Comunidade Autónoma de Cataluña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Capital | Barcelona | ||
Linguas oficiais | castelán, catalán. Tamén é oficial o occitano, que no Val de Arán recibe a denominación oficial de aranés. | ||
Superficie - total - % de España |
Lugar nº 6 32.114 km² 6,3% |
||
Poboación - Total (2003) - % de España - Densidade |
Lugar nº 2 6.506.440 15,6% 190,73 hab./km² |
||
Xentilicio - Español - Catalán |
catalán/catalana català/catalana |
||
Estatuto de Autonomía | 20 de xullo de 2006 | ||
ISO 3166-2 | CT | ||
Hino oficial | Els Segadors | ||
Representación parlamentaria - Congreso - Senado |
46 escanos 7 escanos |
||
Presidente | Pasqual Maragall i Mira (PSC) | ||
Generalitat de Catalunya |
Cataluña (Catalunya en catalán, Catalunha en aranés) é unha das comunidades autónomas de España. Situada ó Noreste da Península Ibérica, comprende a maioría do territorio histórico da Cataluña, agás a Cataluña do Norte, baixo a Administración francesa. Limita ao Norte con Francia e Andorra, ao Este co Mar Mediterráneo, ao sur coa Comunidade Valenciana e ao Oeste con Aragón. Historicamente Cataluña é unha rexión histórica que engloba as comarcas do Vallespir, o Conflent, o Capcir, o Rosellón e a parte norte de Cerdaña ou Alta Cerdaña, territorios ultrapirenaicos dependentes dos antigos condados do Rosellón e da Cerdaña e que perencen ao actual departamento francés de os Pirineos Orientais. É frecuente que estas comarcas se engloben baixo o nome de Alta Cataluña. Cataluña é a comunidade autónoma coa maior produción industrial de España, e é onde residen o 25% dos extranxeiros do país.
Índice |
[editar] Lingua
O Estatut declara o catalán lingua propria de Cataluña. Tanto o catalán coma o castelán son linguas oficiais en todo o territorio. Ademáis, o aranés é unha lingua oficial no Val de Arán.
[editar] Política de Cataluña
- Véxase artigo principal: Política da Comunidade Autónoma de Cataluña
A Generalitat é a institución de autogoberno en Cataluña, componse dun Parlamento, un Presidente y un Consello Executivo [1].
O Parlamento de Cataluña (Parlament) ten 135 escanos, elixidos por sufraxio. O Parlamento é a ferramenta lexislativa de Cataluña [2].
O Presidente (President) e o Consello Executivo serven como autoridade executiva e son elixidos polo Parlamento. O Goberno catalán componse de 16 departamentos o consellerías [3].
Aínda que se atopan algunhas excepcións, a maior parte do poder xudicial encóntrase baixo a autoridade central española. Nembargantes, en Cataluña aplícase o Dereito Civil Catalán, o cal é distinto ao resto de [[España][4]. Unha lei catalana é regulada polo defensor do pobo (Síndic de Greuges) [5], o cal trata os problemas que poidan surxir entre os cidadáns ou organizacións coa Generalitat ou outros gobernos locais.
A rexión mantén unha loita política dende 1979 para obter maiores niveis de autonomía. Logo de Navarra e o País Basco, Cataluña ten o nivel máis alto de autogoberno de España. A Generalitat retén competencia exclusiva nalgunhas materias coma cultura, medioambente, comunicacións, transporte, comercio, seguridade pública e gobernos locais. En moitas áreas como a educación, seguridade social ou xustiza, a xurisdición compártese co resto do Estado Español [6]..
Un exemplo do nivel autonómico Catalán é que dispón da súa propria policía autónoma, os chamados Mossos d'Esquadra, quenes a día de hoxe están sustituíndo á Guardia Civil y Policía Nacional, a cal está baixo a autoridade do estado central. Ao chegar a completa sustitución no 2008 [7], o Estado Español manterá un número limitado de axentes na rexión para algunhas cuestións relaciondas co terrorismo e a inmigración. Así coma os Mossos d'Esquadra, os corpos da policía municipais están baixo a autoridade do goberno catalán [8].
A diferencia das comunidades de Navarra e o País Basco, Cataluña non ten o seu proprio sistema fiscal. Deste xeito o sostemento económico da administración catalana depende case na súa totalidade dos fondos recaudados pola imposición do Estado Español e presupuestado para Cataluña. Isto converteuse nunha das prioriaddes do proceso de reforma do Estatut que se está levando a cabo neste 2005 [9]. Logo de que moitos estudos feitos por algunhas universidades e entidades financieiras confirmaran dun alto nivel de déficit fiscal (é dicir, a rexión paga máis do que recibe) [10], recibiu un forte apoio social, reclamando un maior nivel de autonomía fiscal no novo estatuto.
[editar] Provincias
Cataluña fórmase por catro provincias:
- Provincia de Barcelona: Capital Barcelona
- Provincia de Xirona: Capital Xirona
- Provincia de Lleida: Capital Lleida
- Provincia de Tarragona: Capital Tarragona
Especial referencia hai que facer do Val de Arán, cunha lingua propia (variante do occitano ou provenzal) que si ben non está incluida dentro da organización provincial, si ten unha autonomía administrativa e tres linguas cooficiais.
As denominacións catalás das capitais de Xirona e Lérida e das súas correspondentes provincias son (como as galegas) as oficiais en todo o territorio español (lei 2/1992 do 28 de febreiro de 1992), aínda que segue a ser común referirse a elas co topónimo español.
[editar] Localidades
- Lista de municipios de Cataluña
[editar] Comarcas
- lista de comarcas de Cataluña
[editar] Vexa tamén
- Literatura en catalán
- Viella
- Viquipèdia (a wikipedia en catalán)