Batalla de Bailén
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A batalla de Bailén ocorreu o 9 de xullo de 1808. Foi unha batalla clave na Guerra da Independencia española fronte ao dominio da Francia napoleónica. As tropas francesas de Dupont foron derrotadas polas españolas do xeneral Castaños. Trátase dunha batalla que raia o épico, ao estaren as tropas españolas moito peor equipadas e organizadas que as de Francia. É tamén a primeira grande vitoria de guerra da independencia, que fixo que até Xosé I fuxise de Madrid.