Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Pontevedra - Wikipedia

Pontevedra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Situación na Península Ibérica
Agrandado
Situación na Península Ibérica
Pontevedra
Situación
Xentilicio 1: Pontevedrés - Lerense - Teucrino
Xeografía
Provincia: Pontevedra
Comarca: Pontevedra
Área: 117 km²
Entidades de poboación: -
Capital do concello: Pontevedra
Latitude e lonxitude: 42°25', 8°37'
Altitude máxima: - m.
Altitude mínima: 0 m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2005)
Poboación: 80.001 hab.
Densidade: 635 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: %
Ás veces: %
Nunca: %
Política (2003)
Concelleiros 4: PPdeG 10 (15.946 votos - 35,68 %)
BNG 10 (17.400 votos - 38,93 %)
PSdeG-PSOE 5 (8.004 votos - 17,91 %)
Outros: - (- %)
Alcalde: Miguel Anxo Fernández Lores (BNG)
Eleccións municipais en: 'Pontevedra'
Censo electoral (2003)
Total electores: 71.106 - 100 %
Votantes: 44.975 - 63,25 %
Abstencións: 26.131 - 36,75 %
Votos en branco: 912 - 2,04 %
Votos nulos: 280 - 0,62 %
Orzamentos 5 (2000)
Total ingresos:
Tributos propios por habitante:
Transferencias por habitante:
Consumo público por habitante:
Gasto de capital por habitante:
Enderezos
Enderezo físico:
Teléfono:
Fax:
Código Postal:
Correo electrónico:
Sitio web oficial: www.concellopontevedra.es

Notas: 1 Véxase no Galizionario.

2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións Municipais Maio 2003.
5 Datos de 2000, daquela non existía o Euro, convertíronse as pesetas a Euros.

Pontevedra é un concello da Provincia de Pontevedra e capital da mesma en Galiza. Pertence á comarca homónima.

Poboación en 2006: 80.191 habitantes segundo o Padrón municipal (78.715 hab. en 2004).

Xentilicio no Galizionario: Pontevedrés - Lerense - Teucrino.


Evolución da poboación de: Pontevedra - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 22.330  30.821  43.221  64.184  78.715
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Índice

[editar] Localización xeográfica

O municipio de Pontevedra esténdese pola parte sur da ría que leva o seu nome (Ría de Pontevedra), onde ocupa os vales fluviais do Lérez e do Tomeza. Cara o sur, chega ata a desembocadura do río Verdugo, en Ponte Sampaio, xa na Ría de Vigo. Aséntase rodeado de catro sectores montañosos separados entre si por dúas crebas, unha de dirección meridiana e a outra nordeste-sureste pola que transcorre o leito do río Lérez.

A cidade localízase no fondo da ría de Pontevedra, na desembocadura do Lérez. Está asentada nun outeiro rochoso relativamente aplainado pola erosión que, ainda que non é de moita altura, fai que o Lérez a arrodee polo norte antes de abrirse á ría. Por esta razón as únicas rúas que son algo empinadas son as que baixan á ribeira. O emprazamento resulta estratéxico, xa que é o primeiro punto, vindo desde o mar, a través da ría, polo que se pode cruzar de norte a sul.

Limita ao norte cos municipios de Barro, Moraña e Campo Lameiro; ao leste cos de Cotobade e Ponte Caldelas; ao sul cos de Soutomaior, Vilaboa e Marín, e ao oeste co de Poio e coa ría de Pontevedra.

Canto á súa extensión, o concello ten aproximadamente 117 quilómetros cuadrados, alóngase de norte a sur case 20 quilómetros.

O clima é morno, cunha media anual de 15°C e amplitude térmica de 10°C (10°C en xaneiro até 20°C en xullo) e choviñento (1.600-1.800 mm.), especialmente a finais do outono e no inverno.

[editar] Comunicacións

Distancias a outras
cidades galegas
Km
A Coruña 121
Cambados 30
Cangas do Morrazo 32
Lugo 148
O Grove - A Toxa 35
Ourense 100
Sanxenxo 18
Santiago de Compostela 58
Tui 48
Vigo 30
Vilagarcía de Arousa 26

A cidade de Pontevedra está ben comunicada actualmente grazas a unha completa rede de infraestruturas que a conectan cos principais núcleos urbanos galegos, peninsulares e incluso internacionais.

[editar] Por estrada

A autoestrada do Atlántico (AP-9), que atravesa todo o territorio da Comunidade Autónoma galega desde Ferrol ata Vigo, pasa, naturalmente, pola cidade.

Outras importantes vías de comunicación para esta urbe son a autovía das Rías Baixas e a do Noroeste. A primeira enlaza no Porriño coa autoestrada do norte de Portugal que pasa polas cidades de Tui, Braga, Porto, ata enlazar con Lisboa. Por outra banda, a autovía do Noroeste conecta coa cidade de Madrid, con Barcelona (en Irún) e co resto da meseta.

Ademais destas tres vías, a rede estatal de estradas comunica Pontevedra coa súa comarca, así coma con todas as capitais de Galiza. Existen tres posibilidades: a N-550 que une A Coruña co Porriño; a N-541, que é a principal vía cara ao interior pasando por Ourense, e a estrada C-550 que percorre toda a costa, desde Fisterra ata Tui.

[editar] Economía

Desde a Idade Media, a vila de Pontevedra foi lugar de asentamento de actividades comerciais e artesanais, que se agrupaban en gremios e confrarías de oficios. Hoxe moitas rúas levan, precisamente, o nome destes. Coa capitalidade provincial, creada en 1833, Pontevedra tornouse unha cidade administrativa e comercial, en contraste con Vigo, que concentraba a industria. Esta comezouse a instalar en Pontevedra só desde a década de 1960, con empresas públicas ou traída através de xestións políticas, como a Celulosa de Marín, Elnosa e Tafisa. Debido á imposibilidade de utilizar o porto propio, usouse o de Marín.

Hoxe en día, o sector terciario, que é pouco dinámico, ocupa o 65% da poboación e a industria o 17%. Este último atópase concentrado nun número reducido de empresas: ENCE e Tafisa ocupan ao 50%. Outras empresas de tamaño notábel son Construcciones José Malvar e Constructora San José. Ao campo só se dedica o 5% da poboación.

[editar] Historia

Ver artigo principal: Historia de Pontevedra.

[editar] 0 nacemento

Existe arredor do nacemento da cidade de Pontevedra unha lenda de carácter erudito xestada na época de maior desenvolvemento económico e social da vila, o Renacemento. Foi nesta época cando se elaborou esta fantástica orixe para darlle maior lustre á por aquel entón puxante vila. Para iso fíxose responsábel da súa fundación a Teucro, un dos heroes da Guerra de Troia, que tras a morte do seu irmán Aiax e ao ser aborrecido polo seu pai, Telamón, marchou a Galiza, e bautizou a cidade onde se aposentou co nome de Helenes. Non obstante, diversos estudos históricos e arqueolóxicos máis recentes non detectan restos de presenza humana neste val anteriores á súa integración no Imperio Romano.

FVUNDOTE TEVCRO VALIENTE
DE AQVESTE RIO EN LA ORILLA
PARA QUE EN ESPAÑA FVESES
DE VILLAS LA MARAVILLA
[DEL ZEBEDEO LA ESPADA
CORONA TU GENTILEZA
VN CASTILLO PVENTE Y MAR
ES TIMBRE DE TV NOBLEZA]
(Estrofas de autor descoñecido gravadas en pedra no vello concello pontevedrés)

[editar] Época Romana

Despois da integración da Gallaecia no Imperio Romano, procedeuse á construción dunha serie de vías de comunicación que a unisen comercialmente co resto da Península. Unha destas calzadas, a vía XIX, unía os tres principais núcleos administrativos galaicos: Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga). En Pontevedra, esta vía cruzaba o río Lérez. A mansión Turoqua (núcleo de poboación) emprazábase nas proximidades do lugar que ocupa hoxe a ponte do Burgo, en pleno centro histórico da cidade. Foi tempo despois cando se decidiu edificar unha nova ponte para salvar a canle do río. Estas dúas construcións foron decisivas para que se fose conformando un núcleo habitado. O achádego en 1988 na cabeceira sur da ponte dunha columna miliaria, dedicada no ano 137 ao emperador Adriano confirma o paso da calzada romana polo lugar.

[editar] Séculos XII - XV

Outro momento importante na historia de Pontevedra é o que corresponde co reinado en Galiza de Fernando II durante a última parte do século XII. Neste momento produciuse unha certa reactivación da actividade comercial debido á restauración de camiños e pontes, e parello a este fenómeno o lugar hoxe ocupado pola cidade volveu ser poboado, despois de pasar por un período de certo baleiro no altomedievo.

Unha escritura do Mosteiro de Lérez datada en 1141, dá testemuño da existencia dun lugar denominado Pontus Veteri, en alusión directa á vella ponte romana, en desuso a causa da súa ruína. Esta ponte comezaría a ser reemprazada por outra medieval -a que hoxe se pode ver modificada- no mesmo ano en que Fernando II outorga o foro aos habitantes da vila (1169). Desaparece así, todo rastro visíbel da construción romana que dera orixe e nome á cidade.

Na actualidade non se conserva o foro orixinal de Fernando II, senón unha confirmación de Afonso X do ano 1264. Os privilexios e exencións que se lle foron concedendo á cidade actuaron como importantes dinamizadores da súa actividade económica. Entre as concesións destacan o monopolio da fabricación de saín en Galiza, así como da cura do peixe (non da salga) (1229) e a adxudicación do porto de carga e descarga de Galiza (1452).

As sucesivas ampliacións do recinto amurallado pontevedrés veñen determinadas polo crecemento demográfico e polo desenvolvemento de actividades económicas na vila, que precisaba de espazos máis amplos onde poder expandirse. A estas causas únese o desexo da Coroa por controlar a produción e o tránsito de mercadorías.

A actividade económica da cidade acada o seu maior esplendor baixo o reinado de Henrique IV, ao concederlle cidade en 1467 o privilexio dunha feira franca, de 30 días de duración, que se celebraba quince días antes da festividade de San Bartolomeu. Para a celebración destas feiras, ampliouse de novo a muralla para dar cabida á praza da Ferrería, que albergaría o recinto feiral.

[editar] Século XVI

No século XVI, Pontevedra convértese nunha das máis populosas vilas galegas cun gran porto pesqueiro ligado ao comercio internacional, no que destaca a actividade da exportación de peixe salgado a Portugal. Testemuño desta época é a magnífica igrexa de Santa María, levantada grazas ás achegas do poderoso Gremio de Mareantes que, por aquel entón, tiña o monopolio da exportación de salgados.

Ao final do século XVI comezaron a ser notábeis os síntomas da profunda crise na que se sumiu Pontevedra durante os séculos XVII, XVIII e XIX, e que ten a súa orixe en diversos factores que van desde as adversidades climáticas ás políticas, negativas para a cidade e para Galiza, levadas a cabo pola Coroa, que se desentendeu dunha poboación que, a pesar de ser a máis populosa de Galiza, estaba agonizante ao entrar en decadencia a súa principal actividade económica: a pesca.

[editar] Séculos XVII – XVIII

Durante os séculos XVII e XVIII a decadencia agudizouse debido a unha situación de inestabilidade política provocada polas constantes guerras que había nese momento (Portugal e a sucesión á coroa española, a ocupación inglesa), que contribuíron ao decaemento do comercio exterior.

A poboación da cidade reduciuse á metade, nuns séculos nos que se duplicou en Galiza e se triplicou no resto da comarca pontevedresa. Esta crise demográfica foi ocasionada por epidemias e graves enfermidades.

[editar] Século XIX

A comezos do século XIX, a economía de Pontevedra baséase fundamentalemente na actividade artesá, no comercio e, en menor medida, na pesca e na agricultura.

En 1833, coa creación das provincias, convértese na capital da provincia do mesmo nome cá cidade. Grazas ás funcións económicas que se derivaron desta condición, así como ao feito de ser cabeceira de comarca, Pontevedra transformouse nunha urbe administrativa que atrae a burócratas, burgueses, profesionais e artesáns de todo tipo.

Nesta época, diante da necesidade de contar con espazos para a edificación, a cidade cambia a súa fisonomía; deste xeito, derrúbanse as murallas e ábrense novas rúas, como a que conduce hoxe desde a Oliva á Virxe do Camiño (na actualidade rúa de García Camba) ou a que vai desde a rúa do Comercio á Michelena. Igualmente, densenvólvense obras de infraestrutura e saneamento, constrúense escolas e hospitais, créanse espazos de uso público como a alameda do Arquitecto Sesmeros, e chega o ferrocarril.

En definitiva, tanto o esplendor social e cultural, como o devir oficial da vila posibilitaron o desenvolvemento urbanístico, comercial e industrial de Pontevedra.

[editar] Século XX

Nas primeiras décadas do século XX, Pontevedra vive un momento de especial efervescencia cultural e política. Ten especial relevancia a creación da Misión Biolóxica de Galiza e a fundación, en decembro de 1931, do Partido Galeguista, dirixido por Bóveda e Castelao, xermolo do nacionalismo galego actual.

En 1936 ten lugar o alzamento militar do xeneral Franco que dá paso a unha dura guerra civil, fomentada polos odios e enfrontamentos acumulados durante anos. Tras o seu remate tres anos máis tarde, viría a represión por parte dos triunfadores nacionalistas. Así as cousas, numerosas persoas foron asasinadas, fusiladas ou obrigadas a marchar ao exilio.

Como consecuencia desta guerra, as dúas primeiras décadas da ditadura franquista son de enormes dificultades económicas para a maioría da poboación.

O cambio produciuse na década dos 60, que se caracteriza por un desenvolvemento sostido que empeza a manifestarse máis claramente a principios dos 70, coincidindo coa morte de Franco en 1974 e coa transición democrática española. Nestes anos prodúcese un auxe extraordinario da construción que chega a converterse, ata o día de hoxe, nun dos grandes motores da economía pontevedresa.

Nos últimos tempos véuselle recoñecendo o seu labor en diversos campos a moitos persoeiros do ámbito galego. Así, no ano 1999, o Concello de Pontevedra rendeu por vez primeira unha homenaxe institucional a Alexandre Bóveda (figura clave na historia contemporánea de Galiza) asasinado o 17 de agosto de 1936, e a outras figuras importantes na historia política de Pontevedra que foron fusiladas o 12 de novembro dese mesmo ano por defender a Galiza, a liberdade e a xustiza social: o comandante Ramiro Paz, o mestre Xermán Adrio, o avogado e ex gobernador civil Xosé Adrio, os médicos Amancio Caamaño, Luís Poza e Telmo Bernárdez, o capitán de asalto Xoán Rico, o profesor de instituto Paulo Novás, o industrial Benigno Rei e o escritor Vítor Casas.

Tradicionalmente a alcaldía da cidade era un feudo do PPdeG, ainda que nas dúas últimas lexislaturas (desde 1999) é ocupada polo médico Miguel Anxo Fernández Lores, do BNG, que goberna en coalición co PSdeG-PSOE.

[editar] Roteiro pola Pontevedra Monumental

Este paseo é unha suxestión para gozar paso a paso do encanto e beleza da Pontevedra antiga.

Cruz aos Caídos, na Alameda
Agrandado
Cruz aos Caídos, na Alameda

A rota comeza na Alameda, unha ampla zona verde onde se emprazan organismos oficiais como o Pazo da Deputación e monumentos como as ruínas de San Domingos. No contacto da Alameda co Centro Histórico edifícase a Casa do Concello sobre os restos das antigas Casas do Concello de Pontevedra (séculos XV-XVI). A partir de aquí entramos no antigo recinto amurallado da cidade.

Continuando pola Avenida de Santa María, ao fondo atopamos a Basílica de Santa María A Maior, símbolo do apoxeo pontevedrés do século XVI. Baixando pola rúa Isabel II, no primeiro cruce á esquerda, encóntrase a Capela das Aparicións, antigo colexio das Nais Doroteas e onde viviu Sor Lucía, despois da aparición da Virxe de Fátima. Pola rúa da Ponte imos dar á que foi a antiga residencia dos Condes de Maceda e que hoxe abeira o actual Parador de Turismo. Continuando pola rúa Barón chegamos ata a praza das Cinco Rúas onde, diante da casa que habitou Valle-Inclán, pódese ver un precioso cruceiro.

Pola rúa Princesa chegamos á praza do Teucro, enmarcada por casas señoriais dos séculos XVII e XVIII e nas que atopamos bos exemplos da riqueza heráldica de Pontevedra. Nas proximidades desta praza, bautizada co nome do mítico fundador da cidade, emprázase a Capela do Nazareno, o Teatro Principal, o Liceo Casino e a recentemente restaurada Casa das Campás, cuxa fachada constitúe a máis antiga da vila.

Seguindo pola rúa Manuel Quiroga chegamos á praza de Curros Enríquez co monumento ao insigne galeguista Alexandre Bóveda. Outra das prazas históricas da cidade, a praza de Méndez Núñez, encóntrase a escasos metros, presidida pola escultura de Valle-Inclán.

Igrexa da Peregrina
Agrandado
Igrexa da Peregrina

Baixando cara ao mercado, no primeiro desvío á dereita, atopamos a praza da Pedreira, onde se levanta o Pazo de Mugartegui. E subindo pola rúa dos Arcos, a igrexa de San Bartolomeu, unha das creacións máis destacadas do barroco galego.

Se continuamos pola rúa Sarmiento cara ao leste, damos con outros dous lugares de grande tradición histórica: a praza da Leña e a praza da Verdura; os seus nomes fan referencia aos produtos que se vendían nestas prazas.

Antes de continuar o percorrido, debemos facer unha parada obrigada no Museo de Pontevedra, un dos mellores de Galicia pola súa gran riqueza e diversidade. No seu interior podemos atopar pezas e documentos que van desde a prehistoria ata a actualidade.

Continuamos o noso camiño pola rúa San Román ata chegar á praza da Ferrería que recibe o nome das forxas existentes nos seus soportais. É digna de visitar a igrexa de San Francisco, unha edificación do século XIV que destaca polas súas bóvedas de crucería e polas súas vidradas cristaleiras.

Finalmente, subindo pola praza de Ourense, chegamos ata a Capela da Virxe Peregrina, levantada ao borde do Camiño Portugués a Santiago sobre unha planta inspirada nunha cuncha de vieira, símbolo dos peregrinos.

[editar] Festas Patronais

O día 20 de xaneiro celébrase a festividade de san Sebastián, patrón da cidade, e o día 18 de decembro, a da virxe do O, a patroa.

[editar] Lugares de Pontevedra

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pontevedra vexa: Lugares de Pontevedra.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María) | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño (Virxe do Camiño) | Xeve (Santo André)

[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia

THIS WEB:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2006:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu