6 de outubro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Set- Outubro -Nov | ||||||
lu | ma | mé | xo | ve | sa | do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2006 |
||||||
lu | ma | mé | xo | ve | sa | do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 | ||||||
2005 |
||||||
lu | ma | mé | xo | ve | sa | do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2004 |
O 6 de outubro é o 279º día do ano do calendario gregoriano (280º nos anos bisestos). Quedan 86 días para finalizar o ano.
5 de outubro < 6 de outubro < 7 de outubro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1214 - Henrique é proclamado rei á morte de seu pai, Afonso VIII.
- 1511 - Créase en Santo Domingo a primeira audiencia de América, institución con atribucions xurídicas e gobernativas.
- 1623 - Diego de Velázquez é nomeado pintor da Cámara de Filipe IV.
- 1642 - Os cataláns, axudados por franceses, derrotan en Lleida ás tropas do rei Filipe IV, baixo o mando de Don Diego Filipe de Guzmán, marqués de Leganés.
- 1750 - Publícase o prospecto, redactado por Diderot, que anuncia a "Enciclopedia".
- 1771 - Pragmática de Carlos II na que prohíbe os xogos en España.
- 1780 - Realízase en Bos Aires a primeira impresión por parte da Imprenta dos Nenos Expósitos.
- 1793 - En Francia entra en vigor o calendario republicano.
- 1804 - O militar Rafael de Sobremonte sucede ao mariscal Del Pino como virrei do Río da Prata.
- 1829 - A máquina de vapor Rocket, construida por George Stephenson, logra a victoria nunha carreira de locomotoras entre as cidades de Liverpool e Manchester.
- 1832 - A raíña María Cristina asume as funcions de rexente e días despois concede unha ampla amnistía.
- 1848 - Levantamento revolucionario en Viena.
- 1850 - Viaxe aérea de París a Bruxelas no globo "Ville de París", con 6 pasaxeiros a bordo.
- 1852 - Creación do Corpo de Telégrafos pola real orde.
- 1866 - Circula o primeiro automóvil, nos Estados Unidos.
- 1867 - Eleccións en México: Benito Juárez obtén unha gran maioría de votos sobre Porfirio Díaz.
- 1889 - Thomas Alva Edison exhibe a sua primeira película.
- 1890 - Os mormóns abolen oficialmente a poligamia nos EEUU
- 1896 - A columna de socorro de soldados españois levanta o cerco de Cascorro, fortín en cuia defensa inmortalizou o seu nome o madrileño Eloy Gonzalo.
- 1902 - Proclámase en Francia a folga xeral, que siguen dous tercios de tódolos mineiros franceses.
- 1903 - Próbase nun suburbio de Berlín unha locomotora Siemens que alcanza por primeira vez na historia os 200 qm/h.
- 1905 - As folgas e loitas rueiras de Moscú provocan a intervención do exército e a policía.
- 1911 - No marco da guerra italo-turca, Trípoli capitula despois de ser bombardeada durante dous días pola aviación italiana.
- 1913 - O parlamento chinés elixe a Yuan Shikai como presidente de China durante cinco anos.
- 1915 - Rusia, Francia e Gran Bretaña dirixen un ultimátum a Bulgaria.
- 1919 - Sométese a cábila de Wad-Ras de Marrocos.
- 1920 - A fronteira polaca con Rusia desprázase cara o leste e asínase en Riga a paz entre Rusia e Polonia.
- 1922 - A Universidade de Salamanca nomea doctora "honoris causa" a Santa Tareixa de Xesús na presencia do rei Afonso XIII.
- 1923 - Acordo para reducir en 12 000 homes o cupo militar español, que quedará en 78 000.
- 1924 - Un bando do alcalde de Madrid autoriza os automóbiles a circular a unha velocidade máxima de 40 quilómetros por hora.
- 1925 - O goberno español concede a Gran Cruz Laureada de San Fernando, o tenente xeneral Primo de Rivera.
- 1926 - Presentación en Barcelona do ciclo de "teatre íntim" de Adrià Gual, iniciado con Le bourgeois gentilhomme (“O burgués xentil”), coa música a cargo da orquestra dirixida por Pau Casals.
- - Compromiso entre o goberno prusiano e os Hohenzollern polo que a líña principal da familia obten 250.000 fanegas de terra.
- 1927 - Nace o cine falado, coa proxección, no teatro Warner de Nova York, da película “O cantor de jazz”, de Alain Grosland. A cinta levaba anexa unha banda que recollía a voz humana.
- 1927 - Walt Disney crea o heroe das curtametraxes de debuxo animados, Mickey Mouse.
- 1928 - Chiang Kai Chek é nomeado presidente de China.
- 1930 - O chanceler Brüning recibe a Hitler.
- 1930 - Estréase a película sonora “Amor audaz”, interpretada por Adolph Menjou e Rosita Moreno.
- 1931 - Os aviadores estadounidenses Panghorn e Rendón realizan un voo sen escalas a través do pacífico, dende Xapón ate Wenatchee (Washington).
- 1931 - Wilhelm Miklas é reelixido presidente federal de Austria.
- 1932 - Inauguración do XIII Congreso Nacional do Partido Socialista.
- 1934 - O Goberno proclama o estado de guerra en toda España ante a revolta orixinada principalmente en Oviedo, que cae no poder dos revolucionarios, e Barcelona, donde o presidente da Generalitat, Lluis Companys, proclama o Estado Catalán dentro da República Federal Española.
- 1936 - Aprobación do estatuto vasco.
- 1936 - Cesan os combates na Polonia.
- 1938 - Constitución dun goberno autónomo en Eslovaquia, baixo a dirección do monseñor Tiso.
- 1939 - Hitler expón ante o Reichstag o balance da campaña de Polonia e propón unha reordenación de Europa.
- 1944 - Fundación no Cairo da Liga Árabe, integrada orixinariamente por Exipto, Iemen, Arabia Saudita, Siria, Irak, Líbano e Transxordania.
- 1944 - Exposición das obras dos pintores Picasso, Miró, Ernst e Klee en París.
- 1946 - Pío XII reitera a indisolubilidade do matrimonio.
- 1947 - Dítanse en España normas para a fabricación do pan, na presente tempada, destinadas ao aforro da fariña.
- 1949 - Harry Truman asina o acordo de axuda cos países europeos da OTAN.
- 1951 - Xosé Stalin confirma a realización de investigacions sobre a bomba atómica na URSS.
- 1954 - Lola Flores presentase no teatro Calderón coa fantasía lírica “Copla e bandeira”, de Quintero, León e Quiroga.
- 1965 - A cova de Alpera en Albacete é declarada monumento historico-artístico.
- 1966 - Creación en EEUU do movemento "Love In".
- 1967 - Disolución do movemento "Love In" de EEUU, xusto un ano despois da súa creación.
- 1968 - Graves incidentes entre católicos e protestantes en Irlanda do Norte.
- 1972 - O boxeador español Xosé Legrá reten o seu título de campeón de Europa na categoría dos pesos pluma.
- 1973 - Empeza a Guerra do Yom Kippur, cuarta guerra árabe-israelí, de 19 días de duración.
- 1974 - O brasileiro Emerson Fittipaldi proclámase campeón mundial de Fórmula 1.
- 1976 - O índice de productividade español é o mais baixo do occidente europeo.
- 1976 - China: É detida a viuva de Mao Zedong, membro da chamada "banda dos catro".
- 1978 - O xa de Irán, Reza Pahlevi, entrega o poder os militares.
- 1979 - Por primeira vez un Papa, Xoán Paulo II, entra na Casa Branca, residencia dos presidentes dos Estados Unidos.
- 1981 - Integristas musulmáns matan ao presidente exipcio, Anwar El Sadat, durante un desfile militar conmemorativo da victoria na guerra do Yom Kippur.
- 1983 - O Congreso dos Deputados español aproba o proxecto de lei da despenalización parcial do aborto.
- 1985 - Aníbal Cavaco Silva gaña as eleccións en Portugal.
- 1985 - O piloto francés Alain Prost, con McLaren, proclamase campeón mundial de Fórmula 1.
- 1986 - O soviético Gari Kasparov retén o título de campeón mundial de xadrez tras facer táboas co seu compatriota Anatoli Karpov, na partida número 23.
- 1986 - A policía descobre a maior fábrica ilegal de películas de vídeo no municipio madrileño de Perales de Tajuña.
- 1986 - O presidente de Venezuela, Xaime Lusinchi, chega a España en visita oficial. Ambos países asinaron un acordo de cooperación económica e comercial.
- 1987 - Hosni Mubarak, reelexido presidente de Exipto pola práctica unanimidade do electorado.
- 1987 - O coronel Rabuka proclama a República de Fidji.
- 1988 - A violencia de estudantes e parados arxelinos, capitalizada por integristas, provocou 159 mortos e centos de feridos, e desembocou no decreto de estado de sitio.
- 1991 - O Partido Social Demócrata (PSD) de Aníbal Cavaco, logra por segunda vez consecutiva a maioría absoluta nas eleccions lexislativas.
- 1992 - O director de cine José Luis Garci e a actriz María Luisa Ponte reciben os Premios Nacionais de Cinematografía.
- 1992 - Checoslovaquiva: Checos e Eslovacos acordan dividi-la República en dous estados independentes a partires do 1 de xaneiro de 1993.
- 1992 - Inaugurado en Santo Domingo o faro a Colón para conmemora-lo V Centenario do Descubrimento.
- 1993 - Michael Jordan anuncia a súa retirada do baloncesto.
- 1994 - Inaugurado o Auditorio de Zaragoza, o mellor de España polas suas características técnicas e acústicas.
- 1994 - O Parlamento haitiano aproba a lei de amnistía para os militares golpistas.
- 1997 - O médico estadounidense Stanley B. Prusiner, Premio Nobel de Mediciña polo seu descubrimento dos prions.
- 1998 - Wolfgang Schäuber recibe o nomeamento de presidente da Unión Cristiano Demócrata (CDU), na sustitución de Helmut Kohl.
- 2000 - Milosevic cede as presions do pobo e recoñece a Kostunica como novo presidente de Iugoslavia.
- 2002 - As autoridades francesas sospeitan que un ataque terrorista está detrás da explosión dun petroleiro galo nas costas do Iemen.
- 2002 - O alcalde de París, Bertrand Delanoë, sufre unha agresión con arma branca dun cudadan que declara o seu odio hacía "os políticos e os homosexuais".
- 2002 - O papa Xoán Pablo II canoniza a José María Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei.
- 2002 - Os astrónomos anuncian o descubrimento dun pequeño satélite do planeta Urano, identificado como S 2001 U1.
[editar] Nacementos
- 1552: - Matteo Ricci, misioneiro xesuita italiano
- 1682: - Bruno Mauricio de Zabala, político español fundador de Montevideo. Foi governador e capitán xeneral de Bos Aires
- 1773: - Luis Filipe, duque de Chartres (1785-1793), duque de Orleans (1793-1830) e futuro rei de Francia (1830-1848)
- 1829: - Enrique Pérez Escrich, escritor español
- 1846: - George Westinghouse, inventor, enxeneiro e industrial estadounidense
- 1847: - Carlos Martínez Silva, político e escritor colombiano
- 1848: - Luis Taboada, escritor español
- 1858: - José Podestá, dramaturgo e empresario teatral arxentino
- 1887: - Charles-Edouard Jeanneret Gris “Le Corbusier”, arquitecto, urbanista, escultor e pintor francés de orixe suiza
- 1887 - María Jeritza, soprano checa
- 1887 - Martín Luis Guzmán, escritor mexicano
- 1903: - Ernest T. Sinton Walton, físico irlandés, pioneiro no campo da Física Nuclear e Premio Nobel 1951
- 1905: - Helen Newington Wills, tenista estadounidense
- 1906: - Janet Gaynor, actriz estadounidense
- 1906 - Leopold Sédar Senghor, poeta e ex presidente senegalés
- 1907: - F. José Gabilondo Soler, músico mexicano
- 1908: - Carole Lombard, actriz estadounidense de cine
- 1912: - José Maldonado y Fdez. del Torco, xurista e académico español
- 1914: - Thor Heyerdahl, antropólogo e explorador noruego
- 1916: - Rafael Calvo Serer, xornalista, escritor e mestre español
- 1927: - Paul Badura-Skoda, pianista e musicólogo austríaco
- 1928: - Hafiz al-Assad, politico e presidente de Siria (1971-2000)
- 1929: - Manuel María, poeta de Outeiro de Rei
- 1932: - Luis Ángel de la Viuda, xornalista español
- 1944: - Merzaq Allouache, cineasta arxelino
- 1947: - Patxi Andión, cantante, actor e mestre español
- 1955: - Paco Ojeda, matador de touros español
- 1963: - Elisabeth Shue, actriz estadounidense
- 1976: - Seann William Scott, actor estadounidense
[editar] Mortes
- 877: - Carlos II o Calvo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (875-877), e rei de Francia (843-877)
- 1214: - Afonso VIII, Rei de Castela (1158-1214)
- 1285: - Filipe III, rei de Francia
- 1611: - Margarida de Austria, muller de Filipe III
- 1644: - Isabel de Borbón, primera muller de Filipe IV
- 1849: - Luis Aulich, xeneral húngaro
- 1862: - Francisco Acuña de Figueroa, poeta uruguaio
- 1891: - Charles Stewart Parnell, político irlandés
- 1892: - Alfred Tennyson, poeta inglés
- 1914: - Delmira Agustini, poetisa uruguaia
- 1919: - Ricardo Palma, escritor peruano
- 1936: - Andrés Carranque de Ríos, novelista, poeta, actor e xornalista español
- 1951: - Will Keith Kellogg, industrial estadounidense
- 1959: - Bernard Berenson, historiador e escritor estadounidense
- 1962: - Tod Browning, director de cine estadounidense
- 1969: - Pepe Pinto, cantaor español
- 1981: - Muhammad Anwar al Sadat, político e militar, presidente da República exipcia e Premio Nobel da Paz en 1978
- 1989: - Bette Davis, actriz estadounidense
- 1992: - Paul Mandel, científico francés
- 1992 - Evelio Mustelier, "Kid Tunero", boxeador cubano
- 1992 - Denholm Elliot, actor británico
- 1999: - Amália Rodrigues, cantante portuguesa, unánimemente considerada "a voz de Portugal"
- 2000: - Michael Smith, químico canadiense, Premio Nobel de Química en 1993
- 2002: - Claus Von Amsberg, príncipe de Holanda, home da raíña Beatriz
[editar] Festas e celebracións
- Día Mundial da Arquitectura
[editar] Outros
- Santoral: San Bruno (fundador dos cartuxos). María Ana Mogas Foncuberta (fundadora das Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino). Sagar, Barto, Baldovino, Probo, Renato, Román, Térico, Artaldo, Apolinar, Fraterno e Magno (Bispos); María Francisca das Cinco Chagas (Confesora); Godofredo (Abade); Alberta, Marcelo, Casto, Sadurniño e Emilio (Beatos); Diego, Fe, Vera, Balduino e Diego Luis de San Vitores (Martires).
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro