Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Café - Wikipedia

Café

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Taza de café
Agrandado
Taza de café

Bebida que se elabora co gran tostado e posteriormente moído da planta de mesmo nome. É orixinario do Medio Oriente, pero espallouse por outras rexións, como Sudamérica (Brasil, Colombia) e algúns países de África. O café de maior recoñecemento é o café de Colombia.

Estados Unidos é o maior mercado mundial de café, seguido por Alemaña. Finlandia é o país que consume máis café por número de habitantes.

Por extensión tamén se coñece como café ó establecemento público no que se serven estas bebidas. Historicamente son lugares de encontro social, de conversas literarias e intercambios culturais como os coñecidos Café de Gijón, en Madrid ou o Tortoni de Bos Aires.

Índice

[editar] Etimoloxía e historia

A palabra café procede da palabra de orixe turca kahveh, que provén do vocablo árabe qahwa. A primeira orixe desta bebida é incerta, e existen diversas versións ó respecto. Unha explicación podería ser que proceda da rexión de Kaffa, en Etiopía, onde a planta surxiu orixinariamente. Os grans de café importáronse por vez primeira dende Etiopía ata Iemen. Unha historia lexendaria (e posiblemente un mito) é a do Sufi iemenite, coñecido de forma mística por Shaikh ash-Shadhili. Dise que cando viaxaba por Etipoía atopouse con cabras cunha vitalidade inusual, e despois de probar os froitos que estaban a comer, sofreu o mesmo efecto. Un mito similar atribúe o seu descubrimento a un coidador de cabras chamado Kaldi. A palabra qahwa referíase orixinalmente a un tipo de viño, e non ten porque proceder da rexión de Kaffa.

O consumo de café foi prohibido na Meca en 1511 en no Cairo en 1532, pero debido a súa grande popularidade, este decreto foi pronto retirado. En 1554 abriuse a primeira cafetería en Estanbul. O café foi introducido por vez primeira en Inglaterra na década de 1430 polo profesor grego Ioannis Servopoulos, que traballaba en Oxford. Gracias ós esforzos dos ingleses e da compañía holandesa das Indias, a distribución de café extendeuse por toda Europa no século XVI. Ás mulleres non lles estaba permitido entrar nas cafeterías.

[editar] Preparación

Fabricante de café, Indonesia
Agrandado
Fabricante de café, Indonesia

[editar] Elección dos grans

O primeiro paso no preparado do café, e elixir os grans segundo a súa cor e tamaño. En moitos países pouco desenvoltos, séguese a facer este traballo a man, xa que así se abaratan os custos. Noutros lugares, os grans son escollidos automaticamente empregando máquinas que usan cámaras CCD e poden así determinar tanto a cor coma o tamaño. O emprego destas máquinas é rendible en grandes producións onde a cantidade de café producido é un factor importante.

[editar] Idade

A pesar de ser este un punto aínda en debate, crese que certos tipos de gran de café melloran coa idade; entre estes tipos destacan especialmente aqueles caracterizados pola súa baixa acedume, coma os cafés de Indonesia ou da India. Moitos dos produtores de cafés destes países vénden os grans que teñen máis de tres anos, xunto con algúns de máis de oito.

Non obstante, moitos expertos en café afirman que os grans de café alcanzan o punto álxido de sabor e frescura no primeiro ano de colleita.

[editar] Torrado

O proceso de torrado é fundamental para producir unha boa taza de café. Cando os grans de café se torran, medran ata alcanzar o dobre do seu tamaño orixinal, cambiando de cor e densidade. A medida que o gran absorbe calor, a súa cor cambia pasando por amarelo, ata alcanzar un tono castaño. Durante este proceso a humidade dos grans desaparece. Os grans de café agrétanse durante o proceso de torrado; os momentos en que os grans se agretan son momentos de referencia que se empregan para medir o progreso do torrado. Os grans escurécense e comezan a soltar un aceite a través da súa superficie, ata que son retirados do calor.

En torrados lixeiros, o gran terá un sabor máis parecido ó orixinal; o sabor engadido pola suciedade e as condicións atmosféricas dependen do lugar onde este medrara. Os grans de café de rexións como a de Java e Kenia acostuman a estar pouco torrados, de maneira que as características da zona predominan no sabor. Un método de torrado procedente da población de Ipoh en Malasia inclúe o uso de manteiga e azucre durante o proceso de torrado.

A medida que os grans se escurecen ata alcanzar a cor marrón, o seu sabor orixinal vai sendo encuberto por sabores debidos ó proceso de torrado. En torrados fortes, o sabor procedente do torrado é tan dominante que é difícil distinguir a orixe dos grans. A liña que separa un torrado fote de quemar o gran, é un tema de debate. En contra da creencia popular, os cafés de sabor máis forte, feitos con grans máis torrados, non posúen máis cafeína que os feitos con grans pouco torrados. Nos Estados Unidos moitos dos proveedores de café reparten os seus produtos dacordo cos gustos das distintas rexións; por exemplo, un paquete de café mercado no noreste ou no noroeste, contén grans máis torrados que se o mercamos no centro dos Estados Unidos.

No século XIX, o café comprábase habitualmente en forma de grans frescos, que se torraban na tixola. Esta forma de torrado require moita pericia para que os grans queden ben. Hoxe en día, o torrado de café na casa volve a ser popular. Agora existen máquinas que permiten facer este torrado, e ademáis pódense empregar o forno ous as máquinas de facer palomitas.

Debido a que o café emite dióxido de carbono os días seguintes a ser torrado, é preciso que se bote todo o gas antes de ser empaquetado. Por esta razón, cando se empaqueta o café xusto despois de que fora torrado, faise en bolsas con válvulas que permiten que o CO2 saia e que non entre nada. Este CO2 tamén afecta ó sabor do café, e moitos expertos recomendan un período de descanso de entre dous e cinco días despois do torrado, para evitalo.

Unha vez torrado, as compoñentes volátiles que lle dan ó café o seus sabor característico, disípanse rápidamente. Os especialistas na industria do café, recomendan que sexa tomado en non máis de 14 días despois de ser torrado. Algunhas compañías intentaron prorrogar a frescura do café mediante un sistema que emprega nitróxeno para sustituir o osíxeno do café e reducir así a oxidación.

[editar] Presentación

  • Café con leite
  • Café só
  • Expreso
  • Capuccino
  • Café manchado
  • Café cortado
  • Café bombón
  • Café irlandés
  • Café vienés
  • Carajillo


[editar] Curiosidades:

  • Cando foi levado a Europa os seus detractores espallaron o rumor de que a bebida era unha trampa que Satanás tendía para corromper as almas. Chegada a denuncia ó papa Clemente VIII, o pontífice ordenou que lle deran unha cunca. "A bebida de Satanás -dixo- é tan deliciosa que sería unha lástima deixar para os infieis o delito de toma-la. Sacaremos o demo dela mediante o bautismo e farémosla unha bebida cristiana."
  • No ano 1733, cidadáns de Boston vestidos de indios botaron pola borda o cargamento do buque inglés Darmouth como protesta polo imposto británico sobre o , o que pode considerarse como o primeiro antecedente da Guerra da Independencia dos Estados Unidos. A partir de entón, os americanos despreciaron o té, ó consideralo unha bebida británica e o café chegou a converterse na bebida patriótica.


Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com