Os arquitectos, Salford Matthew Boulton e James Watt edifican unha fábrica de fiados de 7 pisos, cuio conxunto de paredes mestras, de mampostería, acompañase dunha estrutura interna que ordena trabes mestras e columnas en forma de T. Este deseño convertirase no patrón dos edificios industriais.
Durante o 14 de marzo o primeiro ministro, William Pitt (o Xoven), aboga pola emancipación dos católicos irlandeses e a entrada destos no Parlamento, trala integración de Irlanda. Pero o rei Xurxo III oponse e Pitt vese na obriga de dimitir. A petición sua, o tory Henry Addington reemplazao e firma a paz de Amiens no ano 1802 (que se romperá wn maio de 1803). As presións políticas fan que o rei teña un novo acceso de demencia, que caerá na loucura absoluta no ano 1810.
O 24 de decembro Richard Trevithick, que traballa de enxeñeiro de minas, emprega a primeira locomotora de vapor de alta presión construída por el mesmo e a experimenta con pasaxeiros.
No 6 de marzo as tropas británicas desembarcan neste país, onde se enfrontan cos restos do exército francés dirixido por Menou. Despois de numerosas derrotas (a perda do Cairo o 28 de xuño e de Alexandría o 30 de agosto nas que acaban capitulando ante as tropas britanicas), as tropas francesas abandonan Exipto o 2 de setembro.
Un 25 de marzo Novalis (que na realidade chamábase Friedrich Leopold von Hardenberg e que nacera na rexión de Oberwiederstedt un 2 de maio de 1772), poeta lírico alemán, prosista e pensador místico-relixioso do romanticismo temperán, morre na cidade de Weissenfels (capital de Turinxia). O autor tiña obras de recoñecido nome como: "Himnos a la noche", "Heinrich von Ofterdingen" entre outras.
Un 13 de febreiro firmase na localidade española de Aranxuez un convenio entre Francia e España. O convenio, firmado por Godoy (na parte española) e por Luciano Bonaparte (na parte francesa), establece o auxilio da flota de guerra española a Napoleón Bonaparte, que a necesita para poder enfrontarse os británicos.
Un 20 de maio case despois de que España declarase a guerra a Portugal, coma represalia por negarse a cerra-los seus portos o comercio inglés, os españois invaden Portugal. Unha vez firmados o tratados de Madrid (o 29 de xaneiro de 1801) e ratificado polo convenio de Aranxuez (o 13 de febreiro de 1801), España, baixo o apremio de Napoleón, declara a guerra a Portugal o 22 de febreiro de 1801. Godoy, convertido novamente en árbitro dos destinos de España trala caida de Urquijo y Mazarredo (separado do mando da escuadra hispana), é nomeado xefe do exército español. Na invasión participa un continxente español de 60.000 homes (10.000 en Andalucía; 20.000 en Galicia e 30.000 en Extremadura), secundado por un corpo expedicionarios francés, que non chega a participar. As tropas invasoras fanlles fronte un exército de 40.000 portugueses, comandado por Lafoens. Os españois entran en Portugal e fanse con algunhas prazas, entre elas Olivenza. Trala derrota portuguesa na batalla de Arronches, a conquista do Alemtejo e os asedio de Elvas, onde a contienda recibe o nome da "guerra das Laranxas", a causa das polas da árbore que os soldados entregan a Godoy (que llas ofrece da súa parte a raíña María Luisa), chegase de seguido o armisticio.
No 6 de xuñoEspaña e Francia firman con Portugal un tratado de paz en Badaxoz, que trae consigo a perda (por parte de Portugal) da praza de Olivenza, que pasa a España, teñen que pagar unha forte indemnización a Francia e cerra-las portas o comercio británico. O tratado pon fin a guerra das Laranxas. Non contento co tratado, Napoleón esixe a súa revisión. A consecuencia de todo elo, Godoy retira a escuadra de Brest e ameaza o francés con voltar de novo as relacións con Gran Bretaña. A intención de Napoleón de invadir España co obxeto de destronar os Borbones, induce a Luciano Bonaparte e Nicolás de Azara a mediar na desputa.
O 29 de setembro ratificase a Paz de Badaxoz firmada con Portugal. Ambos países cambian a alianza con Inglaterra por outra con Francia. Con elo, España perderá a sua flota. Aunque o tratado ratificado firmase en Madrid, coa finalidade de ratifica-lo fin a guerra das Laranxas entre España e Portugal. O acordo conlevaba, ademáis, o acceso as antigas esixencias francesas, Portugal cede a Francia a Guayana, dalle un trato de favor na materia comercial e paga unha indemnización de guerra.
Un 15 de xullo o concordato firmado entre o papa Pío VII e o primeiro cónsul francés Napoleón Bonaparte restaura en parte os Estados Pontificios, namentras o clero francés queda sometido o estado, e a relixión católica queda recoñecida como a máis practicada en Francia. Aunque o concordato formase da noite do 15 a o 16, acabará de acentuarse por disposicións de vigor en Francia no ano 1905.
O 9 de febreiro firmase o Tratado de Lunéville entre Francia e Austria. Esta última renuncia a Bélxica, recoñece como francesa a ribeira esquerda o Rhin e, en Italia do Norte, a formación da República Cisalpina. Por outra parte, o duque de Parma reina en Florencia sobre o reino de Etruria; namentres que España restitue Luisiana a Francia.
Na noite do 23 o 24 de marzo o zar Paulo I (que nacera en San Petersburgo un 1 de outubro de 1754), aparece estragulado na súa habitación. É asasinado polos oficiais da sua garda, que forman parte dunha conspiración feita por un grupo de nobres, comerciantes e militares, quenes contaban co visto bo do futuro zar Alexandre I. Dirixidos por N. Panin e o conde Palen, opoñense a política de hostilidade do zar cara a Gran Bretaña e as concesións a Roma. Despois de morrer a zarina Catalina II, Paulo accede o poder no 1796, pero revelase cunha ausencia total de sensatez a política. O temor que alberga o posible contaxio das ideas revolucionarias levao a cerra-las fronteiras e censura-los textos que proveñen de Francia. O seu estilo de goberno é imprevisible e a súa política arbitraria de alianzas e axudas causa estupor. Alexandre I, ten 23 anos, cando lle sucede. Pero o 1 de decembro de 1825, despois de 23 anos de reinado, Alexandre abdicará no favor de seu irmán Nicolás; segundo alguns historiadores, Alexandre terminou a sua vida retirado como eremita.
11 de xaneiro morre na cidade de Venecia o compositor italiano, Domenico Cimarosa. Cimarosa nacera en Aversa un 17 de decembro de 1749, a marioria da súa vida adicouse a composición de óperas, das cales a máis coñecida era "El matrimonio secreto".
7 de febreiro - Daniel Chodowiecki, ilustrador e pintor alemán.
4 de marzo - Thomas Jefferson, con 57 anos, é o terceiro presidente de Estados Unidos, o seu mandato durará ata 1809. James Madison será o encargado de sucederlle.
12 de marzo - Aparece asasinado no castelo ruso de Mikhailovsy, Paulo I; fillo da zarina Catalina I "a Grande".
17 de marzo - O político británico, Henry Addington asume o cargo de primeiro ministro.
15 de maio - Sae as rúas inglesas o primeiro número do xornal "The Gibraltar Chronicle".
28 de maio - Trala morte en acto de servizo do militar inglés, Ralph Abercromby, a súa viuda recibe o título de baronesa otorgado polo Congreso.
28 de xuño - A tropas británicas tras un duro asedio toman no Exipto a cidade do Cairo.
27 de agosto - O filósofo G. W. F. Hegel presenta perante o público o seu libro "De Orbitis Planetarium".
16 de novembro - Sae as rúas o xornal estadounidense, "New York Evening Post".
24 de decembro - O emperador Francisco II prohíbe as leccions a Franz Joseph Gall, investigador do cerebro, xa que a sua doctrina conduce o materialismo.
O físico alemán Johann Wilhelm Ritter descubre a radiación ultravioleta.