Daniel Domínguez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Daniel Domínguez Pérez (Tui, 1955), guionista galego. Forma parte da primeira xeración dos actuais (out. de 2004) integrantes do Sector Audiovisual Galego. Comezou (de xeito autodidacta) dirixindo A outra muller (Vídeo, 1982), O segredo (35mm, 1984) e Río de sombras (35mm, 1986), esta última baseada no conto "O Suso" de Xosé Luís Méndez Ferrín.
En 1991 está entre os integrantes do equipo fundador da Escola de Imaxe e Son (EIS) de A Coruña onde imparte a materia de guión. Durante anos deixáse notar a súa influenza na formación dos futuros profesionais do Audiovisual Galego ben sexa na EIS, nos masters da Universidade de A Coruña ou en numerosas iniciativas relacionadas coa esinanza da construción do guión. Sae da Escola de Imaxe e Son dun xeito abrupto impropio do seu talento e reaparece como guionista de series de televisión como Mareas Vivas (1998), Terras de Miranda (2000), As leis de Celavella (2003) ou a recente Miña sogra máis eu (2004).
O seu nome aparece nos créditos de agradecemento de innumerables curtametraxes, e como guionista de todo tipo de obras audiovisuais entre elas algunhas de animación como Ignotus (2000) e Os defuntos falaban castelao (2000). Tamén na longametraxe galega Blanca Madison (Carlos Amil, 2000).
Índice |
[editar] Filmografía
[editar] Director de Curtametraxes e Vídeo
- A outra muller (Vídeo, 1982)
- O segredo (35mm, 1984) codirixida con Uxía Blanco
- Río de Sombras (35mm, 1986) -Mención Especial no Festival de Cine de Alcalá de Henares de 1987-
[editar] Guionista
Televisión
- Mareas Vivas (1998)
- Terras de Miranda (2000)
- As leis de Celavella (2003) -Premio Mestre Mateo 2003 ao mellor guión orixinal-
- Miña sogra máis eu (2004)
Curtametraxes
- Ignotus ( Tomás Conde e Virginia Curiá, 2000)
- Os defuntos falaban castelao ( Tomás Conde e Virginia Curiá, 2000)
Longametraxes
- Blanca Madison (Carlos Amil, 2000)