Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
1810 - Wikipedia

1810

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

1809 < 1810 < 1811

Índice

[editar] Acontecementos

[editar] Inglaterra

  • Ante a invasión de Andalucía polas tropas francesas emigra a Gran Bretaña o escritor español Xosé María Branco Crespo, máis coñecido como Blanco White. Nado en Sevilla o 11 de xuño de 1775, Blanco White viña dunha familia de orixe irlandesa. A instancias dos seus pais, ordeouse sacerdote, e no 1801 gañou por oposición unha canonxía en Cádiz, que máis tarde abandnoou para marcharse á capela real de San Fernando (en Sevilla). Durante a guerra da Independencia colaborou con o xornal sevillano "El Semanario Patriótico", que dirixía Quintana, a cuias tertulias adoitaba asistir. Xa en Inglaterra escomenzou a publicar nas revistas "O Español" e, máis tarde, "Variedades", nas que defendeu a independencia das colonias iberoamericanas, editou textos medievais españois e publicou importantes ensaios. Home contradictorio (Menéndez Pelayo considerábao un verdadeiro heterodoxo), as súas crenzas relixiosas sufriron sucesivas revoltas, converténdose primeiro ao anglicanismo e logo ao unitarismo. Malia a súa longa permanencia en Inglaterra (xa que Blanco White morrería en Liverpool no 1841), España foi unha referencia constante e obsesiva na súa obra, maila que o seu texto máis famoso, o poema "Noche misteriosa", está escrito en inglés, nunca deixou de escribir en castelán. De tendencia neoclásica nos seus inicios españois, a posterior influencia do romanticismo inglés converteuno no primeiro poeta romántico español. O radicalismo de moitas das súas ideas fixo que a súa obra fose practicamente descoñecida en España, ata a edición da súa "Obra inglesa" (1972), ao coidado de Juan Goytisolo.

[editar] América

  • A case totalidade das colonias españolas en América convulsionanse baixo movementos de carácter independentista: Caracas (que comenza o 19 de abril), Bos Aires (25 de maio), Bogotá (20 de xullo). Santiago de Chile (18 de setembro) ou Quito (19 de setembro) son algúns dos máis importantes. Dende México, o crego Miguel Hidalgo encabeza en setembro unha sublevación contra o afrancesado vicerrei Venegas. O movemento, que nun principio preséntase con un carácter realista en apoio de Fernando VII, desemboca nun movemento independentista. E xa en Bos Aires comeza a publicarse regularmente, dende o 7 de xuño co respaldo das autoridades, "La Gaceta de Buenos Aires", que tivo unha efémera aparición en dende o ano 1781. Por fín as rúas da cidade poden dispoñer dun xornal de caracter legal e ordinario.
  • O 25 de maio, desde a Illa de León (Cádiz), a donde se trasladou dende Sevilla (a causa do inminente ataque francés), a Xunta Central Suprema decreta a súa autodisolución e nomea un Consello de Rexencia (que xa estaba a traballar desde o 29 de xaneiro). Cun territorio peninsular practicamente en mans de Napoleón e, desaparecida a Xunta de Sevilla, perante unha rexencia de discutible lexitimidade e eficacia, os sectores criollistas independentistas achaban canle propicia para comezar a impoñe-la súa política. Pero tamén entre os leais partidarios de coroa cundiu a alarma pola conquista francesa, e a prevista formación de xuntas de goberno en situacións críticas presentouselles como solución. Os independentistas entenderon, con todo isto, que era necesario manter a aparencia de lealdade o rei, a máscara de Fernando VII (como chegaría a chamarse). En Bos Aires, cabeza do virreinato do Río da Prata, convocouse un cabildo aberto o 22 de maio a instancias de notables criollos. Pero a decisión de mantelo vicerrei Hidalgo de Cisneros como presidente da Xunta provocou unha reacción popular. Ante a sé do cabildo (o 25 de maio), unha multitude esixe a destitución do vicerrei e a formación dunha nova xunta. A lista dos seus membros xa estaba preparada. Ante isto, Cisneros renunciou e quedou establecida a primeira xunta patria que foi presida por Cornelio Saavedra.
  • O 20 de xullo a poboación de Santa Fe de Bogotá sublévase contra as autoridades coloniais españolas, e convoca un cabido aberto antepoñendo as causas iniciadas polo incidente do Florero de Llorente. As primeiras medidas son a creación dunha Xunta Suprema do novo reino de Granada, a liberación do cóengo André María Rosillo, preso polas súas ideas liberais, e a prisión do vicerrei Amar y Borbón. A convocatoria do cabido aberto de Santa Fe de Bogotá constitúe o inicio do movemento emancipador de Nova Granada.
  • O 16 de setembro, Miguel Hidalgo, crego da cidade de Dolores, na intendencia mexicana de Guanajuato, decátase de que foi descuberta a conspiración tramada en Querétaro contra as autoridades coloniais. Decide proclama-la loita aberta, e o 16 de setembro de 1810, na primeira misa, lanza o seu berro de guerra: "¡Viva América e morra o mal goberno", "Viva a nosa Santísima Nai de Guadalupe!" Os realistas, máis tarde, oporíanse o culto da virxe india e cambiaríanlle o nome pola de Virxe dos Remedios. Logo de tomar Celaya (o 22 de setembro), Hidalgo é designado capitán xeneral e asume a dirección política do movemento. O secunda no mando militar Ignacio Allende. Non tarda Hidalgo en gañarse á maioría dos indios da rexión, que chegarían a sumar unhos 50.000 combatentes. A achega indígena constitúe un trazo singular, non repetido nas loitas pola independencia doutras rexións da América hispana. Trala toma de Guanajuato (o 28 de setembro), Hidalgo declarou abolida a escravitude e os tributos dos indios. Mentres, o vicerrei organiza as súas forzas co apoio da aristocracia hispana e criolla. Perdida Guadalaxara, onde formaran goberno, os líderes patriotas fuxen a Zacatecas. Hidalgo, relevado polo súa impericia do mando militar, é capturado con outros xefes en Acatita de Baján (o 21 de marzo de 1811). Tras un xuizo militar fusilaranos en Chihuahua o 30 de xullo de 1811.
  • O 2 de novembro, o presidente estadounidense James Madison, que sucedeu nas eleccións do 4 de marzo de 1809 a Thomas Jefferson, restablece a liberdade de comercio co imperio francés. É unha forma de opoñerse á actitude británica, que está apoiando a rebelión do xefe indio Tecumseh e impón a inspeccións dos buques estadounidenses, por medio do dereito de visita.

[editar] Suecia

  • O 21 de agosto, o Parlamento sueco, reunido na cidade de Örebro, designa príncipe herdeiro a un francés católico, antigo republicano e agora mariscal de Napoleón. Trátase do mariscal Charles Jean-Baptiste Bernadotte, duque de Pontecorvo, de 43 anos, que no seu momento sucederá ao rei Carlos XIII, de 62 anos e sen fillos; con elo o Parlamento acepta a proposta de Carlos XIII. A elección de Bernadotte mostra o peso que adquiriu Napoleón I en Europa: para boa parte do pobo sueco, unha alianza co poderoso emperador dos franceses garante ao país a súa independencia e a posibilidade de recuperar Finlandia, que permanece en poder dos rusos. Bernadotte realizou unha brillante carreira militar; tiña apenas 30 anos cando foi ascendido a xeneral de división, e consideráballo un dos poucos posibles rivais de Napoleón. Tivo unha participación moi destacada na guerra contra a segunda coalición tendo ao seu mando o exército do Rhin, antes de ser designado ministro da Guerra, en 1799. En 1805 mandou un dos corpos da Grande Armée, e a súa actuación durante as campañas de 1806 e 1807 considérase decisiva, aínda que algúns lle reprochan permanecer inactivo durante a Batalla de Jena. Talvez ese feito explique por que foi relevado do mando do noveno corpo de exército e por que rompeu con Napoleón. Para o emperador, o traslado de Bernadotte a Estocolmo fai desaparecer un motivo de fricciones internas e, ao mesmo tempo, parece estender a súa influencia en Europa. Bernadotte é cuñado de Napoleón e, para acceder ao trono sueco, deberá abraza-la relixión luterana.

[editar] España

  • En Cataluña a Xunta Suprema do principado, reunida na localidade de Solsona, reclama a devolución dos seus foros e privilexios tradicionais, xunto coa imposición do sistema federativo en España. Nin en Cádiz, nin nas filas francesas atopan ningún eco ás súas propostas. Cataluña acaba sendo incorporada a Francia, dividida en catro departamentos e sometida á administración civil do imperio, cousa que non se realiza con ningún outro territorio español.
  • 24 de setembro na cidade de Cádiz, coa asistencia de 105 deputados, inaugúranse as sesións das Cortes xerais extraordinarias, en realidade constituentes na Illa de León (Cádiz). Promovidas dende o inicio da loita pola independencia pola Xunta Central, a súa convocatoria atrasouse debido ao enfrontamento entre os que pretendían unhas Cortes constituentes e os que avogaban polas tradicionais, discusión que permaneceu en todo o período de sesións. O primeiro acto das Cortes constituídas foi afirma-la soberanía nacional que nelas reside, co que se inclinaban o goberno da nación, e conasinar a Fernando VII como rei lexítimo de España. As Cortes de Cádiz representan o primeiro e máis importante intento de acabar con o antigo réxime e implanta-lo liberalismo burgués en España a través da constitución.

[editar] Alemaña

  • O escritor e pedagogo alemán Friedrich Ludwig Jahn publica a súa obra "Nacionalidade alemá", na que pretende definir o seu concepto do que é a nacionalidade alemá ou "Deutsches Volkstum". Ao tempo emprende a promoción das sociedades ximnásticas, a primeira das cales funda en 1811 en Hasenheide, onde os mozos alemáns deben educar o seu carácter e o seu corpo para ser bos soldados, capaces de mobilizarse contra o ocupante.
  • No estado de Prusia e, concretamente na cidade de Berlín ten lugar a fundación da universidade que desenvolverá, despois do Tratado de Tilsit de 1807, unha reforma intelectual, moral e política, na que colaborarán os filósofos coma Fichte, Schleiermacher, entre outros), os eruditos (Humboldt, etc...) e os poetas (Kleist, Arndt). O seu comenzo de funcionamento datase a outono de 1810. A universidade de Berlín (pola que será coñecida), fora fundada o 16 de agosto de 1809 (de caracter non oficial), polo que neste ano inicia o seu primeiro curso académico, con o filósofo Fichte como primeiro reitor.

[editar] Francia

  • O matemático francés Joseph Fourier expón as primeiras series trigonométricas, que aplica á resolución de problemas físicos, especialmente sobre a propagación do movemento en cordas vibrantes e a propagación da calor. Estas análises matemáticas constitúen unha introdución ao concepto moderno da función, á análise funcional e á teoría da integración. Con a aparición da "Teoría analítica da calor" (no 1822), primeiro estudo matemático da propagación da calor nos sólidos. Fourier establece as ecuacions do movemento uniforme da calor. O emprego das súas series trigonométricas permite desenvolver en series converxentes certo tipo de funcións discontinuas, unha análise fundamental para a física matemática e de gran repercusión no estudo dos fenómenos eléctricos.
  • Napoleón ordea destrui-lo manuscrito "Alemania", de Madame Staël. A baronesa Germaine de Staël-Hoistein (que nacera o 22 de abril de 1766 en París), chamada comunmente: Madame de Staël, pronto toma partido pola revolución de 1789, participa en intrigas políticas e esperta a desconfianza do poder local ao publicar en 1802 a súa novela "Delfina", onde deixa traslucir as súas fortes conviccións liberais e afirmase no seu prestixio intelectual. Tralo seu fracasado intento de sela inspiradora da política de Napoleón durante os anos do Consulado, en 1810 intenta publicar o seu ensaio titulado "Alemaña", pero a policía imperial o confisca e destrúe. Nel a autora exhorta aos intelectuais franceses a manifestar a súa confianza na liberdade e aasinar, segundo o modelo alemán, a superioridade do espírito sobre a materia. Considera que Francia, cansada pola revolución, perdeu esta fe na liberdade creadora individual, a mesma que permitiu a Alemaña, aínda que dividida politicamente, atopar no sentido de unidade nacional as forzas necesarias para a súa recuperación.
  • O 2 de abril celébrase na capital francesa, con gran pompa, a voda do emperador Napoleón I, con 40 anos de idade, coa arquiduquesa María Luísa (nada o 12 de decembro de 1791), filla do emperador austriaco Francisco I e de María Tareixa de Nápoles. Con este matrimonio, Napoleón legitima o seu título de emperador e obtén unha serie de importantes vantaxes políticas. Esta é a segunda voda de Napoleón I, que anteriormente estivo casado con Josefina Tascher de la Pagerie (a nova viúva do vizconde Alexandre de Beauharnais); este matrimonio, do que non nacerían fillos, celebrouse a fume de carozo o día antes da coroación do emperador, o 9 de marzo de 1796, e foi anulado polo tribunal eclesiástico de París en 1809. Xosefina (que compartira con Napoleón 14 anos da súa vida e seguiría tendo gran ascendente sobre del) trasladouse ao seu luxoso retiro de Malmaison, onde permanecería ata a súa morte, en 1814. O fruto da voda de Napoleón con María Luisa verase compensado co nacemento o 20 de marzo de 1811, do seu fillo, Francisco Carlos Xosé Napoleón Bonaparte, que recibirá o título de rei de Roma nada máis nacer, Napoleón II reinará en Francia durante uns días a partir do 22 de xuño de 1815, pero morrerá moi novo de tuberculose o 22 de xullo de 1832.

[editar] Escocia

  • En Ruthwell (Escocia), datase neste ano a creación da primeira caixa de aforros. O reverendo Henry Duncan foi o seu impulsor. As caixas de aforros nacen con a intención de recoller e gardar o diñeiro dos obreiros, e pagarlles por el uns pequenos intereses. Non teñen, a diferenza dos bancos, un interese lucrativo e os seus beneficios son empregados en obras sociais. O exemplo da instilución de aforro escocesa será rapidamente imitado en todo o Reino Unido e posteriormente espallarase en Europa. O parlamento británico promulgará unha lei, en 1817, na que se apoia e fomenta-la creación de caixas de aforros. A necesidade deste tipo de institucións fura teorizada, anos antes da fundación da caixa de Ruthwell, polo político e economista inglés Jeremy Bentham. Os pequenos aforros dos obreiros ingleses están a bon recaudo.

[editar] Europa

  • 20 de febreiro por orde de Napoleón é executado Andreas Hofer (que nacera no 1767 en Sankt Leonhard), xefe popular do Tirol. Cando o seu país foi entregado a Baviera, Hofer encabezou unha insurrección armada e, con o apoio dos austriacos, derrotou aos bávaros no monte Isel, preto de Innsbruck, en maio de 1809. O antigo soldado austriaco, dono dun hostal no Passeiertal, converteuse así en dono da provincia. Pero os acordos de paz asinados en Schönbrunn cambiaron a situación: o Tirol quedou en mans das tropas francesas dirixidas polo mariscal Lefebvre. Hofer recorreu entón á guerra de guerrillas e mantivo en xaque aos invasores, grazas ao apoio popular de que gozaba. Mediante emboscadas e audaces golpes de man, os guerrilleiros lograron inflixir importantes perdas aos franceses, e mantiveron vivo o espírito de resistencia contra o invasor. As súas fazañas militares contra un inimigo moi superior en número e en armamento converteron a Hofer nun heroe case mítico, cuio culto manteríase durante longos anos. Con todo, vítima da traizón dun dos seus subordinados, o xefe tirolés caeu en poder dos franceses. Pouco despois, foi conducido a Mantua, onde foi fusilado neste mesmo día.
  • O 30 de xuño, Luís Bonaparte abdica do seu título de rei de Holanda. Este reino, creado por Napoleón o 5 de xuño de 1806, é incorporado ao imperio francés.
  • En xullo, logo da abdicación de Luís Bonaparte; Napoleón incorpora os Países Baixos ao Imperio. Formados por 8 departamentos e a fronte dos cales nombra gobernador xeral a Charles Lebrun, un antigo cónsul, que terá que facer fronte ao descontento provocado polo bloqueo continental.

[editar] Mundo

  • Tchaka, rei dos zulúes (que estará no poder ata 1828), funda, en África austral, un imperio sanguinario, coñecido como Zululandia. Transformará ao seu pobo nunha nación militar, que, trala súa morte, fundará varios reinos na rexión dos Grandes Lagos; a maioría deles estrarán confrontados no 1879.
  • O 31 de decembro o zar rompe o bloqueo continental e abre os portos rusos ao comercio dos países neutrais, á vez que prohibe a entrada dos produtos franceses en Rusia. A actitude rusa responde, entre outros motivos, ao malestar que causou no zar Alexandre I a creación do Gran Ducado de Varsovia, o matrimonio de Napoleón con a arquiduquesa María Luisa de Austria e as consecuencias que o bloqueo está acarrexando á economía rusa.

[editar] Nacementos

  • - Fritz Reuter, escritor alemán.
  • 14 de novembro - Hector-Martin Lefuel, arquitecto e enxeñeiro francés.
  • 18 de novembro - Asa Gray, naturista e botánico americano.
  • 20 de novembro - João L. Vieira Cansanção de Sinimbu, aristócrata brasileiro; tamén coñecido coma o vizconde de Sinimbu.
  • 28 de novembro - William Froude, enxeñeiro británico.
  • 5 de decembro - Pedro Duro y Benito, empresario e banqueiro español.
  • 11 de decembro - Alfred de Musset, escritor francés.

[editar] Mortes

  • - Johann Wilhelm Ritter, fisico e químico aleman; descubridor dos rios ultravioleta falece en Munich (nacera o 16 de decembro de 1776 en Samitz, preto de Liegnitz).
  • 29 de xaneiro - Pedro Domingo Murillo, militar e politico boliviano.
  • 24 de febreiro - Henry Cavendish, fisico e quimico británico. Outras fontes o fan finar o 10 de marzo desde mesmo ano.
  • 8 de abril - Venanzio Rauzzine, tenor italiano.
  • 26 de xuño - Joseph Michel de Montgolfier, pioneiro francés do voo en globo; morre en Balarucles-Bains pero había nacido en Vidalonlés-Annonay un 26 de agosto de 1740.
  • 13 de agosto - Jacques-François de Boussay, militar e xeneral francés.
  • 19 de outubro - Jean-Georges Noverre, coreógrafo e bailarín francés.
  • 26 de novembro - Nicolas Etienne Framery, escritor francés.
  • 27 de novembro - Francesco Bianchi, compositor italiano.

[editar] Outros

[editar] Breves

  • 10 de xaneiro - Francia e Suecia asinan un tratado de paz.
  • 25 de xaneiro - O militar José Francisco San Martin Matorras ascende a cargo de axudante do xeneral Coupigny.
  • 6 de febreiro - O brasileiro, João de Medeiros Gomes é nomeado pola Xunta Gubernativa, oidor da comarca de Paranaguá-Curitiba.
  • 19 de febreiro - Asinase o tratado de comercio e navegación entre Brasil e Inglaterra.
  • 23 de abril - Frederic Chopin recibe o bautismo na igrexa de Brochow.
  • 25 de maio - Revolución de maio en Arxentina.
  • 24 de xuño - O xurisconsulto brasileiro José da Cruz Ferreia é nomeado xuiz da vila de Fortaleza.
  • 10 de xullo - Simón Bolívar viaxa ata Inglaterra.
  • 23 de agosto - En Colombia asinase a acta de Independencia de Sogamoso que trae consigo a separación da rexión de Tunja.
  • 9 de setembro - En Arxentina crease a Biblioteca Nacional da República.
  • 17 de setembro - En Colombia unha acta aprobada polo consello premite a creación da Comandancia Xeral da Mariña.
  • 18 de setembro - Chile - realízase a primeira xunta nacional de goberno, nun cabildo aberto, con esto iníciase o primeiro periodo da independencia chamado "Patria Vella".
  • 21 de setembro - En Venezuela escomenza a contrucción da Real Universidade de San Buenaventura, correspondida coa de Mérida de los Caballeros.
  • 26 de outubro - Nova acta colombiana que permite a creación da Secretaría de Xustiza e Graza.
  • 30 de outubro - México - Forzas insurxentes e realistas enfréntanse na batalla do monte das Cruces, acaban tomando a cidade.
  • 31 de outubro - O naturista bávaro Johann Baptist von Spix, recibe un contrato coma zoologo pola Academia Real das Ciencias alemana; anos despois fará unha viaxe de longa duración a Brasil (entre 1817 e 1820).
  • 17 de novembro - As xentes da rexión brasileira de Olinda invaden a vila de Recife, derruban e saquean varios edificios, entre eles o Pelourinho.
  • 2 de decembro - O goberno chileno, xunto coa Xunta nacional, dan visto bo para a creación de primeiro exército nacional.
  • 11 de decembro - En Brasil, danse a coñecer a novas instalacións oficiais de vila de Porto Alegre.
  • 19 de decembro - O Militar arxentino, Manuel Belgrano, vence os exércitos paraguaios na Batalla de Campichuelo.
  • 31 de decembro - O venezolano Francisco de Miranda é nomeado xeneral dos exércitos de Venezuela.

Historia ano a ano

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com