Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia de Galiza - Wikipedia

Historia de Galiza

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Historia en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Ti podes colaborar e contribuir así que a Galipedia mellore e medre. Hai tamén outros relacionados que precisan ser completados.


Historia de Galiza
Prehistoria
O Megalitismo
Idade de Bronce
Idade Antiga
Cultura Castrexa
Gallaecia
Reino Suevo
Idade Media
Reino da Galiza
A Época altomedieval
A Galicia feudal
Idade Moderna
Idade Contemporánea
O Século XIX
A Restauración
Século XX
A Segunda República
A época franquista
Presente

Galiza é unha nación organizada xurídica e administrativamente como unha Comunidade Autónoma de España, situada no noroeste da Península Ibérica.

Sábese que en Historia de Galiza houbo asentamentos de poboación dende épocas prehistóricas que se remontan ata os 3000 a.C.. Os gregos (así o constata Estrabón, (c. 63 a.C.-c. 24 d.C.),) coñecían os habitantes deste extremo peninsular co nome de Kallaikoi. Os romanos integraron no seu imperio este territorio bastante tarde, xa a finais do século I a.C. e máis tarde aínda, co emperador Diocleciano, no século III, designouse como provincia romana co nome de Gallaecia, seguindo o topónimo antigo. Non hai que confundir os pobos kallaikoi cos galos da latina Gallia. Son asentamentos completamente distintos.

Índice

[editar] Os pre-celtas e os celtas da Galiza

O estudo e a ensinanza deste tema é algo moi complexo, debido sobre todo á opinión persistente, tan divulgada como errónea, de que esta rexión fora a máis celtizada da península Ibérica. Os arqueólogos, historiadores e investigadores de todas as épocas (os eruditos serios que non teñen ningún interese en manipulacións nin políticas nin do pobo), estes profesores, á vista dos achados arqueolóxicos e coa axuda dos escritos de gregos e romanos contan como puido ser e en que consistiu a chegada de certos grupos célticos a esta rexión. Son estudiosos da historia que foron directamente ás poucas fontes que poden manexar, sen conformarse con traducións anteriores, moitas veces mal interpretadas e que puideron ver as numerosas pegadas deixadas polos celtas, ó longo e ancho de Galiza, como os castros.

Semella que algúns grupos (do pobo celta que chegara ata o sur da península Ibérica), non atoparon acomodo nestas terras e iniciaron outra viaxe migratoria, en distintas etapas xa tardías, cara ó norte, a través de terras lusitanas. Nesta situación de emigrantes celtas dende o sur, polo oeste, cara ó norte, é bastante inqueda e non chegan a estabilizarse na rexión galaica ata o século I a.C., cando xa se atopaba bastante hispanizada. É o grupo coñecido como sefes, que se move cara o século III a.C. e que van situándose alguns entre o río Texo e o río Douro e outros, como xa se dixo, os que seguen cara Galicia.

Ao mesmo tempo que isto ocorría, producíase nas costas galaicas o desembarco de xentes nórdicas procedentes da Bretaña. A arqueoloxía acreditao así a través dos achados de punta Neixón na ría de Arousa na Provincia de Pontevedra.

Os celtas sefes atoparon estas terras bastante poboadas. Estrabón asegura que había unhas 50 tribos de pobos diferentes, mentres que Plinio di que eran máis de 65. O profesor (historiador, arqueólogo e escritor) Florentino López Cuevillas na súa obra A civilización céltica na Galiza, despois de expoñer un estudo exhaustivo sobre o aspecto político e xeográfico, asegura que todas estas tribos, na maior parte, non eran celtas. A relación de tribos pre-célticas que se pode dar é bastante extensa:

Estrimios (relacionados cos ligures (e comúns de países bretóns, ingleses e irlandeses), que permaneceron ata a chegada dos romanos), albións, seurros, gigurri, tiburos, lemavos, bibalos, tamaganos, caporos, zoelas, nobiagoi, abii, tirii, veasmini, salassi, cilenii, helenii, grovii, etc., todos eles asentados dende a Idade de Bronce, é dicir, antes do 600 a.C.

Este é o fondo da población pre-céltica, que é a mesma que a normanda, inglesa e irlandesa. Destes poboadores proceden as semellanzas étnicas entre estes pobos e non da chegada dos celtas. As analoxías entre galegos e irlandeses actuais non veñen dun parentesco céltico, senón dunha comunidade étnica anterior que se remonta a 2.000 anos atrás.

As tribos celtas dos sefes recén chegadas superpuxéronse a estoutras máis antigas e adaptáronse bastante ben, crese que polo seu carácter afín indoeuropeo. Foron os celtas os que se acomodaron e a súa influencia foi, na maioría dos casos, tardía e esporádica, segundo se pode saber pola confirmación do estudo da arquitectura e a metalurxia. A dita poboación autóctona máis antiga conservou a súa destacada personalidade lingüística e cultural e tamén soubo intercambiar aspectos culturais coa civilización céltica. Houbo un verdadeiro troco de costumes e de coñecementos.

[editar] Romanos, suevos e visigodos

Os romanos entraron no ano 137 a.C. encontrando seria resistencia. Pero finalmente conquistaron a rexión que denominarían Gallaecia.

Os suevos, 30.000 persoas que só tiñan 8.000 varóns con capacidade para loitar, concéntranse entre o Douro e o Miño, na zona de influencia de Braga. Chegaron no ano 409, nomeando rei a Hermerico (409-438), que asina un foedus con Roma no 410 polo que os suevos establecen o seu reino na provincia romana de Gallaecia e aceptan o emperador de Roma como o seu superior. Tras a morte de Hermerico reina Requila (438-448), a quen o sucederá Requiario (448-456). Este último adoptará o catolicismo no 449. No ano 456 ten lugar a batalla de Órbigo , que enfrentará a visigodos e suevos, coa derrota destes últimos e que terá como consecuencia o asasinato de Requiario.

Tras a derrota fronte aos visigodos, o reino suevo dividiráse e gobernarán simultaneamente Frantán e Aguiulfo. Ambos farano dende 456 ata 457, ano no que Maldras (457-459) reunificará o reino para acabar sendo asasinado tras unha conspiración romano-visigoda que finalmente fracasará. A pesar de que a conspiración non conseguiu os seus auténticos propósitos, o reino suevo viuse novamente dividido entre dous reis: Frumario (459-463) e Remismundo (fillo de Maldras) (459-469) que reunificaría novamente o reino do seu pai no 463 e que se vería obrigado a adoptar o arrianismo no 465 debido á influencia visigoda.

Tras a morte de Remismundo éntrase nunha época escura, que durará ata 550, na que desaparecen practicamente todos os textos escritos. O único que se sabe desta época é que moi probabelmente Teodemundo gobernou a Suevia.

A época escura rematará co reinado de Karriarico (550-559) que se converterá novamente ao catolicismo no 550. Sucederalle Teodomiro (559-570) (non se confunda con Teodomiro, rei dos visigodos) durante o reinado do cal terá lugar o Iº Concílio de Braga (561). Miro (570-583) será o seu sucesor. Durante o seu reinado celebrouse o IIº Concilio de Braga (572). Aproximadamente no 577 iniciase a guerra civil visigoda na que intervirá Miro que no 583 organizará unha expedición de conquista a Sevilla que fracasará. Durante a volta desta expedición o rei atopa a morte. No reino suevo comezan a producirse moitas loitas internas. Eborico (tamén chamado Eurico) (583-584) é destronado por Andeca (584-585) que erra no seu intento por evitar a invasión visigoda dirixida por Leovixildo que se fará efectiva finalmente no 585, converténdose así o rico e fértil reino suevo nunha rexión máis do reino godo.

[editar] Reino independente

Afonso I (739 - 757) foi o primeiro príncipe que comezou a expansión do Reino Cristiano.

813 Afonso II o Casto, chamado rei de Galiza e Asturias nos textos europeos, e como Rei de Asturias na historiografia española e nas cronicas do reino astur, é informado polo bispo Teodomiro de Iria Flavia da aparición dunha luz sobor unha antiga capela. O rei chega a Santiago de Compostela e manda edificar unha igrexa. Comeza a lenda do Camiño de Santiago e Santiago de Compostela convértese nun centro de peregrinación da Cristiandade.

No 910 Ordoño II convértese en rei de Galiza (ver tamén Reino da Galiza)

No 997 Almanzor inicia unha expedición de saqueo en terras cristiás e chega ata Santiago de Compostela

No 1035 Fernando I O Magno herdou o reino de Castela do seu pai Sancho III O Maior, rei de Navarra, e no 1037 a súa esposa Sancha herdou os reinos de León e Galiza do seu irmán Bermudo III. (ver tamén Reino de León) Á sua morte no 1065 repartiu as súas posesións entre os seus 3 fillos: entregou Castela ao seu fillo Sancho, León a Afonso e Galiza a García. Pero no 1072 Afonso VI de León matou a Sancho II de Castela e encerrou de por vida a García de Galiza gobernando así sobre os reinos dos sus irmáns ata a sua morte en 1109

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com