Mesquita (templo islámico)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Mesquita (مسجد) é un lugar de culto para os seguidores do Islam.
Un dos seus elementos é o minarete, unha torre elevada, no cume da cal o sacerdote exhorta os fieis da comunidade ás oracións, cinco veces ao día, voltados na dirección de Meca, conforme os preceptos do Alcorán.
A primeira mesquita foi a casa do profeta Mahoma en Medina, unha cidade ao norte da Meca, na cal os seguidores de Mahoma realizaron un retiro en 622.