Neptuno (planeta)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Clique na imaxe para descripción |
|||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Descoberta | |||||||
Descoberto por | Urbain Le Verrier John Couch Adams Johann Galle |
||||||
Descoberto en | 1846 | ||||||
Características orbitais | |||||||
Raio medio | 4.498.252.900 km | ||||||
Excentricidade | 0,00858587 | ||||||
Período de revolución | 164a 288d 13h | ||||||
Período sinódico | 367,5 días | ||||||
Velocidade orbital media | 5,4778 km/s | ||||||
Inclinación | 1,76917° | ||||||
Número de satélites | 13 | ||||||
Características físicas | |||||||
Diamétro ecuatorial | 49572 km | ||||||
Área superficial | 7,65×109 km2 | ||||||
Masa | 1,024×1026 kg | ||||||
Densidade media | 1,64 g/cm3 | ||||||
Gravidade na superficie | 11,0 m/s2 | ||||||
Período de rotación | 16h 6,5min | ||||||
Inclinación axial | 29,58° | ||||||
Albedo | 0,41 | ||||||
Velocidade de escape | 23,71 km/s | ||||||
Temperatura superficial |
|
||||||
Características atmosféricas | |||||||
Presión atmosférica | 100-300 kPa | ||||||
Hidróxeno | >84% | ||||||
Helio | >12% | ||||||
Metano | 2% | ||||||
Amonio | 0,01% | ||||||
Etano | 0,00025% | ||||||
Acetileno | 0,00001% |
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o xigante gaseoso máis afastado no noso sistema solar. Neptuno recebeu o nome do deus romano dos mares.
[editar] Características físicas
Orbitando tan lonxe do Sol, Neptuno recibe moi pouca calor. A súa temperatura superficial media é de − 218 °C. Sen embargo, o planeta parece ter unha fonte interna de calor. Coidase que isto se debe ao resto do calor xerado pola materia en caída durante o nacimento do planeta, que agora irradia ao espazo. A atmosfera de Neptuno ten as máis altas velocidades de ventos no sistema solar, que están por riba dos 2000 km/h; considerase que os ventos son amplificados por este fluxo interno de calor.
A estructura interna lembra a de Urano -- un núcleo rochoso coberto por unha crosta de xelo, agachada no profundo da súa grosa atmosfera. Os dous terzos internos de Neptuno están compostos dunha mestura de rocha fundida, auga, amonio líquido e metano. A terza parte exterior é unha mestura de gases quentes composta por hidroxeno, helio, auga e metano. Igual que Urano e a diferencia da composición uniforme de Xúpiter e Saturno, considerase que a estrutura interna de Neptuno consta de tres capas. Como Urano, o campo magnético de Neptuno é moi inclinado en relación ao seu eixo rotacional, a 47°, e desviado no mínimo en 0,55 radians (preto de 13500 quilómetros) do centro físico do planeta. Comparando o campo magnético dos dous planetas, os cientificos coidan que esta orientación extrema se debe aos característicos fluxos no interior do planeta, e non ao resultado da orientación lateral de Urano.
[editar] Exploración de Neptuno
Os deseños astronómicos de Galileo mostran que el observou Neptuno en xaneiro de 1613, cando o planeta estaba preto de Xúpiter. Mais, como pensou que se trataba dunha estrela, non se lle pode asignar a descoberta.
En 1821, Alexis Bouvard publicou tabelas astronómicas da órbita de Urano. As observacións posteriores revelaron desvios substanciais das tabelas, levando a Bouvard a pór a hipótese da existencia dun corpo que perturbase a órbita. En 1843, John Couch Adams calculou a órbita dun oitavo planeta que puidese explicar o movimento de Urano. Enviou os seus cálculos a Sir George Airy, que os rexeitou con certa frieza, levando Adams a abandonar o asunto.
En 1846, Urbain Le Verrier, independentemente de Adams, reproduciu os seus cálculos mais tamén atopou dificuldades en atopar algún entusiasmo nos seus compatriotas. Sen embargo, o mesmo ano, John Herschel comezou a promover a abordaxe matemática e convenceu a James Challis de procurar o planeta.
[editar] Os Satélites de Neptuno
Neptuno ten 13 lúas coñecidas. A maior delas é Tritón, descoberta por Willian Lasell apenas 17 días despois da descoberta de Neptuno.
Nome | Diámetro (km) | Masa (kg) | Distancia media de Neptuno (km) |
Período orbital |
---|---|---|---|---|
Náiade | 58 | Descoñecida | 48.200 | 0,294396 días |
Talasa | 80 | Descoñecida | 50.000 | 0,311485 días |
Despina | 148 | Descoñecida | 52.600 | 0,334655 días |
Galatea | 158 | Descoñecida | 62.000 | 0,428745 días |
Larisa | 193 (208 × 178) | Descoñecida | 73.600 | 0,554654 días |
Proteo | 418 (436 × 416 × 402) | Descoñecida | 117.600 | 1,122315 días |
Tritón | 2.700 | 2.14×1022 | 354.760 | -5,87685 días ** |
Nereida | 340 | Unknown | 5,513,400 | 360,1362 días |
S/2002 N1* | 60 | Descoñecida | 15.686.000 | -1874,8 días ** |
S/2002 N2* | 38 | Descoñecida | 22.337.190 | 2925,6 días |
S/2002 N3* | 38 | Descoñecida | 22.613.200 | 2980,4 días |
S/2003 N1* | 38 | Descoñecida | 46.738.000 | -9136,1 días ** |
S/2002 N4* | 60 | Descoñecida | 47.279.670 | -9007,1 días ** |
* Esperando confirmación e nomeación.
** Períodos orbitais negativos indican unha órbita retrógrada ao redor de Neptuno (oposta á rotación do planeta)
Algúns asteroides dividen os mesmos nomes que as lúas de Neptuno: 74 Galatea, 1162 Larisa.
Sistema Solar | |
---|---|
Sol | Mercurio | Venus | Terra | Marte | Xúpiter | Saturno | Urano | Neptuno | Plutón |
|
Cinto de asteroides | Cinto de Kuiper | Nube de Oort |