Planeta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Conforme a Unión Astronómica Internacional un planeta é é un corpo celeste que orbita ao redor do Sol, que ademais ten masa abonda como para que a súa gravidade supere as forzas do corpo ríxido e asuma unha forma en equilibrio hidrostático (practicamente esférica) e que ademais limpara a órbita de corpos veciños.
Un planeta é un corpo celeste de grandes dimensións, sen luz propia, senón que a recibe dunha estrela, e que xira arredor dunha estrela cunha órbita elíptica. Da estrela recibe unha importante radiación electromagnética.
Tradicionalmente coñecíanse apenas os planetas visibles a ollo un (sen telescopio): Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno, ademais da Terra, que, como non podería deixar de ser, non se consideraba como tal na teoría xeocéntrica.
O uso do telescopio permitiu a descoberta do Urano, Netuno; hoxe considerase que o Sistema Solar se compón destes oitos planetas, moitos dos cais con satélites naturais, ademais de millares de asteroide e cometas. No ano de 2003 houbo unha controversia sobre se Plutón era ou non un planeta. A alternativa postulada é que el fai parte do cinto de Kuiper. Plutón estivo considerado un planeta ata o 24 de agosto de 2006 cando a UIA o definiu como planeta anano.
Na última década foron xa descobertos máis de 100 planetas extra-solares, probando que a ocorrencia destes corpos é universal.
[editar] Planetas do Sistema Solar
Hai dous tipos de planetas: Planetas sólidos e Planetas gaseosos.
- Planetas sólidos
- Planetas gaseosos
[editar] Ligazóns Externas
Glosario de Astronomía |
Acimut | Afelio | Albedo | Bóveda celeste | Burato negro | Cénit | Corpo celeste | Clasificación estelar | Diagrama de Hertzsprung-Russell | Eclíptica | Eclipse | Efeméride | Ecuador celeste | Equinoccio | Esfera celeste | Estrela | Gravidade | Hemisferio celestial norte | Hemisferio celestial sur | Luminosidade | Intensidade de radiación | Magnitude absoluta | Magnitude aparente | Magnitude bolométrica | Nadir | Órbita | Perihelio | Planeta | Precesión | Solsticio | Tránsito | Trópico | Universo |