Galicia na Idade Contemporánea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia de Galiza |
---|
Prehistoria |
O Megalitismo |
Idade de Bronce |
Idade Antiga |
Cultura Castrexa |
Gallaecia |
Reino Suevo |
Idade Media |
Reino da Galiza |
A Época altomedieval |
A Galicia feudal |
Idade Moderna |
Idade Contemporánea |
O Século XIX |
A Restauración |
Século XX |
A Segunda República |
A época franquista |
Presente |
Galiza viveu desde o inicio da Idade Contemporánea (séculos XIX e XX) en permanente estado de atraso económico. Cun modelo de crecimento continuado -ainda que baixo- as posibilidades económicas non permitian absorber este incremento populacional, provocando así un forte movimento emigratorio que se converteu en endémico a partir de meados do XIX. Durante estes dous séculos acentuouse o deslocamento da povoación do interior cara a fachada atlántica. O primeiro grande movimento migratorio, durante a segunda metade do XIX, foi de carácter definitivo, era preferentemente masculino e tiña como destino América do Sul. Durante o primeiro tércio do XX incorporouse a muller, aumentou o número de emigrantes da Galiza interior e comezáronse a dar máis casos de retornados ("indianos"). Logo do paréntese dos anos 30 e 40 do século outro éxodo masivo tomou a dirección de América, Europa (Suíza e Alemaña) e España (Cataluña, País Basco e Madrid).
As estruturas forais do Antigo Rexime perpetuáronse durante o século XIX (incluindo até o 90% da superficie produtiva); non mudaron nen os cultivos nen as técnicas nen houbo mecanización; acentouse un minifundismo, situación que non comezou a se resolver até as concentracións parcelárias de fins do XX. A rede ferroviaria foi construída moi serodiamente.
A modernización comezou coa crise agrária de fins do XIX. Redimíronse os foros nas primeiras tres décadas do XX, convertindo aos camponeses en proprietarios. Neste momento tiveron importáncia os movimentos agraristas. A partir de entón eliminouse definitivamente o barbeito, comezáronse a usar adubos químicos, criáronse prados artificiais e introduciuse maquinaria. Na segunda metade do século produciuse unha especialización agraria acompañada de motorización e industrializáronse algúns seitores a partir de fórmulas cooperativas. A relativa prosperidade da banca, de carácter fundamentalmente local, estaba ligada ás remeseas dos emigrantes e á dispersión da povoación. A industria conserveira consolidouse a fins do XIX da man dos avanzos na construción naval, e especialmente a partir dos anos 60 do século XX. A industria hidroeléctrica conseguiu grandes beneficios a partir dos anos 40. Instaláronse industrias como ENCE, Endesa ou Citroën que aproveitan materias primas e man de obra.
A fidalguía decimonónica opúxose ás reformas liberais e apoiou movimentos retardatarios como o Carlismo, o que non impediu que esmorecese xa a comezos do XX. A burguesía, de orixe industrial, financeira e agraria, non tivo relevancia até a segunda metade do XX. Coa consolidación do estado liberal español, o centralismo provocou unha reacción galeguista a partir de meados do XIX de cariz culturalista e conservador nun princípio mais que se foi facendo cada vez máis progresista.
No século XX distínguense tres periodos: un primeiro tercio no que se frustraron as tentativas modernizadoras, outro de regresión durante o autarquismo franquista e unha modernización lenta a partir de 1960.
Galiza caíu rapidamente en maos dos militares sublevados con Franco. O Estatuto de Autonomía de 1981 foi recebido con indiferenza. O período de goberno autonómico até hoxe resúmese a nível político en unha década de limitada actividade, un axitado biénio de coaligazón e década e media de maiorías absolutas de Manuel Fraga Iribarne.