Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Vida - Wikipedia

Vida

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A vida é un concepto polifacético. Pódese referir ao proceso en curso do cal os seres vivos son unha parte; ao espazo de tempo entre o nacemento e a morte dun organismo; á condición dunha entidade que naceu e aínda non morreu; e aquilo que fai que un ser vivo estea… vivo. Metafisicamente, a vida é un proceso constante de relacións.

Índice

[editar] Definición do concepto de vida

Como se sabe se unha entidade dada é ou non un ser vivo? Sería relativamente simple avanzar un conxunto práctico de criterios se nos limitásemos á vida na Terra tal como a coñecemos (ver biosfera), mais mal abordamos cuestións como a orixe da vida na Terra, ou a posibilidade de vida extraterrestre, ou o concepto de vida artificial, tórnase claro que a cuestión é fundamentalmente difícil e comparábel en moitos aspectos ao problema da definición de intelixencia.

[editar] Unha definición convencional

En bioloxía, considérase tradicionalmente que unha entidade é un ser vivo se exhibe todos os seguintes fenómenos polo menos unha vez durante a súa existencia:

  1. Crecemento.
  2. Metabolismo, consumo, transformación e almacenamento de enerxía e masa; crecemento por absorción e reorganización de masa; excreción de desperdicio.
  3. Movemento, quer movemento propio ou movemento interno.
  4. Reprodución, a capacidade de xerar entidades semellantes a si propia.
  5. Resposta a estímulos, a capacidade de avaliar as propiedades do ambiente que a rodea e de actuar en resposta a determinadas condicións.

Estes criterios teñen a súa utilidade, mais a súa natureza dispar tórnaos insatisfactorios baixo máis dunha perspectiva; de feito, non é difícil atopar contra-exemplos, ben como exemplos que requiren maior elaboración. Por exemplo, de acordo cos criterios citados, poderíase dicir que:

  • O lume ten vida (facilmente remediado pola adición do requisito de limitación espacial, ou sexa, a presenza dalgunha estrutura que delimite a extensión espacial do ser vivo, como por exemplo a membrana celular, levantando, no entanto, novos problemas na definición de individuo en organismos como a maioría dos fungos e certas plantas herbáceas).
  • As estrelas tamén se poderían considerar seres vivos, por motivos semellantes aos do lume.
  • Mulas e outros híbridos do tipo non son seres vivos, porque son estériles e non se poden reproducir, e o mesmo se se aplicase a humanos estériles ou impotentes.
  • Virus e afíns non son seres vivos porque non medran e non se conseguen reproducir fóra da célula hospedeira, mais moitos parasitas extremos levantan problemas semellantes.

Se nos limitarmos aos organismos terrestres, pódense considerar algúns criterios adicionais:

  1. Presenza de compoñentes moleculares como hidratos de carbono, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos.
  2. Requisito de enerxía e materia para manter o estado de vida.
  3. Composición por unha ou máis células.
  4. Manutención de homeostase.
  5. Capacidade de evoluír como especie.

Toda a vida na Terra baséase na química dos compostos de carbono, dita química orgánica. Algúns defenden que este debe ser o caso para todas as formas de vida posíbeis no universo; outros describen esta posición como o chauvinismo do carbono.

[editar] Outras definicións

A definición de vida de Francisco Varela e Humberto Maturana (amplamente usada por Lynn Margulis) é a dun sistema autopoiético (que se xera a si propio) de base acosa, limites lipoproteicos, metabolismo de carbono, replicación mediante ácidos nucleicos e regulación proteica, un sistema de retornos negativos inferiores subordinados a un retorno positivo superior j. theor. Biol. 2001

A definición de Ton Kinch é a dun sistema de auto-canibalismo altamente organizado naturalmente emerxente de condicións comúns en corpos planetarios consistindo nunha poboación de replicadores posíbeis de mutación en redor dos cales evoluíu un organismo de metabolismo homeostático que protexe os replicadores e os auxilia na súa reprodución.

Stuart Kauffman defínea como un axente ou sistema de axentes autónomos capaces de se reproducir e de completar polo menos un ciclo de traballo termodinámico.

A definición de Robert Pirsig pode atoparse no seu libro Lila: An Inquiry into Morals, como todo o que maximiza o seu leque de posibilidades futuras, ou sexa, todo o que tome decisións que resulten nun maior número de futuros posíbeis, ou que manteña o maior número de opcións en aberto.

Un sistema que reduce localmente a entropía mediante un fluxo de enerxía.

[editar] Descendencia modificada: unha característica útil

Unha característica útil sobre a cal se pode basear unha definición de vida é a da descendencia modificada: a capacidade dunha dada forma de vida de xerar descendentes semellantes aos proxenitores, mais coa posibilidade dalgunha variación debida ao acaso. A descendencia modificada é por si propia suficiente para permitir a evolución, desde que a variación entre descendentes confira diferentes probabilidades de supervivencia. Ao estudo desta forma de hereditariedade dáse o nome de xenética. En todas as formas de vida coñecidas (excluíndo os prions, que non se consideran seres vivos, mais incluíndo virus e viroides, que tampouco o son), o material xenético consiste principalmente en DNA ou no outro ácido nucleico común, RNA. Outra excepción pode ser o código de certas formas de virus e programas informáticos criados a través de programación xenética, mais a cuestión de programas informáticos poderes seren considerados seres vivos, mesmo baixo esta definición, é aínda un asunto controverso.

[editar] Excepcións á definición común

Moitos organismos individuais son incapaces de se reproducir e con todo son xeralmente considerados seres vivos; véxase as mulas e as formigas como exemplo. Así e todo, estas excepcións poden terse en consideración aplicando a definición de vida ao nivel da especie ou do xene individual (ver selección por parentesco para máis información acerca de como individuos non-reprodutivos poden aumentar a dispersión dos seus xenes e a supervivencia da súa especie).

Canto aos dous casos do fogo e das estrelas encaixaren na definición de vida, ambos poden ser facilmente remediados definindo metabolismo dunha forma bioquimicamente máis precisa. No seu Fundamentals of Biochemistry (ISBN 0471586501), Donald e Judith Voet definen metabolismo da seguinte maneira: Metabolismo é o proceso xeral polo cal os sistemas vivos adquiren e utilizan a enerxía libre de que necesitan para desempeñar as súas varias funcións. Fano combinando as reaccións exoérxicas da oxidación de nutrientes cos procesos endoérxicos necesarios para a manutención do estado vivo, tales como a realización de traballo mecánico, o transporte activo de moléculas contra gradientes de concentración, e a biosíntese de moléculas complexas. Esta definición, usada pola maioría dos bioquímicos, torna claro que o fogo non está vivo, pois liberta toda a enerxía oxidativa do seu combustíbel baixo a forma de calor.

Os virus reprodúcense, as chamas crecen, as máquinas móvense, algúns programas informáticos sofren mutacións e evolúen, e no futuro probabelmente exhibirán comportamentos de elevada complexidade, e a na orixe da vida, células con metabolismo mais sen sistema reprodutivo poden ter existido. Así e todo, moitos non considerarían tales entidades seres vivos. Xeralmente, as cinco características deben estar presentes para que unha poboación sexa considerada viva.

[editar] Orixe da vida

Ver: Orixe da vida

Non existe aínda ningún modelo consensual para a orixe da vida, mais a maioría dos modelos actualmente aceptes baséanse dunha forma ou doutra nas seguintes descubertas:

  1. Condicións prebióticas plausíbeis resultan na criación das moléculas orgánicas máis simple, como demostrado pola experiencia de Urey-Miller.
  2. Fosfolípidos forman espontaneamente duplas capas lípidas, a estrutura básica da membrana celular.
  3. Procesos para a produción aleatoria de moléculas de RNA poden producir ribocimas capaces de se replicaren baixo determinadas condicións.

Existen moitas hipóteses diferentes no que respecta ao camiño percorrido das moléculas orgánicas simple ás protocélulas e ao metabolismo. A maioría das posibilidades tenden quer para a primacía dos xenes quer para a primacía do metabolismo; unha tendencia recente avanza modelos híbridos que combinan aspectos de ambas as abordaxes.

[editar] A posibilidade de vida extraterrestre

Ver: Vida extraterrestre, Astrobioloxía

Ata á data, a Terra é o único planeta do universo coñecido que sustenta vida. A cuestión da existencia da vida noutros lugares do universo permanece aberta, mais análises como a ecuación de Drake foron usadas para estimar a probabilidade dela existir. Das innúmeras reivindicacións de descuberta de vida noutros lugares do universo, ningunha sobreviviu ao escrutinio científico.

O máis próximo que a ciencia moderna chegou de descubrir vida extraterrestre é a proba fósil de posíbel vida bacteriana en Marte (por vía do meteorito ALL84001). A procura de vida extraterrestre céntrase hoxe en día en planetas e lúas que se cre posúen ou posuíron auga no estado líquido. Datos recentes dos vehículos da NASA Spirit e Opportunity parecen apoiar a teoría de que Marte tivo no pasado auga na superficie (ver Vida en Marte para máis detalles). As lúas de Xúpiter son tamén consideradas bons candidatos para albergaren vida extraterrestre, especialmente Europa (satélite), que parece ter océanos de auga líquida.

[editar] Ver tamén

  • vida artificial
  • ciclo de vida

[editar] Ligazóns externas

Wikiquote logo
Citas no Wikiquote sobre:
[[q:{{{1}}}|{{{1}}}]]
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com