o Xefe de Estado e é eleito por sufraxio universal para un mandato de cinco anos, e exerce unha función de fiscalización sobre a actividade do Goberno.

A Asemblea da República funciona en Lisboa, no Palacio de San Bento e é eleita para un mandato de catro anos e neste momento conta con 230 deputados, eleitos en 22 círculos plurinominais en listas de partidos.

O Goberno presídeo o Primeiro Ministro, que é por regra o líder do partido máis votado en cada eleición lexislativa e é convidado nesa forma polo Presidente da República para formar Goberno. O Primeiro-Ministro é quen nomea os Ministros.

Os Tribunais administran a xustiza en nome do pobo, defendendo os dereitos e intereses dos cidadáns, impedindo a violación da legalidade democrática e dirimindo os conflitos de intereses que ocorran entre diversas entidades.

O panorama político portugués está dominado por dous partidos, o Partido Socialista (PS) e o Partido Social Democrata (PSD), estes dous teñen dividido as tarefas de gobernar e de administrar a maioria das autarquias praticamente desde a instauración da democracia. Sen embargo, partidos como o Partido Comunista Portugués (PCP), que detén aínda a presidencia de autarquias e unha influencia maior xunto do movimento sindical ou o Centro Democrático Social (CDS) que xa gobernou en coalición. Son tamén partidos importantes no xadrez político, o Bloco de Esquerda (BE) e mailo Partido Ecoloxista "Os Verdes" (PEV).

[editar] Situación na Unión Europea

Na actualidade é un dos actuais 25 membros da Unión Europea (a súa adhesión concretouse no 1986); é un dos 12 membros que integra a zona euro e cuxa lingua é unha das 11 linguas oficiais da Unión Europea.

[editar] Reis, Raiñas e Presidentes de Portugal

Vexa Reis, raíñas e presidentes de Portugal

[editar] Economía

Ao longo dos últimos 40 anos Portugal foi o país da OCDE cunha maior taxa de crecemento do PIB, coa excepción da Irlanda (fonte: OCDE).

Sendo aderido á Unión Europea en 1986, o país iniciou entón un período de fortes reformas e de elevados investimentos en infra-estruturas que se reflectarán nunha rápida aceleración do crecemento económico. Entre 1970 e 2003 o PIB 'per capita' medido en PPP (Paridade do Poder de Compra) creceu de pouco máis do 50% para preto do 70% do mesmo indicador para a media da Unión Europea (fonte: OCDE).

Portugal foi dos primeiros países seleccionados para a fase final da Unión Económica e Monetaria, iniciando a introdución do Euro como moeda a partir de 1 de xaneiro de 1999 (a circulación de billetes e moedas iniciou-se o 1 de xaneiro de 2002). A participación no Euro obriga o país ao cumprimento das regras do Pacto de Estabilidade e Crecemento, obrigando ao control das contas públicas e da inflacción, mais asegurando ao país niveis mínimos históricos da inflacción.

Actualmente a estrutura da economia basease nos servizos e na industria, que representan o 67,8% e o 28,2% do VAB (Fonte: INE, 2004).

[editar] Moeda

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

Desde o 1 de xaneiro de 2002 o Euro (EUR) sustituiu ao Escudo (PTE). A taxa de conversión é de 1 Euro = 200,482 Escudos.

Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros despois de 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía

Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía

Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

THIS WEB:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2006: