Ferrol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ferrol | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Ferrolán - Ártabro - Departamental |
Xeografía | |
Provincia: | Coruña |
Comarca: | Ferrol |
Área: | km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | hab. |
Densidade: | hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 7 (votos 10.229 - 24,45 %) BNG 6 (votos 9.457 - 22,61 %) PSdeG-PSOE 4 (votos 5.433 - 12,99 %) Outros: Independentes por Ferrol 6 Esquerda Unida 2 (13.361 - 31,95 %) |
Alcalde: | Juan Juncal Rodríguez (PP) |
Eleccións municipais en: 'Ferrol' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | 68.139 - 100 % |
Votantes: | 42.098 - 61,78 % |
Abstencións: | 26.041 - 38,22 % |
Votos en branco: | 1.118 - 2,66 % |
Votos nulos: | 269 - 0,64 % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Ferrol é unha das sete principais cidades de Galiza e é a capital da comarca de Ferrolterra (a terceira concentración urbana da Galiza), na provincia da Coruña.
A cidade de Ferrol ten 77.859 habitantes en 2004 segundo o Padrón municipal (78.764 en 2003) e a comarca de Ferrolterra conta cuns 130 000 aprox.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Ferrolán - Ártabro - Departamental
Evolución da poboación de: Ferrol - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
25.281 | 35.563 | 77.030 | 87.691 | 77.859 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Historia
Foi unha cidade bastante poboada na etapa anterior á romanización na que historicamente poden recoñecerse algúns asentamentos castrexos en Ferrol vello.
O topónimo Ferrol vincúlase á súa orixe antropóloxica Ferreolus.
Na Idade Media a cidade ou vila de Ferrol gozou dalgúns foros e privilexios ata que comezou a pertencer xurisdicionalmente á Casa de Andrade.
Durante o ataque de Drake, Ferrol servíu como cidade militar e de axuda e reparación á flota marítima.
[editar] Xeografía
A cidade ocupa un emprazamento peninsular dentro da ría que leva o seu nome, a Ría de Ferrol. Vai desde o municipio de Valdoviño e Narón e diríxese na dirección do Golfo Ártabro. Parte das súas parroquias sitúanse nunha zona esquistosa no val de Trasancos, cun relevo de formas suaves. Cómpre facer mención dos espléndidos areais cos que conta a cidade, como Doniños, San Xurxo, Covas, Esmelle,... no litoral de Doniños pódese atopar unha particularidade morfolóxica, que é a lagoa litoral, paraxe natural de grande interese.
Dende o punto de vista do clima, Ferrol correspóndese co clima atlántico, choivas abundantes no outono e inverno e estíos un pouco soleados, destacando as típicas néboas costeiras no verán.
[editar] Demografía
A cidade conta actualmente cuns 80.000 hab. aproximadamente, é a capital da comarca de Ferrolterra, engadindo na totalidade uns 130.000 hab.
[editar] Economía
Dependente durante longo tempo da construción naval, pasou por sucesivas crises correspondentes coas horas baixas deste sector, crises das que aínda non está recuperada.
[editar] Patrimonio artístico
Aínda que Ferrol non conta con grandes monumentos ten unha gran diversidade arquitectónica de gran interese. Destaca a gran arquitectura militar, sendo as representacións máis importantes o Castelo Da Palma, e o Castelo de San Felipe, que poderían ser declarados axiña Patrimonio da Humanidade da Unesco. Relevantes tamén son varios edificios residenciais asociados á mariña repartidos por toda a cidade e algúns de caracter estríctamente militar no Porto. Ferrol conta cun dos trazados urbanísticos máis harmónicos de toda Galiza, o Barrio da Magdalena, deseñado en tempos de Carlos III, foi toda unha novidade no seu tempo e segue a destacar hoxe non só pola súa forma senon polas construcións modernistas que alí se fixeron, coma por exemplo O Teatro Jofre, o Casino Ferrolano ou o Hotel Suizo. No ámbito relixioso a cidade conta coa concatedral de San Xulián e igrexas coma a de Dolores, Angustias e Socorro.
[editar] Festas e tradicións
- Unha das máis coñecidas festa de Ferrol é a romería da Virxe de Chamorro, a cal é celebrada no luns de Pascua.
- Compre destacar tamén os actos cívicos e relixiosos feitos no día do patrón da cidade San Xulián, o sete de xaneiro.
- No mes de agosto fanse as coñecidas festas da cidade, rematando o día de San Ramón cunha homenaxe a Ramón Plá, o que fora "Marqués de Amboage".
- De gran merecido é a procesión de Corpus, que percorre algunhas das rúas da cidade.
- E por último, no ámbito relixioso A Semana Santa Ferrolana é un dos acontecementos máis sinalados do ano, xuntando unha gran morea de turistas e declarada acontecemento de interese nacional.
- E fóra do folclore e a relixión celébrase cada ano a Feira de Mostras, sendo esta un novo ponto de referencia para a cidade.
[editar] Ferroláns na historia
- Ramón Franco
- Concepción Arenal
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Ferrol
Mugardos e Ferrol |
[editar] Lugares de Ferrol
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ferrol vexa: Lugares de Ferrol.
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||