Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Galiza - Wikipedia

Galiza

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Este artigo trata de Galiza no noroeste da Península Ibérica. Para outras páxinas con títulos homónimos, vexa: Galiza (homónimos).


Comunidade Autónoma de Galiza
Bandeira de Galiza
(Bandeira e escudo de Galiza)
Mapa de localización de Galiza na península ibérica.
Agrandado
Mapa de localización de Galiza na península ibérica.
Mapa de localización de Galiza en Europa e no mundo.
Agrandado
Mapa de localización de Galiza en Europa e no mundo.
Capital Santiago de Compostela
Idiomas oficiais Galego e Español
Cidade máis poboada Vigo
Superficie


 - total
 - % de España

Lugar nº 7


29 574 km²
5,8%

Poboación


 - Total (2003)
 - % de España
 - Densidade

Lugar nº 5


2.751.094 hab.
6,5%
92,36/km²

Taxa de natalidade (2002)
Taxa de mortalidade (2002)
7,1 por 1000
10,3 por 1000
Esperanza de vida ó nacer (2001)
Homes
Mulleres

80,1 anos
76,5 anos
83,6 anos
Xentilicio

 - galego
 - inglés
 - portugués
 - español


galego
galician
galego
gallego

Estatuto de Autonomía 6 de abril de 1981
Representación parlamentaria:

 - Congreso de España
 - Senado de España
 - Parlamento de Galiza



25 diputados
19 senadores
75 escanos
Moeda Euro (€)
Zona horaria UTC +1
Himno galego "Queixumes dos Pinos"
ISO 3166-2 GA
Presidente Emilio Pérez Touriño (PSdeG)
editar

Índice

Información Xeral

Galiza é unha nación establecida xuridica e administrativamente como unha Comunidade Autónoma e Nacionalidade Histórica dentro do Reino de España e situada ao noroeste da Península Ibérica. Ao leste linda co resto do estado español (Asturias na zona norte e Castela e León máis ao sur), ao oeste co Océano Atlántico, ao norte co Mar Cantábrico) e ao sur, coa República de Portugal, no inicio un condado galego que se independizou do reino da Galiza entre 1128 e 1140 (na Idade Media)

Ten como lingua oficial o galego, algo similar e de orixe común co portugués, que comparte o dito estatuto co castelán, que é oficial en todo o estado. O termo Galiza, segundo as novas normas da RAG (Real Academia Galega) do ano 2003, acéptase para referírmonos á Comunidade Autónoma de Galicia (mantendo este último como recomendado). O termo "galego" emprégase tamén en Portugal para nomear os habitantes do Norte (Ver Etimoloxía de Galiza).

Ten unha tradición con elementos primarios de compoñente celta, e na que deixaron a súa impronta tamén os romanos e posteriormente os suevos e visigodos, chegando tamén por un curto tempo a ser terra de influencia musulmá e ter nalgunhas zonas unha comunidade xudía importante antes de recibir a influencia cultural castelá.

Ten uns 2,8 millóns de habitantes (2002) cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia de A Coruña.

Na antigüidade os gregos chamábanlle καλλαικoι, ou sexa, kalecós, nome co que os seus habitantes se coñecían entre si.

Administración do Territorio

División administrativa (provincias)

Concellos por provincia


Divisións administrativas de Galiza
Provincias 4
Comarcas 53
Concellos 315
Parroquias 3.778
Principais concellos e vilas
Agrandado
Principais concellos e vilas
Concellos menos poboados de Galiza.
Agrandado
Concellos menos poboados de Galiza.

Comarcas

Partidos xudiciais de Galiza

Vilas

Economía

Galiza é unha terra de contrastes económicos. Mentres a costa oeste, sé dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación, a zona rural das provincias de Ourense e Lugo basea a maioría da súa economía na agricultura tradicional, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras. O crecemento do turismo, aproveitamento forestal sostible e agricultura orgánica e natural, así como explotacións gandeiras de certo tamaño están aumentando as posibilidades da economía galega.

Aséntanse en Galiza poucas grandes industrias. Cabe contar entre elas coa planta de Alumina-Aluminio que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao, a industria manufactureira de automóbiles da tamén multinacional Citroën en Vigo, a mina e as centrais térmica e de ciclo combinado de Endesa de As Pontes de García Rodríguez, a refinería da Coruña ou os asteleiros de Ferrol e Vigo, con desigual sorte e en proceso de reconversión case continua na súa maioría desde os anos 80. Nos anos 90 unha industria galega estase a desenvolver de xeito internacional, a manufactureira téxtil Zara, con sé en Arteixo.

As industrias manufactureiras de produtos agrícolas están en pleno retroceso, caendo en mans foráneas as industrias de derivados lácteos e outras sufrindo unha reestructuración, como lle pasou á antiga industria estatal 'FRIGSA' ('Frigoríficos Industriales de Galicia') que acabou sendo desmantelada e tratando de ocupar o seu lugar unha serie de empresas moito máis pequenas.

A pesca, na que tradicionalmente Galiza é unha potencia, ven mermando o número de capturas desde hai anos tanto polo esgotamento das pesquerías tradicionais como polas condicións políticas de acceso ás mesmas. Estánse comezando a desenvolver os cultivos mariños, algúns deles seguindo a liña tradicional das mexilloeiras (que aínda hoxe representan a maioría do valor de especies cultivadas) ou as cetáreas.

A agricultura e gandeiría pasaron nunha xeración de ser practicamente de subsistencia a ser de comercialización, e seguen a sufrir cambios debido ao impacto da incorporación na UE e ás condicións de entrada. O número de explotacións agrarias está caendo rapidamente, así como se está a concentrar a cota leiteira, por citar dous indicadores.

O turismo, de desenvolvemento máis tardío que noutras zonas da península, representa hoxe en día unha importante fonte de ingresos, coa peculiaridade de que se concentran na costa (principalmente nas Rías Baixas) e Santiago.

A balanza exterior galega ten signo positivo, obtendo perto de 600 millóns de euros de superávit no ano 2002. Os principais socios comerciais de Galiza atópanse na Unión Europea.

Case a metade dos empregos en Galiza están dedicados ao sector servizos (582.000 persoas dun total de 1.072.000 traballadores, (2002)), seguido pola industria (máis de douscentos mil), e agricultura e construción con aproximadamente a mesma cantidade de traballadores. Curiosamente, é no sector agrario onde é menor a taxa de paro: 2,9%, estando no sector terciario no 9%.

Ver tamén:

Xeografía

Límites

O territorio da Comunidade Autónoma de Galiza está comprendido entre 43º47'N (Estaca de Bares) e 41º49'N (Fronteira con Portugal no parque do Xerés) en latitude. En lonxitude, entre 6º42'O (límite coa provincia de Zamora) e 9º18'O (Acadado practicamente en dous lugares: cabo da Nave en Fisterra e cabo Touriñán).

A Costa

A costa galega ten multitude de entrantes e saíntes e illas pequenas, e en xeral é escarpada ou con descensos pouco suaves. Alternan lugares con características diferentes, como Corrubedo nas Rías Baixas ou a Rasa Cantábrica na Mariña, a primeira un lugar de características dunares nunha costa de perfil baixo, e a segunda unha zona de deposición xeolóxica elevada sobre o seu nivel orixinal. Os dous puntos citados son exemplos de lugares que reciben moitas visitas debido ás súas características físicas e fermosura: alí se atopan respectivamente o Parque Dunar de Corrubedo e a Praia de Augas Santas ou das Catedrais.

A maioría da poboación vive á beira das rías atlánticas, nos maiores núcleos urbanos e as súas áreas de influencia. As rías teñen importancia pesqueira, contribuíndo a que a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo. Asemade atraen multitude de turistas polas magníficas vistas e praias (a maioría de area branca e suave) e mar tranquilo.

As Rías

Xeograficamente, unha das peculiaridades de Galiza é a presenza das rías, indentacións na costa nas que o mar anega vales fluviais por descenso do nivel terrestre (ascenso relativo do nivel mariño). As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galiza.

As Rías Altas son as de Ribadeo, Foz, Viveiro, O Vicedo, no Mar Cantábrico (é dicir, ao leste de Estaca de Bares como punto máis setentrional de Galiza), e Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Betanzos A Coruña, Corme e Laxe e Camariñas.

As Rías Baixas, todas na fachada atlántica, son de maior tamaño. Enumeradas (de norte a sur) son Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo.

Cabos

Os máis coñecidos son:

  • Estaca de Bares, que marca o punto máis ao norte de Galiza e a separación entre Océano Atlántico e Mar Cantábrico, entre as rías do Vicedo e Ortigueira.
  • Cabo Ortegal, entre a ría de Ortigueira e os cantís de Teixido.
  • Cabo Prior, ao norte de Ferrol.
  • Punta Santo Adrao, perto a Malpica.
  • Cabo Vilán, que limita a ría de Camariñas.
  • Cabo Touriñán, ao sur da ría de Camariñas.
  • Cabo Fisterra, tendo nunha das súas beiras o punto máis occidental de Galiza.
  • Cabo Silleiro, que pecha polo sur a ría de Vigo.

Illas

Non se listan multitude de illas máis pequenas e illotes.

O interior

Demograficamente, o interior galego está pouco poboado, e continúa a experimentar a emigración ás áreas urbanas litorais, (antes a Madrid, Barcelona, Biskaia e Europa Occidental, e antes aínda a América, onde todos os españois aínda hoxe son chamados 'gallegos'), de xeito que se mantén a estrutura poboacional en pequenos núcleos, pequenas vilas e a poboación dispersa en aldeas, o que se reproduce na costa pero con características diferentes debido á moito maior densidade poboacional.

O aspecto orográfico que presenta Galiza no seu interior é de montañas baixas e romas, con multitude de ríos, estruturados como tributarios do Río Miño no interior, e nas cuncas atlántica e cantábrica, ríos máis curtos (en particular os que van ao Mar Cantábrico). As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como ocorre nos Canóns do Sil. Noutras zonas aparecen amplios vales, aínda que son minoritarios.

Galiza é percorrida de norte a súeste por dúas fallas tectónicas, partindo as características do chan galego polos ditos lugares. Así, encontramos na zona de O Porriño canteiras de granito, rocha moi abundante en boa parte de Galiza, pero ausente no extremo nordeste.

Ríos

Galiza tense denominado como o país dos mil ríos pola cantidade de cursos fluviais que mantén. En xeral, ademais do Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros, son aproveitables para a navegación transversal e lonxitudinal en tramos curtos [1].

Son ríos moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente de Miño e Sil que teñen unha lonxitude de varios centos de km.

Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica, debido ao caudal, pendente e angostura, o que produce tamén o fenómeno dos 'canóns', como os célebres canóns do Sil (moitos deles aproveitados para encoros).

Ver o listado de ríos de Galiza

Montes

As montañas máis elevadas son Pena Trevinca, con altura superior aos 2000 m (no límite administrativo da Comunidade Autónoma) e Cabeza de Manzaneda.

Porén, coas características antes citadas, existen diversas serras ou cadeas montañosas, entre elas:

  • O Xistral entre A Mariña e a Terra Chá, co Cadramón (1019 m) e Monseiván (929 m) como puntos máis altos,
  • Os Ancares, que traza a fronteira administrativa coas comunidades de Castela eLeón e o Principado de Asturias, co pico de Pena Rubia (1821 m) como altura raíña,
  • O Courel, ao norte do río Sil, tamén en fronteira con Castela e León, co monte Faro (1606 m),
  • Serra do Eixo, con Pena Trevinca (2124 m), fronteira coa provincia de Zamora,
  • Macizo Central Ourensán, con Cabeza de Manzaneda (1780 m),
  • Serra do Faro, co monte Cantelle (1222 m)
  • Cova da Serpe, co pico do mesmo nome (841 m),
  • Montemaior, co pico de Meda (565 m) ,
  • Montes do Testeiro, co Faro de Avión (1151 m),
  • Serra da Peneda, Serra do Xerés e Serra do Larouco facendo fronteira entre Galiza e Portugal con montes como o Aguioncha (1240 m)

Natureza

Flora

Galicia ten unha grande porcentaxe de bosque, onde se desenvolven importantes especies forestais en estado natural, se ben nas últimas décadas as características boscosas están cambiando debido á importación do eucalipto, quedando un número de fragas reducido, en particular no centro-norte da provincia de Lugo.

Dentro do aproveitamento da terra fóronse introducindo diveros cultivos, pero respecto á cantidade de terra dedicada compiten cos pastos debido á presión do aproveitamento económico do gando.

Galicia é unha forte potencia de riqueza forestal para o Estado Español. A pesares dos incendios forestais que queiman moitas hectáreas tódolos anos, a madeira producida en Galicia é unha importante fonte de ingresos, así como a pasta de celulosa procedente de madeiras brandas. A réxión é unha zona de transición entre tres climas e os seus biotopos:

  • atlántico, con bosques de carballos, bidueiros, amieiros, etc.;
  • mediterráneo, principalmente nos vales interiores dos grandes ríos, con elementos significativos coma estevas, sobreiras, erbedos, etc.;
  • continental bastante suavizado, con elementos puntuais coma teixos, acivros, algúns abetos (alóctonos), piñeiros vermellos, etc.;

Debido á bonanza do clima, dánse tamén facilmente especies subtropicais e mesmo tropicais: palmeiras, orquídeas, etc. En Galicia houbo tres revolucións botánicas ou forestais, que se deron en tres épocas diferentes e con resultados ben distintos:

  • chegada do castiñeiro (Castanea sativa) cos romanos, rapidamente aclimatado e agora xa considerado coma autóctona;
  • chegada das repoboacións de piñeiro rodeno (Pinus pinaster), co tempo chamado mesmo piñeiro do país ou piñeiro galego, dende a descobremento de América, sobre todo para a construción de barcos;
  • chegada das repoboacións de eucalipto (especialmente Eucalyptus globulus), dende o franquismo, aínda contemplado coma especie alóctona, principalmente para fornecer de materia prima a ENCE, a papeleira de Pontevedra.

Fauna

Os animais que se ven topicamente como máis característicos de Galiza son domésticos, e corresponden ás explotacións gandeiras. Nembargantes, os bosques e montes galegos albergan unha variedade de pequenos mamíferos (lebres, coellos) e outros non tan pequenos (como xabarís ou corzos) que son aproveitados nas tempadas de caza.

Dentro das aves, cabe citar os varios sitios de paso ou invernada, zonas ZEPA, etc, como a da Ría de Ribadeo

Climatoloxía

En xeral, Galiza ten un clima suave de influencia oceánica, moi chuvioso. Nembargantes, a irregular orografía ten como consecuencia a existencia de múltiples microclimas, con fortes variacións en áreas con pouco máis de 200 km2.

A grandes trazos, pódense distinguir as seguintes zonas:

  • Rías Altas e interior de A Coruña, con clima oceánico húmido. Rexistra o maior índice de precipitacións de Galiza, así como o menor número de días soleados e o maior número de días con precipitacións.
  • Mariña Luguesa, con clima oceánico suave con temperaturas baixas todo o ano.
  • Interior, con clima oceánico case continental.
  • Rías Baixas, con clima oceánico suave.
  • Curso fronteirizo do río Miño, cun clima moi próximo ao Mediterráneo suave.
  • Ribeira Sacra, cun clima continental moi cálido propiciado polo Val do río Miño e os diversos montes que rodean a cidade de Ourense. No verán acostuman a ser bastantes os días nos que se rexistra a temperatura diaria máis elevada de España.

Eis un resumo dos datos do Observatorio Ramón María Aller de Santiago respecto ó ano 2002 como exemplo ilustrativo para o interior de A Coruña:

  • Chuvia: 189 días de chuvia (distribución normal de 50% de días chuviosos) con 2415,9 l/m2, distribuída na súa maioría nos tres derradeiros meses do ano.
  • Temperatura: mímima rexistrada de +0,6ºC e máxima de 32,8ºC.
  • Insolación: 1.663 horas e 40 minutos, a cantidade máis baixa con diferencia dos últimos anos (media anual, 2000 horas).
  • Outros: 28 días de tormenta.

O clima varía entre as costas, con oscilacións máis suaves, e o interior, no que se acadan no inverno as temperaturas máis frías (Manzaneda) e no verán as máis cálidas (Ourense).

Historia

Artigo principal Historia de Galiza
As etapas culturais máis importantes datadas na Galiza son:

Cultura megalítica

Artigo principal: Megalitismo en Galicia

A primeira claramente identificada, caracterízase pola súa capacidade construtora e arquitectónica, xunto co seu sentido relixioso, fundamentado no culto aos mortos como mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixioso abrangue a súa importancia ata a actualidade.

Estaban constituídos en clans. Desa época dan testemuña milleiros de mámoas e medorras espalladas.

Idade de Bronce

É nestes tempos cando se chega ao desenvolvemento metalúrxico, impulsado pola riqueza mineira. Parece que debido aos cambios climáticos, varios pobos da meseta trasladáronse á zona, incrementando a poboación e os conflitos entre pobos.

É a época de produción de diversos utensilios e xoias de ouro ou de bronce, que mesmo foron levadas máis aló dos Pirineos.

Etapa castrexa

Artigo principal: Cultura Castrexa

Floreceu na segunda metade da Idade de Ferro, resultado da fusión da cultura da Idade de Bronce e outras achegas posteriores, coexistindo en parte coa época romana. Os celtas trouxeron novas variedades de gado, o cabalo domesticado e probablemente o centeo.

O primeiro pobo celta que invade Galiza é o dos Saefes, no XI a.C., quen someterá o Oestrymnio; pero este influirá no primeiro sobre todo nos eidos da relixión, da organización política e das relacións marítimas con Bretaña e Inglaterra. O seu carácter eminentemente guerreiro fixo que Estrabón dixera deles que eran os máis difíciles de vencer de toda a Lusitania. Cómpre dicir que a provincia romana da Gallaecia propia dos galaicos aínda non estaba constituída políticamente e administrativamente.

Os castros son recintos fortificados de forma circular, provistos dun ou varios muros concéntricos, precedidos xeralmente do seu correspondente foxo e situados, os máis deles, no cume de outeiros e montañas. Entre os castros de tipo costeiro destacan os de Fazouro, Baroña e O Neixón. No interior poden mencionarse os de Castromao, Viladonga ou Santa Tegra. Común a todos eles é o feito de que o home se adapta ao terreo e non ao contrario.

Canto aos templos, a única construción atopada é a de Elviña. O de Meirás conserva unha necrópole. Noutros castros existían pequenas construccións en forma de caixa onde se gardaban as cinzas. Existe tamén outras parcialmente soterradas, cun depósito para a auga, nas que os vestixios de lume indican que debían servir para incinerar os cadáveres.

Dende finais do Megalítico aparecen inscricións sobre as rochas graníticas a ceo aberto das que se descoñece aínda o verdadeiro orixe e significado (son moi coñecidas as de Campo Lameiro).

A romanización

Artigo principal: Gallaecia

Os romanos someteron a Galiza para aproveita-los seus recursos mineiros. Co tempo convertiríana en provincia do imperio e recoñecerían a súa personalidade chamándoa Gallaecia. Con eles, os castros perderon o seu vello valor defensivo. Trouxeron novas técnicas, novas vías de comunicación, novas formas de organiza-la propiedade e unha lingua nova, pero foron tolerantes coa cultura existente.

O cristianismo chegaría a Galiza cos romanos. Lograría o que non acadou o latín e impúxose ó arrianismo dos suevos e ó paganismo prerromano. Os suevos, que mantiveron Galiza como reino independente cento setenta anos, foron progresivamente mediatizados polos visigodos. Foi na súa época na que se impuxeron definitivamente a lingua latina e o cristianismo, evolucionando o primeiro cara o galego e mesturándose a segunda cos costumes paganos.

O Islam chegaría ó sur de Galiza e só o norte se mantería como bastión da Reconquista ata que, logo de recupera-lo sur, este se independizara co nome de Portugal. As actividades económicas dos castrexos baséanse na agricultura e gandería-pastoril.

Idade Media

Artigo principal: Idade Media en Galicia

A aparición do Sepulcro do Apóstolo 'Sant Iago' en plena guerra da Reconquista conferiulle a Galiza unha importancia clave dento do fortalecemento dos reinos cristiáns, erixíndose Santiago como centro relixioso e destino de peregrinos que fortaleceron as ligazóns con Europa. O 'Camiño de Santiago' converteuse nun eixe cultural polo que se espallaron, entre outros, a arte románica ou a lírica dos trobadores, facendo dela tamén un contrapeso cultural fronte ao centralismo.

Idade Moderna

Artigo principal: Galiza na Idade Moderna

A partir da escriturización normativa en castelán comezada por Afonso X, o galego como lingua comezou unha decadencia acelerada dentro do proceso de uniformización de España, pasando polos chamados "Séculos Escuros", nos que a supervivencia lingüística foi só oral. No século XVIII comezouse a tomar conciencia da situación de división lingüístico-social entre o pobo galegofalante e os poderosos, castelánfalantes.

Século XIX

Artigo principal: Galicia na Idade Contemporánea

En 1833 Galiza perde a súa representatividade como unidade administrativa e desaparece a Xunta do "Reino de Galiza". É aqui que nacen as actuais catro provincias galegas que estruturan o territorio baixo administración do goberno central. Atopamos neste século o primeiro xurdimento dun movemento político que vai defender Galiza por causa desta perda de poder.

O pronunciamento de Solís vai levantar en armas a unha parte do exército para defende-la Unidade de Galiza contra a perda da desa administración anterior. Finalmente foron masacrados na batalla de Compostela e en 23 de Abril de 1846 fusilados os sobreviventes, coñecidos a partir de aí coma os Mártires pola Liberdade ou Mártires de Carral.

O Rexurdimento supón unha tentativa culturalista de defensa da galeguidade posterior a esa tentativa política o afianzamento da conciencia de diferenciación cultural parella a un ideal político de autopertenza. Isto supón a recuperación da lingua galega como vehículo de expresión culto. Desta época son Rosalía de Castro, Murguía, Leiras Pulpeiro ou Eduardo Pondal, entre outros.

Século XX

Tras o provincialismo, federalismo e rexionalismo do século anterior, xorde a etapa de Solidaridad Gallega, de 1907 á Primeira Guerra Mundial, co obxectivo de conseguir unha fronte electoral unida para eliminar o caciquismo e acadar unha representación galega (o que se saldou cun fracaso).

Unha primeira etapa, ata Primo de Rivera, é a marcada polas Irmandades da Fala, cunha preocupación fundamental pola defensa da lingua. Ao estendérense, vai callando de novo a idea política do galeguismo. Así, Vicente Risco e Otero Pedrayo traballaron no aspecto cultural e tiveron contraparte no aspecto político en Porteira e Lois Peña Novo. O relevo constitúeo a chamada 'xeración Nós', en torno á revista do mesmo nome, acompañada de 1920 á Segunda República por unha preocupación pola creación dun galeguismo controlado e instrumental desde o poder político central.

Na Segunda República hai dúas tendencias fundamentais: a correspondente á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e a contraparte no Partido Galleguista (PG). O PG xorde da unión de varias tendencias representadas nas figuras de Vicente Risco, R. Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Suárez Picallo, Castelao... En 1936 o PG, para lograr o estatuto para Galiza, aliouse coa Frente Popular e a resultas desa alianza sufriu unha escisión. Porén, logrouse o Estatuto e Castelao presentouse a Cortes pouco antes da Guerra Civil española.

Franquismo

Durante o franquismo, cualificado por Celso Emilio Ferreiro de "longa noite de pedra", sucedéronse diferentes etapas represivas coas ideas galeguistas, a partir da loita armada de moitos galeguistas en contra de Franco.

Na posguerra créase en Bos Aires o Consello de Galicia, comandado por Castelao e Suárez Picallo. No ano 1944 sae do prelo 'Sempre en Galiza', guía ideolóxica do galeguismo. Pouco a pouco vaise optado polo mantemento dunha acción cultural, como manifesta a criación da editorial Galaxia.

No ano 1964 fúndanse a Unión do Pobo Galego (UPG, partido nacionalista de esquerda revolucionaria segundo o definiu Méndez Ferrín) e o Partido Socialista Galego (PSG, con X.M.Beiras e García Bodaño).

En democracia

(Ver a liña temporal á beira)

Cronoloxía (dende a democracia en España)
1975 Constitución da Xunta Democrática de Galiza
1976 Constitución da Táboa Democrática de Galiza
1977 Constitución da Asemblea de Parlamentarios de Galiza
1978 Xunta Preautonómica presidida por Antonio Rosón Pérez
1979 Xunta Preautonómica presidida por José Quiroga Suárez
1980 Referendo do Estatuto de Autonomía. Aprobado facendo referencia á Nacionalidade histórica.
1981 Primeiras eleccións autonómicas
1982 Presidente da Xunta de Galiza: Xerardo Fernández Albor
1987 Presidente da Xunta de Galiza: Fernando González Laxe
1991 Presidente da Xunta de Galiza: Manuel Fraga Iribarne
2005 Presidente da Xunta de Galiza: Emilio Pérez Touriño

Lingua

As linguas que se falan en Galiza son o galego, (lingua derivada do "galego-portugués" que á súa vez derivaba do latín e linguas prerrománicas). Nos seus comezos o galego tiña unha grande semellanza co portugués actual (ou máis ben co galego portugés antigo) mais tra-la centralizazón e castelanizazón da Galiza polos reis católicos o estatus e a forma da lingua galega trocou moito (e índa agora comeza a mellorar, tendo en conta que na Galiza cada vez hai, segundo as enquisas, máis galego falantes bilingües ou monolingües en galego).

Despois de varios séculos de imposición política da lingua, desde os últimos decenios do S. XX o galego acadou tamén o estatuto de lingua oficial na comunidade, e ambos son ensinados nos centros de ensino. Hai un forte movemento social que procura manter o galego como lingua na Galiza.

Hai que notar que tanto o galego como o portugués son derivados do antigo galego-portugués. As dúas linguas comezaron a separarse coa separación política de Portugal e Galiza. Hoxe constitúen linguas separadas nos ámbitos oficiais, cada unha coa súa academia da lingua e institucións, pero conservando fortes ligazóns. Porén, hai asociacións (como a AGAL) e lingüistas que entenden que galego e portugués son a mesma lingua, e que as diferenzas que presentan non son maiores que por exemplo as constatadas nas variantes do español de España ou de América.

A literatura galega foi destacada na Idade Media, voltando a rexurdir na actualidade, cunha morea de escritores que son traducidos a diferentes linguas.

Ver tamen: Ligazon externa

Persoas destacables

A Ciencia en Galiza

(ver A Ciencia en Galiza)

Arquitectos

Escritores

Por orde alfabética de apelidos.

En galego:

... (ver Día das Letras Galegas)

En castelán:

Cine e Vídeo

Algúns Directores e Guionistas dos que hai páxinas nesta Galipedia:

Para unha información máis completa véxase:

Fotógrafos

  • Tono Arias
  • Ramón Capotillo
  • Manuel Ferrol
  • Mariano Grueiro
  • Manuel Lemos
  • Xurxo Lobato
  • Manuel Vilariño
  • Xulio Villarino

Política

Cronoloxía de Presidentes da Comunidade Autónoma de Galiza

Partidos políticos

Ligazóns externas

Estatuto de Autonomía de Galiza
Instituto Galego de Estatística (I.G.E.)
Galizalivre.org
Bloque Nacionalista Galego
Xornal electrónico galego
Plataforma Nunca mais
Xunta de Galiza
Informacións turísticas de Compostela

Universidades galegas

Universidade de Vigo
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña
Galiza

A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra


España
Andalucía - Aragón - Principado de Asturias - Illas Baleares - Illas Canarias - Cantabria - Castela-A Mancha - Castela e León - Cataluña - Comunidade Valenciana - Estremadura - Galicia - Comunidade de Madrid - Rexión de Murcia - Comunidade Foral de Navarra - País Vasco - A Rioxa
Cidades autónomas
Ceuta - Melilla

Europa | España
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com