Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Grecia - Ελλάδα - Wikipedia

Grecia - Ελλάδα

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ελληνική Δημοκρατία
Elliniki Dhimokratia
República Helénica

Bandeira da Grecia

Escudo da Grecia

Lema: Ελευθερία ή θάνατος

(Grego: Liberdade ou morte)

Image:LocationGreece.png
Lingua oficial Grego
Capital Atenas
Presidente Karolos Papoulias
Primeiro ministro Costas Caramanlis
Área

- Total
- % auga

94º maior

131,940 km²
0.86%

Poboación

- Total (2001)
- Densidade

70º máis poboado

10,964,020
80.5 h/km²

Independencia

- Declarada
- Recoñecida

do Imperio Otomano

25 de marzo de 1821
1828

Moeda Euro¹, moedas de euro gregas
'Fuso horario'

 - no Verán

EET (UTC+2)

EEST (UTC+3)

Himno nacional Imnos pros tin Eleftherian
TLD (Internet) .GR
Código telefónico 30
(1) Antes de 2001: dracma

Grecia (en grego: Ελλάδα) é o país máis meridional dos Balcáns e confina ao norte con Antiga República Iugoslava da Macedonia (ARIM) e Bulgaria, ao leste con Turquía, en fronteira terrestre, con fronteira marítima no Mar Exeo, ao sur co Mar Mediterráneo e ao oeste co Mar Xónico, através do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania.

Índice

[editar] Historia

A Acrópole en Atenas, Grecia.
Agrandado
A Acrópole en Atenas, Grecia.
Mapa xeográfico de Grecia.
Agrandado
Mapa xeográfico de Grecia.
Torre branca en Tesalónica, Grecia.
Agrandado
Torre branca en Tesalónica, Grecia.
Rúa Aristóteles en Tesalónica, Grecia.
Agrandado
Rúa Aristóteles en Tesalónica, Grecia.

A antiga Grecia tiña límites con Iliria e Macedonia ao norte, ao leste co Mar Exeo, ao oeste co Mar Xónico, e ao sur co Mar Mediterráneo. Tiña 77.000 Km². As súas montañas, co ceo case sempre azul e o seu clima suave facía de Grecia um dos máis marabillosos países do mundo antigo.

Foi nese pequeno país no que a primeira civilización europea comezou fai máis de dous mil anos. Naquel tempo, Grecia dominaba grandes áreas das marxes do Mediterráneo e do mar Negro. Actualmente, Grecia ten un poder reducido, sendo un dos países menos desenvolvidos da Europa. Atenas é a capital e maior cidade do país. En Atenas e noutras partes da Grecia, existen espléndidas ruínas que son monumentos do pasado glorioso da nación. Hai milleiros de anos, os gregos estabeleceran tradicións de xustiza e liberdade individual que son as bases da democracia. A súa arte, filosofía e ciencia tornáranse fundamentos do pensamento e da cultura occidentais. Os gregos da antiguidade chamabanse a si mesmos helenos (todos os que falaban grego, inda que non vivesen en Grecia), e daban o nome de Hélade á súa terra. Os que non falaban grego eran chamados bárbaros. Nunca chegaron a formar un goberno nacional, porén estaban unidos pola mesma cultura, relixión e lingua.

Ver tamén Grecia Clásica

[editar] Política

Desde 1975, coa adopción da nova Constitución, Grecia é unha democracia republicana parlamentaria. A monarquía foi rexeitada o 8 de decembro de 1974. Grecia obtivo a independencia en 1829, separándose do Imperio Otomano. A Constitución foi estabelecida o 1 de xuño de 1975.

O sistema legal baséase no código romano. Con cortes divididas en asuntos civís, administrativos e criminosos.

O voto é obrigatório e universal, sendo adquirido ese dereito aos dezoito anos. O poder executivo é rexido polo Xefe do Estado, que é elixido polo parlamento. Alén diso, existe aínda o Xefe do Goberno, elixido polo presidente e o Gabinete do Goberno, cuxos membros son tamén elixidos polo presidente, tendo en conta as recomendacións do primeiro ministro. O poder lexislativo é unicameral e o xudicial conta cunha Corte e un Tribunal Supremo.

[editar] Xeografía

Grecia consiste nun territorio continental na extremidade sur dos Balcáns, na península do Peloponeso, separada do continente polo canal de Corinto, e de numerosas illas, incluíndo Creta, Rodes, Eubeia e os arquipélagos do Dodecaneso e das Cíclades no Mar Exeo, e das Illas Xónicas no Mar Xónico. Grecia ten máis de 14.880 km de costas e unha fronteira terrestre de 1.160 km.

Perto do 80% da Grecia é territorio montañoso ou, polo menos, accidentado. A maior parte do país é terra seca e rochosa. Só o 28% da terra é arábel. A Grecia occidental contén lagos e zonas húmidas. O Pindo, a cadea montañosa central, ten unha elevación media de 2.650 m. O lexendario monte Olimpo é o punto máis alto de Grecia, atinxindo 2.917 m. por riba do nivel do mar.

O clima grego é semellante ao portugués, con invernos suaves e húmidos e veráns quentes e secos. As temperaturas só raramente atinxen valores extremos, aínda que ten nevado nas montañas e ata mesmo en Atenas, nalgúns invernos.

[editar] Nome

O nome histórico de Grecia en grego é Ἑλλάς,Elás. Deste nome tamén deriva "helénico", onde o "h" inicial vén da pronuncia no grego antigo cun son aspirado inicial (como o "h" en inglés). No grego moderno chámase comunmente Ελλάδα Elada /ɛˈlaða/. En moitas linguas europeas, o nome é (galego, español e italiano: Grecia, portugués: Grécia, inglés: Greece, francés: Grèce, alemán: Griechenland, ruso: Греция, etc.) provén dunha raíz distinta, Γραικός, Graikós que segundo Aristóteles era o antigo nome dos gregos. Por outra banda, o nome en varios países asiáticos (turco: Yunanistan, árabe: يونان, hebreo: יוון, persa antigo: Yaunâ, pali: Yona, malasio e indonesio: Yunani) deriva de Ἰωνία "ionía", a rexión de Xonia.



Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros despois de 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com