Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Fernando VII - Wikipedia

Fernando VII

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Fernando VII
Agrandado
Fernando VII

Fernando VII de España (San Lorenzo del Escorial, (Madrid), 14 de outubro de 1784 - Madrid, 29 de setembro de 1833). Rei de España, fillo de Carlos IV e de María Luísa de Parma


Índice

[editar] Biografía

[editar] Chegada ao trono e Abdicacións de Baiona

Fernando aborrecía á súa nai e a o favorito de esta Manuel Godoy. Dende moi pequeno Fernando xa conspirara contra os seus pais e contra Godoy. En torno ao Principe de Asturias formárase un núcleo opositor formado por membros da alta nobreza que perseguían que Godoy non chegase ao trono como se viña supoñendo, por iso en 1807 levouse a cabo a primeira conspiración. Por causa dun descuido, esta conspiración foi descuberta polo que Fernando foi xulgado no denominado Proceso de El Escorial. O príncipe denunciou a todos os implicados e pediu disculpas aos seus pais, máis tarde o tribunal absolveu a todos os implicados.

En marzo de 1808, coa presenza de tropas francesas en territorio español, a corte real trnasladouse a Aranjuez, como parte dun plan de Godoy para transladar a familia real a América. O día dezasete dese mismo mes, o pobo ataca o pazo do Príncipe de la Paz. Aínda que Carlos IV salvou a vida do seu favorito, tivo que abdicar en Fernando o 18 de marzo, estes feitos son coñecidos como "Motín de Aranjuez".

Tras este motín, Fernando volveu á Corte, onde foi aclamado polo pobo de Madrid. Nembargantes as tropas francesas xa ocuparan Madrid o día anterior (23 de marzo). O rei destonado e a súa dona pasaron a estar baixo protección de Napoleón. Éste invitou a Fernando a reunirse con el, ao que accedeu con esperanza de que o emperador o respaldase como rei de España. Nun principio a reunión ía ser en España, pero logo pasou a celebrarse en Baiona. Chegaron a Baiona o 30 de abril, mentras que en Madrid o pobo comezaba a loitar contra os franceses. Os fitos do 2 de maio de 1808 marcan o inicio da Guerra da Independencia española.

Durante a reunión en Baiona, Carlos IV afirma que a renuncia ao trono producida tras o "Motín de Aranjuez" era nula, polo que pedía que lle foran devoltos os seus dereitos como rei, pero logo cedellos a Napoleón a cambio de asilo político en Francia así como unha pensión de 30 millóns de reais anuais. Cando chegaron a Baiona as noticias de que Madrid se levantara en contra dos franceses, Napoleón ordeou a Fernando que recoñecese ao seu pai como lexítimo, a cambi dun castelo e 4 millóns de reais de pensión anual, aceptou. A coroa de España recaeu en Napoleón, o cal lla deu ao seu irmán José Bonaparte que reinaría como José I. Este complicado traspase da coroa española coñécese como "Abdicacións de Baiona".

Estas abdicacións no son soamente un cambio político de dinastía, senón que Napoleón proclama que España encontrase frente a un cambio de réxime, cos beneficios dunha constitución sen necesidade dunha revolución. Napoleón convocou unha reunión de notables españois en Baiona (fracaso para Napoleón xa que soamente acudiron á cita 75 dos 150 notables), esta reunión coñeceríase máis tarde como "La Junta española de Bayona", nas nove seisóns desta xunta debateuse o proxecto de Napoleón para unha nova constitución española que se aprobou en xullo de 1808 denominada Constitución de Baiona.

Mentras, Fernado viu com Napoleón non cumplía a súa parte e internou a Fernando co seu irmán Carlos e o seu tío Antonio no castelo de Valençay. Fernando permanecería alí até o final da Guerra da Independencia.

Nembargantes a condición de prisioneiro de Napoleón creou en Fernando o mito de "O desexado", vítima inocente da crueldade napoleónica. Incluso as cortes de Cádiz que aprovaran a constitución de 1812 vían que Fernando VII era o lexítimo herdeiro da coroa española.


[editar] Regreso a España

Fernando VII cando era Príncipe de Asturias (Metropolitan Museum of Art, New York)
Agrandado
Fernando VII cando era Príncipe de Asturias (Metropolitan Museum of Art, New York)

En decembro de 1813 Napoleón firmou a paz con Fernando, no denominado Tratado de Lençay, e Fernando quedou en liberdade. Fernando voltaría a España por terras de Girona (1814) e dende alí dirixiuse a Valencia, onde apoiado polo xeral Elio, emitiu un decreto o 4 de maio de 1814 que implicaba un golpe de estado pola súa parte, derogando a Constitución de 1812 e restaurando o absolutismo.

Comezou, entón, unha persecución aos máis liberais, mentras que se facía imposible a reconquista das antigas colonias americanas que facía que España fose soamente unha gran potencia europea. Para frear esta situacion confiouse o poser a un equipo moderado de políticos (León e Pizarro e Garay), per esta resistencia durou dous anos (1816 - 1818).

Restaurado pois, outra vez a monarquía absolutista, Fernando casou pos segunda vez con María Isabel de Braganza con quen tivo unha filla que morreu aos poucos meses, máis tarde morrería Isabel. Casaría por terceira vez con Josefa Amalia de Sajonia.

[editar] Reinado absolutista

Retrato de Fernando VII pintado por Goya
Agrandado
Retrato de Fernando VII pintado por Goya

Dende o ano 1814 producíranse en España intentos de Golpe de Estado francasados, estes intentos, acabaron en sangue. Non tiña tampouco moito futuro o levantamento do xeral Riego realizado en 1820, pero este levantamento obrigou a Fernando xurar a Constitución de 1812 (9 de marzo de 1820), e a anunciar o seu proposito de "Marchar por la senda constitucional". Esta boa vontade frustrouse ante a incapacidade do rei de reinar nun réxime constitucional, produciuse unha radicalización do goberno e Fernando pediu axuda aos soberanos da Santa Alianza, quenes puxeron en mans de Francia a desaparición do réxime liberal español.

Tras isto, un exército denominado dos "Cen mil fillos de San Luís", invadiu a península (abril 1823). Ante o perigoso avance dos franceses a Corte transladouse a Sevilla co rei, máis tarde deixárono marchar e logo os deputados fuxiron (previa represión). Despois de voltar ao poder absoluto (1 de outubro de 1823), Fernando non fixo caso das promesas anteriores e comezou unha nova e violenta represión.

Comezaba así a denominada "década ominiosa" que se caracteriza por unha política absolutista até o seu extremo. Pero os problemas chegáronlle.

Os sectores apostólicos, ao ver que Fernando non instauraba a Inquisición retiráronlle o apoio para apoiar ao infante Carlos.

Morta a súa terceira dona, cásase coa súa sibriña María Cristina de Borbón e deste matrimonio nace a infanta, a futura Isabel II. Nacida Isabel, as esperanzas dos apostólicos do reinado de Carlos víanse ameazadas, pero en 1832 mentras o rei parecía estar a morrer intentaron un golpe a pazo real, que asegurara o reinado de Carlos. Fracasado o intento, Carlos marchou a Portugal e a insurrección carlista comezou inmediatamente.

Coa morte de Fernando, María Cristina converteuse en rexente iniciando unha etapa conciliadora, con Carlos.

[editar] Sucesión

Tras a morte de Fernando a súa dona María Cristina de Borbón, exerceu como rexente de España até que Isabel, chegase a mioría de idade para reinar.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com