Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Alemaña - Deutschland - Wikipedia

Alemaña - Deutschland

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Bundesrepublik Deutschland
República Federal de Alemaña
Bandeira de Alemaña Armas de Alemaña
(Bandeira de Alemaña) (Escudo de Alemaña)

Lema: Einigkeit und Recht und Freiheit
(Alemán: Unidade e Xustiza e Liberdade)

Image:LocationGermany.png
Lingua oficial Alemán¹
Capital Berlín
Maior cidade Berlín
Presidente: Horst Köhler
Chanceleresa:
(Xefe de Goberno)
Angela Merkel
Área

- Total
- % auga

61º maior

357,022.90 km²
2.18%

Poboación

- Total (2003)
- Densidade

13º máis poboado

82,544,000
231 h/km²

Formación/

unificación

Tratado de Verdún (843),

18 de xaneiro de 1871,
23 de maio de 1949
3 de outubro de 1990

Moeda Euro², moedas de euro alemanas
Fuso horario UTC +1
Himno nacional Das Lied der Deutschen
(Canción dos alemáns)
TLD (Internet) .DE
Código telefónico 49
(1) O dinamarqués, o sorbio, o romano e o frisio son linguas oficialmente recoñecidas e protexidas como minoritarias. O baixo saxón é protexido pola Unión Europea.

(2) Antes de 1999: marco alemán (Deutsche Mark)

En galego: Alemaña. En alemán: Deutschland. En portugués: Alemanha. En catalán: Alemanya. En castelán: Alemania. En inglés: Germany.

Alemaña é un estado federal da Europa central membro da Unión Europea. Alemaña está limitada ao norte polo Mar do Norte, por Dinamarca e polo Mar Báltico, ao leste por Polonia e pola República Checa, ao sur por Austria e por Suíza e ao oeste por Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. A capital de Alemaña é Berlín. A lingua nacional é o alemán.

Índice

[editar] Historia

Artigo principal Historia de Alemaña

O alemán é o sentimento de pertenza á nación alemá existente dende hai máis de mil anos, mais o país coñecido agora como Alemaña só foi unificado en 1871 en Versalles, cando o imperio alemán, dirixido pola Prusia, foi constituido. Alemaña formou un imperio con pobos de diferentes orixes nacionais por máis de 50 anos. Este foi o segundo "Reich" alemán. "Reich" é traducido xeralmente por "Imperio" mais pode tamén significar "Reino".

Tras a Segunda Guerra Mundial estivo dividida en dous estados a raíz da súa partición en catro administracións subordinadas a EUA, Reino Unido, Francia (que formarían a chamada Alemaña Occidental, República Federal de Alemaña) e URSS (que formaría no seu territorio a chamada Alemaña Oriental, República Democrática Alemá)

[editar] Política

  • Véxase o artigo principal: Política de Alemaña

Alemaña é unha democracia constitucional federal, cuxo sistema político foi creado como a constitución de 1949, chamada Grundgesetz (Lei Básica). Ten un sistema parlamentario no que o xefe de goberno, o Bundeskanzler (Chanceler), é eleito polo parlamento

O parlamento, chamado Bundestag (Asemblea Federal), é eleito de catro en catro anos por voto popular, usando un complexo sistema que combina o voto directo con representación proporcional. Os 16 Bundesländer (Estados) están representados federalmente no Bundesrat (Consello Federal), que ten palabra no proceso lexislativo. Nos últimos tempos, ten habido algunha controversia sobre o feito de que o Bundestag e o Bundesrat bloquearan decisións un do outro, o que dificulta a acción efectiva do goberno.

A función do xefe de Estado é do Bundespräsident (Presidente Federal), cuxos poderes están limitados apenas a funcións cerimoniais e de representación do Estado. O Bundespräsident é eleito pola Bundesversammlung que engloba tódolos membros do Bundestag e o mesmo número de membros enviados polos parlamentos do Länder (Landtage).

O brazo xudicial inclúe ó Tribunal Constitucional, chamado Bundesverfassungsgericht, que pode bloquear calquera acto de lexislación ou administración se estes foren considerados inconstitucionais.

[editar] Xeografía

Artigo Principal Xeografía de Alemaña

Alemaña esténdese dende as altas montañas dos Alpes (o punto máis elevado é o Zugspitze con 2.962 m) no sur ata as costas do mar do Norte e do mar Báltico no norte. Polo medio, esténdense as terras altas, boscosas, da Alemaña central e as terras baixas da Alemaña do norte (o punto máis baixo é o Neuendorfer/Wilstermarsch, con -3.54 m), atravesadas por algúns dos maiores ríos da Europa, como o Rhin, o Danubio e o Elba.

Vista panorámica do río Rhin tomada desde Petersberg.
Agrandado
Vista panorámica do río Rhin tomada desde Petersberg.

A República Federal ten fronteiras ao norte coa Dinamarca, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e a Suíza e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos.

O clima é por veces imprevisíbel. No verán, un día pode ser quente e solarengo e o día seguinte frío e chuvioso. De tódolos xeitos, son extremamente raras as condicións climáticas verdadeiramente extremas, como secas severas, tornados, tempestades de sarabia, frío ou calor extremos, etc. Houbo dúas inundacións de grande escala nos últimos anos, mais en xeral tamén estas son raras. Non hai noticia de sismos destrutivos.

[editar] Economía

Alemaña é a terceira economía mundial en termos de PIB (Produto Interior Bruto) (despois dos EEUU e do Xapón). A economía alemá é unha economía de mercado. A seguridade social ten un peso moi grande na economía e os alemáns teñen dereitos sociais moi amplos. Os sistemas de Seguridade Social teñen unha longa tradicción, que se remonta ao goberno de Bismark, nos finais do século XIX. Hai un conxunto de sistemas (ou caixas) que reciben contribucións dos seus membros (unha porcentaxe dos rendimentos) e cobran os custos (por exemplo as facturas de consultas médicas) sempre que sexa necesario, nun sistema semellante ao dos seguros (Ver por exemplo Berufsgenossenschaft, o sistema que cobre os accidentes de traballo e doenzas profesionais). Actualmente, o goberno Social Demócrata (SPD) está a tentar reformar a seguridade social co obxectivo de reducir o seu peso sobre a economía. A reunificación tivo un impacto significativo no crecemento de ambas partes de Alemaña.

[editar] Demografía

Alemaña é o segundo país de Europa en poboación, superado apenas por Rusia. A afluencia á zona occidental de alemáns de outros pontos do país e de inmigrantes de diferentes nacionalidades, así como a tendencia ao estancamento do crecemento vexetativo, teñen sido as principais características da evolución demográfica.

A maior parte da poboación descende de diversos grupos xermánicos que se estabeleceran na rexión centroeuropea no primeiro milenio antes da era cristiá. Eses grupos compartían a mesma lingua, aínda expresada en moitos dialectos, mais presentaban características étnicas heteroxéneas que se acentuaron ao longo da historia como consecuencia da fusión con outros pobos, como os celtas e os eslavos. Na moderna Alemaña, as diferenzas humanas e lingüísticas das distintas rexións téñense atenuado, aínda que a prolongada división política teña xerado certas peculiaridades culturais que distinguen ós alemáns do leste daqueles do oeste. A chegada de inmigrantes á Alemaña occidental na segunda metade do século XX compensou as perdas humanas ocasionadas pola Segunda Guerra Mundial, estimadas en cerca de tres millóns de persoas, na maioría xoves do sexo masculino. Ademais da poboación de orixe xermánica, conviven na antiga Alemaña occidental diversas minorías étnicas de nacionalidade alemá, como xudeus, eslavos e dinamarqueses, así como franceses descendentes dos hugonotes fuxidos do seu país a finais do século XVII. Os traballadores inmigrantes, chegados á Alemaña sobretodo nas décadas de 1960 e 1970, eran principalmente turcos, iugoslavos, italianos, gregos, españois e portugueses. Na Alemaña oriental, que constituiu un país autónomo de 1949 a 1990, as perdas humanas provocadas pola guerra foron compensadas co ingreso de varios millóns de alemáns expulsados de Polonia, de Checoslovaquia e de Hungría. Con todo, as dificultades económicas derivadas do pagamento das indemnizacións de guerra e da política de coletivización estimularon o movemento migratorio para a Alemaña Occidental, calculado en 1,7 millóns de persoas. A interrupcción do crecemento da poboación e mesmo a reducción desta inclúense entre as características máis notábeis da evolución do país nas últimas décadas do século XX, tanto na zona occidental como na oriental. Iso tradúcese nun envellecemento da poboación, isto é, no aumento dos grupos de idade máis alta en relación á poboación xove, en consecuencia dos baixos niveis de natalidade e do prolongamento da expectativa de vida.

[editar] Cultura

Artigo Principal Cultura de Alemaña

As contribucións de Alemaña ó patrimonio cultural mundial son numerosas, o que leva a algúns autores a acreditar o "Xenio Alemán", celebrado no Romanticismo (unha das fases da historia da arte onde a Alemaña tivo unha preeminencia envexábel). País coñecido por moitos como das Land der Dichter und Denker (A terra dos poetas e dos pensadores), Alemaña foi o berce de fitos importantísimos na historia da arte, como se pode verificar nas varias seccións deste artigo.

A lingua alemá e os seus dialectos foron, outrora, a lingua franca da Europa Central, oriental e septentrional. Hoxe, o alemán é unha das linguas que desperta máis interese por parte dos estudantes de linguas en todo o mundo, tras o inglés e o español. Moitas figuras históricas, aínda non sendo alemás, no sentido moderno da palabra "alemán", estiveron imersas na cultura xermánica, como é o caso de Wolfgang Amadeus Mozart, Franz Kafka ou Copérnico.

Foi en Alemaña onde Johann Gutenberg inventou a imprenta no 1455

[editar] Estados

Artigo principal: Estados de Alemaña

Alemaña está dividida en 16 estados federados (Bundesländer, singular Bundesland).

Estado Capital en Alemán
Baden-Württemberg Stuttgart Baden-Württemberg Stuttgart
Baixa Saxonia Hanover Niedersachsen Hannover
Bavaria Munich Bayern München
Berlín Cidade-Estado Berlín Stadtstaat
Brandemburgo Potsdam Brandenburg Potsdam
Bremen (Estado) (inclúe Bremerhaven) Bremen Bremen Bremen
Hamburgo Cidade-Estado Hamburg Stadtstaat
Hesse Wiesbaden Hessen Wiesbaden
Mecklemburgo-Pomerania Occidental Schwerin Mecklenburg-Vorpommern Schwerin
Renania do Norte-Westfalia Düsseldorf Nordrhein-Westfalen Düsseldorf
Renania-Palatinado Mainz Rheinland-Pfalz Mainz
Sarre Saarbrücken Saarland Saarbrücken
Saxonia Dresde Sachsen Dresden
Saxonia-Anhalt Magdeburgo Sachsen-Anhalt Magdeburg
Schleswig-Holstein Kiel Schleswig-Holstein Kiel
Turinxia Erfurt Thüringen Erfurt

[editar] Vexa tamén

[editar] Ligazóns externas


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros despois de 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com