Burato negro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un burato negro é un obxecto celeste cunha densidade tal que a curvatura do espazo adxacente está pregada sobre si, polo que están illados do universo exterior e nin sequera a luz (O viaxar en liña recta, en realidade unha xeodésica, e estar o espazo curvo sobre si) pode fuxir. De aí o nome, xa que non só non emiten luz senón que absorben todo tipo de radiación ou materia que se achegue demasiado.
Pénsase que o feito de que a luz caia dentro destes obxetos é debido á súa enorme densidade, aínda que o feito é que os fotóns (Partículas mensaxeiras da radiación electromagnética) non teñen masa n repouso, só enerxía en movemento, véndose afectados pola gravidade a efectos desta.
Poden existir ó menos tres clases de buratos negros (por orixe).
Unha clase é a dos buratos negros primordiais orixinados cedo na historia do universo. As súas masas poden ser variadas, é ningún foi observado ata o de agora.
Tamén existen buratos negros supermasivos, con masas de varios millóns de masas solares. Estes fórmanse no mesmo proceso que da orixe ás compoñentes esféricas das galaxias.
Finalmente, outra clase é de buratos negros de masa solar. Un destes fórmase cando unha estrela de masa 2.5 maior ca do Sol convértese en supernova e estoupa. O seu núcleo concéntrase nun volume moi pequeno que cada vez vaise reducindo máis.
Un burato negro está limitado por un horizonte de eventos do que nada pode fuxir, nin sequera a luz, de ahí que sexan "negros". A materia atrapada no campo gravitatorio dun burato negro usualmente forma un disco de acreción arredor do horizonte de eventos, e a materia que disipa o seu momento angular no disco vai caendo no furado.
A ergosfera é a parte exterior ó horizonte de eventos, da que, en teoría, aínda se pode fuxir. O horizonte de eventos é a superficie que marca o límite dende o que xa non se pode fuxir. A singularidade é un punto ou zona de densidade e gravidade infinitas que se alcanza cun volume nulo e un radio cero. Estes infinitos e ceros o que realmente din é que a relatividade xeral non é axeitada para describilo, e probablemente precisa dunha teoría cuántica da gravidade.
Un burato negro pode ser caracterizado ó completo con tres cantidades: masa, carga eléctrica e momento angular. Un furado negro sen carga e sen momento angular é un furado negro de Schwarzschild, namentres que un furado negro rotatorio (con momento angular maior que 0), denomínase furado negro de Kerr. As solucións das ecuacións en ámbolos casos predín a existencia de buratos de verme, que, en teoría, poden ser portas no espazo-tempo que poderían comunicar dous puntos lonxanos do Universo ou do tempo, aínda que o seu propio 'inventor', Stephen Hawking renegou recentemente desta idea.
Crese que no centro da maioría das galaxias (entre elas a Vía Láctea) hai buratos negros supermasivos, aínda que moitos deles están actualmente inactivos.
Segundo Stephen Hawking, a pesar da imposibilidad física de fuxida dun furado negro, estes terminarán evaporándose pola chamada Radiación de Hawking.
[editar] Véxase tamén
- Física
- Cisne X-1
Glosario de Astronomía |
Acimut | Afelio | Albedo | Bóveda celeste | Burato negro | Cénit | Corpo celeste | Clasificación estelar | Diagrama de Hertzsprung-Russell | Eclíptica | Eclipse | Efeméride | Ecuador celeste | Equinoccio | Esfera celeste | Estrela | Gravidade | Hemisferio celestial norte | Hemisferio celestial sur | Luminosidade | Intensidade de radiación | Magnitude absoluta | Magnitude aparente | Magnitude bolométrica | Nadir | Órbita | Perihelio | Planeta | Precesión | Solsticio | Tránsito | Trópico | Universo |