Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Imposto - Wikipedia

Imposto

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Os medios de taxación, e os usos dos fondos levantados a través de taxación, son asunto de discusións calorosas en política e economía, de modo que discusións sobre impostos son frecuentemente tendenciosas.


Un imposto é unha contía obrigatoria, paga por persoas ou organizacións para un goberno (central ou local). Os impostos poden ser pagos en diñeiro ou en mercadorías (aínda que o pagamento en mercadorías non sempre está permitido ou clasificado como imposto en todos os sistemas tributarios).


As formas de impostos e os usos que se lles deben dar aos fondos recadados mediante impostos son tema de acalorado debate entre partidos políticos e economistas, polo que as discusións ao respecto acostuman ser tendenciosas.

O campo da economía que lida cos impostos e mais a taxación é o das finanzas públicas.

Índice

[editar] Causas e efectos dos impostos

Os gobernos recadan impostos para:

  • manter as operacións do mesmo goberno.
  • influenciar o rendemento macroeconómico da economía (a estratexia gobernamental para facer isto é coñecida como a súa política fiscal).
  • para levar a cabo funcións do goberno, tales como a defensa nacional, e prover servizos do goberno.
  • para redistribuír os recursos entre os individuos de diversas clases dentro da poboación. Historicamente, a nobreza era mantida por impostos sobre os pobres. En sistemas de seguridade social modernos inténtase utilizar os impostos en senso inverso, mantendo ás clases baixas co exceso das clases altas.
  • para modificar padróns de consumo ou emprego dentro da economía nacional, facendo certos tipos de transaccións máis ou menos atractivas.

A recadación dun imposto para o seu gasto nun fin específico, por exemplo a recadación dun imposto sobre o alcohol para sustentar directamente centros de rehabilitación do alcoholismo, é chamado hipotecación. A práctica é a miúdo criticada por ministros de finanzas, xa que reduce a súa liberdade de acción. Algúns economistas consideran que o concepto é intelectualmente deshonesto xa que na realidade o diñeiro é funxíbel.

Os economistas, en especial os neoclásicos, xeralmente sosteñen que todo imposto distorsiona o mercado, resultando en ineficiencia económica. En consecuencia, os economistas buscaron identificar un sistema de impostos que represente unha distorsión mínima no mercado. Unha teoría popular é que o imposto máis economicamente neutral é o imposto sobre a terra. O deber primario dun goberno é manter e defender o título sobre a terra, e polo tanto (segundo a teoría) debe recadar a maioría dos seus ganancias para este servizo particular. Xa que os gobernos tamén resolven disputas comerciais, especialmente en países con lei común, esta doutrina é a miúdo usada para xustificar un imposto ás ganancias ou imposto ao valor agregado. Outros sosteñen que a maioría das formas de impostos son inmorais debido á súa natureza involuntaria.

[editar] Taxas de impostos

Os impostos son xeralmente calculados en base a porcentaxes, chamados taxas de impostos, sobre un valor particular, a base de impostos. Un imposto "Ad Valorem" é aquel para o cal o imposto base é o valor dun ben, servizo ou propiedade. Os impostos de vendas, tarifas, impostos de propiedade, impostos de herdanza e impostos ao valor agregado son diferentes tipos de impostos Ad Valorem. Un imposto Ad Valorem é xeralmente aplicado ao momento dunha transacción (imposto ao valor agregado), mais pode ser aplicado tamén anualmente (imposto á propiedade) ou en conexión cun evento especial (imposto á herdanza). A alternativa ao imposto Ad Valorem é un imposto de taxa fixa, onde a taxa base é a cantidade de algo, sen importar o seu prezo: por exemplo, no Reino Unido recádase un imposto sobre a venda de bebidas alcohólicas e é calculado sobre a cantidade de alcohol vendido no canto do prezo da bebida.

[editar] Impostos progresivos e regresivos

Unha cualidade importante dos sistemas de impostos é se estes son planos (a porcentaxe non é dependente da base), regresivo (a maior ganancia menor taxa de impostos) ou progresivo (a maior ganancia maior taxa de impostos). Os impostos progresivos reducen a presión sobre persoas de menores ganancias, xa que pagan un menor porcentaxe sobre as súas ganancias. Isto pode ser visto como algo bon en si mesmo ou pode ser feito por razóns pragmáticas, xa que simplifica a recadación, ao requirir menores rexistros e complexidade.

[editar] Impostos directos e indirectos

Os impostos directos aplícanse de xeito directa sobre o patrimonio, afectando principalmente ás ganancias ou pertenzas como a propiedade de autos ou casas. O imposto directo máis importante é o imposto sobre a renda (ISR).

Os impostos indirectos afectan a persoas distintas do contribuínte. En outros termos, o contribuínte que allea bens ou presta servizos, traslada a carga do imposto a quen os adquiren ou receben. Dentro destes atópanse o imposto ao valor agregado (IVA, imposto ao consumo das persoas e empresas) e o imposto especial sobre produción e servizos (EPS, imposto a gasolinas, alcohois e tabacos).

[editar] Economía dos impostos

[editar] Exemplos de impostos en España

  • IVE: Imposto sobre o Valor Engadido, aplícase a artigos vendidos e segundo o produto varía a carga do imposto, en España: 4%, 7%, 16%.
  • IBI: Imposto de bens inmóbeis, taxa municipal que grava a propiedade dun inmoble.
  • IIVI: Imposto sobre o incremento do valor do inmóbel: imposto de natureza municipal que grava o incremento de valor dos ben es inmóbeis
  • IRPF: Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
  • Imposto sobre hidrocarburos: Aplícase aos carburantes e constitúe a maior parte do prezo destes.
  • O Imposto á ganancia é xeralmente un imposto progresivo. Algúns críticos caracterizan este imposto como unha forma de castigo á actividade económica. Outros críticos acusan que o imposto á ganancia é inherentemente unha intrusión social xa que a súa aplicación require que o goberno xunte grandes cantidades de información sobre negocios e asuntos persoais, moitos dos cales poderían ser considerados propietarios.

[editar] Véxase tamén

  • Evasión de impostos
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com