O reino de Etruria, que ten englobada a rexion italiana de Toscana, é incorporado o imperio francés por Napoleón. O reino de Etruria fora creado o 21 de marzo de 1801 por Napoleón de cara o duque de Parma (fillo de Fernando de Borbón) que nun principio ía destinado o reino; pero Fernando de Borbón non quixo acepta-las cláusulas da entrega, as cales esixían o paso dos seus dominios polo troco de Etruria. Sen embargo será o seu fillo Luis quen reciba a coroa (baixo o nome de Luis I) e, asimesmo a traspasará o seu fillo Luis II, que o sucederá no 1803 baixo a rexencia da súa nai María Luisa. Terán que aceptar a presenza das tropas francesas no seu territorio e rexir un reino que na realidade non gobernan.
O 2 de febreiro o emperador francés Napoleón I ocupa novamente os Estados Pontificios xunto coa totalidade da cidade de Roma, o negarse o papa Pío VII a participar no bloqueo continental contra Gran Bretaña. Sobre do seguinte ano, Napoleón incorpora o resto dos Estados Pontificios a Francia.
O 15 de xullo en Nápoles. Murat, casado dende o 1800 con Carolina (irmá menor do emperador Napoleón I). E que dende 1806 obstenta o título de Gran Duque de Berg e de Cléveris (polo que tamén é membro da Confederación do Rhin), é proclamado rei das Dúas Sicilias (poder que permanecerá na súas mans ata 1815 polo que será executado unhas semanas máis tarde, o 13 de outubro de 1815), pero nunca logrará arrebatar Sicilia a os Borbons, apoiados polos ingleses. Gobernará como rei, pero verase na obriga de deixa-lo seu reino para participar na campaña de Rusia do 1812 e na de Alemaña de 1813; polo que abandoará tarde o bando de Napoleón polo austriaco, ciua preferencia e mellor que a dos Borbons.
O 20 de abril chega a Baiona, Fernando VII, onde é esperado por Napoleón; co pretexto de que Francia o recoñecería coma rei e, con elo tería a concisión do matrimonio co que garantía a seguridade de España na primeira entrevista que tivese co emperador. Conducese o novo flamante rei ante o emperador francés para que confirme coa súa presenza de que España seguirá sendo aliada de Francia baixo o seu reinado, como dende o primeiro pacto de familia. Pero cando chega enterase das intencións de Napoleón: a cambio da cesión da coroa española, o emperador francés chegalle a ofrece-lo reino de Etruria, un ano de renta neste mesmo reino, unha das súas sobriñas en casamento e, no caso de que morrera sen ter fillos, a sucesión establecida por liña masculina dos principes irmáns. Fernando VII non quere estas esixencias, pero atópase detido no chan francés.
O 30 de abril, Carlos IV e a súa dona, María Luisa, chegan a Baiona, onde se xuntan co "Principe da Paz" (Manuel Godoy), chegado dende Villaviciosa. A chegada do rei Carlos IV fai cambia-los os asuntos por completo que lle interesan a Napoleón. Xa non necesita para a nada a Fernando VII. Tendo protestado Carlos IV contra a súa abdicación, o deber do príncipe de Asturias consiste en devolverlle a coroa.
Dende un 5 ó 10 de maio; atraida a familia real española a Baiona por Napoleón I con fin de amaña-lo litixio nado tralo Motín de Aranxuez, producirase un cambio na dinastía española; cuia sustitución (da dinastía española) era proposta por Napoleón, o día 5 logrou a abdicación de Carlos IV na súa persoa e o 6 a renuncia de todolos seus dereitos do resto da familia española real e o 10 a de Fernando VII no seu favor.
O 10 de maio Fernando VII abdica da coroa española en favor de Napoleón; a presión exercida por este, xunto cunha carta (non moi grata) de seu pai, Carlos IV e as ameazas de facer xulgar coma rebeldes os seus conselleiros, producen un efecto rápido. O renovado principe Fernando remite a súa renuncia pura e simple a rei Carlos IV; polo que este non tarde de cumpli-los designios de Napoleón, e nombra de inmediato o gran duque de Berg (o entonces mariscal Murat) coma lugartenente xeneral do reino. De seguido producese a abdicación de Napoleón, que non tarda en presentar a Fernando, os seus irmáns e o seu tio a petición para que renuncien todo o dereito da coroa española.
O 8 de xullo unha comisión de 150 homes reunidos en Baiona formou un grupo o que se lle deu o nome de "Xunta Nacional"; da o seu informe (non vinculante) a unha constitución para España (que podería ser a primeira do país); tomando coma inspiración a francesa do 1799 que, ademáis incluía outras disposicións do imperio con adaptación a certas suxerencias presentadas. A Xunta leva feitas 12 sesións antes da derradeira aprobatoria; polo que en nengunhas destas sesións asistiron, apenas, o 90 % dos membros. Napoleón quixo adiantarse desa forma a unha posible convocatoria nas Costes de España. Os participantes tiñan variada procedencia: un tercio de eclesiásticos e 35 deputados (de diferentes cidades; de España coma dos seus antigos tres estamentos do reinado español). Segundo rezaba o Estatudo de Baiona, "De orde do noso señor moi caro e moi amado irmán Napoleón [....] temos decretado e decretamos a presente constitución para que se garde coma lei fundamental dos nosos Estados e coma base o pacto que une os nosos pobos con Nos, e a Nos con nosos pobos", con istas palabras remataba a derradeira sesión na que se deu visto bo a constitución de cara a España.
Aplicase no exército prusiano (por consello de ministro Gerhard Johann David von Scharnhorst) o sistema polo que os reclutas receben unha instrucción acelerada e son licenciados para o novo exército; o sistema recibe o nome de: "Krümpe" (tamén bautizado co de "soslaiados"). Con este xeito, Prusia cumple formalmente o compromiso con Francia polo que o exército prusiano non terá en nengún momento máis de 42.000 homes.
O patriotas alemans fundan en Königsberg o "Tugendbund" (tamén coñecida coma Liga da Virtude), unha asociación cultural e científica dirixida por Napoleón. A integra unhos 700 membros, procedentes principalmente das universidades e que pretendía levanta-las virtudes cívicas, ademáis de promove-la liberación de Prusia. O 31 de decembro de 1809 será disolta polo rei de Prusia, ante a presión de Napoleón.
O 19 de novembro o primeiro ministro prusiano, barón von Stein, prosegue coa modernización de Prusia cun edicto da Ordenación Municipal; na virtude desta norma, as cidades teñen autonomía para aplica-las politicas: fiñanceira, ensinanza e sanitaria do xeito que consideren oportuno. Tamén ponse o goberno municipal en mans dos concellais elixidos segundo o sistema censal; por outra parte, e a través do edicto de organización, reestruturase a forma de goberno introducindo unha serie de ministerios técnicos. O 9 de outubro de 1807, o barón von Stein pedira o rei Federico Guillerme III o asinamento dun edicto que lle dera liberdade os labregos da servidume herdada, convertindos en traballadores do campo libres. Esta medida permitiu o paso das terras o mercado libre, a transformación do campesiño nun subdito suxeito o pago de impostos e o relanzamento da labraduría. Pero tamén ocasiona o desaloxo das terras de aqueles campesiños que non teñen medios para compra-las e transformaos en mendigos ou vagabundos.
En Cataluña o impresor Antonio Brusi prosegue dende Tarragona a publicación do "Diario de Barcelona" que incautado polos franceses, converteuse no "Diari de Barcelona e do Govern de Catalunya" e publícase en francés, castelán e catalán. Pero tamén sairá co título de "Diario de Tarragona", ata 1811, e posteriormente dende Mallorca como "Diario de Palma", entre 1811 a o 1815. Cando Barcelona viuse libre da ocupación francesa no 1814, Antonio Brusi recibirá a autorización para reemprende-la súa edición na Cidade Condal, e co seu nome orixinal. Tamén, neste mesmo ano, o crego Juan Nicasio Galego publicará a súa oda patriótica ao dous de maio, de corte neoclásico.
O 25 de xaneiro conclúe o proceso do Escorial, emprendido contra os cómplices do príncipe Fernando, acusados de complot para derrocar ao rei Carlos IV. Unha vez perdoado o príncipe por Carlos IV en novembro de 1807, queda por dilucida-las penas que lles corresponden aos seus cómplices, entre os que se achan o seu antigo preceptor, o canónigo Escoiquiz, o duque do Infantado, o conde de Orgaz, o marqués de Ayerbe, e outros de nobre berce. O complot do príncipe Fernando foi descuberto en outubro de 1807; decatados os reis e Godoy da conspiración, ordearon rexistra-los papeis de Fernando, e someterono a un interrogatorio na presenza dos ministros. Carlos IV dirixiu un manifesto ao país (que seria publicado o 31 de outubro de 1807), no que informaba do complot do seu fillo para destrona-lo, e do perdón rexio ao príncipe, despois de que este informara da identidade dos seus cómplices. O xuízo, que se desenvolve dende o mes de novembro de 1807 no Escorial, conclúe coa absolución de todolos inculpados. A resolución, evidentemente non satisfai en absoluto nin ao rei Carlos IV nin a Godoy, contra o que se dirixen todolos odios, e ambos deciden tomar as medidas pertinentes para proceder ao exilio de todolos implicados no complot. O xuízo do Escorial non fai máis que demostra-la desintegración da monarquía e a súa falta de apoio.
Entre o 17 e o 18 de marzo organizase, na localidade de Aranxuez un motín no que se atopan xuntos os soldados, campesiños e servidores do palacio real, que obriga a Carlos IV a destituir a Godoy. O escueto acontecemento tivo con todo, outros protagonistas e outros intereses que xa viñan dende antigo. O efecto, máis aló dunha simple historia de intrigas cortesans e conspiracións en favor do humillado príncipe Fernando (que contaba nesa época con 23 anos), trátase perante todo dun verdadeiro golpe de estado. Con el pretendíase deter a serie de reformas iniciadas para acabar dunha vez co Antigo Réxime. Neste feito entremezclanse varios compoñentes que convén distinguir. Dunha parte, atópanse os desexos de poder de Fernando VII, o seu odio a Godoy e aos seus propios pais. Doutra, os desexos da oligarquía feudal de detelas reformas en curso. Todo elo xunto coa situación creada polo exército francés de Napoleón I na Península. É este derradeiro punto o que decide a Godoy propoñer aos reis fugarse de España rumbo a América (concretamente a México), para deste xeito salvar a coroa e a monarquía. Pero Fernando, que dende tempo atrás viña intrigando para facerse coa coroa, ve niso a ocasión propicia, apoiado pola aristocracia e a igrexa, manda difundir unha historia segundo a cal Godoy pretende secuestra-la familia real. Ante iso, e contando coa axuda das tropas francesas, unha turba popular toma o palacio na procura de Godoy, quen seria achado dous días máis tarde enrolado nunha alfombra. O día 19 de marzo, Godoy foi deposto dos seus cargos, e Carlos IV foi obrigado a abdicar no seu fillo polo motín popular desatado en Madrid e pola presenza das tropas napoleónicas. Deste xeito, a aristocracia poñía ao rei que desexaba, e os franceses tamén. Ese mesmo día, a multitude de Madrid procedeu a saquea-las casas de Godoy e os seus partidarios, respetando os palacios dos restantes nobres. Fernando VII procedeu entón solicitar ao seu aliado Napoleón a sanción do motín que de tal forma conducíseo ao poder. O emperador xogou entón con habilidade cunha dinastía á que desprezaba pola súa baixeza. Atraeu a Baiona ao novo rei, así como ao resto da familia real, para alí solucionar a cuestión dinástica suscitada. Neses momentos, o pobo español, que vía nos franceses os aliados do Desexado, non sospeitou nada, sobre todo despois do decreto do 2 de abril do novo rei, que condenaba a malignidad do que sospeitase das intencións dos franceses. O motín de Aranxuez levou a cabo un cambio de dinastía, xa que o deposto rei e mai seu fillo entregaron a Napoleón a coroa. O motín de Aranxuez significou ao cabo o inicio da longa decadencia española, que levaría á perda das colonias pola ineptitude dun monarca. Tamén se podería dicir que o motín foi maquinado por un grupo de nobres descontentos que envexaban a sorte e acerto do choriceiro Godoy, e apoiada polo príncipe Fernando, quen cría que Godoy apartaríao do trono, só Napoleón soubo sacar fruto da situación. Como máis tarde aasinaría o "Príncipe da Paz", o motín foi obra duns cantos plebeios seducidos, unha revolución que malia producirse no pobo foi inducida pola aristocracia. Esa mestura entre fidelidade plebeia e apoio militar, sería máis tarde utilizada por Fernando, ao seu retorno do exilio de Valenocay, para acabar co réxime liberal que por el loitou. No motín de Aranxuez, privaron máis as ambicións persoais dun grupo que o patriotismo necesario neses momentos para loitar contra os franceses, a quen o príncipe, por simple interese e con indubidable cegueira, confundiu cos aliados. Aranxuez foi tamén o inicio da guerra da independencia española, xa que o motín e as súas consecuencias propiciaron o 2 de maio, nun pobo que vía as súas aspiracións frustradas. Tamén, as instrucións de cooperación cos franceses dadas por Fernando VII antes de partir a Baiona á Xunta de Goberno que deixase, propiciaron que fose o pobo quen tomase a iniciativa do levantamento. A ambición duns cantos, movidos por estúpidas pretensións persoais, desencadeou a ruína dunha nación.
O 23 de marzo o mariscal Murat chega a Madrid, co cargo de xeneral en xefe das tropas francesas estacionadas en España. Murat, negase a recoñecer a Fernando VII como rei, xa que recibiu ordes de Napoleón para atraer a Baiona a Fernando VII, e aos seus pais, Carlos IV e María Luisa, o que se sumaría Godoy.
O 10 de abril créase unha Xunta de Goberno que, na representación de Fernando VII intenta suplilo seu poder en España, Fernando que parte cara a Francia onde é reclamado por Napoleón. Aunque Fernando VII intenta logralo recoñecemento á súa coroa, tralo motín de Aranxuez e a abdicación do seu pai, Carlos IV. A Xunta, presidida polo infante don Antonio e integrada por catro ministros do seu efémero primeiro reinado, está dotada de limitadas atribucións. Coas competencias en materias gubernativas de urxencia, a Xunta de Goberno vai converterse, sen que ninguén o desexe, na depositaria dunha soberanía que non será capaz de exercer.
Os fusilamentos do 3 de maio de 1808; pintura de Francisco Goya
O 2 de maio ante a partida cara Francia dos derradeiros membros da familia real, en Madrid estala unha sublevación que se converte rápidamente nunha auténtica guerra de independencia española contra os franceses. Ese mesmo día o pobo madrileño, xunto co alcalde de Móstoles (Madrid), Andrés Torrejón, permanece agolpado dende o amencer en torno ao palacio real, impedindo os franceses o traslado a Baiona dos últimos membros da familia real. Os franceses, que dende o mes de abril instaláronse na Península e procederon á súa ocupación de xeito agochado, dispararon contra a multitude para dispersala, o que constituíu o inicio da guerra da Independencia, xa que o pobo descargou o seu acumulado odio contra os franceses en defensa da súa liberdade e dos dereitos da familia real. En poucas horas, Madrid converteuse nun campo de batalla, e o pobo non deixou de atacar con escasas armas aos escuadróns de mamelucos e polacos que o xeneral Murat lanzou contra el. Tan só tres oficiais, Daoíz, Velarde e Ruíz, do exército español, uníronse á loita popular, permanecendo os demáis en actitude expectante ante a sublevación. Así mesmo, a Xunta de Goberno negouse intervir, polo que, ao luscofusco, a rebelión popular quedou sufocada. Con todo, incumplindo a súa promesa, Murat desatou entón unha brutal represión. Os pelotons de execución adicáronse, ata altas horas da madrugada, fusilar masivamente, á luz de faroles de man, a multitude de cidadáns, feito captado con gran realismo por Goya (que pintaria os cadros no 1814). Os acontecementos de Madrid pronto se propagaron a toda España, e deron á guerra un forte sentimento nacional. Con todo elo Fernando VII verase na obriga de renunciar o 10 de maio.
O 24 de maio fórmase a Xunta Suprema Provincial de Oviedo, é a primeira que se organiza para asumi-lo goberno, unha vez desaparecida a autoridade co levantamento popular contra a ocupación francesa. A esta iranse sumando outras, ata quedar, nos primeiros días de xuño, organizado o mapa de España da seguinte forma: dous capitáns xenerais (Palafox e Costa), co poder absoluto nos seus respectivos territorios; trece Xuntas Supremas Provinciais, cada unha delas cunha dirección colexiada, das que dependen numerosas xuntas de armamento e locais, que recoñecen a súa autoridade. A antiga administración, que aún subsiste, queda totalmente subordinada á autoridade da correspondente xunta local ou provincial.
O 6 de xuño, as tropas francesas ao mando do xeneral Schwartz son rexeitadas polas tropas de paisanos cataláns apostados nos barrancos do Bruc. O xeneral Schwartz, que debe reunirse en Zaragoza co mariscal Lefebvre, ponse en marcha desde Barcelona, tendo que pasar por Manresa (que constitúe un núcleo importante da resistencia cara os franceses). Pero nos barrancos de Bruc, as tropas francesas (compostas por uns 4.000 homes), son atacadas polos somatenes de Manresa, Igualada, Sallent e Sampedor, que atacan ao compás do redoble do tambor destes derradeiros. O efecto do eco fai crer aos franceses que os somatenes contan cun nutrido reforzo, e retíranse en desbandada.
O 5 de xullo, Napoleón I fai entrega oficial ao seu irmán José da coroa española. Conclúe así un longo proceso, no que nengún dos seus irmáns quería facerse cargo deste reino. Nun principio Napoleón ofrecera a coroa española ao seu irmán José (por aquel entonces rei de Nápoles e de 40 anos de idade). Con todo, as condicións impostas para a súa aceptación parecéronlle demasiado gravosas e renunciou a iso; Napoleón pretendía desgaxar toda a rexión catalá, poñéndoa baixo o seu goberno directo. Finalmente, José acaba convencido ante a posibilidade de reinar nun país que lle ofrece moito máis que Nápoles: con 11 millóns de habitantes, produce máis de 150 millóns de ingresos sen contar as posesións de América. Coa desenvolta dos acontecemento vindeiros en España, e sobretodo en Europa, José Bonaparte (o que a xente lle escomenzou a chamar popularmente "Pepe Botella") asistirá estupefacto e impotente a guerra da Independencia.
O 14 de xullo as tropas francesas, dirixidas por Bessiéres, derrotan aos españois Joaquín Blake (á fronte do exército de Castela), e Gregorio Garcia de la Cuesta (que encabeza o exército de Galicia), preto de Medina de Rioseco. O combate, que pon de manifesto a superioridade dos exércitos franceses, causa 3.000 baixas e a perda da artillería nas filas de Blake, que se retira a Astorga, namentres Cuesta faio cara León. O triunfo francés deixa aberto o camiño a Madrid, onde entra José I o 20 de xullo.
Entre o 19 de xullo e o 22 As tropas españolas, mal armadas, instruídas, e compostas de garrochistas andaluces, logran vencer en Bailén (Xaén), ao mando do xeneral Castaños, ao exército francés do xeneral Dupont, considerado como o mellor de Europa. Esta vitoria tivo repercusión mundial (sobretodo a nivel psicolóxica nos soldados) e impulsou a loita pola independencia en toda a península, xa que conleva a rendición do exército francés (composto por 21.000 homes) e a inmediata retirada de José I a Madrid.
O 13 de agosto as tropas do xeneral Verdier, que sostén o sitio da cidade de Zaragoza, iniciado polo xeneral Lefebvre o 14 de xuño, vense obrigadas levanta-lo asedio, trala derrota francesa en Bailén. A brillante e férrea defensa levada a cabo polo xeneral José Rebolledo de Palafox permitiu soportar todolos embates enimigos. A moral dos españois estaba fortalecida polo coñecemento de que o país veciño, Portugal, sería invadido neste mes de agosto polas topas de Arthur Wellesley, futuro duque de Wellington, que estaba o mando do corpo expedicionario británico para Portugal e España, e que ocuparía Lisboa. Na guerra peninsular contra Francia, o duque de Wellington consegue vitorias decisivas sobre os franceses.
O 25 de setembro créase unha Xunta Central en Aranxuez, tamén chamada Suprema e Gubernativa, como supremo órgano de goberno de España durante a ausencia do rei Fernando VII, co fin de dirixi-la loita contra os franceses. Tiña esta a súa orixe nas distintas xuntas provinciais nacidas a raíz do alzamiento xeral contra os franceses a principios do mes de maio. Estas xuntas provinciais xurdiron como resposta popular á inactividade das autoridades lexítimas e tomaron nas súas mans a dirección política e militar do territorio. Compostas maioritariamente por progresistas, representaban á vez o poder popular contra os franceses e o órgano revolucionario por excelencia. Pero pronto, as 18 xuntas provinciais comprenderon a necesidade de coordinarse de acordo cun poder central, polo que se chegou a tal unificación, en parte propiciada pola vitoria de Castaños en Bailén. Constituída no Real Sitio da poboación, estaba presidida polo ancián conde de Floridablanca, e actuaba como secretario Martín de Garay. Integrábana tamén 36 representantes das xuntas provinciais, e contaba con varios elixidos entre as dignidades do clero, os grandes de España, ex ministros e altos funcionarios. Consciente de que representaba o lexítimo goberno de España a Xunta organizouse coma un gabinete, con comisións que desempeñaban as funcións de ministerios Así mesmo, dictóu diversos reglamentos para ordena-la vida política da nación. Con todo, unha serie de circunstancias deron o traste a sua posible labor e convertérona en ineficaz. Primeiro, a faia de recursos económicos para organizar un exército capaz de enfrontarse ás tropas napoleónicas que un mes máis tarde seguirían entrando en España. Segundo, as disencións producidas no seu seo entre as tendencias revolucionarias, representadas polas xuntas provinciais, que pretendían realizar unha profunda transformación sociopolítica, e a actitude dos membros adscritos ao Antigo Réxime, que pretendían frear calquer intento de transformación da estrutura do estado. E terceiro, pola inestabilidade territorial á que a guerra someteuna, téndose primeiro que trasladar a Sevilla o 13 de outubro, onde crea as milicias honradas, integradas por paisanos e onde morreu Floridablanca, e despois a Cádiz, onde houbo de renunciar aos seus poderes en favor dunha rexencia de cinco membros. Pero entanto, deixou preparada a convocatoria de cortes, que realizaría a obra renovadora que á Xunta foille negada.
O 3 de novembro, Napoleón I entra en España ao mando dun exército de 240.000 homes, para restablecer ao seu irmán José I no trono. Cando, trala sorprendente campaña de verán en todalas frontes, José I houbo de fuxir de Madrid e púxose en perigo o poderío francés na Península, Napoleón decidiu intervir persoalmente e restablece-la situación. Á fronte do seu gran ejercito, engrosado polos 60.000 homes do seu irmán, iniciou a súa ofensiva, dende as Vascongadas e dende Cataluña, contra un exército español disperso en diversos puntos e composto de 140.000 homes mal armados. Namentres entra por Irún co obxectivo de tomar Burgos e despois Madrid, outro continxente de tropas penetra por Cataluña con consigna de atropelalo todo ata desbloquea-la guarnición prisioneira en Barcelona. Vencedor en todalas batallas (Espinosa, Gamonal, Tudela, Llinás e Molins del Rei), provoca a retirada das tropas españolas cara ao Sur, entra en Madrid, (o 2 de decembro) e desbloquea Barcelona (o 16 de decembro). Aínda que favorable a Napoleón, a campaña non puido acabar coa resistencia civil nin co exército británico pola súa precipitada marcha a Austria.
O 16 de decembro A Xunta Central chega a Sevilla, na procura de terras afastadas dos aires da guerra. Ese mesmo día, o xeneral español, de orixe suizo, Teodoro Reding de Biberegg é vencido en Cardedeu e Llinás polo marqués de Gouvion Saint-Cyr. O xeneral Saint-Cyr atópase á fronte das tropas francesas en Cataluña. O 17 de decembro as tropas do xeneral francés Saint-Cyr entran en Barcelona. E o 21 de decembro as tropas do xeneral Reding son vencidas de novo polas do xeneral francés Saint-Cyr na localidade de Molins del Rei.
O 23 de decembro, José I Bonaparte volve poñerse a coroa de España, e faise cargo do goberno do reino, despois de que o seu irmán Napoleón deixe a Península. Obrigado a retirarse a Madrid trala Batalla de Bailén, e reposto no trono grazas ao gran exército do seu irmán viu como este actuaba como único soberano. Desairado, José I presentou a súa renuncia ao trono (o 8 de decembro do mesmo ano), aínda que por medo ao establecemento en España dun rexime militar, recobrou o súa media tirada coroa o 23 de decembro, e iniciou unha política liberal, semellante á das Cortes de Cádiz, co fin de atraerse á poboación. Os seus plans, emporiso, víronse truncados pola actuación do exército de Napoleón, que tivo repercusión mundial, impulsou a loita pola independencia en toda a península, o que conlevara a rendición do exército francés (dos 20.000 homes), e a inmediata retirada da corte de José I Bonaparte a Madrid.
O 30 de decembro morre en Sevilla, José Moñino, conde de Floridablanca (que nacera no ano 1728, nunha localidade de Murcia). Fiscal do criminal do Consello de Castela no 1766, participa na represión do motín de Esquilache e un ano despois na expulsión dos xesuitas. En 1772 marcha de embaixador a Roma, onde inflúe no papa Clemente XIV para disolve-la Compañía de Xesús, e máis tarde na elección do seu sucesor Pío VII. Secretario de Estado no 1777 e presidente da Xunta de Estado, o medo á revolución francesa lévalle crear o chamado cinto sanitario, para evitar a súa influencia en España. Tras un atentado sufrido o 18 de xuño de 1790, e a súa posterior caída en desgraza, é destituido o 28 de febreiro de 1792, sufre o desterro e a carcere, acusado de corrupción. Tras ser absolto retírase a Murcia. Coa guerra da Independencia, preside a Xunta Suprema de Murcia, formada o 25 de maio de 1808 e a Xunta Central, da que se faría cargo o 25 de setembro do mesmo ano.
Iniciase en Haití e Santo Domingo (que levaba cultivando dende 1715), o cultivo de café con escalas comerciais; en poucas décadas extendeuse a outras colonias hispanoamericanas do Caribe e Centroamérica. Case a finais do século chegou a México e Venezuela, pero sería Colombia un dos derradeiros paises en adoptalo, onde, curiosamente, colleu maior auxe. No 1808 o café colombiano comenzaría a comercializarse, a diferencia dos demáis, chegaría a convertirse co tempo no principal ribal do brasileiro; no canto o volume de produción.
En Santiago de Chile morre o militar e administrador español Luís Muñoz de Guzmán (nado no 1735, en Sevilla), gobernador e capitán xeneral de Chile dende 1801. Durante o seu goberno, dase un gran impulso ás obras públicas, e intentase, nas conversacións con Negrete (no 1803), a pacificación das revoltas araucanas.
Nos Estados Unidos, os derradeiros estados que practican aínda a trata de negros son obrigados cesar neste comercio, pero a cédula non impide que o sistema esclavista siga imperando en amplas zonas do país dun xeito as espaldas do democrático.
A serie de acontecementos que esta a conmover España dende marzo de 1808 (motín de Aranxuez, abdicaciones en Baiona, usurpación da coroa española por Napoleón, e inicio da guerra de independencia o 2 de maio co alzamento de Madrid) repercuten con variada intensidade nas colonias de América, onde se creaba unha particular inquietude ante a posibilidade dunha vitoria francesa. Tampouco non estaba lonxe o recordo da lixeireza con que Napoleón entregara a Luisiana aos norteamericanos, logo de lograr que Carlos IV a trocara polo reino para o duque de Parma, o que tampouco deixaba en bo lugar ao monarca español. A semade, a usurpación das colonias por Francia podería converter a América nun campo de batalla entre ingleses e franceses, ao mesmo tempo sen contalo botín para o que resultase vencedor. A sensación de inestabilidade institucional, creada pola coroa española, provocou en ocasións o estourido de tensións políticas preexistentes. O Cabildo de México, que estaba informado dos sucesos da península, esixiu do vicerrei José de Iturrigaray a constitución dunha xunta e dun goberno provisional. O no ser oido, 15 de setembro, un grupo de españois encabezados por Gabriel de Yermo destituye ao vicerrei; aunque no termo de dous anos, sucederíanse en Nova España catro vicerreis, (sendo o prazo do seu mandato dun 6 anos e prorrogable polo rei). Nun primeiro momento, con todo, a crise peninsular non se traduciu en propósitos manifestos de independencia, inspirados no ideario da revolución francesa e estimulados polo malestar que creaba a política absolutista dos Borbons. Polo que predominou nas colonias unha postura de lealdade a Fernando VII, que haberían de manter no futuro, como garantía de lexitimidade, as primeiras xuntas revolucionarias. O encerramento do monarca, por outra banda, presentaba á vez un problema teórico e práctico; segundo o pensamento político imperante, o rei é delegado do poder que lle outorgaba pobo. Pero en ausencia do rei, o poder voltaba ao seu titular. Tratábase de precisar que o pobo asumira ese poder. No mellor dos casos o conxunto dos españois, ou cada un dos reinos e provincias que constituían a monarquía. España mesma ofrecera unha pauta coa formación de xuntas provinciais establecidas dende o estourido da guerra de independencia, polo que pronto se creou, con todo a Xunta Central Suprema de Sevilla, oposta á constitución doutras xuntas, tanto en España coma nos territorios de ultramar. Sen embargo aceptaríase polo xeral, manter nos seus potos ás autoridades coloniais e respeta-los cambios que dispuxera a Xunta de Sevilla, aínda que deixando aberta a posibilidade de formar xuntas locais se as circunstancias o esixían. Neste caso, presidirían as xuntas: os vicerreis, gobernadores ou capitáns xenerais. A formación de xuntas foi promovida ás veces pola máxima autoridade colonial, como no caso da convocada polo gobernador de Montevideo (Francisco Javier de Elío), para avalar a súa actitude de rebeldía contra o vicerrei de Bos Aires (Santiago de Liniers), pola súa presunta complicidade cos franceses. Pero á marxe do xuntismo, que ata 1810 foi un fenómeno controlado pola metrópole, a crise da monarquía española polarizó dende 1808 as tendencias políticas na América hispana. A formación de grupos de colonialistas que non aceptaban outra autoridade, en ausencia do rei, que a da Xunta de Sevilla, deu a enfrontamentos cos autonomistas, que abogaban pola formación de gobernos provinciais; aínda que sen nun discutir principio os dereitos de Fernando VII. Os criollo autonomistas votaríanse, co tempo, cara á loita aberta pola independencia, que estalará en 1810.
Dende maio, a intervención do emperador francés Napoleón I en España ten coma consecuencia a aparición e o fortalecemento de movementos autonomistas en case todalas colonias españolas; Arxentina, Bolivia, Chile, México e Perú, serían algunhas delas.
Un 11 de setembro, falece na cidade de Santa Fe de Bogotá, o botánico e matemático español José Celestino Mutis (que nacera un 6 de abril de 1732 en Cádiz). Tras realizar estudos de botánica en Madrid, e de medicina e filosofía en Sevilla, marchou a Nova Granada, como médico persoal do marqués da Veiga, vicerrei da colonia. Alí fundou unha cátedra de matemáticas (no 1760) ademáis de un observatorio astronómico; tamén foy promotor de diversas expedicións polo virreinato, nas que tivo as compañas de Eloy Valenzuela, Diego García e Eloy Rizo, estudando a flora desta rexión. A súa principal obra da que é autor trata da flora da real expedición "botánica do Novo Reino de Granada".
O químico británico sir Humphry Davy descobre o bario, o estroncito e o calcio. Davy, que descubrira o sodio e o potasio, é inventor tamén dunha lámpada de seguridade, que pode evita-las explosións de grisú nas minas (polo que a lámpada que recibira o seu nome). O descubrimento destes metais alcalinos e alcalinotérreos faiselle posible grazas ao seu traballo na Institución Real, creada por Rumford, na que conta con dous mil elementos cos que pode facer descomposicions químicas.
En Francia o físico francés Étienne Louis Malus, descobre o fenómeno da polarización da luz. Malus demostra que dous raios obtidos por dobre refracción no cristal de espato de Islandia difieren polos seus planos de polarización.
O doutor alemán Franz Joseph Gall, establecido en París tras haber estado exercendo a medicina nas cidades de Viena e Berlín, publica o seu libro "Funciones del cerebro", onde describe os fundamentos dunha nova ciencia, a craneoscopia. Esta ciencia, baseada na observación das diferentes configuracións craneais, intenta recoñece-los instintos, os talentos e as disposicións morais, á vez que propón relaciona-las funcións psicolóxicas coa organización do cerebro. Ben acollida polo público, que admira os 37 órganos que Gall identifica no cerebro (cada un cunha función específica) e que rexerían o amor, o odio, a memoria, etc. A craneoscopia non sobrevivirá ao seu creador. E a pesardes de chamarselle frenoloxía, como a bautizará no ano 1810 G. Spurzheim, verase substituída pola fisioloxía e a psicología modernas, aínda que Gall contará co seu recoñecemento como un dos pioneiros importantes (a pesar de que erróneamente orientou mal o acuñamento, ao crer na determinación física da intelixencia).
Tamén o escultor italiano Antonio Canova (que nacera en Possagno no ano 1757 e morrerá na cidade de Venecia no 1822) realiza, durante o período napoleónico, algúns retratos e esculturas do emperador e de membros da súa familia. Sobresaen o busto en bronce de Napoleón (do 1809) e a escultura en mármore "Paolina Bonaparte Borghese" transformada coma a "Venus vencedora" (deste mesmo ano). Independentemente da súa actividade como escultor imperial, Canova realizou outras obras de indubidable valor nas que aparecen conxuntamente os seus desexos formais de clasicismo xunto co seu temperamento do barroco apaixoado. Especialmente coñecidos son os seus monumentos funerarios como o de María Cristina de Austria (unha igrexa dos agustinos contruida en Viena entre os anos 1798 e 1805), no que recupera a pirámide como símbolo xeométrico para representa-lo tránsito da vida á morte. É de grande orixinalidade, así mesmo, o tratamento de Canova dos temas clásicos. Nas súas moitas obras de inspiración mitolóxica (Hebe, As tres gracias, Amor e Psique, etc), Canova inspirouse na antigüidade non para unha xélida reconstrución arqueolóxica, senón para recuperar unha beleza ideal.
Un xoven investigador da Escola Politécnica, de nome Louis Joseph Gay Lussac (nado no 1778 e finado no 1850), estableceu que os diferentes gases que estudia (aire, nitróxeno, osíxeno), "a iguais temperaturas, dilatanse uniformemente". Traballando con temperaturas entre 0° e 100°, atopou para estes gases un coeficiente de dilatación uniforme e independente da súa natureza, que fixou en 1 partido por 273 (1/273). A esta primeira lei seguiulle outra, segundo a cal os gases combínanse entre si segundo as relacións volumétricas simples. Os seus traballos abarcaban dende o estudio da atmosfera en globo ata traballos sobre as propiedades do iodo. Tempo andando, xunto con Jacques Thenard descubrirá o potasio, illará o boro e mellorará a análise orgánica. Despois perfeccionará a fabricación do ácido sulfúrico e inventará varios métodos de dosificación.
No período do primeiro imperio napoleónico xorde en París o estilo imperio, que representa un cambio substancial nos campos da decoración interior entroque a moda e a artesanía. Trátase dunha modalidade especial do clasicismo que se difunde por toda Europa (e que chegará ata a Rusia, entre os anos 1800 e 1830). O estilo imperio emprega como adornos esenciais elementos gregos e, sobre todo, romanos de época imperial, de cuia simboloxía intentou rodearse Napoleón. Polo que, seguindo o exemplo romano, as paredes das estancias ostentan grandes superficies lisas e rectilíneas, ornamentadas con imaxes de xarróns antigos, colgarexos, coroas de loureiro, etc... Tamén nos mobles sublíñase a liña recta e a superficie lisa. Nos obxectos artesanais prefírese a sinxeleza clásica, contraposta ao barroco e o rococó. Pero no campo da moda vai ser onde o estilo imperio imponse unánimemente en toda Europa; as mulleres levan vestidos longos e de talle alto, feitos con teas de boa caída e os homes visten calzóns anchos, chaquetas axustadas e panos anudados ao pescozo.
O almirante Sébastiani de Porta, comandante da flota francesa no Mediterráneo oriental, é chamado de volta a Francia. O almirante Sébastiani, que lograra rexeitar a unha flota inglesa, que o 3 de marzo de 1807 presentouse diante de Istambul. Esta medida deixa vía libre aos ingleses fronte ao Imperio Otomano.
O filósofo e reformador social Claude Henri de Rouvroy, conde de Saint-Simon, da a coñecer o seu pensamento federalista; que queda expresado en "Reorganización de la sociedad europea", aínda que será en "La industria o Discusiones políticas, morales y filosóficas, en interés de todos los hombres dedicados a trabajos útiles e independientes" (publicada no 1817) onde a súa doutrina comezou a perfilarse. Segundo Saint-Simon, a política debía sela ciencia que desenvolvería a produción, base da sociedade e única solución ao problema social. O principio creu que o estado debía ser gobernado polos sabios, pero pronto cambiou e atribuíu o poder temporal aos industriais (propietario, técnico, obreiro ou campesiño) e o espiritual aos seguidores dun novo cristianismo, baseado en leis positivas, afirmadoras do desenvolvemento do traballo. Outros elementos destacados das súas ideas foron que a bondade da propiedade privada era indiscutible; a preocupación básica da sociedade debía ser unha mellora da clase máis numerosa e pobre; a herdanza debía suprimirse, e todolos individuos (clasificados pola súa capacidade e retribuidos polo seu rendemento) debían traballar. Claude Henri naceu en París o 17 de outubro de 1760 e morrerá nesa mesma cidade o 19 de maio de 1825. Por tradición familiar estaba destinado á carreira das armas. Foi tenente aos 16 anos e participou como capitán na guerra da Independencia americana. En 1792, a asemblea electoral da comuna de París nomeouno seu presidente; entón renunciou ao seu título e fíxose chamar Claude Henri Bonhomme. Foi encarcelado por especular con bens públicos, sendo liberado o 9 de termidor. Saint-Simon viaxou por Europa e en Suiza escribiu a súa primeira obra: "Carta de un residente en Ginebra a sus contemporáneos" (publicada no 1802).Tamén cobraron boa relebancia outras obras súas: "El sistema industrial" (do 1823): "Catecismo de los industriales" (no 1824) e "Nuevo cristianismo" (publicada no 1825).
Considerado como un dos representantes do "socialismo utópico", o filósofo e economista francés Charles Fourier (que nacera en Besançon no 1772 e tamén finará na cidade de París no 1837) desenvolveu unha enorme actividade intelectual na sociedade do seu tempo. Fourier, fillo dun rico comerciante en panos, perdeu a súa fortuna e converteuse nun crítico implacable das estruturas sociais, económicas e políticas presentes no século XIX. Segundo el, a orde social mutila ao home e os seus desexos, privándolle da iniciativa e creando así o desequilibrio entre opulencia e miseria. Preconizaba a constitución de agrupacions humanas que practicasen unha vida en comunidade case total (coñecidas naqueles intres baixo o nome de falansterios). Pensaba que todas as reformas e as revolucións agravaban os males que pretendían paliar. Charles Fourier estableceu o centro da súa crítica social no irracionalismo da sociedade, fronte á harmonía perfecta da natureza. Ese irracionalismo instituiu o dereito de propiedade, que á súa vez procreou a pobreza. Na longa evolución política da sociedade pódense distinguir o edenismo, o salvaxismo, o patriarcado, a barbarie e a civilización, achegándose agora ao garantismo, ou irresponsabilidade individual. Na doutrina do falansterio, recrearíase a unidade social orixinal: o traballo sería atractivo, as viaxes abundantes e o amor libre. O lugar constituiríao un pazo no que cada un acomodaríase segundo o seu gusto. A gastronomía converteríase en gastrosofía (unha ciencia da nutrición e do pracer). O falansterio proporcionaría habitación, alimentos e diversións aos seus asociados e os servizos serían colectivos e a propiedade produtiva repartida mediante accións. Todo estaría dirixido por persoas elixidas e as rendas repartiríanse nun 4/12 para a capital, 5/12 para o traballo e 3/12 para a dirección técnico científica. Ao non existir goberno e si só unha administración, evitaríanse os conflitos individuais. O mundo sería unha federación de falansterios nos que non habería desigualdades. As únicas tolerables serían a diversidade dos individuos fundamentalmente iguais. A todo isto, Fourier escribiu "Teoría de los cuatro movimientos" (que se publicaría neste ano), "Tratado de la asociación doméstica y agrícola" (no 1822) e "Nuevo mundo industrial y societario" (publicada en 1829). Fourier tivo discípulos e pasou longo tempo buscando diñeiro para fundar falansterios. Chegado o 1830, os seus discípulos fundaron un falansterio en Condé-sur-Versgre. Agrupandose nunha "escola societaria", este movemento tivo unha relativa forza en Francia, Gran Bretaña e Estados Unidos.
O 1 de marzo a política seguida por Napoleón, dende 1804, coa otorgación de novos títulos nobiliarios, establece unha nova aristocracia en Francia. Para regulala, o Senado vese na obriga de facer un sistema xerarquizado que rigurosamente otorga e controla os diversos títulos de duque, conde, barón e cabaleiro. Cada función recibe automáticamente unha dignidade nobiliaria. Con isto, a nova nobreza pasa estar composta nun 59 % por militares, e nun 22 % por altos funcionarios da administración. Como só a titulación imperial é a legal, a nobreza tradicional non tarda en integrarse cos (segundo denominaban os anteriores nobres a xente nova) "parvenus".
En Dinamarca, Federico VI, que contaba con 39 anos (estará no poder ata o ano 1839; transformarase en rei de Noruega no 1814). Estaba de rexente no lugar de Christian VII (seu pai), dende 1789. Aliase con Napoleón contra os ingleses, pero tera que ceder Noruega a Suecia (durante o ano 1814). Christian VIII será o encargado de sucederlle.
En Alemaña, un escritor alemán de nome: Johann Wolfgang von Goethe publica a primeira parte do seu drama "Fausto", onde narra a historia de Fausto, que entrega a súa alma ao diaño a cambio de satisface-las súas ansias de saber e a súa sede de praceres. Goethe, malia estar mermado nas súas forzas físicas trala morte do seu amigo Schiller, ocorrida no 1805, e por unha grave enfermidade que sufriu recentemente el mesmo, estivo presente nas festas en honra de Napoleón celebradas na cidade de Erfurt. Pouco despois, un decreto imperial conferiulle o águia da Lexión de Honor.
Serbia recibe de novo a Karagjeorgje (tamén coñecido como Xurxo o Negro) que, sendo fundador da dinastía serbia Karagjeorgjevich, faise recoñecer príncipe herdeiro dos serbios por unha asemblea popular. Os excesos dos xenízaros provocan a insurrección de Karagjeorgje no 1804, que pronto deriva cara a un movemento nacionalista contra o dominio turco de tal envergadura que Constantinopla vese impotente para facerlle xuzgo. Karagjeorgje vence aos turcos en Misar e libera Belgrado (no ano 1806). Proclamado príncipe herdeiro dos serbios en 1808, recibe o apoio do zar, pero catro anos máis tarde foxe ao estranxeiro ao crerse abandoado por Rusia trala firma da paz de Bucarest entre Mahmud II e Alexandre I. Trala invasión turca refúxiase en Austria (xa no ano 1813), e volta de novo no 1817 ao seu país, onde é asasinado por orde do novo príncipe Milos Obrenovich.
O 2 de febreiro o emperador francés Napoleón I ocupa novamente os Estados Pontificios (xunto coa cidade de Roma), ao negarse o papa Pío VII participar no bloqueo continental contra Gran Bretaña. No transcurso do seguinte ano (1809), Napoleón incorporará o resto dos Estados Pontificios a Francia.
O 10 de febreiro o zar ruso Alexandre I declara rotas as relacións entre o seu país (Rusia) e Suecia, e as súas tropas ocupan Finlandia, ata entón en poder de Suecia. A ocupación do país polas topas rusas completarase o 21 de febreiro en que Suecia cede completa e formalmente o país o invasor extraxeiro.
O 30 de agosto as tropas do xeneral Junot (que están metidas no territorio de Portugal) teñen que capitular ante as do británico Wellington, que ha desembarcado na bahía de Mondego. O rendemento ten lugar na poboación lusa de Cintra (ou Sintra, segundo outros autores), e establece a evacuación do exército francés en Portugal, que será repatriado a bordo de buques británicos.
O 27 de setembro entrevistanse na cidade de Erfurt (situada en territorio antigamente pertencente a Prusia e reservado agora para o emperador francés Napoleón I, co nome de Turingia), atópanse este último e o zar de Rusia, Alexandre I que, xunto cos príncipes dos estados que forman a Confederación do Rhin. Aunque a entrevista non sae todo o fructífera como que o emperador francés, pois non conta co emperador de Austria e o rei de Prusia. Napoleón quere gañarse ao zar (na que media o acordo de recoñecemento das posesións rusas en Finlandia e das provincias rumanas de Moldavia e Valaquia), para a súa política de integración europea, sobre todo en vista da guerra con España, e intentar unha ampliación da Confederación do Rhin. O citado encontro rematará o 14 de outubro.
O 19 de novembro, o ministro prusiano barón Von Stein promulga un reglamento que introduce o principio de da auto administración no plano municipal. Exacasamente, un mes despois (o 16 de decembro), o gran reformador ten que renuncia-lo seu cargo de primeiro ministro ante as presións exercidas polo emperador francés Napoleón I.
O 22 de decembro, na cidade de Viena o compositor alemán, Ludwig van Beethoven estrea os súas dúas derradeiras obras. Tráse neste caso das sinfonías Quinta e Sexta (Pastoral) adicadas ao conde Rasumovski e ao príncipe Lobkowitz. Os primeiros apuntes da Quinta sinfonía en "do" menor parece remontarse o ano 1795, pero a súa elaboración, como a da Sexta en "fa" maior, iniciada no 1808 e que realiza conxuntamente, viuse interrompida pola das Terceira (Heroica) e Cuarta sinfonías. O parecer, nun principio a Quinta sinfonía estaba destinada ao conde Franz von Opperdorfí; pero Beethoven vese na premisa de vendela (xunto coa Sexta), aos editores Breitkopf e Härtel de Leipzig, que as publican baixo o nome de Opus 67 e 68.
En Turquía, Mahmud II, de 13 anos autoproclámase o 30.º sultán otomano e terá o poder nas súas mans ata o 1 de xullo de 1839 (que con 31 anos verase na obriga de delega-lo poder sobre o seu fillo, Abdul Mekkid I); esta autoproclamación ven a causa de que os xenízaros tampouco están de acordo con Abdul Hamid I, que sucedera o seu primo Mustafá IV, deposto no 1807 por estes mesmos a causas dos seus decretos.
O 14 de novembro o gran visir otomano, Mustafá Bajá Bairakdar suicidase ao producirse o levantamento dos xenízaros (tropas de élite do sultán). Bairakdar había destituido ao sultán otomano Mustafá IV e proclamado sultán ao irmán deste, Mahmut II (ou Mahmud II), a semade de que e intentou proseguir coas reformas iniciadas polo sultán Selim III, derrocado en maio de 1807. Ata a reforma militar que intentou Selim III fracasou pola resistencia dos xenízaros.
20 de abril - Napoleón III. Nado, nas Tullerías, Luis Napoleón Bonaparte (morrerá en Chislehurst o 9 de xaneiro de 1873 con 64 anos de idade); é o terceiro fillo de Luis Bonaparte e, polo tanto, sobriño de Napoleón I. Será emperador dende os anos 1852 ata 1870.
24 de abril - Joaquín A. Cardoso Casado Giraldes, médico e cirurxián portugués.
15 de maio - Manuel Luís Osório, político e militar brasileiro; coñecido co alcume de xeneral Osorio.
3 de xuño - Jefferson Davis, militar e político americano; o único presidente da Confederación surista dende os anos 1861/65.
20 de xuño - Sansón Raphael Hirsch, rabino e teólogo xudeu de ascendencia israelí.
- Urbano Ratazzi, político italiano; primeiro ministro de Italia na tempada de 1862/67.
13 de xullo - Patrice de Mac-Mahon, militar, marical e político francés; segundo presidente da terceira república francesa, gobernou dende o 1873/79 (o seu goberno estivo dividido en dúas etapas). Tamén se coñecía como Conde de Mac-Mahon.
18 de xullo - José J. Leite Guimaraes, aristócrata portugués; foi coñecido como barón de Nova Cintra.
25 de xullo - Johann Benedict Listing, matemático e mestre alemán.
21 de agosto - Narcisse V. Diaz da Peña, pintor francés.
1 de outubro - Fryderyk Edward Sobolewski, alcalde rexente polaco.
7 de xaneiro - Son presentados o primeiros planos para a construción dunha Grande Lonxa no estado de Ohio (Estados Unidos).
22 de xaneiro - A familia real portuguesa chega o Brasil grazas o transporte ofrecido polos buques británicos.
26 de xaneiro - En Australia diveros campesinos apoiados polos militares fan a revolta de Rum.
28 de xaneiro - No Brasil o príncipe Xoán asina a carta magna que permite abri-los portos as nacións amigas.
18 de febreiro - No Brasil fundase a Facultade de Medicina da Bahia, acto o que asiste o príncipe Xoán que exerce coma rexente do país.
23 de febreiro - O brasileiro José da Silva Lisboa sae nomeado para ocupa-lo posto do Ministerio de Economía e Política; que a sazón é creado o mesmo día.
24 de febreiro - De volta en Brasil, inaugúrase a Capela de Santa Ana no municipio de Caraicó, que na actualidade pertence a Currais Novos (no Rio Grande do Norte).
7 de marzo - O principe brasileiro Xoán asina novo documento que permite liberaliza-las inatalacións do establecemntos en calquer lugar do Brasil.
11 de marzo - En Brasil crease a Ministerio da Mariña, co visto bo de principe Xoán.
19 de marzo - En España iniciase o primeiro reinado con Fernando VII no trono.
1 de abril - O consello brasileiro anula o decreto do 5 de xaneiro de 1785 no que se prohibia o establecemento de manufacturas e fabricas no Brasil.
- O principe rexente do Brasil, Xoán, asina o novo decreto polo que se creará o Consello Supremo Militar e de Xustiza.
13 de maio - En Brasil o principe Xoán crea en Río de Xaneiro a Imprenta Rexia, co fin de poder publica-los textos e acordos do estado de forma máis directa e cun maior número de copias.
- Un documento firmado polo goberno brasileiro enfronta en guerra os naturais do país contra os indios botocudos.
22 de maio - O brasileiro Luís Alves de Lima e Silva (futuro duque de Caxias) recibe o nomeamento de cadete de primeira clase, con 5 anos de idade.
11 de xuño - O futuro conde brasileiro de Alfenas, Gabriel Francisco Junqueira, casa con Ignacia Constanza de Andrade.
- En Brasil o goberno complementa a célebra "Carta Rexia" coa apertura dos portos.
13 de xuño - No Brasil, constrúese o Xardín de Aclimatación, na inauguración estará o principe Xoán.
28 de xuño - Tamén no Brasil aprobase a creación da Institución do Tesouro Real Público.
29 de xuño - O brasileiro José Bernardo de Figueiredo é nomeado intendente do ouro no Rio das Mortes.
17 de xullo - As tropas francesas chegan a Salamanca.
18 de agosto - En Brasil a raíña Carlota Xoaquina, entregalle o seu home, Xoán VI, unha apelación de "Xusta Reclamación" recollida do pobo brasileiro.
10 de setembro - Sae a rúas do Brasil outro xornal, tratase da "Gazeta de Río de Xaneiro".
8 de outubro - No Brasil aprobanse os estatutos do Banco de Brasil; este banco desaparecerá o 23 de setembro de 1829, deixando oco as novas compañías bancarias.
29 de novembro - O goberno brasileiro efectúa o regulamento da Orde da Torre; aproveita con elo para face-la conmemoración da chegada de Xoán VI a Brasil.