Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Finlandia - Suomi - Wikipedia

Finlandia - Suomi

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Suomen tasavalta
Republiken Finland
República Finlandesa

Lema nacional: non ten
Image:LocationFinland.png
Linguas oficiais Finlandés e sueco
Capital Helsinki
Presidente Tarja Halonen
Primeiro ministro Matti Vanhanen
Área Total 337.030 km²
Poboación 5.211.311 (2003)
Independencia

- Declarada
- Recoñecida

da Rusia

6 de decembro de 1917
4 de xaneiro de 1918

Moeda Euro, dende o 1 de xaneiro do 2002
Fuso horario UTC +2
Hino nacional Maamme/
Vårt land
TLD (Internet) .FI
Código telefónico 358

Finlandia (en finlandés, Suomi) é un país ó norte da Europa que ten como límites a Suecia ó norte; a Noruega ó noroeste; a Rusia ó leste; e ó oeste e sur o Mar Báltico.

Índice

[editar] Historia

Descobrimentos arqueolóxicos comproban que a área hoxe comprendida como Finlandia xa estaba poboada durande a Idade da Pedra, cando o xeo resultante da derradeira glaciación recuou. Pénsase que os primeiros habitantes se trataban de pobos cazadores e recolectores que vivían daquilo que o mar (Mar Báltico) lles fornecía.

Durante os séculos IX e X, a cultura Vikinga prosperou na Suecia co comercio e aquel pobo iniciou a conquista de novas terras. A invasión dirixiuse en primeiro lugar para oriente, na dirección da Finlandia, dos Estados Bálticos, Rusia e o Mar Negro.

En 1389, os tres estados escandinavos (Noruega, Suecia e Finlandia) estaban unidos baixo un só monarca - a Unión de Kalmar, que comezou como unha unión persoal.

[editar] Economía

Véxase tamén: Economía de Finlandia.

[editar] Subdivisións

A reforma de 1997 refundiu en só 6 as 12 provincias que compoñían tradicionalmente o mapa finlandés:

  • Provincia de Finlandia Oriental (Itä-Suomen lääni/Östra Finlands län), capital Mikkeli
  • Provincia de Laponia (Lapin lääni/Lapplands län), capital Rovaniemi
  • Provincia de Oulu (Oulun lääni/Uleåborgs län), capital Oulu
  • Provincia de Finlandia del Sur (Etelä-Suomen lääni/Södra Finlands län), capital Hämeenlinna
  • Provincia de Finlandia Occidental (Länsi-Suomen lääni/Västra Finlands län), capital Turku
  • Provincia das Illas de Åland (en sueco Åland, en finlandés Ahvenanmaa), capital Mariehamn

A provincia das Illas de Åland ten un alto grao de autonomía.


[editar] Xeografía

Mapa de Finlandia
Agrandado
Mapa de Finlandia

Finlandia é un país con millares de lagos e illas, 187.888 lagos e 179.584 illas, máis concretamente. Un destes lagos, o Saimaa, é o 5º maior lago de Europa. A paisaxe finlandesa é predominantemente cha, con algunhas colinas e montes baixos. O punto máis alto do país, o Haltitunturi, con 1.328 m, encóntra-se no extremo norte da Laponia. Ademais dos muitos lagos, a paisaxe está dominada por grandes extensións de flora boreal (preto do 60% da área terrestre) e pouca terra arábel. A maior parte das illas encóntra-se ao sudoeste, formando parte do arquipélago das illas Åland. Finlandia é un dos poucos países do mundo que está a medrar: debido ao levantamento isostático da Escandinavia, que ocorre desde a derradeira idade glaciar, a superfície do país crece preto de 7 km² por ano.

O clima da Finlandia meridional é temperado. Na Finlandia do Norte, e en especial na provincia da Laponia, domina un clima subártico, caracterizado por invernos fríos e ocasionalmente severos e veráns relativamente temperados.

Un cuarto do territorio finlandés sitúase ao norte do Círculo Polar Ártico, e consecuentemente é posíbel experimentar o sol da media-noite — cada vez durante máis días a medida que se camiña cara ó norte. No punto máis setentrional da Finlandia, o sol non se pon durante 73 días no verán e non chega a nacer durante 51 días no inverno.

[editar] Demografía

Hai dúas linguas na Finlandia: o Finlandés, falado polo 92% da poboación e o Sueco, lingua nai do 5.5% da poboación. Os finlandeses de orixe e os finlandeses de orixe sueca suponse que están chamados a formar unha única nación. Os finlandeses de orixe sueca concéntranse nas zonas costeiras, e hai unha lixeira diferenza cultural entre a cultura dos finlandeses de orixe, asentados nos lagos e bosques, e a cultura dos finlandeses de orixe sueca asentados nas costas máis orientais. Esta división pode ser considerada coma una diferenza étnica, pero esta diferenza é moi pequena e non moito máis pronunciada ca diferencia entre os finlandeses do leste e os do oeste. Outras linguas minoritarias inclúen o Ruso e o Estoniano. No Norte, na Laponia atópanse o Sami, cun número de falantes que non chega ós 7.000.

A maioría dos Finlandeses (84%) son membros da Igrexa Evanxélica Luterana da Finlandia, e unha minoría do 1% pertence á Igrexa Ortodoxa da Finlandia. Outras crenzas relativamente pequenas son os Protestantismo, Igrexa Católica Romana, Musulmáns e Xudeus ademais dun 14% da poboación non clasificada en ningún destes grupos.

Mapa da densidade de poboación
Agrandado
Mapa da densidade de poboación

Despois da Guerra fría o 12% da poboación da Finlandia tivo que ser reorganizada. Reparacións, desemprego e unha descorcertante oportunidade de manter a soveranía e independencia da Unión Soviética contribuiu a unha considerabel emigración nos primeiros meses de 1970. Despois diso, uns 500.000 finlandeses emigraran, na súa meirande parte á Suecia, aínda que a metade destes emigrantes voltaron de novo.

Desde a década dos noventa, Finlandia está a recibir refuxiados e inmigrantes cun ratio comparabel ós países escandinavos, aínda que a poboación étnica minoritaria mantense moi por debaixo cas dos outros países. Un considerabel número dos inmigrantes chegaran desde a Unión Soviética. Sen embargo, máis de 20 linguas son faladas agora na Finlandia por grupos de considerabel tamaño, é dicir, con máis de mil falantes.

A poboación finlandesa estivo sempre concentrana nas partes do Sur do país, o cal vense pronunciando desde o século XX(urbanización). As maiores e máis importantes cidades na Finlandia son Helsinki, Tampere, Turku e Oulu, sendo Oulu a única destas cidades na parte central do país.

Despois de ter un dos máis altos porcentaxes de morte por enfermidades cardiovasculais do mundo na década dos setenta, un programa do governo para mellorar a dieta e facer máis exercicio fixo que o problema mellorara. Finlandia é agora un dos países máis saudabeis do mundo.

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

[editar] Ligazóns externas


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros despois de 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com