Dinastía Omeia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Introdución
A Dinastía omeia (Árabe بنو أمية banū umayya / الأمويون al-umawiyyūn); Persa امویان (Omaviyân), turco, Emevi, ) foi unha gran dinastía árabe que reinou en todo o mundo musulmán instaurando o califato Omeia na época do Califato de Damasco (661-750). Logo, tralo seu derrocamento e exterminio, a mans da dinastía Abaside, estableceron o seu dominio na Península Ibérica cun dos últimos descendentes da dinastía, Abderramán I (Abd ar-Rahman I), este instaurou un débil emirato que se foi afianzando ata constituírse coma un califato independente, o Califato de Córdoba (756-1031).
[editar] Orixe
A Dinastía Omeia ou Dinastía Umaiad foi a primeira dinastía de califas do profeta Mahoma (cómpre citar que se di que, a pesar de todo, non estaban emparentados co profeta); pertencían tamén a unha tribo da Meca, os Curaixitas. A primeira dinastía reinou de 661 a 750. Ironicamente, o clan curaixita de onde xurdiron os Omeias tería sido, no pasado, inimigo do propio Mahoma. Eran sunitas e estaban enemistados, sobretodo, cos xiítas.
O nome da dinastía débese ás súas orixes. Eran os descendentes de Omeia, un árabe musulmán do clan de Mahoma. Este estivo casado, por dúas veces, con fillas de Mahoma. Aí era onde os Omeias sustentaban a orixe lexítima do seu poder (ademais de venceren na guerra civil polo Califato).
Dise que tiñan que lexitimar o seu poder debido a, que no momento da instauración do Califato Omeia, despois da susodita guerra civil, existían uns criterios (máis ben xurdiron nese intre) ou requisitos para poder ser califa.
Os criterios que se debían ter en conta eran os seguintes (todo isto dende perspectiva do pensamento sunita).
- O califa debía ser un árabe e pertencer á tribo dos quraysh (á que pertencía Mahoma).
- Un consello de anciáns, que representaría á comunidade islámica, elixiría o sucesor (posteriormente estableceuse un método de sucesión hereditaria).
- O califa tiña coma misión a difusión do Islam, facendo para iso o uso que estimara oportuno, incluida a guerra santa (yihad).
[editar] Esplendor
Despois de rematar con diversas loitas internas provocadas pola ansia de poder dalgúns dos seus inimigos, os omeias, a partir do califa Abd al-Malik (685-705), que foi o último que tivo que sufocar grandes asaltos ó poder, outorgáronlle ó poder califal o respeto que lle correspondía (o califa tiña poder relixioso ademais do político). E entón, unha vez que o clima político estaba algo máis calmo, a forza dos omeias no Califato acadou cotas nunca logradas antes.
- Fixeron un consello de árabes notables (shura) para se protexeren un pouco.
- Estableceron un poder hereditario-dinástico.
- Fixaron capital en Damasco. Esta cidade con eles gozou dunha idade de ouro. Alí está a gran mesquita, a dos Omeias, construída no século VIII.
- Elixían os xuíces (cadís), feito que axudou á estabilización da situación.
- Acuñaron moeda propia.
- Consquistaron o Magreb, al-Ándalus (Península Ibérica), unha franxa ó carón de Turquía, o Sind, Afganistán, Turkmenistán, un anaco de Uzbequistán e outro de Paquistán. Estiveron a piques de conquistar Bizancio e toda Anatolia, intentárono en diversas ocasións.
[editar] Crise: Exterminio en Damasco
A aparición de grandes revoltas nas rexións máis afastadas do Califato, a fin do asedio sobre Constantinopla en 718, a derrota fronte ós bizantinos en Akroinon (740), as derrotas (demasiado mitificadas) en Covadonga, 722 e en Tours, 732 e outros tristes sucesos para o Califato marcaron o comezo da fin. Fin que planificaron os abasides, xiítas (que se opuñan ós califas omeias alegando que non hai parentesco entre Mahoma e os Omeias). Durante o califato de Marwan II, esta oposición chegou ó seu punto culminante coa rebelión do imam Ibrahim na cidade de Kufah (actual Iraq), e na provincia de Khorasán, (en Persia, actual Irán). A revolta acadou algúns éxitos considerables, pero finalmente Ibrahim foi capturado e morreu (ou foi asasinado) na prisión en 747. Continuou a loita o seu irmán Abdallah, coñecido coma Abu al-'Abbas as-Saffah quen, despois dunha vitoria decisiva no río Gran Zab en 750, aplastou os Omeias e foi proclamado califa, pondo fin ó dominio dos Omeias e matando a toda a súa familia, agás o neto de Hisham, Abd ar-Rahman I (ou Abderramán I) (756-788) que escapou ata al-Ándalus polo norte de África e fundando o Emirato de Córdoba (756). Logo, o seu descendente Abd ar-Rahman III, no 929, autoproclamaríase califa en Córdoba e creou así o Califato de Córdoba, independente de Bagdag (capital nese momento).
[editar] Novo Esplendor en Córdoba
No ano 756, Abderramán I chega a Córdoba e e instaura unha dinastía que gobernará al-Ándalus ata 1031. No 773 Abderramán I establece o emirato de Córdoba independizándose política e administrativamente do Islam, aínda que mantivo, có mesmo, unha unidade espiritual e moral. Pese a todo, o verdadeiro organizador do emirato independente foi Abderramán II, que delegou os poderes en mans dos visires. A islamización foi moi rápida, o número de mozárabes (cristiáns en territorio musulmán) redúxose considerablemente.
No 912, ascende ó trono Abderramán III no intre no que a decadencia política do emirato era un feito. Tentando rematar coas sublevacións e conflitos, proclámase califa en 929 dando paso ó califato de Córdoba.
[editar] Rebelións
Antes da chegada de Abd ar-Rahman (756), concretamente entre os anos 714 e 756, al-ándalus recolleu inmigrantes árabes, sirios e, moitísimos, bereberes, que recibiron trato desigual, o que provocou moitos disturbios sociais, sobretodo entre eles. Poucas veces entre árabes, xa que a maioría vivían tranquilamente dos impostos da poboación sometida, alleos a moitos problemas das capas baixas da sociedade.
[editar] Paso do emirato a califato
O Califato de Córdoba (929-1031)
No ano 929, o emir Abd-al-Rahman III (912-961) decidiu proclamarse Califa, cargo no que que confluían o poder político e o relixioso. Al-Ándalus xa era completamente independente de Bagdag.
O Califa residía no alcázar de Córdoba, situado xunto á gran mesquita. Uns anos despois da súa autoproclamación coma Califa, Abd-al-Rahman III ordeou construir, ó oeste da capital, a impresionante cidade-palacio de Madinat al-Zahra (Medina Azahara), convertida en residencia califal e no centro do poder político de Al-Andalus.
Esta é a etapa política de maior esplendor, na península Ibérica, da presenza islámica, aínda que a mesma durará pouco tempo xa que, na práctica, o seu apoxeo termina no 1010. Oficialmente, o califato continuou existindo ata o 1031, ano no que o califato foi abolido dando paso á fragmentación do estado omeia que se transformou en diversos reinos coñecidos coma reinos de Taifas.
[editar] Almanzor: o terror dos cristiáns
Abi Amir Muhammad, Torrox, Málaga 940 - Medinaceli, Soria 1002. Coñecido coma Almanzor, المنصور بالله (al-Mansūr bi-l-llāh, o victorioso con Deus), foi un líder militar e político do Califato de Córdoba.
Chegou a dominar o Califato de Córdoba, durante a súa rexencia do Califa Hisham II (981-1002), e ser o terror dos exércitos cristiáns. Líder cruel, forte e carismático. Foi moi importante na expansión hacía o norte da península, norte de África e Francia, chegando a facer que al-Ándalus acadase unha das súas maiores expansións, en Galiza, concretamente en Santiago, queimou o templo prerrománico dedicado a Santiago, respetando o seu sepulcro, facendo así que perdurase o Camiño de Santiago. E tamén roubou as campás da catedral e obrigou aos cautivos cristiáns a levar as campás da catedral e as súas portas até Córdoba. Morreu o pouco de quedar cego nunha batalla. Antes de morrer nombrou sucesor o seu fillo Abd al-Malik, o que xerou unha guerra interna entre os sucesores de Hisham II e os de Almanzor. Na serra de Gredos, o seu pico máis alto chámase Pico Almanzor ou Pico do moro Almanzor. O mando de Almanzor tanto militar coma politicamente foi moi importante para o Califato de Córdoba. Pero poderá atopar máis información no artigo principal. Almanzor.
[editar] Crise definitiva e desaparición
Trala morte de Almanzor e do seu fillo Al-Muzáfar, o califa viuse obrigado a abandoar o seu retiro palacego durante un periodo confuso (dende 1008), no cal foi varias veces deposto e reposto no Trono, no medio de loitas polo poder entre os nobres cordobeses. É probable que morrera asasinado nunha daquelas intrigas; dende entón, debilitado o poder central, comezaron a escindirse do califato os chamados reinos de Taifas, reducíndose paulatinamente o territorio que controlaron os últimos califas: Suleimán, Hisham II, Abd ar-Rahman IV, Abd ar-Rahman V, Muhammad III e Hisham III (deposto en 1031 e falecido en Lérida en 1036).
[editar] Reinos taifas
O termo taifa, no contexto da historia de al-Ándalus, refírese a un principado musulmán independente, un emirato ou pequeno reino existente no al-Ándalus, no tramo final deste.
- Albarracín: 1011-1104 (Almorábides).
- Alxeciras: 1035-58 (to Sevilla).
- Almería: 1011-91 (Almorábides); 1145-47 (para Castela por un curto periodo, e despois para os Almóhades).
- Alpuente: 1009-1106 (Almorábides).
- Arcos: 1011-91 (Almorávides); 1143 (Almóhades).
- Badaxoz: 1009-1094 (Almorábides); 1145-50 (Almóhades).
- Baeza: 1224-26 (Castela).
- Illas Baleares ou Mallorca: 1076-1116 (Almorábides).
- Beja (Portugal) e Évora: 1114-50 (Almóhades).
- Carmona: 1013-91 (Almorábides); parece ter existido un segundo período.
- Constantina e Hornachuelos: data e destino indeterminados.
- Córdoba (Córdoba) (organizada como república): 1031-91 (para Sevilla).
- Denia: 1010/12-76 (para Zaragoza); 1224-1227 (Almóhades?).
- Granada (Garnata): 1013-90 (Almorábides); 1145 (Almorábides?). 1237-1492 (no último período non é, xeralmente, considerado taifa; para Castela); 1568-71 (rebelión de Las Alpujarras).
- Guádix e Baza: 1145-51 (para Murcia).
- Jérica: data e destino indeterminados.
- Lisboa: 1022-? (para Badaxoz).
- Lorca: 1051-91 (Almorábides); 1240-65 (Castela).
- Málaga: 1026-57/58 (Granada); 1073-90 (Almorábides); 1145-53 (Almóhades)
- Menorca: 1228-87 (Aragón)
- Mértola: 1033-91 (Almorábides); 1144-45 (Badaxoz); 1146-51 (Almóhades)
- Molina: ?-1100 (Aragón)
- Morón: 1013-66 (Sevilla)
- Murcia: 1011/12-65 (Valencia); 1065-78 (Sevilla); 1145 (Valencia); 1147-72 (Almóhades); 1228-66 (Castela)
- Murviedro e Sagunto: 1086-92 (Almorábides)
- Niebla: 1023/24-91 (Sevilla); 1145-50? (Almóhades); 1234-62 (Castela)
- Orihuela: 1239/40-49/50 (para Murcia ou Castela)
- Purchena: data e destino indeterminados
- Ronda: 1039/40-65 (Sevilla); 1145 (Almorábides)
- Saltés e Huelva: 1012/13-51/53 (Sevilla)
- Santa María do Algarve: 1018-51 (Sevilla)
- Santarém: ?-1147 (Portugal)
- Segorbe: data e destino indeterminados
- Segura: 1147-? (destino descoñecido)
- Sevilla: 1023-91 (Almorábides)
- Silves: 1040-63 (Sevilla); 1144-55 (Almóhades)
- Tavira: data e destino indeterminados
- Teixada: 1145-50 (Almóhades)
- Toledo: 1010/31-85 (Castela)
- Tortosa: 1039-60 (para Zaragoza); 1081/82-92 (para Denia)
- Valencia: 1010/11-94 (para El Cid, vasallo de Castela); 1145-72 (Almóhades); 1228/29-38 (para Aragón)
- Xaén: 1145-1159 (para Murcia); 1168 (Almóhades)
- Zaragoza: 1013-46 (dividida despois en estados menores ); 1046-1110 (Almorábides); continuidade en Rueda ata 1030 (para Aragón).
[editar] Os omeias
[editar] Califas omeias de Damasco
- Muawiyah I ibn Abi Sufyan, 661-680
- Yazid I ibn Muawiyah, 680-683
- Muawiya II ibn Yazid, 683-684
- Marwan I ibn Hakam, 684-685
- Abd al-Malik ibn Marwan, 685-705
- al-Walid I ibn Abd al-Malik, 705-715
- Suleiman ibn Abd al-Malik, 715-717
- Umar ibn Abd al-Aziz, 717-720
- Yazid II ibn Abd al-Malik, 720-724
- Hisham ibn Abd al-Malik, 724-743
- al-Walid II ibn Yazid II, 743-744
- Yazid III ibn al-Walid, 744
- Ibrahim ibn al-Walid, 744
- Marwan II ibn Muhammad 744-750
[editar] Emires omeias de Córdoba
- Abd ar-Rahman I, 756-788
- Hisham I, 788-796
- al-Hakam I, 796-822
- Abd ar-Rahman II, 822-888
- Abdallah ibn Muhammad, 888-912
- Abd ar-Rahman III, 912-929
[editar] Califas omeias de Córdoba
- Abd ar-Rahman III, 929-961
- Al-Hakam II, 961-976
- Hisham II, 976-1008
- Mohammed II, 1008-1009
- Suleiman II, 1009-1010
- Hisham II, restaurado, 1010-1012
- Suleiman II, restaurado, 1012-1017
- Abd ar-Rahman IV, 1021-1022
- Abd ar-Rahman V, 1022-1023
- Muhammad III ibn Omeia, 1023-1024
- Hisham III, 1027-1031
[editar] Umaiades sahaba
Lista dos compañeiros de Mahoma (ou sahaba) que pertencían ó clan Omeia:
[editar] Umaiades taba'een
Lista dos Taba'een (xeración que seguiu ós Sahaba) que pertenceron ó clan Omeia:
[editar] Arte e cultura
A arte cultura omeia nace na Meca e Medina, avanza posteriormente ata Damasco, para continuar a súa expansión polo Mediterráneo e o Norte de Africa, e chega no século VIII á Península Ibérica.
O desenrolo da arte islámica dende o século VII ó XVIII divídese en tres periodos. O primeiro, periodo de formación, coincide aproximadamente co califato Omeia de Damasco. (661-750) A pesar de que a arte islámica destaca tamén na pintura, no téxtil, nos manuscritos, etc. A súa aportación máis importante ven dada pola arquitectura, os omeias non serán unha excepción.
No tocante a cultura, cabe destacar a Escola de tradutores de Toledo. Lugar onde sabios musulmans, cristiáns e xudeus traducían o latín, as obras filosóficas e científicas árabes e gregas. Aída conservamos palabras de raíz árabe: ben (hijo), alhama (baño), Medina (ciudad), wad (río), e moitas das que empezan polo artigo al.
[editar] Arquitectura
Na arquitectira omeia cabe destacar só un tipo de edificio, iso sí, moi complexo: a Mesquita.
[editar] A Mesquita
Tiñan que estar dirixidas cara á Meca, isto facíase mediante o muro da quibla, onde o fieis mandan as súas oracións. Diferéncianse do resto dos muros pola presenza do mihrab, similar o altar cristián pero sen o seu contenido simbólico. Algunhas mesquitas podíanse ampliar sucesivamente, este é o caso da de Córdoba, por exemplo.
Patio
As mesquitas mantiveron a concepción primitiva do rezo ó aire libre, nun patio rodeado de soportais que proporcionaban sombra ós fieis. Por iso, a sala de oración permaneceu coma un espazo aberto ó patio ou sahn, que seguiu sendo un elemento importante do conxunto, moitas veces con igual ou maior superficie que a zona cuberta. Ademais, no patio adoitaban aparecer dous elementos característicos: a fonte para as ablucións (sabial) e a torre para chamar á oración, o alminar ou minarete.
Minarete
Nos primeiros tempos non existía o alminar, de modo que os fieis reuníanse para orar sen necesidade dunha chamada previa. Logo, debido ó aumento da congregación, acabouse instituíndo a chamada dun muecín, a viva voz, dende a cuberta máis alta do edificio. A Gran Mesquita Omeia de Damasco é o primeiro exemplo que presenta unha torre ou minarete, situada nunha das esquinas do patio, para realizar esta función.
Cúpula
As cúpulas, un elemento importante da arquitectura islámica, proceden da arquitectura Sasánida e das tradicións paleocristianas. A primera mesquita monumental que se coñece co nome de cúpula é a da Cúpula da Rocha (Xerusalén, finais do século VII) durante o mandato de Abd al-Malik.
Outro elemento importante na arquitectura omeia é o arco apuntado.
[editar] Os principais edificios da arquitectura omeia
- Gran Mesquita Omeia de Damasco
- Mesquita de Córdoba
- Cúpula da Rocha
- Alhambra de Granada
- Giralda de Sevilla
- A cidade palaciega de Medina-Azahara
- Os palacios do deserto de Siria, Xordania e Palestina
- Mesquita de Al-Aqsa
- Mesquita do Cristo da Luz en Toledo
[editar] Ciencias
A ciencia árabe (período Omeia) tivo grandes científicos e pensadores coma:
- Al Farahi: Destacou en filosofía.
- Al Razi: Filosofía e medicina.
- Al Khwarizmi: Destaca en matemáticas (sistematizou a álxebra).
- Habash al Hasih: En trigonometría.
- Jabir ibn Hayyan: En alquimia.
- Al Masudi: En xeometría.
- Umar Khayyam: En poesía e matemáticas (ecuaciones cúbicas).
Estes e outros pensadores e científicos, aportaron ó sistema de numeración, ó número cero, á trigonometría e á álxebra. Así coma moi importantes avances na agricultura, medicina, botánica, xeografía, astronomía, física e química. Moitas das aportacións, nas que se inclúe algúns das citadas, coma o sistema de numeración, ou outras coma o xadrez, son simples adaptacións ou mellorias de modelos anteriores ou de importacións doutras culturas e/ou civilizacións. O campo onde se rexistra unha aportación máis notable e significativa son as matemáticas, pero non sería ata 1950 cando se lle recoñecería a importancia que merecen as matemáticas árabes medievais, ata antes considerábase que simplemente copiaban e traducían os antigos gregos. Iso era falso, aínda así, compre mencionar que recibiron moitas influencias de diversos sitios, onde ocupan vital importancia os chinos e os gregos.
[editar] O legado de al-Ándalus
[editar] Arte e arquitectura
En España hai (ou houbo) edificios da época de al-Ándalus e mostras da arte islámica, baixo o dominio dos omeias, tales coma:
- Alcázar de Mérida
- Alcazar de Sevilla
- Alhambra en Granada
- Alminar da Giralda en Sevilla
- Alminar da igrexa de San Juan en Córdoba
- Castelo de Gormaz (Sória)
- Medina Azahara (al-Zahra)
- Mesquita de Córdoba
- Mesquita do Cristo da Luz ou de Bab al-Mardum (Toledo)
- Rábida de Guardamar del Segura (Alicante)
- Vascos (Toledo)
- O Xardín cruzado
[editar] Ciencia e letras
Mentras o resto de Europa permanecía na idade oscura do coñecemento, al-Ándalus florecía. A cidade de Córdoba era un dos centros culturais máis importantes do Imperio Islámico clásico, o outro foi Bagdad.
Na cidade de Córdoba había 70 bibliotecas, destacando a de al-Hakam II, contiña, entre outros, os tesouros da antigüidade greco-latina, e aportacións orixinais de pensadores coma Averroes, Ibn Gabirol, Abenalsid, Abenalarif, Abrahan ben Meir ibn Ezra, etc.
E noutros sitios, coma Toledo, destacaremos a escola de tradutores.
[editar] O que deixaron na península
Entre infinidade de melloras, importacións e innovacións destácanse:
- Agricultura e sector primario: palmeira dactílera, importantes sistemas de regadío máis efectivos, arroz, café, avances no campo do coiro e cerámica, laranxos e outros cítricos.
- Introduciron importantes avances e conceptos relacionados con: farmacia, medicina, óptica, astronomía, ciencias naturais, música, literatura, relixión, etc.
- Gastronomía: buñuelos, cidro, limóns, laranxa, pomelo, receitas de cítricos, turrón, amendoados, mazapáns, etc.
- O papel
- O xadrez
[editar] Ligazóns externas
- Ummayad Lineage Chart, en inglés
- http://www.princeton.edu/~batke/itl/denise/umayyads.htm, en inglés
- Umayyads - First caliphate dynasty, inglés