Satélite
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un satélite é todo obxeto secundario que gravita nunha órbita pechada arredor dun planeta. Pódese distinguir entre:
[editar] Satélites naturais
- Vexa Satélite natural para máis información.
A Lúa é un satélite da Terra, se ben a Lúa e maila Terra teñen un tamaño tan similar que se póden considerar nalgúns momentos como un sistema de dous planetas.
O movimento da maior parte dos satélites coñecidos do Sistema Solar arredor dos seus planetas é directo, é dicir, de oeste a leste e no mesmo sentido de xiro dos planetas.
Só certos satélites de grandes planetas exteriores xiran en sentido inverso, é dicir, de leste a oeste e en dirección contraria á dos seus planetas; probablemente foron capturados polos campos gravitatorios dos planetas algún tempo despois da formación do Sistema Solar.
Moitos astrónomos cren que Plutón, que se move nunha órbita independente arredor do Sol, puido orixinarse como satélite de Neptuno; recentemente descobriuse que o mesmo Plutón ten un satélite (Caronte).
[editar] Satélites artificiais
- Vexa Satélite artificial para máis información.
Enténdese por satélite artificial calquera dos obxetos postos en órbita periódica arredor da Terra de xeito artificial (pola nosa especie). Os obxectivos son variados e van dende os fins científicos ou tecnolóxicos ós militares.
Agora ben, se o definimos dende un punto de vista riguroso, un satélite artificial é un obxecto non tripulado posto en órbita arredor da Terra, quedando fóra desta definición os foguetes lanzadores como as cápsulas tripuladas ou de carga, os transbordadores espaciais e mailas estacións orbitais. Tampouco son considerados satélites artificiais as sondas espaciais enviadas a calquera outro destino do Sistema Solar, pois non teñen unha órbita periódica.
O satélite artificial é unha das ferramentas máis útiles que ata a data creou o home. Posibilita observar e controlar o noso planeta e ollar ó Cosmos sen a interposición da atmosfera.