Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Barcelona - Wikipedia

Barcelona

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Barcelona
Situación xeográfica
País: España
Comunidade autónoma: Catalunya
Provincia: provincia de Barcelona
Xeografía
Altitude: 12 msnm
Superficie: 100,4 km²
Poboación
Poboación total: 1.593.075 hab. (2006)
Densidade de poboación: 15.867 hab./km²
Xentilicio: Barcelonés/sa
Información
Código postal: 08.0XX
Alcalde: Jordi Hereu (PSC)
Sitio na web: www.bcn.es
Vista aérea de Barcelona.
Agrandado
Vista aérea de Barcelona.

Cidade catalá, capital da provincia do mesmo nome e da comunidade autónoma de Cataluña dentro do Estado Español. É o centro industrial máis importante de España xa que foi a primeira cidade en acoller a revolución industrial. Ten un trazado urbanístico moderno feito polo arquitecto Cerdá e acolle obras arquitectónicas de interese mundial.

Índice

[editar] Emprazamento xeográfico

Situada na costa do mar Mediterráneo, entre as desembocaduras dos ríos Llobregat e Besòs, limita ó notre co rio Bosòs e os concellos de Santa Coloma de Gramenet e San Adrià de Besòs; ó sur coa Zona Franca, Hospitalet de Llobregat e Esplugues de Llobregat; ó leste co mar; e ó oeste coa Montcada i Reixac e Sant Cugat del Vallès.

O territorio da cidade amosa tres zonas bem diferenciadas: a serra da Collserola (coa cima do Tibidabo coma punto máis alto de 512 metros), os deltas dos ríos Besòs e Llobregat que xuntamente co litoral do mar marcan os límites da cidade. Algunhas partes que están preto da serra están tamén poboadas e urbanizadas: O Carmel (267 m.), Monterols (121 m.), O Putget (181 m.), A Rovira (261 m.) e A Perita (133 m.).

[editar] Historia

Disque os cartaxineses fundaron a cidade baixo o nome de Barcino e anos máis tarde chegaron os romanos quen fixeron da cidade unha fortificación militar. Hoxe pódense ver aínda os restos do muro romano e no Museu d'Historia de la Ciutat pode visitarse o subterráneo para ver os restos arqueolóxicos da cidade romana.

Séculos máis tarde foi ocupada polos visigodos chegados do centro de Europa, no século VIII foi invadida polos árabes e no 801 foi tomada polos carolingios incorporándoa á Marca Hispánica. No século XI establecuese o estado feudal de Catalunya chegando a ser nos vindeiros séculos unha potencia mediterránea.

Pero no século XIV entrou nun período de decadencia, as tensións dinásticas con Castela, e as guerras Dels Segadors e de Suceción remataron por facer que desapareceran as institucións propias de Catalunya.

A cidade experimentou unha mellora no século XVIII e grazas á industrialiación no XIX Barcelona tornouse outra vez nun destacado centro político, cultural e económico. Situouse no bando republicano durante a guerra civil española ata que as tropas franquistas do exército de Navarra e marroquís comandadas por Eliseo Álvarez Arenas tomaron a cidade o 26 de xaneiro de 1939.

A partires dos anos 70 volveu a desenvolver un cambio cultural e urbanístico facendo dela unha cidade aberta e atractiva a todo o mundo. O seu atractivo arquitectónico e algúns eventos de caracter internacional coma os Xogos Olímpicos no 92 ou o Foro das Culturas no 2004 convertena nunha cidade cosmopolita e sempre aberta ás novas tendencias.


[editar] Economía

Barcelona foi históricamente e é unha cidade moi afín a industria. Foi a primeira cidade en España en acoller a revolución Industrial e aínda que tivo algunhas crises económicas é todavía hoxe o maior centro industrial do país.

O porto de Barcelona convertíuse nos pasados anos no máis importante do Mediterráneo en tonelaxe de mercancías e contenedores. Tamén é o primeiro porto mediterraneo en número de cruceiros que fan escala na cidade. No 2004 vai ser conectada coa alta velocidade ferroviaria con Madrid, e nos vindeiros anos unirase coa fronteira francesa.

Centro cultural, económico e político, Barcelona segue a ser un referente non só dentro de España senon tamén no conxunto da Unión Europea.

[editar] Districtos e barrios

Barcelona está dividida en dez districtos:

  • Ciutat Vella: o Raval, o barrio Gótico, a Ribera e a Barceloneta.
  • O'Eixample: Sant Antoni, Esquerda do Eixample, Dereita do Eixample, a Sagrada Familia, Fort Pienc.
  • Sants - Montjuïc: Can Tunis, Montjuïc, Hostafrancs, Sants, Poble Sec, a Zona Franca, a Font de la Guatlla.
  • Les Corts: les Corts, Pedralbes.
  • Sarrià - Sant Gervasi: Sarrià, Galvany, Sant Gervasi de Cassoles, El Putget, a Bonanova, Vallvidrera.
  • Gràcia: Vallcarca, la Salut, Gràcia, o Camp d'en Grassot.
  • Horta-Guinardó: Horta, o Carmel, a Teixonera, o Guinardó, a Vall d'Hebron
  • Nou Barris: a Trinitat Vella, a Trinitat Nova.
  • Sant Andreu: o Congrés, Sant Andreu de Palomar.
  • Sant Martí: Sant Martí de Provençals, o Clot, o Camp de l'Arpa, o Poble Nou, a Verneda, a Ciutadella, Nova Icària, Diagonal Mar

[editar] Lugares de interese

[editar] Barrio antigo

O Barrio Antigo da Barcelona ten algunhas das obras da xuventude do arquitecto Antonio Gaudí como o Palau Güell ou as farolas da Plaza Real. O edificio modernista máis emblemático do Barrio Antigo é, sen ningunha dúbida, o Palacio da Música Catalana obra do arquitecto Lluís Domènech i Montaner, construido no ano 1908

[editar] Montjuïc

A montaña de Montjuïc, hoxe convertida toda ela nun parque urbán, emplázase sobre o porto presidida pola fortaleza do mesmo nome (Castell de Montjuïc) e contén diversos xardíns temáticos e singulares: Mossèn Costa i Llobera (cactus), Joan Maragall (bulbacias), Joan Brossa (antigo parque de atraccións), Laribal (á volta da Fonte do Gato). Instalacións deportivas como o Estadio Olímpico de Montjuïc sé central dos Xogos olímpicos de Barcelona 1992, logo acompañado co Estadio Lluís Companys, tamén alí co Palacio de Sant Jordi e as Piscinas Bernat Picornell.

Tamén contan con importantes equipamentos culturais: Museo Nacional de Arte de Cataluña, Fundación Joan Miró, CaixaFórum, Museu Militar, e a Cidade do Teatro (xa ao límite co barrio do Poble Sec).

[editar] Ciutadella

O parque da Ciutdadella foi feito no ano 1888 e celebrou a Exposición Universal de 1888. Daquela época conséravnse o Arco de Triunfo de Barcelona (antiga entrada ao recinto ferial) eo actual Museo de Zooloxía, onde había o café-restaurante.

[editar] Porto Olímpico

Construido co motivo dos Xogos Olímpicos do 1992, convertiuse nun espazo lúdico con restaurantes, bares de moda e discotecas.

  • Hotel Arts
  • Torre Mapfre
  • Casino de Barcelona
  • Maremàgnum

[editar] O Eixample

A Sagrada Familia.
Agrandado
A Sagrada Familia.

O Eixample é o districto da cidade onde se atopan a maior parte dos edificios de estilo modernista. Non é estrano atoparte, ao pasear polas súas rúas, unha fachada, un comercio ou un vertíbulo con sorprendentes ornamentos florais, ferro forxado, esculturas ou farolas.

A Sagrada Familia, obra non rematada de Antoni Gaudí, sitúase no Eixample.

[editar] Paseo de Gràcia

No paseo de Gràcia atópanse obras dos tres principais arquitectos cataláns:

  • A Casa Ametller de Josep Puig i Cadafalch.
  • A Casa Batlló de Antoni Gaudí
  • A Casa Lleó Morera de Lluís Domènech i Montaner.
  • E a máis coñecida, a Casa Milá de Antoni Gaudí, nomeada popularmente "A Pedrera".

[editar] O Parque Güell

Réptil ubicado no Parc Güell.
Agrandado
Réptil ubicado no Parc Güell.

O Parque Güell foi un encargo do Conde Güel a Antoni Gaudí. Neste parque (declarado Patrimonio da Humanidade no ano 1984) a natureza e a arquitectura se compoñen e se complementan.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com