Ourense
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ourense | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Ourensá - Auriense |
Xeografía | |
Provincia: | Ourense |
Comarca: | Ourense |
Área: | 85,2 km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | Ourense |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | 134 m. |
Altitude mínima: | 54 m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 110.350 hab. |
Densidade: | 1271 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 92 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 45 % |
Ás veces: | 52 % |
Nunca: | 3 % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 14 (28.841 votos - 46,48 %) BNG 7 (15.165 votos - 24,44 %) PSdeG-PSOE 6 (12.187 votos - 19,64 %) Outros: - (- %) |
Alcalde: | Manuel Jaime Cabezas Enríquez (PP) |
Eleccións municipais en: 'Ourense' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | 101.547 - 100 % |
Votantes: | 62.503 - 61,55 % |
Abstencións: | 39.044 - 38,45 % |
Votos en branco: | 1.225 - 1,97 % |
Votos nulos: | 458 - 0,73 % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | 988 |
Fax: | |
Código Postal: | 32.054 |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | web do Concello de Ourense |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Ourense é a terceira cidade de Galicia por poboación, capital da provincia do seu nome. Ten 110.350 habitantes segundo o padrón municipal de 2006 (109.475 en 2003) e é cabeza da comarca homónima.
Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Loña. É coñecida como "A cidade das Burgas" debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68ºC). Destacan como monumentos a Catedral de Ourense (Século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Romana, O Claustro de San Francisco, as igrexas da Trindade e San Domingos, e o conxunto do seu casco antigo, en proceso de recuperación. Cidade Termal por excelencia, ademais das Burgas o visitante pode gozar das augas termais do balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa) e a próxima apertura doutros dous centros termais. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Laias e O Carballiño.
Evolución da poboación de: Ourense - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
15.194 | 21.579 | 55.574 | 94.346 | 108.600 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Historia
Bautizada polos romanos como "A ciadade de ouro" (Auriense) pola súa abundancia neste metal precioso, foi unha das máis importantes cidades da provincia romana de Hispania ata que se esgotaron as súas reservas deste mineral, que se atopaba no Río Miño. Tamén se cre que o nome da cidade ven do latín aquare urente (Augas abrasadoras), ou do xermánico Warmse (Lago quente), polas coñecídas fontes de augas termais, As Burgas, (nome derivado do latín Burca que significa pila), a parte destas fonte hai máis repartidas por toda a cidade. Destacan as situadas na parroquia de Canedo, e as termas da Chavasqueira, de uso gratuíto. Tras a dominación romana, Ourense seguiu sendo unha cidade importante debido á ponte sobre o río Miño. Esta situación estratéxica fixeron da cidade un importante núcleo comercial dende a Idade Media, e favoreceu o seu crecemento unha vez acadado o século XX. Tras as incursións árabes e normandas do século X e XI, iníciase unha lenta recuperación. En 1084 o bispo Ederonio restaura a catedral sobre os restos da anterior. Dona Tareixa de Portugal concede a xurisdición da cidade ao bispo e aos seus sucesores en 1122.
En 1860 constrúese a Estrada Villacastín-Vigo, e as novas liñas férreas provocan un crecemento da cidade e do casco urbán, construíndose unha nova ponte e novos barrios ao redor.
Actualmente Ourense é un importante nó de comunicacións onde se cruzan tres autoestradas, catro Estradas Nacionais, así como catro vías de ferrocarril. A estación Ourense-Empalme, unha das dúas estacións coa que conta a cidade, é a máis importante de Galicia, dende onde se centralíza todo ao tráfico ferroviario do noroeste da península
[editar] Xeografía
- Altura máxima de 134 metros
- Latitude: 42º 19' 59" N
- Lonxitude: 007º 51' 00" O
- Superficie: 85,2 km2.
[editar] Demografía e divisións
Segundo datos do Padrón Municipal do 1 de xaneiro de 2006, o concello de Ourense conta con 110.350 habitantes situados polo casco urbán e as 21 parroquias das que consta o concello. A densidade de poboación é de 1271 habitantes por quilómetro cadrado.
[editar] Política
Ourense é a capital da provincia, así mesmo cabeceira dunha comarca e partido xudicial. Ourense é a sé da Deputación Provincial de Ourense, as delegacións da Xunta de Galicia e a subdelegación do Goberno Central. Actualmente o goberno da cidade está en mans do PPdeG co alcalde Manuel Jaime Cabezas Henríquez.
[editar] Economía
A maior parte da cidadanía de Ourense traballa no sector servizos, aínda que tamén ten importancia o sector secundario, xa que a cidade conta con numerosas fábricas relacionadas coa química e os seus derivados. A cidade tamén recive a influencia do Parque Tecnolóxico de Galicia, que aínda que non se atopa no concello de Ourense, aporta grandes beneficios á cidade.
[editar] Climatoloxía
A situación climatolóxica de Ourense é moi especial. Conta cun clima oceánico cunha forte influencia do clima continental. A situación xeográfica da cidade, metida nun val, fai que os veráns sexan dunha extrema dureza acadando a maioría das veces temperaturas superiores aos 35°C en verán. En inverno as temperaturas son baixas, aínda que a maioría das veces non baixan dos 0°C.
[editar] Personalidades de Ourense
- Valentín Lamas Carvajal (Ourense, 1 de setembro de 1849 - 4 de setembro de 1906), escritor e xornalista. Fundou o primeiro xornal escrito integramente en galego "O tío Marcos da Portela"
- Eduardo Blanco Amor (Ourense, 14 de setembro de 1897 - Vigo, 1 de decembro de 1979), escritor e xornalista.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ourense | |
---|---|
Arrabaldo (Santa Cruz) | Beiro (Santa Baia) | Cabeza de Vaca (San Bieito) | Canedo (San Miguel) | O Castro de Beiro (Santo André) | Ceboliño (Bo Xesús) | Cudeiro (San Pedro) | Montealegre (A Milagrosa) | Ourense | Palmés (San Mamede) | Rairo (Santa Lucía) | Reza (Santa María) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) | Santiago das Caldas (Santiago) | Seixalbo (San Breixo) | Tras do Hospital (A Asunción) | Trasalba (San Pedro) | Untes (Santo Estevo) | Velle (Santa Marta) | Vilar de Astrés (Purísima Concepción) | Vista Fermosa (San Xosé) |
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||
[editar] Enlaces externos
Páxina do Concello de Ourense Páxina do Cámpus Universitario de Ourense