Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Roma - Wikipedia

Roma

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Situación de Roma no continente europeo.
Agrandado
Situación de Roma no continente europeo.
'Fontana di Trevi' en Roma.
Agrandado
'Fontana di Trevi' en Roma.

Roma é unha comuna italiana, capital da Italia e da rexión do Lacio, provincia de Roma, con cerca de 2.546.804 (2001) habitantes. Esténdese por unha área de 1.285 km2, tendo unha densidade de poboación de 1.981 hab/km2. Ten mais de 3,33 millóns de habitantes na súa zona metropolitana.

Na antigüidade foi capital do Imperio Romano, e antes dun reino e unha república (ver Roma Antiga).

Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea. Conserva numerosas ruínas e monumentos na parte da cidade antiga.

Fai fronteira con Albano Laziale, Anguillara Sabazia, Ardea, Campagnano di Roma, Castel Gandolfo, Castel San Pietro Romano, Ciampino, Colonna, Fiumicino, Fonte Nuova, Formello, Frascati, Gallicano nel Lazio, Grottaferrata, Guidonia Montecelio, Marino, Mentana, Monte Porzio Catone, Monte Compatri, Monterotondo, Palestrina, Poli, Pomezia, Riano, Sacrofano, San Gregorio da Sasola, Tivoli, Trevignano Romano, Zagarolo.

No interior da cidade encóntrase tamén o estado do Vaticano, residencia do Papa.

Índice

[editar] Historia

Segundo a tradición Roma tería sido fundada no ano de 753 a.C. por Rómulo. No comezo foi gobernada por reis, pero tornouse unha república en 509 a.C. (de acordo coa tradición) A cidade crecía, e no final da República, a cidade de Roma era a capital dun vasto imperio arredor do Mar Mediterráneo. A poboación de Roma medraba, tanto que no seu auxe chegou a albergar máis dun millón de habitantes.

Co fortalecemento do Cristianismo na cidade, no século III, o Bispo (que despois pasaría a ser chamado Papa) de Roma tornouse a maior autoridade relixiosa na Europa Occidental.

Imaxe do coliseo romano de noite.
Agrandado
Imaxe do coliseo romano de noite.

A partir de mediados do século III, co comezo das invasións bárbaras no Imperio Romano (que chegaron a asaltar por varias veces a cidade), produciuse un fluxo de habitantes da cidade para o campo; cando o Imperio Romano se derrubou, pouco máis de 50 mil habitantes moraban aínda na cidade. A cidade de Roma estaría en mans bárbaras (e apoiada economicamente e politicamente polo Imperio Bizantino) por polo menos catro séculos máis, cando en 756, Pipino III derrotou os longobardos. Roma pasaría a ser capital dos Estados Pontificios ata 1870, onde o Papa era a autoridade máxima do Estado.

Roma pasou a ser a capital da nova Italia unificada, en 1871. O 11 de febreiro de 1929, Benito Mussolini estableceu, nunha serie de acordos co papado cristián, o Estado independente do Vaticano, cedendo un espazo de 0,44 km² da cidade de Roma ao novo país.

Roma sufriu pesados bombardeos e foi tamén o campo de varias batallas, na Segunda Guerra Mundial, aínda que a cidade teña sufrido menos danos que outras cidades controladas polo Eixo (como Berlín ou Varsovia). Roma foi capturada polos aliados o 4 de xuño de 1944, a primeira capital dunha potencia central do Eixo en caer.

A cidade foi escenario dun crecemento acelerado nos anos que se seguiron á guerra. Con cerca de 240 mil habitantes na época da unificación italiana, a cidade medrou ata 692 mil en 1921 e 1.6 millón en 1962.

En 1960, a cidade foi sede das Olimpíadas de Verán.

[editar] Economía

Interior do coliseo romano.
Agrandado
Interior do coliseo romano.

O turismo posúe un papel vital na economía de Roma, dado o status da cidade como un dos máis famosos e máis coñecidos destinos turísticos do mundo.

A cidade é tamén un centro bancario e financeiro. Outros elementos destacados son o marketing e a moda (roupas de griffe).

[editar] Símbolos e curiosidades

Cores: amarelo e vermello, representando, respectivamente, o cristianismo e o imperio.

Festivos municipais:

Proverbios:

  • Todos os camiños levan a Roma.
  • En Roma, faga como os romanos fan.
  • Roma non foi construída nun día.


[editar] Véxase tamén

  • Roma Antiga, para unha lista de tópicos relacionados co Imperio e República de Roma
  • Coliseo
  • Organización militar romana


[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com