Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lugo - Wikipedia

Lugo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Lugo
Situación
Xentilicio 1: Lugués - Lucense
Xeografía
Provincia: Lugo
Comarca: Lugo
Área: 332 km²
Entidades de poboación: 64 parroquias -
Capital do concello:
Latitude e lonxitude: 43º00'40"Latitude Norte 7º33'30" Lonxitude Oeste
Altitude máxima: 783 m Monte Picato m.
Altitude mínima: m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2006)
Poboación: 94.287 hab.
Densidade: 284 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: %
Ás veces: %
Nunca: %
Política (2003)
Concelleiros 4: PPdeG 9 concelleiros (votos - %)
BNG 3 concelleiros (votos - %)
PSdeG-PSOE 13 concelleiros (votos - %)
Outros: - (- %)
Alcalde: Xosé Clemente López Orozco (PSdeG-PSOE)
Eleccións municipais en: 'Lugo'
Censo electoral (2003)
Total electores: 79.003 - 100 %
Votantes: 55.011 - 69,63 %
Abstencións: 23.992 - 30,37 %
Votos en branco: 960 - 1,76 %
Votos nulos: 320 - 0,58 %
Orzamentos 5 (2000)
Total ingresos:
Tributos propios por habitante:
Transferencias por habitante:
Consumo público por habitante:
Gasto de capital por habitante:
Enderezos
Enderezo físico:
Teléfono:
Fax:
Código Postal: 27.001/27004
Correo electrónico:
Sitio web oficial: http://www.lugo.es/

Notas: 1 Véxase no Galizionario.

2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións Municipais Maio 2003.
5 Datos de 2000, daquela non existía o Euro, convertíronse as pesetas a Euros.

(este artigo é sobre a cidade de Lugo, a información sobre a provincia do mesmo nome está no artigo: Provincia de Lugo).

Lugo é unha cidade galega de orixe romana (aínda que algunhas teses sosteñen que pode estar asentada sobre un castro celta) fundada no ano 25 adC que está bañada polo río Miño. É a capital da provincia do mesmo nome.

Índice

[editar] Xeografía

A cidade atópase nun outeiro rodeado polos ríos Miño, Rato e Chanca. A diferenza de altitude entre o centro da cidade e as beiras fluviais é considerable e mentres no centro da cidade a altitude é de 465 metros sobre o nivel do mar, no Miño á altura do Paseo Fluvial a altitude é de tan só 364 metros.

[editar] Clima

O clima en Lugo é oceánico continental con invernos fríos e veráns suaves. A temperatura media anual é de 11,7º e as precipitacións abundantes (1.000 litros ó ano). Con todo, e debido ao seu afastamento do Atlántico, esta cifra de precipitación pode ser considerada baixa en comparanza con comarcas das Rías Baixas ou Santiago.

[editar] Historia

No ano 26 a.C. chegou á que posteriormente sería a Gallaecia un corpo expedicionario romano ao mando de Caius Antistus Vetus para controlar o noroeste peninsular, e estableceu un campamento no territorio da actual Lugo no ano 25 a.C. ao que deu o nome de Lucus Augusti, que se converteu na capital da Gallaecia lucense. No ano 14 a.C. a cidade deixa de ser un campamento militar e convértese nun asentamento urbano civil, e a partir do ano 50 asístese á expansión da cidade, co asentamento de poboación indíxena dos castros próximos. Entre os anos 260 e 325 a cidade rodéase dunha muralla. Trala conquista sueva, a cidade perdeu a maioría dos seus habitantes, e só comezou a recuperarse no século X.

[editar] Monumentos de interese

Lugo conta coa única muralla romana que conserva todo o seu perímetro orixinal, das innumerables que existían no antigo Imperio Romano. A muralla ten máis de dous quilómetros de extensión e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 30 de novembro do ano 2000. Lugo tamén conta cun balneario de augas termais de orixe romana, unha ponte romana e multitude de mosaicos e outros vestixios romanos.

Outro edificio de interese é a catedral. A súa exposición permanente da hostia consagrada é única no orbe católico, o cal se reflicte no escudo da cidade, coa lenda Hic hoc misterivm fidei firmiter prifitemvr (Cremos con fidelidade neste misterio), en referencia ó misterio da consagración e do corpo de Cristo]" e que se trasladou ó propio escudo de Galicia), museos, institutos, ó campus universitario, ó Parque de Rosalía de Castro, etc...

[editar] Economía

Lugo é unha cidade de servizos, como corresponde á capital dunha provincia deste tipo. As principais actividades son as comerciais, a administración (delegacións da Xunta, de organismos estatais...) e servizos sanitarios e educativos.

O incremento constante da poboación da cidade fai da construción un dos principais sectores económicos do municipio.

A industria é moi escasa e dedícase case en exclusiva á transformación de produtos agrícolas (lácteas,cárnicas, madeira...). A reducida presenza de industrias, a ausencia de medianas e grandes empresas e certo estancamento económico fan de Lugo unha das cidades menos desenvolvidas de Galicia.


Evolución da poboación de: Lugo - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 26.959  31.137  53.743  72.574  91.426
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

[editar] Lugares de Lugo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lugo vexa: Lugares de Lugo.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Lugo

Adai (Santa María Madanela) | Bacurín (San Miguel) | Bascuas (Santa María) | Bazar (San Remixio) | Benade (Santo Estevo) | Bocamaos (San Xillao) | Bóveda (Santa María) | O Burgo (San Vicente) | Calde (San Pedro) | Camoira (Santo Estevo) | Carballido (San Martiño) | Coeo (San Vicente) | Coeses (Santa María Madanela) | Cuíña (Santalla) | Esperante (Santalla) | Gondar (Santa María) | Labio (San Pedro) | Lamas (Santalla) | Lugo | Mazoi (Santalla) | Meilán (Santiago) | Monte de Meda (Santa María Madanela) | Muxa (Santa María) | Ombreiro (San Martiño) | Orbazai (San Miguel) | O Outeiro das Camoiras (San Salvador) | Pedreda (San Vicente) | Pías (San Vicente) | Piúgos (Santiago) | Poutomillos (San Martiño) | Prógalo (Santiago) | Recimil (San Lourenzo) | Ribas de Miño (San Mamede) | Romeán (San Pedro) | Rubiás (San Xillao) | Saa (Santiago) | San Mamede dos Anxos (San Mamede) | San Martiño de Piñeiro (San Martiño) | San Pedro de Mera (San Pedro) | San Román (Santa Cristina) | San Salvador de Muxa (San Salvador) | San Xoán de Pena (San Xoán) | San Xoán do Alto (San Xoán) | San Xoán do Campo (San Xoán) | Santa Comba (San Pedro) | Santa María de Alta (Santa María) | Santa Marta de Fixós (Santa Marta) | Santalla de Bóveda de Mera (Santalla) | Santo André de Castro (Santo André) | Soñar (San Pedro) | Teixeiro (Santa María) | Tirimol (San Xoán) | Torible (Santa Mariña) | O Veral (San Vicente) | Vilachá de Mera (San Xillao)

[editar] Persoeiros Lucenses

[editar] Galería fotográfica


[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com