Santiago de Chile
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santiago é a capital da República de Chile. Foi fundada por Pedro de Valdivia o 12 de febreiro de 1541 co nome de Santiago de la Nueva Extremadura.
A cidade de Santiago comprende a conurbación da Grande Santiago, composta por 34 comunas. Non existe un goberno metropolitano para a cidade. Cada comuna encárgase das funcións administrativas, tributarias, regulatorias correspondentes, así como da administración dos servizos de saúde e educación.
A poboación de Santiago segundo o Censo de 2002 é de 4.668.473 habitantes, pero supera os 6,1 millones de habitantes na súa área metropolitana. É a cidade máis poboada do Chile, o que resultou nun medre sen planificación, e que ademais absorbeu parte dos mellores terreos de cultivo da zona centro do país.
[editar] Capital Financeira e política
Santiago de Chile converteuse na segunda capital financeira da América Latina. Na cidade encóntranse a sé do poder Executivo e do poder Xudicial. A sé do poder lexislativo encóntrase na cidade de Valparaíso.