Xeografía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A xeografía é a ciencia que ten por obxecto o estudo da superficie terrestre e a distribución espacial e as relacións recíprocas dos fenómenos físicos, biolóxicos e sociais que nela se manifestan.
Nun sentido clásico a Xeografía é a descrición da Terra, pero/mas hoxe en día, ademáis de descreber, a Xeografía trata de explicar. Se considera á Xeografía como unha ciencia que aglutina a todas as demáis ciencias, tanto naturais como sociais, desde a Historia ata as Matemáticas, posto que os obxectos de estudo da Xeografía son moitos e moi variados. Non obstante, a perspectiva da Xeografía é diferente; estuda os modos de organización do espacio terrestre, a distribución dos elementos que compoñen a paisaxe, a súas formas, as súas poboacións... Ademáis, establece unha dialéctica entre a explicación e a descrición da paisaxe; e entre o método inductivo e o deductivo. Estos elementos teñen que ser elexidos, seleccionados, ordenados, xulgados e presentados. A análise dá ó xeógrafo unha comprensón dos modos de organización no espacio.
Os principais campos que estuda a Xeografía e as súas principais ciencias auxiliares:
- En Xeografía física estudase:
- Xeomorfoloxía, con métodos da Litoloxía e a Xeofísica.
- Pedoloxía con métodos da Edafoloxía e a Xeomorfoloxía.
- Climatoloxía, con métodos da Meteoroloxía e a Estatística.
- Glacioloxía, con métodos da Climatoloxía e a Estatística.
- Hidroloxía, continental e marina, con métodos da Oceanografía e a Estatística.
- Bioxeografía con métodos da Bioloxía, a Botánica, a Zooloxía, a Edafoloxía e a Ecoloxía.
- En Xeografía humana estúdase:
- Xeopolítica, con métodos da Demografía, a Socioloxía e as Matemáticas.
- Xeografía rural, con métodos da Agronomía, a Climatoloxía, a Estatística e a Economía.
- Xeografía económica que engloba todas as actividades económicas como:
- Xeohistoria ou Xeografía histórica, con métodos da Historia.
- Xeografía industrial, con métodos das Matemáticas e a Economía.
- Xeografía turística con métodos da Economía, as Matemáticas e a Socioloxía.
- Xeografía urbana, con métodos do Urbanismo, a Socioloxía e as Matemáticas.
Naturalmente os métodos da Historia aparecen en todas elas ata o punto de que se chegou a falar de Xeografía cultural, asi como os estadísticos e matemáticos. Tamén se utilizan métodos de Astronomía e Topografía para realizar os mapas (Cartografía), asi como a determinación de códigos de signos que axuden a interpretalos.
Por outro lado a Xeografía pode estudiarse de forma xeral o concretada en unha zona, rexión ou país concreto. Se fala asi de Xeografía xeral e Xeografía rexional que é a que se ocupa da aplicación das análises xeográficos a países concretos.