Mariña de Lugo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Comarca natural no norte da provincia de Lugo, abranguendo os municipios entre o cordal de montañas e o Mar Cantábrico. Administrativamente está dividida en tres Comarcas: A Mariña Occidental (con capital en Viveiro), A Mariña Central (con capital en Mondoñedo) e A Mariña Oriental (con capital en Ribadeo).
A súa situación, ó norte da provincia (e polo tanto, de Galiza), fai que sexa bañada polo Mar Cantábrico, tendo o seu límite oriental na Ría de Ribadeo, que fai de fronteira con Asturias, e o límite occidental na ría do Barqueiro, máis aló da que está a provincia da Coruña