Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Narón - Wikipedia

Narón

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Narón
Situación
Xentilicio 1: Naronés
Xeografía
Provincia: Coruña
Comarca: Ferrol
Área: 66,2 km²
Entidades de poboación: -
Capital do concello: Cidade de Narón
Latitude e lonxitude:
Altitude máxima: - m.
Altitude mínima: m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2006)
Poboación: 36000 hab.
Densidade: 544 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: %
Ás veces: %
Nunca: %
Política (2003)
Concelleiros 4: PPdeG '(votos - %)
BNG ' (votos - %)
PSdeG-PSOE '(votos - %)
Outros: -' (- %)
Alcalde: Xoán Gato Díaz (Terra Galega)
Eleccións municipais en: 'Narón'
Censo electoral (2003)
Total electores: - 100 %
Votantes: - %
Abstencións: - %
Votos en branco: - %
Votos nulos: - %
Orzamentos 5 (2007)
Total ingresos: {{{totalingresos}}} €
Tributos propios por habitante:
Transferencias por habitante:
Consumo público por habitante:
Gasto de capital por habitante:
Enderezos
Enderezo físico: Estrada de Castela
Teléfono: 981337700
Fax: 981337701
Código Postal: 15570
Correo electrónico: naron@concellodenaron.com
Sitio web oficial: www.concellodenaron.com

Notas: 1 Véxase no Galizionario.

2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións Municipais Maio 2003.
5 Datos de 2000, daquela non existía o Euro, convertíronse as pesetas a Euros.

Concello galego na provincia da Coruña situado na ría de Ferrol e pertencente á comarca de Ferrolterra, sendo na actualidade a maior área de expansión urbana. O concello ten unha poboación de 34.404 habitantes segundo o Padrón municipal de 2004 (33.825 en 2003), polo que se sitúa nos nove concellos máis poboados de Galicia, sendo a cuarta cidade na provincia da Coruña logo das tres cidades quizais máis coñecidas: ( A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol ).

Índice

[editar] Xeografía Física

O seu territorio ten uns 66 km2 e debuxa un perímetro irregular dende Ferrol ata a parroquia do Val, onde un pequeno cordal pecha a chaira de Trasancos da saída ao mar, e logo nas parroquias de Sedes e Pedroso, onde o Monte dos Nenos (maior altura de Narón) forma o peche septentrional do concello, e dende onde se ven asombrosas vistas da ría de Ferrol. Na marxe meridional, só destaca o pequeno couto que da nome á parroquia onde se sitúa.

[editar] Demografía

É un concello misto, con sete parroquias eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e por un núcleo urbano de máis de 29000 hab. formado polos barrios da Gándara, A Solaina, Outo do Castiñeiro, O Couto, Freixeiro, O Feal, Piñeiros, O Ponto e Xuvia, destacando pola súa poboación os da Gándara, A Solaina, Outo do Castiñeiro e Piñeiros. Xentilicio (véxase no Galizionario) : Naronés

Evolución da poboación de: Narón - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 8.333  12.278  14.518  29.152  34.404
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

[editar] Lugares de interese

Este concello destaca sobremaneira polas súas paisaxes naturais, sobre todo as costeiras, aínda que acceder a estas últimas é un pouco difícil pola non existencia de roteiros planificados que ocultan fermosas aldeas e paraxes coma O Vilar na parroquia de O Val, ou a pena Molexa, que conta cunha fermosa lenda de orixe castrexa. Destaca asimesmo o mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto, románico do século XII e en non moi bo estado de conservación, así como dous muíños sitos en Xuvia, o das Aceñas (de mareas) e o Grande de Xuvia na desembocadura do río Xuvia. Tamén é necesario citar o conxunto de mámoas que se atopan no monte dos Nenos en Sedes, preto do Castro de Eiravedra e preto do lugar da Feira do Trece onde todos os anos se celebra un Oenach castrexo que reflexa un deses encontros entre as tribos ártabras que habitaban na Terra de Trasancos.

[editar] Economía e Urbanismo

É unha cidade inconclusa que aínda mantén os rasgos de ser unha antiga cidade dormitorio de Ferrol,que vivía tamén do sector naval, e que pouco a pouco se vai convertendo no principal motor industrial e de ocio da comarca de Ferrolterra.

En Narón está situado un dos meirandes polígonos industriais de toda Galiza, o Río do Pozo, no que se instalaron empresas tan importantes coma Inditex, Megasa ou Lidl. Existen ademais outros dous polígonos industriais, A Gándara, onde se atopa o maior centro comercial da comarca, o C.C. Odeón, e o polígono das Lagoas, onde hai unha cementeira das dúas que ten este concello.

O concello conta con vías rápidas de comunicación, xa que a autoestrada AP-9 no seu ramal a Ferrol atravesa o núcleo urbano, conta con dous ramais que unen o parque empresarial do Río do Pozo coa autoestrada e a circunvalación de Narón (en obras estes dous). Pasa ademais a autovía Ferrol - Vilalba e a vía de FEVE Ferrol - Xixón ten varios apeadoiros no concello.

A cidade de Narón é unha cidade que sufriu dun grave desorde urbanístico e que logo de varias décadas con plano urbanístico foi subsanando ese erro pouco a pouco. Exemplo disto son as liñas de alta tensión que ata hai pouco pasaban polo medio de populosos barrios, as vías de RENFE e FEVE que exercen de barreira e numerosas rúas sen saída e de escasos equipamentos incluso a menos dun quilómetro do concello. Sen embargo, grazas ao grande crecemento en número de vivendas, a cidade vai gañando en calidade de vida con novos parques (aínda así insuficientes), prazas e equipamentos como gas natural ou fibra óptica.

[editar] Cultura e Deportes

O concello conta cunha grande oferta de equipamento cultural, xa que a partir do ano 2007 contará cun dos maiores teatros e centros culturais de toda Galiza, o Pazo da Cultura, ademais de contar cunha biblioteca e un museo etnográfico na parroquia de Sedes sobre a típica vida labrega nesta comarca do país, Aldea Nova.

Narón ten un equipo de fútbol na terceira división e cun famoso rallye do certame galego. Ademais, en Narón practícanse moitas disciplinas deportivas, como se demostra na gala anual do deporte.

[editar] Ocio e entretenimento

Existen varias áreas recreativas coma a do muíno de Pedroso, que conta tamén con camping, ademais da da Picota, no Couto, en obras, e a Presa do Rei en Xuvia; e un parque urbano ás beiras do río Freixeiro, onde se está a construír unha das meirandes urbanizacións de toda a comarca, que incluirá o terceiro centro comercial do municipio. Os outros centros comeriais son Odeón e o CC Narón. No CC Odeón hai moitas tendas de famosas cadeas de roupa (Inditex e Cortefiel), unha grande boleira e numerosos restaurantes e cafetarías, así como 12 salas de cine.

Asimesmo, Narón é o referente actual na movida comarcal, incluso desbancando a Ferrol, xa que ao longo da Estrada de Castela, dende o barrio de Xubia ata Piñeiros hai multitude de pubs e cafeterías cheas calquera fin de semana.

[editar] Lugares de Narón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Narón vexa: Lugares de Narón.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón

Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)

Santa María do Val, San Mateo de Trasancos, Santa María de Castro, San Estevo de Sedes, San Lourenzo de Doso, San Xiao de Narón, San Salvador de Pedroso, núcleo urbano de Narón (formado por 6 parroquias: Santa Rita de Xuvia, Santa Icía de Xuvia, Santiago Apóstolo de Xuvia, San Xosé Obreiro de Xuvia, Nosa Señora dos Desamparados de Xuvia, San Martiño de Xuvia)

[editar] Véxase tamén

Comarca de Ferrolterra,Mosteiro do Couto,Astano

[editar] Resumo

A Fidalga Cidade de Narón, xa que logo, é un núclo urbano de primeiro nivel en Galiza, que conta con varias prazas, como a de Galiza, centro administrativo do concello ou as da Gándara ou A Solaina, sempre cheas de nenos e nenas xogando.

[editar] Enlaces externos

Galicia en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel, especialmente se vives neste sitio, e contribúe a que a Galipedia ofreza a mellor información posíbel sobre o noso país. Pódeche resultar útil ver outros artigos sobre Galicia ou consultar o nomenclátor oficial.
THIS WEB:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2006: