Xeometría
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ciencia exacta que estuda o comportamento dos elementos na álxebra n-dimensinal e as súas relacións: cando se traballa na álxebra bidimensional chámase xeometría plana, e se é na tridimensional chámase xeometría do espazo. Xa que a xeometría é un trasunto da álxebra das matemáticas, existen xeometrías de máis dimensións, das que se podería dicir que se encarga a física cuántica debido á súa preocupación pola estrutura da materia. Xa que logo, a xeometría traballa con conceptos coma punto, liña e plano e as súas relacións coma paralelismo, intersección, perpendicularidade e unión. As disciplinas que estudan a resolución dos problemas formulados dentro deste marco teórico son o debuxo técnico ou debuxo industrial.
Máis propio da xeometría plana é o traballo con elementos coma ángulo, vértice, polígono, círculo, circunferencia e centro; e utilizar métodos de resolución propios coma potencia, homoloxía, homotecia, bisectriz, mediatriz, mediana, baricentro, circuncentro, incentro, altura, etc.
No que se refire á xeometría espacial, os conceptos correspondentes son: radiángulo, diedro, poliedro, esfera e superficie esférica.
[editar] Véxase tamén
- Máis animacións de poliedros en Animations of polyhedra (Commons)