Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
1800 - Wikipedia

1800

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

1799 < 1800 < 1801

Índice

[editar] Acontecementos

[editar] Gran Bretaña

  • O empresario británico Robert Owen implanta na súa fábrica de fiados de algodón (contruida en New Lanark), a xornada de traballo en dez horas e media. Tamén prohíbe que traballen os nenos menores de 10 anos. Desta forma impúlsase as primeiras medidas de protección laboral.
  • O 1 de agosto firmase a Acta de Unión, integrando a Irlanda, votada, a petición de Pitt (o Xoven), polos deputados ingleses. Irlanda será representada, a pesar seu, no parlamento do Reino Unido.

[editar] España

  • No 1 de outubro España e Francia firman un convenio preliminar e secreto, que sería bautizado co nome de San Ildefonso. O convenio establece a ampliación do ducado de Parma e a súa posterior conversión no reino de Etruria, cando Francia firme a paz con Austria. A cambio, España debe entregar a Francia 6 naos de guerra (dotados cada una de 74 canóns) e devolver Luisiana. O convenio, completado co de Madrid (asinado o 21 de marzo de 1801), entraría en vigor trala firma de paz de Lunéville.

[editar] India

  • O gobernador xeral da India, Richard C. Wellesley, impón o protectorado británico o nizam de Hyderabad, un territorio situado na zona central do Decán.

[editar] Indonesia

  • O 1 de xaneiro a Coroa neerlandesa faise cargo das propiedades que teñen na Indonesia a Compañía das Indias Orientais, disolta pola mala xestión e corrupción.

[editar] Alemaña

  • O poeta alemán Friedrich von Hardenberg, máis coñecido como "Novalis", publica os seus "Himnos de la noche", no que expresa o vínculo místico que o une con Sofía von Kühn (que era a súa prometida, morta no 1797 con 15 anos de idade). Toda a obra xira en torno a alternativa, a superposición dos soños e a realidade. A poesía alcanza mediante a densidade e a musicalidade da palabra unha forza de expresión nova, que será unha das referencias dos teóricos do romanticismo. Sentíndose rodeado pola presencia real da morte, o poeta declara apercebir as doces chamadas do invisible e desexa unirse a súa amada, non co suicidio, senón mediante o acto de voluntade. Novalis nacera no 1772 e morrería no 1801.

[editar] Baviera

  • Un 3 de decembro ocorre que, durante a segunda guerra de coalición, os franceses derrotan as tropas austríacas cerca de Hohenlinden, o leste de Munich.

[editar] Reino Unido

  • O fisiólogo británico Anthony Carlisle, axudado polo físico William Nicholson, descubren a electrólise o descompoñe-la auga acidulada. Xuntos realizan, tamén, a electrólise das sales metálicas disoltas.
  • O astrónomo anglo-alemán William Herschel descubre as ondas infrabermellas. Tratase dunha onda electromagnética cun rango e frecuencia invisibles para o ollo humano. Herschel descubrirá, ademáis, o planeta Urano e centos de estrelas e algunhas nebulosas.

[editar] Roma

  • O 14 de marzo o papa Pío VII (cuio nome real era Gregorio Chiaramonti), con idade de 59 anos sube o solio potificio, na calidade de sucesor de Pío VI (despois de 7 meses e medio nos que o trono pontifical permaneceu valeiro). Pío VII asumirá o seu cargo durante 23 anos (xa que finará o 20 de agosto de 1823).

[editar] Malta

  • As tropas británicas ocupan a illa tralo asedio de 2 anos. O británicos non pensan devolve-la illa de Malta a Orde dos Cabaleiros e preparanse para unha longa ocupación.

[editar] Francia

  • Namentras que Napoleón Bonaparte se instala nunha casa acomodada nas Tullerías o 19 de febreiro. O día seguinte (20 de febreiro) a Banca de Francia, que fora fundada por unha asociación de banqueiros que contaban co patrocinio de Napoleón, escomenzan as primeiras operacións.
  • O 14 de xuño Durante a unha revolta en Exipto na que morre o xeneral francés, Jean Baptiste Kléber, o seu sustituto, o xeneral francés Jacques Francois de Boussay asume o poder militar no pais. Tamén nese mesmo día, as tropas de Napoleón Bonaparte derrotan o exército austríaco na batalla de Marengo.

[editar] Italia

  • Na cidade de Pavía dase a coñecer o invento da pila eléctrica creada por Alessandro Volta (que nacera na localidade de Como un 19 de febreiro de 1745 e finaría na mesma o 5 de marzo de 1827). A pila marcou un hito de constante progreso no coñecemento da electricidade. O físico italiano ocuparase durante case toda a súa vida da electricidade e, asimesmo, da natureza e composición dos gases. Estudiou as observacións de Galvani sobre a electricidade animal e inventou diferentes aparatos e instrumentos. Napoleón deulle o título de conde e nombrouno senador do reino de Italia. No 1793, Volta estableceu a teoría dunha serie de tensións para os metáis, que o conduxo no 1800, o invento da pila eléctrica. Ésta estaba composta por parellas de laminillas de cinc e cobre en contacto directo; cada parella estaba separada da seguinte por un cartón húmido. A artello desempeñaba a acción dunha batería de condensadores que se recarga de forma inmediata. O descubrimento foi fundamental, xa que a electricidade, que ata entón era coñecida na súa forma estática, pasou a ser coñecida como unha forza dinámica.
  • En maio, unha segunda campaña de Bonaparte (que duraría ata decembro de 1800), desenrolaráse no marco da segunda coalición. Napoleón atravesará o Gran San Bernardo cun exército de reserva (feito que ocorrirá do 14 a o 23 de maio). Despois do éxito da vanguarda en Montebello (o 9 de xuño), volvese a enfrontar contra os austriacos en Marengo (onde Desaix e Boudet transformarán en victoria decisiva unha situación moi crítica). Mentres que Moreau e o exército de Alemaña invaden Baviera e ameazan o interior de Austria, Bonaparte ocupa Lombardía e Venecia, impoñendo a Austria o armisticio de Trévise (que se asinará o 15 de xaneiro de 1801), preludio do tratado de Lunéville.

[editar] Nacementos

[editar] Mortes

  • 10 de xaneiro - Johan Wikmanson, compositor sueco.
  • 27 de abril - Evstigney Iptovich Fomin, compositor ruso.
  • 3 de maio - Johann Christian Fischer, compositor alemán
  • 7 de maio - Niccolo Piccinni, compositor italiano.
  • 10 de xuño - Johann Abrahan Peter Schulz, compositor alemán.
  • 14 de xuño - Jean-Baptiste Kléber, xeneral francés que prestaba servizo coas súas tropas en Exipto.
  • 20 de xuño - Abraham Gotthelf Kaestner, matemático alemán.
  • 3 de agosto - Carl Friedrich Christian Fasch, compositor alemán.
  • 8 de setembro - Pierre Gavinies, violinista e compositor francés.
  • 26 de setembro - William Billings, compositor americano.
  • 9 de novembro - Domingos Caldas-Barbosa, poeta e escritor brasileiro.

[editar] Outros

[editar] Breves

  • 18 de xaneiro - En Francia diversos comerciantes e banqueiros crean a Banca de Francia.
  • 22 de febreiro - Inaugúrase o Seminario de Olinda, que será un máis a sumarse nos que xa hai feitos en Brasil e que complementará o município do seu nome.
  • 23 de marzo - O Congreso de Estados Unidos aproba unha medalla para capitán Thomas Truxtun.
  • 24 de abril - Co visto bo do Congreso, comenzase a construción da biblioteca do mesmo edificio.
  • 9 de xuño - Celebrase a Batalla de Montevello entre os franceses e os austríacos.
  • 8 de xullo - Un documento do estado brasileiro obliga a os propietarios a conserva-las arbores nunha distancia dende as costas do mar a 18 leguas terra adentro.
  • 30 de agosto - Nos Estados Unidos, no estado de Virxinia formase unha rebelión de escravos; será coñecida coma revolta de Gabriel.
  • 30 de outubro - É executado e lider escrivista, Gabriel Prosser. Prosser fora o principal responsable da rebelión de escravos no estado de Virxinia.
  • 16 de decembro - Francia e os Estados Unidos asinan un documento, coñecido como "Convención 1800".
  • Segundo outros historiadores, neste ano o físico alemán Johann Wilhelm Ritter descubre a radiación ultravioleta por simple casualidade.
  • O longo deste ano a novela de Charles Dickens, "Almacén de antigüedades" é publicada por entregas de un capítulo a semana.
  • O enxeñeiro inglés Richard Trevithink (ou Trevithick) construe o primeiro motor con vapor a presión.

Historia ano a ano

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com