Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
1802 - Wikipedia

1802

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

1801 < 1802 < 1803

Índice

[editar] Acontecementos

[editar] Vietnam

  • En Vietnam é derrocada a dinastía Tai-Son, que dende 1788 reinaba no pais. Asume o poder un principe do clan Nguyen Anh (chamado Gia-Long, de 40 anos, que reinará 18 anos -ata 1820-). Sobriño e herdeiro do emperador Du Tong (que fura destronado polos rebeldes no 1774). Co restablecemento da Cochinchina no ano 1788 na que se recibe axuda dos franceses, provocará que este principe reine sobre un territorio unificado. A dinastía Nguyen Anh perdurará ata 1945.

[editar] Imperio Otomano

  • No Imperio Otomano, o sultán vese na obriga de recoñece-lo protectorado do zar Alexandre I sobre os principes rumanos. Dende que se firmou o tratado de Kuchuk-Kainarzhi (no 1774), Rusia foise afianzando coma a potencia dominante nos principados rumanos arrincoando a Sublime Porta. A partires deste momento o Imperio Otomano perde o dereito a destitui-los hospodars (gobernadores), e vese na obriga de que sean nomeados, o menos, por un periodo de 7 anos.

[editar] Francia

  • En Francia, un físico chamado Louis Joseph Gay-Lussac publica o seu primeiro traballo co nome de: Sobre la dilatación de los gases y vapores. Neste traballo aparece a lei que cumpre co fenómeno. Gay-Lussac propón que os diversos gases que estudia (aire, nitróxeno, osíxeno, etc.) dilatanse semellantemente nunha mesma temperatura. Polo que traballando de 0 a 100 graos Celsius, encontra que estos gases teñen unha dilatación uniforme e independente da súa natureza. A lei terá un seguimento no ano 1808 por outra, na que se fixa a combinacion dos gases que fan relacións volumétricas simples.
  • Volvemos a Francia, neste caso, Madame Récamier, fermosa anfitriona dun dos salóns máis elegantes da cidade é retratada polo pintor parisino François Gérard. Este pintor fora discipulo do coñecido Jacques Louis David que empezara a facerse camiño nos máis refinados ambientes da cidade. Madame Récamier, cuio nome de solteira era Jeanne Françoise Julie Alélaide Bernard, casara os 16 anos co potenciado Jacques Rose Récamier (un dos banqueiros máis poderosos da Francia). Habrira un salón no ano 1799, percorrendo os pasos dunha amizade (a da célebre Madame de Staël, escritora viaxeira moi coñecida polas aventuras amorosas con varias persoaxes da epoca).
  • Publicase en Francia a primeira das obras de Madame de Staël (que nacera no 1766), baixo o nome de "Delphine". Staël foi retratada, entre outros, por Jean Baptiste Isabey; filla do fiñanceiro Necker (ministro de Facenda do axustizado Luis XVI), logra publicar un libro sobre España. Para non ser de menos que a sua amiga (Récamier), deixando un pouco de caron o terreo literario vive un apaixoado romance con Benxamín Constant, autor da novela "Adolfo". Anos despois, no 1807, publicara "Corinne", tamén da mesma autora.
  • Nun 27 de marzo, a paz de Amiens pon fin a segunda guerra de coalición entre Francia e mailos seus aliados contra Inglaterra. Co acordo de paz, a illa de Menorca, perdida dende 1798 sin que as forzas españolas ofrecesen resistencia os ingleses, volve a España. Pola contra, Gran Bretaña queda coa posesión de Xibraltar, a par de que retén a illa da Trinidade. Pero comprometese asimesmo a abandoa-las súas posesión no Mediterráneo, voltar Exipto o Imperio Otomano, Malta a orde de San Xoán e quita-la flota do mar. Francia, pola súa parte retira as guarnicións de Napoles, recoñece a independencia de Portugal (pero queda pa sí a colonia de Guinea), e renuncia as súas conquista no Mediterráneo, o que lle permite chegar a un acordo de paz co Imperio Otomano coa garantía de nonlle entrar nas súas fronteiras. Pero a paz de Amiens deixa tras de sí outras cuestións por resolver, tales como Bélxica, Saboia e Suiza, o quelle habería que engadir o conflito de comercio entre Gran Bretaña e os estados europeos que están baixo control francés. Isto motivou que a paz volvera a romperse no maio de 1803.
  • O 19 de maio sae un decreto de Napoleón, na que se institue a orde francesa de a Lexión de Honor, que sustitue as antigas ordes da monarquía, para recompensa-los servizos civis e militares. Tamén se entragará por primeira vez, o 15 de agosto de 1804, os eivados da guerra.
  • Un 26 de xuño firmase un tratado de paz co Imperio Otomano, poñendo fin a un conflito que viña dende 1798 por mor dunha invasión francesa no Exipto. Aunque fracasada a campaña de Francia no Exipto, pola alianza dos otomanos co Reino Unido, e a perda da illa de Malta, tamén a mans dos británicos; os intereses franceses seguen en apoxeo na Europa.
  • O 2 de agosto unha revolución no Senado converte a Napoleón Bonaparte en cónsul vitalicio e concentra na suas mans a totalidade do poder político. Napoleón xa obstentaba o cargo de cónsul e polo seu caracter, dispoñía xa de amplas atribucións. Os triunfos militares franceses (confirmados na paz de Amiens o 27 de marzo), fan que Napoleón apareza fronte os seus compatriotas, coma un home providencial. O cónsul é quen nomea os altos funcionarios e os membros da Consello do Estado; tamén escollerá os integrantes do Senado, o Tribunal e o Corpo Lexislativo. O sufraxio universal é sustituido polo voto do censo e, so o cónsul vitalicio ten dereito a tomar iniciativas no campo lexislativo; polo que nin él, nin o seus ministros teñen a obriga de render contas da sua xestión. No cambio, as outras institucións non teñen a practica dos poderes: o Senado ten a encarga de vixia-lo cumplimento da constitución, o Tribunal revisa os propostas de lei, pero non as pode promulgar, o Corpo Lexislativo penaliza as leis pero non pode discuti-las (a iste corpo acabará coñecendose co alcumio dos "trescentos mudos". Unha das primeiras medidas de Napoleón consistiu en invitar os emigrantes para que voltasen a Francia. Os anos da revolución provocaron que unhas 140.000 persoas deixaran o país. Moitos eran artesáns e comerciantes que perderan todo a causa dos desórdenes; pero tamén eran numerosos os aristócratas que conseguiron levarse con eles as súas ganacias, polo que esta emigración afectoulle o país nunha considerable sangría de capitais. Napoleón aseguraballes que, na nova Francia, podería intervir e enriquecerse nun clima de paz social co respaldo das baionetas. Con isto cumplía o acordo de amnistía porposto o 26 de marzo deste mesmo ano (o 6 de floreal do ano X, segundo o calendario revolicionario francés).

[editar] España

  • En España, na cidade de Valencia. O pintor, Vicente López, recibe o encargo de realiza-lo cadro conmemorativo da visita de Carlos IV. O lenzo ten de nome: A familia de Carlos IV recibida pola Universidade de Valencia, e daralle a Vicente o título de pintor de cámara honorífico de Carlos IV, e polo tanto o inicio dunha carreira de honras.
  • O 25 de agosto, o Principe de Asturias, Fernando, contrae casamento con María Antonia de Borbón (filla de Fernando IV e de María Carolina de Nápoles). O casamento, que máis ben foi unha boda política, faise o mesmo tempo que o da irmá de Fernando, a infanta María Isabel (que casa co irmán de María Antonia, Francisco). O casamento de Fernando non durará moito tempo, xa que a princesa morre no 1806 (na localidade de Aranxuéz) sen ter descendencia; nembargantes constituirá unha influencia de grande importancia na formación da personalidade do futuro monarca. Tralo primeiro momento de susto no que a princesa chora o coñecer a Fernando, o seu aspecto nada agraciado acompañabao unha voz aflautada e unha esaxerada gordura. María Antonia chega a tomarlle aprezo, pero no común úneos o odio cara Godoy o que lle leva afirma-la súa personalidade. Mentres viviu con Fernando, Antonia exercerá gran influencia sobro o principe, chegando a desplazar o intrigante canónigo Juan de Escoiquiz, que fora o seu preceptor.

[editar] Italia

  • En Italia, o escritor Ugo Foscolo publica "Últimas cartas de Jacopo Ortis", novela epistolar na que se contan amores de Ortis (refuxiado nos montes Euganeos trala ruina de Venecia) e Tareixa. O esta-la xoven prometida con outro home, a súa unión aparece imposible polo que Ortis acaba suicidándose. Na novela unense a desesperación amorosa, a imitación do "Werther" de Goethe, e a desesperación patriótica.
  • Nun 25 de xaneiro a república Cisalpina, con capital en Milán, convertese na "República italiana". Bonaparte obtenta o cargo de presidente e Melzi esta como vicepresidente ata 1805. Durante este periodo Francia sufre unha serie de anexiones de reinos e principados: Piamonte (Turín) 1802; República ligur (Xénova) 1805; Etruria (antigo gran ducado de Toscana) 1808; Estados Pontificios 1809.

[editar] América

  • En Haití, na cidade de Santo Domingo, ocorre no mes de marzo que o xeneral revolucionario e libertador de escravos, François Dominique Toussaint Louverture rendese as tropas francesas de Charles Leclerc que invadiron o seu país. Toussaint Louverture foi nomeado no ano 1797 comandante supremo da colonia francesa de Santo Domingo (que tivo antecesiones españolas), da que espulsou os británicos, conquistando a parte oriental da illa e poñendose o título de "Gobernador Vitalicio". Pouco despois do seu rendemento é detido e trasladado a Fort Joux (unha fortaleza de Francia) onde morrería o 7 de abril de 1803.
  • En Chile iniciase a construción do canal de Maipo, tamén coñecido como Canal de San Carlos.

[editar] Inglaterra

  • En Inglaterra aprovase a primera lei laboral adoptada polo parlamento, onde se expón a prohibición de traballar, nas fábricas de algodón, máis de 12 horas diarias a nenos menores de 9 anos. O adoptamento da lei recibe o nome de: Factory Bill, que observa unha serie de medidas, pero dista moito de ser unha protección eficaz dos dereitos dos nenos traballadores das manufactureiras; polo que a situación dos rillotes nos primeiros anos da revolución idustrial no é nada boa. Traballaban máis de 14 horas, soldos míseros que non tiñan ata de agora unha protección. Aunque o Factory Bill, non foi unha solución moi ben recibida, sí resultou un paso adiante para os dereitos da infancia traballadora.
  • No Reino Unido, Willian Cobbett funda o semanario "The Political Registrer", que fará de organo na facción "Tory" e antixacobina. Cobbett xa fixera carreira periodística nos Estados Unidos, a donde fuxiu no 1792, e en donde se converteu nun persoaxe belicioso, ante a revolucion francesa e a incertidume da democracia estadounidense. O volta-la política fiñanceira de Willian Pitt e a miseria dos obreiros agrícolas empurraráno cara unha política máis radical.

[editar] Sacro Imperio

  • Un 4 de setembro, o filosofo alemán, Johann Georg Friedrich Grotefend (que nacera o 9 de xuño de 1775) presenta un traballo sobre a escritura cuneiforme dos babilonios e os persas, é o primeiro intento de caracter positivo en descifra-la que acaba dando un alfabeto rectificado. Na escrita, composta con marcas en forma de cuña é feita cun cálamo sobre tabletas de arxila fresca; iste procedemento desenrolaríase en Mesopotamia entre os séculos XXX e X a.C. Sendo na epoca protohistoríca a que da lugar difusión en Mesopotamia a unha escrita de trazos largos e continuos, coa representación de ideogramas. No ver de outros historiadores, cabería a posibilidade de que se transmitira con posterioridade os sumerios; sendo canda estes, introducida nos vals do Tigris e Éufrates. Deducese coma unha dobre evolución da escrita cuneiforme: unha interna (coa mellora da expresión dos conceptos abstractos pola sustitución progresiva dos ideogramas) e outra externa (que trae consigo o logramento da esquematización dos carácteres polos fonogramas). Dun xeito e do outro, o caso é que a partir do século XIV a.C. no reino de Ugarit desenrolase esta escrita con novos cauces.

[editar] Nacementos

[editar] Mortes

  • - Franz Maria Ulrich Theodosius Aepinus, matemático e teólogo alemán.
  • - Sophie Arnould, soprano francesa.

[editar] Outros

  • 26 de xaneiro - Nos Estados Unidos, Thomas Jefferson, aproba a primeira lei de funcións e regras definitivas para o funcionamento da Biblioteca do Congreso.
  • 5 de febreiro - O americano Andrew Jackson sae elexido senador maior xeral do estado de Tennessee; chegará a se lo 7º presidente dos Estados Unidos.
  • 16 de marzo - O Congreso estadounidense aproba a lexislación que permite establece-la academia militar de West Point, a cal abrirá a súas portas o 4 de xullo de 1802.
  • 4 de abril - Na cidade de Montevideo (Uruguai) inaugurase no barrio de Río de la Plata o alumeado por mediante farois.
  • 26 de maio - En España, nunha das súas estadias, o libertador Simón Bolívar anuncia o seu casamento con María Tareixa; que se efectuará nunha igrexa de Madrid o mesmo día.
  • 4 de xullo - Abre as portas cara o público a Academia Militar de West Point, que fora aprobada polo Congreso meses antes.
  • 21 de xullo - Na illa de Haití fundade o Consello Supremo das Indias Occidentais Francesas.
  • 1 de setembro - Na cidade de Bos Aires (Arxentina) comenza a circula-lo xornal "Semanario de Agricultura, Industria e Comercio"
  • 6 de novembro - Fundase o distrito mexicano de "Paseo Alto" grazas a un documento que permite a súa efectividade dende o 8 de novembro de 1802 e a transformará nun municipio (grazas a outro documento) o 18 de decembro de 1947.
  • William Symington construe o primeiro barco de vapor funcional, o que lle da o nome de Charlotte Dundas.

Historia ano a ano

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com