Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Vigo - Wikipedia

Vigo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos, vexa: Vigo (homónimos)
Vigo
Situación
Xentilicio 1: Vigués ou Olívico
Xeografía
Provincia: Pontevedra
Comarca: Vigo
Área: 109,4 km²
Entidades de poboación: 365
Capital do concello: Vigo
Latitude e lonxitude: 42º14' N e 8º40'O
Altitude máxima: - m.
Altitude mínima: 0 m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2005)
Poboación: 293.725 hab.
Densidade: 2.692,25 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: 82,48 %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: 10,21 %
Ás veces: 64,76 %
Nunca: 25,02 %
Política (2003)
Concelleiros 4: PPdeG 10 (52.598 votos - 33,11 %)
BNG 7 (39.387 votos - 24,8 %)
PSdeG-PSOE 8 (44.497 votos - 28,01 %)
Outros: 2 (18.912 votos - 11,9 %)
Alcalde: Corina Porro Martínez (PP)
Eleccións municipais en: 'Vigo'
Censo electoral (2003)
Total electores: 250.510 - 100 %
Votantes: 159.957 - 63,85 %
Abstencións: 90.553 - 36,15 %
Votos en branco: 3.454 - 2,16 %
Votos nulos: 1.109 - 0,69 %
Orzamentos 5 (2000)
Total ingresos: 175.246.361 €
Tributos propios por habitante: 294,94 €
Transferencias por habitante: 162,57 €
Consumo público por habitante: 323,27 €
Gasto de capital por habitante: 51,35 €
Enderezos
Enderezo físico: Praza do Rei, nº1
Teléfono: 986 810100
Fax: 986 810217
Código Postal: 36202
Correo electrónico: vigo@vigo.org
Sitio web oficial: http://www.vigo.org/

Notas: 1 Véxase no Galizionario.

2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións Municipais Maio 2003.
5 Datos de 2000, daquela non existía o Euro, convertíronse as pesetas a Euros.

Vigo é a maior cidade de Galicia, e a cidade sen rango de capital maior de España. Situada na ribeira sur da Ría de Vigo, ten o máis importante porto de pesca de Europa e un dos meirandes do mundo. Está situada na provincia de Pontevedra e a súa poboación é de 293.725 persoas segundo o Padrón municipal de 2005, ós que habería que incrementar os da súa área metropolitana ata sumar os 413 mil.

Evolución da poboación de: Vigo - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 23.259  65.012  137.873  258.724  292.059
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Índice

[editar] Historia

Os primeiros testemuños da ocupación humana no territorio do actual concello de Vigo remóntanse ao período Paleolítico, ao que corresponden os utensilios líticos (bifaces) atopados nas parroquias de Coruxo, Teis, Bouzas e no monte do Castro. Tamén se identificaron na cidade manifestacións da cultura megalítica, como as mámoas de monte Penide ou as necrópoles de Cotogrande e Fragoselo. A intensa ocupación do espazo litoral e do Val do Fragoso tense constatado coa localización de máis de dúas ducias de asentamentos castrexos, entre os que destaca o do monte do Castro, ocupado entre os séculos II a.C. e III d.C. As excavacións arqueolóxicas que se veñen realizando no litoral nos últimos 20 anos, como consecuencia das obras de distintas dotacións, están a revelar unha ocupación máis densa e unhas relacións comerciais máis importantes na Antigüidade das que tradicionalmente se pensaban. No Areal, na Rúa Rosalía de Castro, en Alcabre ou en Toralla estanse a descubrir xacementos interesantísimos, con vilas e instalacións portuarias e industriais que testemuñan a relevancia económica desta área na época imperial romana e a súa inserción como escala destacada nas rutas comerciais entre o Atlántico e o Mediterráneo.

Durante longo tempo, no período post-latino e medieval, estivo integrada na denominada Terra de Turonio. Esta denominación comprendía as terras do convento bracarense baixo dominio galego despois da independencia do Reino de Portugal no século XII.

[editar] Xeografía

Praia de Samil e Illa de Toralla.
Agrandado
Praia de Samil e Illa de Toralla.

Limita ao norte co Océano Atlántico, ó nordeste co concello de Redondela, ó leste co de Mos, ó sur cos concellos de Porriño e Gondomar, e ó sueste co concello de Nigrán.

Na Ría de Vigo hai que destacar as Illas Cíes á entrada e ó fondo as bateas mexilloeiras e a Ponte de Rande. Na marxe dereita da ría aséntase a Cidade Olívica e na marxe esquerda a Península do Morrazo. A cidade caracterízase xeograficamente por estar o seu centro no monte do Castro, o que fai que moitas das rúas dos barrios centrais sexan encostas moi pronunciadas. Este monte está moi próximo á ría que leva o nome da cidade (Ría de Vigo).

Segundo os datos do censo, no ano 1910 había ó redor de 30.000 habitantes, fronte ós case 300.000 actuais, que se reparten polas diferentes parroquias da cidade.

[editar] Economía

O porto constitúe o motor da economía viguesa. Á marxe do propio e considerable volume de negocio e emprego que xeran as simples actividades portuarias, as condicións do porto resultaron decisivas para a radicación na cidade dunha potente industria. Ás acividades industriais tradicionais, vinculadas moi estreitamente ao carácter mariñeiro da cidade (construción naval, en permanente proceso de incorporación de innovacións que a situaron na vangarda mundial, e transformación de produtos pesqueiros, revolucionada a partires do século XVIII coa introdución de novos métodos de conserva), engadiuse a mediados do século XX a industria automobilística, coa localización en 1956 nos terreos da Zona Franca dunha factoría de Citroën (na actualidade PSA Peugeot-Citroën) que, aparte de proporcionar ao redor dos 10.000 empregos directos, favoreceu a aparición dun gran número de industrias auxiliares, xurdidas nun primeiro momento para subministrarlle pezas, que conseguiron diversificar a súa clientela grazas aos seus investimentos en investigación e desenvolvemento de novos produtos, acadando en conxunto cifras de emprego e facturación superiores ás da propia factoría de Citroën.

A construción é, coma no conxunto do país, unha actividade moi destacada, tanto en termos de emprego coma de negocio. Tamén sobresae Vigo como capital da industria editorial galega.

Alén da actividade industrial e pesqueira, Vigo destaca como cidade de servizos, centro de atracción comercial dunha área que se estende polo Norte ata o Salnés, polo Leste ata Ourense e polo Sur supera, cruzando o Miño, unha fronteira estatal que deixou de constituír barreira mercede ao Tratado da Unión Europea. Este carácter de cidade de servizos refórzase co feito de seren os seus hospitais públicos (outro importante nicho de emprego) os centros de referencia para toda a poboación desde a beira meridional da Península do Morrazo ata o Baixo Miño.

O sector financeiro autóctono lidérao Caixanova, a entidade herdeira da Caixa de Aforros e Monte de Piedade Municipal de Vigo, fusionada coas caixas de Ourense e de Pontevedra a principios do século, que mantén a súa sede social na cidade. O antigo Banco de Vigo mercouno na década de 1970 o Banco de Bilbao (actual Banco Bilbao Vizcaya - Argentaria); máis recentemente diluíu a súa personalidade o Banco Simeón, que perdeu a súa denominación logo de integrarse no grupo portugués Caixa Geral de Depositos).

A pegada na cidade da actividade académica da Universidade de Vigo resulta dificilmente perceptible, debido en gran parte á localización periférica do Campus Universitario (no centro urbano tan só se concentran as Escolas Universitarias de Enxeñería Técnica Industrial e de Administración de Empresas); malia todo, a colaboración coa industria e empresas locais dos equipos de investigación dos seus departamentos e facultades, cun marcado perfil politécnico, ofrece constantemente exemplos da utilidade social que debe proporcionar un servicio público como son as institucións universitarias.

[editar] Zona Franca

A Zona Franca de Vigo é unha das tres que existen en España, xunto ás de Barcelona e Cádiz, e ten como obxectivo principal incentivar o establecemento de empresas con vocación exportadora, mediante a aplicación de exencións tributarias e alfandegueiras.

A Zona Franca de Vigo creouse mediante Decreto-Lei do 20 de xuño de 1947, coa intención de aproveitar ás favorables condicións estratéxicas da localización do porto vigués ao respecto do comercio marítimo internacional para impulsar o desenvolvemento industrial na rexión.

O seu órgano rector é o Consorcio da Zona Franca, presidido nominalmente polo Alcalde do Concello de Vigo e integrado polo Delegado do Estado, que ostenta a vicepresidencia, catro vogais en representación do Estado, cinco en representación da corporación municipal, o Director de Obras do Porto, o Administrador de Aduanas, e senllos vogais representantes da Deputación Provincial, Autoridade Portuaria de Vigo e Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, ademáis do seu Secretario Xeral, nomeado polo Estado, e un avogado do Estado.

[editar] Porto

Imaxe de satélite do porto de Vigo.
Agrandado
Imaxe de satélite do porto de Vigo.

No ano 2004 o tráfico portuario foi de 4.730.399 toneladas (un 5,43% máis ca no 2003) o que o consolida coma o porto pesqueiro máis importante de Europa.

Tráfico do porto durante o 2004 (en toneladas):

  • Conservas: 36.359
  • Froitas e Hortalizas: 51.346
  • Granito bruto: 571.821
  • Granito elaborado e mármores: 46.793
  • Madeira: 267.273
  • Metais e manufacturas: 213.077
  • Papel e pasta: 26.917
  • Mercadorías de contedores: +-2.000.000
  • Total de mercadorías: 4.235.331
  • Total: 4.730.399

O cruceiro Queen Mary 2 fai escala no peirao de trasatlánticos de Vigo. Vigo será a sede da futura Axencia Europea de Pesca.

[editar] Aeroporto

No ano 2005, o aeroporto de Peinador acadou a cifra de 1.108.718 viaxeiros.

[editar] Deporte

A cidade de Vigo constituiu ao longo da historia o berce dos equipos e deportistas máis destacados de Galicia.

As actividades deportivas comezaron a practicarse no seo dos centros de ensino e sociedades recreativas a finais do século XIX. Entre as entidades deportivas máis antigas destacan o Real Club Náutico de Vigo, fundado en 1906, e o Liceo Marítimo de Bouzas, fundado en 1907. Nadadores, remeiros e regatistas do Náutico representaron á cidade nas máis importantes competicións internacionais, integrando as distintas seleccións españolas, coas que participaron en Xogos Olímpicos e mesmo acadaron títulos continentais e mundiais.

A puxanza do mundo da vela local non pasou desapercibido á organización da regata Volta ao Mundo de Veleiros Volvo Ocean Race, que nunha aposta novedosa partiu desde Vigo o 12 de novembro de 2005. Por primeira vez unha cidade non británica era a encarregada de dar saída a este evento deportivo de grande releváncia na vela mundial.

O club máis representativo da cidade é o Real Club Celta de Vigo, creado en 1923 da fusión do Real Vigo Sporting e o Real Fortuna, equipos que ata daquela rivalizaban na hexemonía do fútbol galego, alternándose na conquista dos títulos rexionais (o Vigo chegara a proclamarse subcampión de España en 1908). A actividade do R.C. Celta céntrase no fútbol, malia que mantén unha sección de atletismo que compite na maxima categoría española e que proporcionou tamén atletas olímpicos, como os míticos Carlos Pérez e Álvarez Salgado, ou máis recentemente os tamén fondistas Alexandre Gómez e Carlos Adán ou o decatleta David Gómez. Os principais éxitos fútbolísticos célticos foron os tres subcampionatos da Copa de España (1948, 1994 e 2001) e a disputa de competicións continentais, nas que tivo a honra de ser o primeiro club galego en participar (ao debutar na primeira edición da Copa da UEFA) e en conquistar un torneo oficial (a Copa Intertoto de 2000), ademáis de facer disfrutar aos aficionados con triunfos históricos, como os acadados por goleada no seu estadio de Balaídos fronte a dous bicampeóns europeos como Benfica (7-0) e Juventus (4-0) en Copa da UEFA, ou os rexistrados a domicilio fronte os hexacampiós e pentacampións europeos Milán (1-2 en Champion's League) e Liverpool (0-1, na que foi a primeira vitoria dun equipo español no mítico Anfield Road), respectivamente. Froito desta brillante traxectoria, o Real Club Celta tivo ao longo da súa historia unha nutrida representación de xogadores nas distintas seleccións nacionais: Luis Otero, Pahiño, Miguel Muñoz, Cañizares, Jorge Otero, Catanha, Míchel Salgado... No equipo vigués militaron grandes estrelas do fútbol internacional, entre os que destacan o croata Boban (que viviu en Vigo o crepúsculo da súa carreira), o brasileiro Mazinho (campión do Mundo), os rusos Mostovoi e Karpin, o francés Claude Makelele, o sudafricano Benny McArthy, ou os arxentinos Pablo Cavallero e Gustavo López.

O Celta mantivo ata finais dos anos 80 unha sección de baloncesto feminino que conquistara a supremacía na canastra española ao comezo daquela década, na que coleccionou títulos de liga e copa da Raíña. Trala desvinculación do Celta, o baloncesto feminino vigués mantívose na elite nacional (aínda que relegado da loita polos trofeos), ata que a principios do novo século, recuperada a denominación céltica, voltou a conquistar os campionatos de liga e copa.

Outro deporte moi arraigado na cidade é o balonmán. Ao histórico Vulcano sucedeulle no liderazgo do balonmán vigués o Academia Octavio, de dilatada traxectoria na máxima categoría nacional. A mediados da década de 1990, o Octavio acadou os seus maiores logros, cun subcampionato de Copa do Rei en 1995 que lle abriu as portas das competicións europeas, nas que se convertiu en protagonista nas tres tempadas seguintes, quedándose por dúas veces ás portas da gran final.

Outro deporte de gran tradición na cidade é o voleibol. O Club Voleibol Vigo é o decano dos participantes na División de Honra española.

A vocación deportiva da cidade exprésase coa proliferación de talentos nas máis variadas disciplinas e coa organización de torneos e probas de rango internacional. Alpinistas como Chus Lago, primeira muller española en acadar o cumio do Everest sen axuda de oxixeno suplementario, ou patinadoras como Tamara Valderrama acreditan esta afirmación. Entre os acontecementos deportivos máis importantes que acolleu a cidade destacan a Fase final da Copa do Mundo da FIFA en 1982 (fútbol), os Torneos Preolímpicos de balonmán masculino (1972) e baloncesto feminino (1992), probas da Copa do Mundo de Saltos hípicos, da Copa do Mundo de Bicicleta de Montaña, a saída da regata volta ao mundo-Volvo Ocean Race en 2005 ou as escalas da espectacular Cutty Sark Tall Ship Race de grandes veleiros de época.

[editar] Museos

[editar] Museo do Mar de Galicia

Av. Atlantida, 160 . Vigo . C.P 36208 . Tlf: 986247750 . Fax : 986247748

Emprazado na beira da ría, en Punta de Muíño (parroquia de Alcabre), dende el tense unha vista privilexiada da ría.

O seu contido museístico versa sobre o mar e a súa relación con Galiza e as xentes que dependen del. O edificio en que está aloxado foi deseñado polos arquitectos Aldo Rossi e César Portela, se ben o primeiro faleceu antes de comezar as obras.

[editar] Museo Municipal «Quiñones de León»

Situado no antigo Pazo de Lavandeira, que fora doado polo Marqués de Alcedo en 1925, está dividido en tres áreas; na planta baixa está decorada simulando o aspecto do pazo cando estaba habitado, outra área está adicada a arte galega contemporánea e, finalmente está a área de prehistoria e arqueoloxía de Vigo e a súa bisbarra.

[editar] Museo Etnográfico Liste

[editar] Estación marítima

[editar] Verbum - Casa das Palabras

Verbum ou Casa das palabras
Agrandado
Verbum ou Casa das palabras


O nome de Verbum escolleuse por ser un vocábulo latino que significa "palabra", xa que palabra é a orixe do proxecto e o latín a orixe das linguas faladas en Galicia.


[editar] Museo de Arte Contemporánea (MARCO)

Rúa do Príncipe, 54 . CP: 36202 . Vigo . Telf: 986 11 39 00/11 . Fax: 986 11 39 01

O edificio constituíu na súa orixe un cárcere. Anos máis tarde sería rehabilitado de forma que o 13 de Novembro de 2002 volvería abrir as súas portas como museo.

Consta de dúas plantas e un espazo anexo. Acolle exposicións artísticas en diversos soportes tales como fotografía, escultura ou pintura. Ademais destas mostras tamén presenta diversas actividades didácticas.

Porta principal do MARCO
Agrandado
Porta principal do MARCO


.


[editar] Casa das Artes

[editar] Casa Galega da Cultura

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Vigo
Galiza | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | San Xoán do Monte (San Xoán) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo Centro | Zamáns (San Mamede)


[editar] Véxase tamén


  Referencias relacionadas con Galicia


[editar] Ligazóns externas

Institucións

Asociacións veciñais

Turismo e guías

Feiras e exposicións

Museos

Tempo de Lecer

Comercio

Compañías

Persoais

Outras

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com