Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Madrid - Wikipedia

Madrid

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Madrid
Situación xeográfica
País: España
Comunidade autónoma: Comunidade de Madrid
Provincia: [[]]
Xeografía
Altitude: 667 msnm
Superficie: 607 km²
Poboación
Poboación total: 3.155.359 hab. (INE 2005)
Densidade de poboación: 5.198,29 hab./km²
Xentilicio: Madrileño/a
Información
Código postal: 28001-28080
Alcalde: Alberto Ruíz Gallardón (PP)
Sitio na web: www.munimadrid.es
A Praza de España
Agrandado
A Praza de España

Madrid, capital de España, é unha cidade situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Ten unha poboación de 3.093.000 habitantes segundo estimacións do 2003, e unha área metropolitana de 5.603.000 habitantes segundo estimacións do mesmo ano. Madrid é tamén capital da Provincia de Madrid e da Comunidade de Madrid, sendo ademais a meriande cidade da Península.

Índice

[editar] Historia

Madrid é habitado dente tempos prehistóricos, pero a primeira referencia escrita está nas crónicas do Califato de Córdoba. Mohamed I construiu un pazo no século IX (onde hoxe está o Pazo Real), e a cidade foi chamada Magerit (de onde provén Madrid).

Afonso IV conquistou a cidade no 1085 na súa marcha ata Toledo, e derrubou a mezquita construindo a igrexa da Virxe da Almudena.

[editar] Poboación

 Evolución demográfica de Madrid (1900-2005)
Agrandado
Evolución demográfica de Madrid (1900-2005)

A poboación de Madrid foi experimentando un importante aumento dende que se converteu en capital. Foi especialemente significativo no século XX, debido a gran cantidade de inmigración, tanto interio coma exterior.

Nembargantes, este aumeto desacelerouse en favor dos concellos da zona metropolitana a partir dos anos setenta, nos que Madrid comeza a perder poboación. No comezo do século XXI hai un aumento da inmigración. Segundo os derradeiros datos dispoñibeis, a 1 de xullo de 2005 a poboación de Madrid ascendía a 3.228.914 habitantes, cun aumento de 271.856 habitantes respecto ao censo do 2001.

[editar] Xentilicio

O xentilicio dos habitantes de Madrid é «madrileño» o «matritense». Sen embargo, aos habitantes de Madrid chamouselles tamén «gatos» debido a que, segundo conta a lenda, a conquista da cidade polas tropas de Alfonso VI a finais do século XI, realizouse medianto o asalto da muralla pola que treparon as tropas casteláns.

Outras lendas sinalan que o apelativo de «gatos» foilles otorgado aos ciudadanos de Madrid na Idade Media pola suá gran habilidade á hora de trepar polas murallas e acantilados coas mans espidas.

[editar] División administrativamente

A cidade divídese administrativamente en 21 distritos, divididos ao mesmo tempo en distintos barrios.

  • Centro: Palacio, Embajadores, Cortes, Justiza, Universidad, Sol.
  • Arganzuela: Paseo Imperial, Acacias, Chopera, Legazpi, Delicias, Palos de Moguer, Atocha.
  • Retiro: Pacífico, Adelfas, Estrella, Ibiza, Gerónimos, Neno Xesús.
  • Salamanca: Recoletos, Goya, Fuente del Berro, Guindalera, Lista, Castellana.
  • Chamartín: El Viso, Prosperidad, Ciudad Jardín, Hispanoamérica, Nueva España, Pza. Castilla.
  • Tetuán: Bellas Vistas, Cuatro Caminos, Castillejos, Almenara, Valdeacederas, Berruguete.
  • Chamberí: Gaztambide, Arapiles, Trafalgar, Almagro, Vallehermoso, Ríos Rosas.
  • Fuencarral-El Pardo : El Pardo, Fuentelarreina, Peñagrande, Barrio del Pilar, La Paz, Valverde, Mirasierra, El Goloso.
  • Moncloa-Aravaca: Casa de Campo, Argüelles, Ciudad Universitaria, Valdezarza, Valdemarín, El Plantío, Aravaca.
  • Latina: Los Cármenes, Puerta del Ángel, Lucero, Aluche, Las Águilas, Campamento, Cuatro Vientos.
  • Carabanchel: Comillas, Opañel, San Isidro, Vista Alegre, Porta Bonita, Boavista, Abrantes.
  • Usera: Orcasitas, Orcasur, San Fermín, Almendrales, Moscardó, Zofio, Pradolongo.
  • Moratalaz: Pavones, Horcajo, Marroquina, Media Legua, Fontarrón, Vinateros.
  • Ciudad Líneal: Ventas, Pueblo Nuevo, Quintana, La Concepción, San Pascual, San Juan Bautista, Colina, Atalaya, Costillares.
  • Hortaleza: Palomas, Valdefuentes, Canillas, Pinar del Rey, Apóstol Santiago, Piovera.
  • Villaverde: San Andrés, San Cristóbal, Butarque, Los Rosales, Los Ángeles (Villaverde).
  • Vallecas: Casco Histórico de Vallecas, Santa Eugenia.
  • Vicálvaro: Casco Histórico de Vicálvaro, Ambroz.
  • San Blas: Simancas, Hellín, Amposta, Arcos, Rosas, Rejas, Canillejas, Salvador.
  • Barajas: Alameda de Osuna, Aeropuerto, Casco Histórico de Barajas, Timón, Corralejos.

[editar] Rañaceos en Madrid

Praza de Castilla en Madrid.
Agrandado
Praza de Castilla en Madrid.

O máis alto é a torre Picasso, 157 m de altura, sendo a segunda torre máis alta de España tras a torre Bali en Benidorm. Ten 46 andares. O segundo rañaceos máis alto da cidade é a torre Madrid no centro mesmo da cidade, na praza de España, con 142 metros, sendo no seu día o rañaceos máis alto do continente. O terceiro rañaceos máis alto é o edificio España, con 117 metros, situado tamén na praza de España, que data do ano 1953. Este foi o rañaceos máis alto até 1957. O cuarto é a torre Colón, na praza de Colón, con 116 metros, e do ano 1976. Séguenlle as torres Kio na Praza de Castela, con 114 metros. Hai moitos máis rañaceos na cidade que superan os 100 metros.

E hai tamén proxectadas novas construccións tales como catro torres de máis de 200 metros, o chamado Catro Torres Business Area. Este será un parque empresarial no que se atopará o rañaceos máis alto de España, a Torre Repsol, con case 250 metros.

[editar] Cultura e Ocio

[editar] Museos e Galerías

Museo do Prado.
Agrandado
Museo do Prado.
Museo Raíña Sofía.
Agrandado
Museo Raíña Sofía.

Madrid conta con importantes pinacotecas, as cales constitúen unha das principais atraccións turísicas da cidade. Tres dos principais museos atópanse no chamado triángulo do arte: o Museo do Prado, O Museo Thyssen-Bornemisza e o Museo Raíña Sofía.

Os máis significativos son:

  • O Museo do Prado
  • O Museo Thyssen-Bornemisza
  • O Museo Raíña Sofía
  • O Museo da Real Academia de Belas Artes de San Fernando
  • O Museo Arqueolóxico Nacional
  • O Museo das Descalzas Reais
  • O Museo da Encarnación
  • O Museo Sorolla
  • O Museo das Ciencias Naturais
  • O Museo Nacional do Ferrocarril
  • O Museo Municipal
Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com