Astronomía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A astronomía, que significa etimoloxicamente "coñecemento das estrelas", é a ciencia encargada de observar e explicar os corpos e os eventos fóra da Terra.
Despois de comprender que os elementos que forman os "obxectos celestes" son os mesmos que conforman a Terra, e que as leis da física aplícanse do mesmo xeito, naceu a astrofísica como unha aplicación da física ós fenómenos observados pola astronomía.
Os astrónomos necesitan unha gran preparación en física, e as observacións fanse sempre nun contexto astrofísico, estando ligados con frecuencia ambos os campos.
Na súa primeira historia, a astronomía supuña só a observación e predicción dos movementos dos obxectos celestes identificables a ollo nu (sen instrumentos). Os astrónomos eran polo común tamén cregos, e críase que os fenómenos celestes tiñan unha influencia oculta nos sucesos na Terra (astroloxía). Os gregos fixeron importantes contribucións á astronomía, pero o progreso detívose case por completo na Idade Media, excepto polo traballo dalgúns astrónomos (en particular, musulmáns).
A astronomía é unha das poucas ciencias onde os afecionados aínda teñen un papel activo, por exemplo descubrindo obxectos transeúntes (como cometas) e monitoreando a variabilidade das estrelas.
O estudo dos planetas do noso sistema solar foi en tempos recentes considerada unha disciplina separada, chamada Ciencias Planetarias ou Planetoloxía.
Índice |
[editar] División
Pola amplitude do seu obxecto de estudo, a astronomía divídese en diferentes ramas, que non están completamente separadas, xa que as súas interseccións, así como os astrónomos que traballan en diferentes áreas, son a norma máis que a excepción.
En astronomía, obténse información de xeito principal da detección e análise da radiación electromagnética. Unha división tradicional da astronomía dase polas rexións do espectro electromagnético observadas:
- Astronomía óptica. Refírese ás técnicas usadas para detectar e analizar luz nas lonxitudes de onda que poden ser detectadas polo ollo, ou preto delas (arredor de 400 - 800 nm).
- Astronomía infravermella. Trata coa detección de luz infravermella (lonxitudes de onda máis longas que o vermello).
- A radioastronomía usa técnicas moi diferentes: para detectar radiación con lonxitudes de onda de mm a cm, os receptores son semellantes ós usados en radiodifusión (que usa radiación nesas lonxitudes de onda).
A astronomía óptica e de radio pode realizarse usando observatorios terrestres, porque a atmosfera é transparente nesas lonxitudes de onda. A luz infravermella é absorbida con facilidade polo vapor de auga, así que os observatorios de infravermellos deben establecerse en lugares altos e secos.
En astronomía de raios-X, astronomía de raios-gamma, astronomía ultravioleta e astronomía do infravermello lonxano pódense facer observacións só dende globos aerostáticos ou observatorios espaciais.
Todas as disciplinas anteriores están baseadas na detección de fotóns, pero tamén podemos recibir información desde fóra da Terra transportada polos raios cósmicos, neutrinos, e, nun futuro próximo, gravitóns (ver LIGO).
Unha división diferente pode ser realizada usando as rexións do espazo e os problemas enriba comentados; algúns son:
- Astronomía galáctica
- Astronomía extragaláctica
- Formación e evolución galáctica
- Formación estelar
- Astronomía estelar
- Cosmoloxía
- Astronáutica
- Astrodinámica
[editar] Astrónomos
- Ptolomeo
- Nicolás Copérnico
- Galileo Galilei
- Sophia Brahe
- Maria Cunitz
- Jeanne Dumee
- Maria Margaret Kirch
- Hortense Lepaute
- Felicite du Pierry
- Caroline Lucretia Herschel
- Janet Taylor
- Caterina Scarpellini Fabri
- Maria Mitchell
- Williamina Fleming
- Annie Jump Cannon
- Ramón María Aller
- Edwin Hubble
[editar] Modelos e teorías
- Cosmoloxía
- Modelo estacionario
- Modelo inflacionista
- Heliocéntrico
- Xeocéntrico
- Big bang
- Constante de Hubble
- Atracción universal
- Relatividade xeral
[editar] Ver tamén
- Astrónomos e Astrofísicos
- Astronomía Amateur
- A ciencia ten nome de muller
- Historia da astronomía
- Lista de artigos relacionados coa Astronomía
- Obxecto astronómico
[editar] Enlaces externos
Glosario de Astronomía |
Acimut | Afelio | Albedo | Bóveda celeste | Burato negro | Cénit | Corpo celeste | Clasificación estelar | Diagrama de Hertzsprung-Russell | Eclíptica | Eclipse | Efeméride | Ecuador celeste | Equinoccio | Esfera celeste | Estrela | Gravidade | Hemisferio celestial norte | Hemisferio celestial sur | Luminosidade | Intensidade de radiación | Magnitude absoluta | Magnitude aparente | Magnitude bolométrica | Nadir | Órbita | Perihelio | Planeta | Precesión | Solsticio | Tránsito | Trópico | Universo |