Emilio Pérez Touriño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Emilio Pérez Touriño | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Emilio Pérez Touriño | ||
Data de nacemento: | 8 de agosto de 1948 | ||
Lugar de nacemento: | A Coruña, Galicia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Partido político: | Partido Socialista de Galicia | ||
Cargo(s): | Presidente da Xunta de Galicia (dende o 2005) Secretario Xeral do PSdeG dende 1998 |
||
Profesión: | Político e mestre |
Emilio Pérez Touriño (Coruña, 8 de agosto de 1948) é o Secretario Xeral do PSdeG dende 1998. Investido presidente da Xunta de Galicia o 29 de xullo do 2005, tomou posesión o 2 de agosto.
Pérez Touriño realizou estudos de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble, Francia. É doutor en Ciencias Económicas e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, onde foi vicerreitor para Asuntos Económicos.
Durante a transición democrática foi dirixente estudiantil e activo militante progresista e participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos Pactos do Hostal que o posibilitaron.
Entrou na política da man de Abel Caballero cando este era ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. Foi primeiro xefe do seu gabinete e logo subsecretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente. En 1994 Roldán acusouno de ter intervido no pagamento de comisións, polo que renunciou aos seus cargos políticos, aínda que rexeitase sempre a súa implicación. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil nese mesmo ano. Regresou á docencia ata o ano 96.
En 1998 substituíu a Paco Vázquez como secretario xeral do PSdG. As relacións entre os dous políticos non son moi boas debido á oposición deste último a chegar a calquer acordo co BNG. No último Congreso do PSOE perdeu o posto que tiña na Comisión Executiva Federal, pero conta, en principio, co respaldo do secretario de organización, Xosé Blanco. A súa liña ideolóxica é galeguista, socialdemócrata e federal.
Dende o 2 de agosto de 2005 encabeza un goberno de coalición co BNG que aspira a reformar o Estatuto de Autonomía de Galicia.
Touriño é tamén autor de múltiples estudos sobre asuntos de desenvolvemento rexional e economía agraria no eido da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias, Pérez Touriño dirixiu asemade traballos e publicacións en relación coas infraestruturas e o crecemento económico de Galicia.
Lista de Presidentes de Galicia | ||
---|---|---|
Segue a: Manuel Fraga Iribarne |
Emilio Pérez Touriño (2005-2009) |
Precede a: Eleccións autonómicas de 2009 |
PSOE |