Liechtenstein
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: Non ten | |||
Lingua oficial | Aleman | ||
Capital | Vaduz | ||
Príncipe | Hans-Adam II | ||
Xefe do Goberno | Otmar Hasler | ||
Área - Total - % auga |
189º maior 160 km² Insignificante |
||
Poboación | 187º máis poboado
|
||
Independencia | 1806 | ||
Moeda | Franco suízo | ||
Fuso horario | UTC +1 | ||
Himno nacional | Oben am jungen Rhein | ||
TLD (Internet) | .LI | ||
Código telefónico | 423 |
O Liechtenstein é un minúsculo principado do centro da Europa, encravado nos Alpes, entre a Austria, ao leste, e a Suíza ao oeste.
Índice |
[editar] Historia
- Ver artigo principal: Historia do Liechtenstein.
O Liechtenstein é un antigo principado que pertencia ao Sacro Imperio Romano. Cando o Sacro Imperio Romano se disolveu, en 1806, despois de invasión francesa, o principado tornouse totalmente independente.
Ata á Primeira Guerra Mundial, o Liechtenstein mantivose ligado á Austria. Despois da guerra, e por causa da devastación económica sofrida pola Austria, Liechtenstein estableceu unha unión aduaneira e monetaria coa Suíza.
[editar] Cronoloxía de Liechtenstein
- 1342 - Vaduz é citada pola primeira vez
- 1699 - O Príncipe Johann Adan Andreas adquire as terras correspondentes á Schellenberg e en 1712 as terras referentes a Vaduz
- 1719 - É elevado á Principado Imperial de Liechtenstein
- 1806 - Estabelecida súa soberania (Tornase independente)
- 1868 - O Exército de Liechtenstein é abolido
- 1921 – Promulgase a nova constitución
- 1924 - Firma do tratado coa Suiza e introducion do franco suizo na súa economía
- 1978 - Adherese ao Consello da Europa
- 1990 - É aceito na ONU
- 1991 - Adhere ao EFTA (European Free Treading Asociation - Asociación Europea de Libre Comercio)
- 1995 - Adherese á Area Economica Europea e mais á OMC (Organización Mundial de Comercio)
[editar] Política
- Ver artigo principal: [[Política do Liechtenstein]].
O Liechtenstein é unha monarquía parlamentaria e democrática. O xefe de estado é o príncipe, ou Fürst, que desde 1989 é Hans-Adan II do Liechtenstein.
[editar] Lista de príncipes do Liechtenstein
- Karl I 1569-1627 1608-1627
- Karl Eusebius 1611-1684 1627-1684
- Johann Adan Andreas 1657-1712 1699-1712
- Josef Wencel 1696-1772 1712-1718 (1732-1745, 1748-1772)
- Anton Florian 1656-1721 1718-1721
- Josef Johann Adan 1690-1732 1721-1732
- ( Josef Wencel ) 1696-1772 1732-1745 (1712-1718, 1748-1772)
- Johann Nepomuk Karl 1724-1748 1732-1748
- ( Josef Wencel ) 1696-1772 1748-1772 (1712-1718, 1732-1745)
- Franz Josef I 1726-1781 1772-1781
- Alois I 1759-1805 1781-1805
- Johann Josef I 1760-1836 1805-1836
- Johannes II 1840-1929 1858-1929
- Franz I 1853-1938 1929-1938
- Franz Josef II 1906-1989 1938-1989
- Hans Adan II 1945- 1989-
O 15 de Agosto de 2004 , Hans Adan II formalmente delegou o seus poderes no seu fillo, Alois de Liechtenstein. Hans Adan II, con todo manténse como xefe de estado.
[editar] Subdivisións
- Ver artigo principal: [[Subdivisións do Liechtenstein]].
O Liechtenstein está dividido en 11 comunidades(Gemeinden - singular Gemeinde), moitas delas son apenas unha única cidade.
- Vaduz
- Schaan
- Balcers
- Triesen
- Eschen
- Mauren
- Triesenberg
- Ruggell
- Gamprin
- Schellenberg
- Planken
[editar] Xeografía
- Ver artigo principal: [[Xeografía do Liechtenstein]].
O Liechtenstein está localizado no vale do Rhin nos Alpes. A fronteira occidental do Liechtenstein coincide con parte deste río. A parte oriental do país ten unha altitude máis elevada. O ponto máis elevado é o Grauspitz, a 2,599 m.
A pesar da súa localización alpina, o vento predominante é o vento de sur, o que torna o clima máis ameno. No inverno, poden practicarse esportes de inverno.
[editar] Economía
- Ver artigo principal: [[Economía do Liechtenstein]].
A pesar de posuir limitados recursos naturais e ter un territorio pequeno, Liechtenstein é unha economía próspera, ben industrializada e ben servida dun sector de servizos financeiros. Con iso, posui un padrón de vida comparable ao dos seus grandes viciños europeos. A economía de Liechtenstein é diversificada, con gran número de empresas de pequeno porte. Os baixos impostos de negocio (a taxa máxima de imposto é 20%) e regras fáceis da incorporazón atraíron empresas estranxeiras para abrir escritorios nominais, fornecendo o 30% do rendimento ao Estado. O país tamén é coñecido por ser paraíso fiscal para fundos de investimento e bancos, que se interesan pola integrazón do país no sistema bancario internacional, a estabilidade política, a boa infra-estrutura, os baixos impostos e a posición xeográfica favorable. Estas condicións atraen sociedades offshore.
Liechtenstein tamén posue un tratado aduaneiro desde 1924 coa Suíza, o que permite que o país actue dentro da zona comercial e aduaneira helvética. En 1995, o país tornouse integrante da AELC (Asociación Europea de Libre Comercio). O goberno local tamén está adecuando as políticas economicas coas comumente feitas polos países da Unión Europea.
- Moeda oficial: franco suízo.
[editar] Demografía
- Ver artigo principal: [[Demografía do Liechtenstein]].
[editar] Cultura
- Ver artigo principal: [[Cultura do Liechtenstein]].
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |