El Cid
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rodrigo Díaz de Vivar (ca 1043 - 1099 ) foi un militar castelán. Coñecido nas crónicas latinas como Campidoctor e na literatura castelán como El Campeador, Mío Cid ou El Cid (do árabe andalusí Sayyid, señor).
Naceu en Vivar, localidade situada preto da cidade de Burgos no seo da nobreza e educouse na corte real castelá, foi alférez de Sancho II de Castela e converteuse nun importante xeneral que loitou contra os musulmáns.
Afonso VI de Castela desterrouno entre 1081 e 1087, anos no que serviu como mercenario do emir Mutamin de Zaragoza e de 1089 a 1092, anos nos que fixo prisioneiro Ramón Berenguer II, conde de Barcelona e sitiou a cidade de Valencia, que se rendeu en 1094, gobernándoa ata a súa morte en 1099.
[editar] Literatura
Historia Roderici (ca 1110, en latín) é a primeira crónica que se conserva sobre Rodrigo Díaz de Vivar. As crónicas árabes de Ibn Alcama (1116) e Ibn Bassam (1109) tamén recollen informacións sobre El Cid, pero nun ton claramente contrario á súa persoa.
O Poema de Mío Cid ou Cantar de Mío Cid (1201-1207) incorpora moitos feitos históricos, o manuscrito que se conserva data do século XIV. O poema anónimo Mocedades de Rodrigo é do século XIV e conservánse máis de 200 romances anónimos sobre a súa figura que datan do século XV e XVI.
En 1618 Guillén de Castro escribiu Las mocedades del Cid, na que se baseou Pierre Corneille para escribir Le Cid en 1636. De 1657 é El honrador de su padre de Juan Bautista Diamante.
Co romanticismo produciuse un interese pola súa figura, traduciuse o Poema de Mío Cid ou diversos romances sobre a súa figura ao inglés, ao alemán e ao francés. Máis tarde José Zorrilla escribiu a súa Leyenda del Cid (1882) e Eduardo Marquina o drama Las hijas del Cid (1908)