Sicilia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sicilia é a máis grande illa do Mediterráneo e políticamente é unha rexion autónoma de Italia . Aínda que o italiano é a lingua oficial, a maior parte dos habitantes falan tamén o siciliano, lingua de orixe latina con influencias arabes, españolas, francesas e italianas.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Antiguidade
Os máis antigos pobos de Sicilia foron os Elymas no oeste, os Sicanas no centro, e os Siculos na parte oriental, estes últimos probablemente vidos do continente empurrando cara ao oeste da illa aos poboadores máis antigos. Este son os que daran o seu nome ao país.
A Sicilia foi primeiro colonizada polos Fenicios, os Cartaxinenses e os Gregos, que ali teñen deixado numerosos vestixios (teatro de Taormina, templos de Segesta, Agrigento e Selinonte entre outros). Foi gobernada por principes chamados « tyranos » do cal os famosos Denys o Antigo e Denys o Novo (que acolleu ao filosofo Platón), e logo cai nas maus dos Romanos despois da primeira guerra púnica, converténdose desde entón nunha importante fonte de cereais para Roma. O rei de Siracusa Hieron foi un fiel aliado dos Romanos na segunda guerra púnica. Sicilia foi a base da resistencia dos últimos pompeianos mandados por Sextus Pompeio, fillo de Pompeio.
Despois da queda do imperio romano, Sicilia pasa ao imperio bizantino ata a súa conquista polos árabes do 827 ao 902.
[editar] Idade Meia
A diversidade cultural e a tolerencia relixioso caracterizaron o periodo musulmán. Unha familia de normandos (os fillos de Tancredo de Hauteville) tendo conquistado as terras de Italia meridional, o papa encarregalle ao máis novo, Roger, invadir Sicilia para voltala ao catolicismo (estaba ocupada por Bizantinos e Sarraceos), e acorda a soberania sobre as terras a conquistar. Isto levao a cabo entre 1060-1090. O neto de Roger converte a illa en Reino no 1130. Roger II, admirador da cultura musulmana, perseguiu unha politica de tolerancia que el tiña introducido no país. O trono pasa, por herdanza, á dinastia xermanica dos Hohenstaufen que goberna a rexion a partir de 1194 e adopta Palermo coma capital no 1220.
Conflitos entre os Hohenstaufen e o Papa provocan en 1266 a conquista da illa por Charles I d'Anjou, conde de Anjou. O 30 marzo de 1282, o día de Pascua, nas Vísperas Sicilianas, provocadas polas taxas excesivas e explotadas por Pedro III de Aragón, provocan o masacre dos Franceses de Sicilia e logo a conquista da illa por Pedro III de Aragón.
[editar] Época contemporánea
No 1816, os Borbóns unificaron os dous reinos. Finalmente, no 1860, despois do desembarco de Giuseppe Garibaldi, a Sicilia xuntase a Italia.
A pesar dun certo desenvolvimento economico que seguiu á unificación coa Italia, Sicilia foi sobrepasada polo crecimento industrial das grandes zonas urbanas do norte de Italia. O crime organizado, coñecido baixo o nome de mafia, extendeu a sua influencia na fin do século XIX e foi parcialmente erradicado polo rexime fascista a fin dos anos 1920.
Na Segunda Guerra Mundial, a Sicilia foi liberada polos forzas anglo-americanas entre o 10 de xullo e o 16 de agosto do 1943.
Desde 1946, Sicilia é unha rexion autónoma e beneficiase da reforma agraria parcial de 1950-1962 así como dos subsidios especiais, fundos do goberno italiano para as rexions do Sur.
Unha ponte suspendida de 5300 metros está en proxecto, a Ponte de Messina (entre Sicilia e o continente italiano, prevista a inauguración no 2010), que será a máis longa ponte do mundo.estructurae
[editar] Sicilianos na historia
- Arquimede - científico e filosofo
- Empedocle - filosofo
- Gorgias - filosofo
- Jawhar el-siqilli - xeneral e xefe de estado
- Frederico II do Santo-Imperio - emperador
- Leonardo Sciascia - escritor
[editar] Lugares altos
- A fonte de Acadina
- o Monte Erice
Rexións de Italia | ||
Abruzzo | Basilicata | Calabria | Campania | Emilia-Romagna | Friuli-Venecia Giulia | Lacio | Liguria | Lombardía | Marche | Molise | Piemonte | Puglia | Sardeña | Sicilia | Toscana | Trentino-Alto Ádige | Umbria | Valle d'Aosta | Véneto |