Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
4 de outubro - Wikipedia

4 de outubro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Set- Outubro -Nov
lu ma xo ve sa do
  1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2006
lu ma xo ve sa do
  1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31
2005
lu ma xo ve sa do
  1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2004

Os 366 días do ano

O 4 de outubro é o 277º día do ano do calendario gregoriano(278º nos anos bisestos). Quedan 88 días para finalizar o ano.


3 de outubro < 4 de outubro < 5 de outubro

Índice

[editar] Acontecementos

  • 610 - Heraclio chega por barco dende África a Constantinopla, derrota o emperador bizantino Focas e coroase novo emperador.
  • 1160 - Francia: Casamento de Enrique O Xoven, fillo de Henrique II de Inglaterra, con Margarida de Francia, filla de Luís VII.
  • 1227 - Os xeques marroquíes asasinan o califa deposto Al-Adil.
  • 1476 - Tratado de Tudela polo que Fernando o Católico intervén en Navarra.
  • 1511 - Fernando o Católico únese cos Estados Pontificios e con Venecia na chamada Liga Santa para frear a crecente hexemonía francesa na Italia.
  • 1535 - Os colonizadores españois fundan a cidade de Sincelejo (Colombia).
  • - María Tudor, filla de Henrique VIII e de Catarina de Aragón, é coroada raíña de Inglaterra.
  • 1582 - Roma: O papa boloñés Gregorio XIII decreta o calendario gregoriano na sustitución do calendario xuliano. En Polonia, España, Portugal e Italia, a noite do xoves 4 de outubro de 1582 deu paso o venres 15 de outubro.
  • 1585 - Arxentina: A cidade de San Miguel de Tucumán trasládase ao seu actual emprazamento.
  • 1693 - O xeneral francés Catinat pasa de novo á ofensiva e destrúe a Vítor Andrés II, duque de Saboia, na guerra da Marsaille.
  • 1725 - Arxentina: Fúndase a cidade do Rosario, na Santa Fe.
  • 1766 - O navegante francés Louis Antoine Bougainville accede a deixar as illas Malvinas ao mando da Capitanía Xeneral de Bos Aires tras aceptar de España unha forte suma de diñeiro.
  • 1777 - Na batalla de Germantown, as tropas de George Washington son rechazadas polas tropas británicas de Sir William Howe.
  • 1824 - México independízase de España e fúndase a República de México.
  • 1830 - Independencia de Bélxica, despois da separación dos Países Baixos.
  • 1883 - Primeiro percorrido do tren Expreso do Oriente.
  • 1884 - Un incendio destrúe o palacio de Christianburgo, en Copenhague, sede do Parlamento danés.
  • 1890 - Robert Koch recomenda a tuberculina como vacina tra-lo experimento que demostra que unha segunda infección de tuberculose non ten ningún efecto en animais que xa estaban infectados pola enfermedade.
  • 1895 - Celébrase o primeiro Open dos Estados Unidos de Golf, en Rhode Island.
  • 1900 - Estrease en Lemberg a ópera "Janek", de Vladislav Zelenski.
  • 1903 - Ao mitin anticlerical celebrado no frontón Euskalduna de Bilbao acoden case 8.000 persoas.
  • 1904 - Holanda e Portugal firman un Tratado que fixa as fronteiras da illa indonesia de Timor.
  • 1905 - Os irmáns Wright realizan en Dayton un voo de máis de media hora de duración.
  • - O consello de ministros español acorda a creación dunha policía especial para Barcelona.
  • - A miseria económica provoca unha forte vaga de emigración en España.
  • 1908 - As manifestacions en favor do sufraxio universal provocan enfrontamentos coa policía en Budapest.
  • 1909 - O buque español "Carlos V" bombardea a costa do Rif, destruíndo varias poboacións.
  • 1910 - O aviador francés Tabuteao realiza un percorrido en biplano dende San Sebastián a Baiona.
  • - Portugal proclama a república e o rei Manuel II fuxe a Bretaña.
  • 1912 - O goberno turco reeita o ultimátum dos estados balcánicos.
  • 1913 - O Parlamento peruano aproba unha modificación na Constitución referente á tolerancia das seitas separadas da igrexa católica.
  • 1914 - As tropas alemás e austriacas avanzan até o Vístula.
  • 1918 - Abdicación do zar Fernando I de Bulgaria a favor do seu fillo Boris I.
  • - Primeiro goberno alemán responsable ante o Reichstag.
  • 1920 - Uruguai: Fúndase o Club Atlético Bella Vista, de Montevideo.
  • 1921 - A Sociedade de Nacións rexeita acudir na axuda de Rusia e atribúe a fame que azouta ese país a súa dirección política.
  • 1922 - Austria recibe créditos internacionais para a súa reconstrución económica e acepta, a cambio, somete-la súa política ao control da Sociedade de Nacións no Protocolo de Xenebra.
  • - Coñécense os primeiros casos da peste bubónica en Barcelona.
  • 1927 - Ricardo Montero bate o récord de España de ciclismo nos 100 km, o percorrerlos en 2 horas, 54 minutos e 49 segundos.
  • 1928 - China: Chiang Kai Chek, presidente da república esfórzase por unir a tradición co progreso, seguindo o exemplo de Sun Wen, pero a maioria dos proxectos do Kuomintang quedaranse no papel.
  • 1933 - Lerroux presenta á Cámara a dimisión do goberno.
  • 1934 - Constituese un goberno presidido por Lerroux, con membros da CEDA. Como protesta, os socialistas chaman á folga xeral, que se converteu na chamada "revolución de Asturias", na que morreron 1.335 persoas.
  • 1940 - II Guerra Mundial: Encontro entre Hitler e Mussolini no Paso de Brennero.
  • 1943 - Envío dun oficial de enlace inglés ao mariscal Tito.
  • 1945 - II Guerra Mundial: O xeneral MacArthur, comandante supremo das forzas estadounidenses en Xapón, proclama a lei de liberdades civís nese país.
  • 1946 - Truman soicita do primeiro ministro británico Attlee que autorice inmediatamente a inmigración xudía a Palestina.
  • - Xurados de raza branca do estado de Tennessee absolven a 23 dos 25 acusados negros de participaren en desordes raciais.
  • 1950 - Evacuación da guarnición de Cao Bang en Vietnam.
  • 1955 - Crease o Partido Demócrata dos Pobos de Europa-Alianza Libre Europea.
  • 1956 - Inaugurase a base naval hispano-estadounidense de Rota.
  • 1957 - Os rusos colocan en órbita o primeiro obxecto artificial da historia: o Sputnik I. Un mes máis tarde lanzan o Sputnik II, cun ser vivo a bordo: a cadela Laika.
  • 1958 - Reanúdanse os atentados contra os británicos no Chipre.
  • - O primeiro servizo transatlántico con pasaxeiros é inaugurado por British Airways entre Londres e Nova York.
  • - Establécese a quinta república francesa.
  • 1959 - A sonda lunar Lunik III tira, durante o seu voo arredor da Lúa, as primeiras fotografías da súa cara oculta.
  • 1960 - EEUU lanza o espazo o "Courier IB", primeiro satélite activo de telecomunicacions.
  • 1963 - A estrea en España da película estadounidense "Con faldras e ao tolo", protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis e Jack Lemmon, colleita un gran éxito.
  • - A empresa Chrysler International achega 1.000 millóns de pesetas para asociarse con Barreiros e producir en España os automóbiles Dodge-Dart.
  • 1965 - Por decreto da xefatura do Estado español, noméase presidente das Cortes a Antonio Iturmendi Bañales.
  • - O Papa Paulo VI pronuncia un memorable discurso ante a Asemblea Xeral da ONU, en Nova York.
  • 1966 - Proclamación da independencia de Lesotho, antigo Basutoland, que permanece na Commonwealth.
  • 1968 - O No-Do convértese na revista cinematográfica; a partir de agora o noticiario será renovado e constará, fundamentalmente, de tres partes: noticias breves, grandes reportaxes e páxinas en cor.
  • 1970 - O austriaco Jochen Rindt é declarado campión do mundo de fórmula 1 a título póstumo.
  • 1971 - O Lunokhod I, da URSS, finaliza súa actividade investigadora na Lua, o esgotarselle, o cabo de dez meses, a fonte de enerxía que levaba.
  • 1973 - Acordo entre España e Francia para evitar a dobre imposición.
  • 1975 - Prorrógase sine die o estado de sitio na Arxentina.
  • 1976 - ETA asasina o conselleiro do Reino e presidente da Deputación de Guipúzcoa, Juan María Araluce Villar, e os dous policías da súa escolta e mailo chófer.
  • 1977 - A central nuclear de Lemóniz construese sen as garantías esixidas, polo que se presentan novas denuncias ante a administración.
  • - A ONU sanciona a Sudáfrica co embargo de armas a causa do apartheid.
  • 1979 - España ratifica o Convenio de Dereitos Humanos.
  • 1981 - Ali Jamenei, elexido presidente de Irán en sustitución de Muhammad Ali Rajai.
  • - Remata a folga dos futbolistas españois.
  • - Celébrase en Hamburgo o "Día da Saúde", organizado pola Asemblea da Saúde de Berlín.
  • 1983 - Declárase unha folga xeral en Arxentina.
  • - Inauguración no Palacio de Velázquez do Parque do Retiro da primera exposición antolóxica do escultor Miguel Berrocal.
  • 1984 - India: mais de 100 mortos e feridos nos enfrentamentos relixosos.
  • 1985 - Morren en Perú 34 reclusos nun motín promovido pola organización guerrilleira maoísta Sendeiro Luminoso.
  • 1987 - Michel Prufer bate o récord mundial de velocidade en esquí, a quilómetro lanzado, con 217,68 Qm/h. celebrado no Chile.
  • - O PRI nomea a Carlos Salinas de Gortari candidato ás eleccions presidenciais mexicanas de xullo de 1988.
  • 1988 - Amnistía Internacional revela nun informe o lamentable panorama mundial dos dereitos humanos os 40 anos da Declaración Universal.
  • - Entra en vigor a Constitución que proclama a Brasil coma República Federal.
  • 1990 - EEUU e a URSS acordan un drástico desarmamento convencional en Europa.
  • 1991 - Os delegados de 30 países firman en Madrid o acordo polo que se designa á Antártida "reserva natural para a paz e a ciencia" e prohíbese a explotación minera durante 50 anos.
  • 1992 - Acordo de paz en Roma entre o Gobierno e a guerrilla de Mozambique.
  • - Estrelase en Amsterdam contra uns edificios habitados un avión e causa mais de 200 mortos.
  • - Na cidade alemá de Lahnstein, representantes dos partidos gubernamentais CDU/CSU e FDP, así como a oposición, SPD, acordan unha reforma integral dos servizos sanitarios da República Federal de Alemaña.
  • 1993 - Sofocada a rebelión dos deputados encerrados no Parlamento ruso, que foi bombardeado.
  • - Encarcerados os dirixentes Rutskoi e Jasbulatov. Na revolta morreron o menos 150 persoas.
  • 1994 - EEUU e China firman en Washington un acordo de nos proliferación de misis.
  • 1995 - Miguel Induráin conquista a medalla de ouro do Campeonato Mundial de Contrarreloxio de Ciclismo, disputado en Colombia, e o guipuzcoano Abraham Olano a medalla de prata.
  • 1997 - A Infanta Cristina de Borbón, segunda filla dos reis de España, e o deportista Iñaki Urdangarín casan na catedral de Barcelona.
  • 1998 - Fernando Henrique Cardoso resulta novamente gañador das eleccións presidenciais de Brasil.
  • - A coalición liberal-conservadora australiana volve a obtene-la maioría absoluta nas eleccións xerais.
  • 2001 - Un Tupolev TU-154 ruso choca nos montes Mar Negro despois de que fora golpeado por un proxectil ucraniano errante e morren 78 persoas no indicente.
  • 2002 - Un tribunal estadounidense condena á tabaqueira Philip Morris a pagar 28.000 millons de dólares a unha muller enferma de cángro de pulmón.
  • - Un asasino en serie sementa o pánico nos redores de Washington tras disparar contra unha nova víctima, despois de asasinar a seis cidadans nos vindeiros dous días.
  • 2003 - A Conferencia Intergubernamental (CIG) da UE reúnese en Roma para debater o proxecto da Constitución Europea.
  • - Morren catro persoas nun atentado contra unha mezquita nas Filipinas.
  • - Unha suicida Palestina, Hanadi Jaradat, autoinmólase exprotando dentro dun restaurante da Máxima en Haifa. Morreron 21 israelitas, xudeus e árabes, e outros 51 quedaron feridos.
  • - A atleta británica Paula Radcliffe gaña o seu terceiro título mundial de media maratón.

[editar] Nacementos

  • 1462: - Francisco Roldán Jiménez, expedicionario e navegante español
  • 1472: - Lucas Cranach, pintor aleman
  • 1550: - Carlos IX, rei de Suecia
  • 1607: - Francisco de Rojas Zorrilla, dramaturgo español
  • 1720: - Giovanni Battista Piranesi, artista e gravador italiano
  • 1787: - François Guizot, político e historiador francés
  • 1814: - Jean-François Millet, pintor francés
  • 1822: - Rutherford Birchard Hayes, político e avogado estadounidense
  • 1841: - Prudente de Morais, presidente do Brasil (m.1902)
  • 1853: - Armando Palacio Valdés, escritor español
  • 1858: - Michael Pupin, fisico e inventos estadounidense de orixe hungara, pioneiro do teléfono, Premio Pulitzer 1924
  • 1861: - Frederich Remington, escultor e pintor estadounidense
  • 1868: - Marcelo Torcuato de Alvear, político arxentino
  • 1878: - Doroteo Arango, "Pancho Villa", caudillo popular mexicano
  • 1880: - Juan March Ordinas, empresario e fiñanceiro español
  • - Damon Runyon, escritor americano
  • 1881: - Walther von Brauchitsch, militar alemán
  • 1889: - Francisco Madrid e Villatoro, matador de touros español
  • 1891: - Henri Gaudier-Brzeska, escultor francés, pioneiro da escultura moderna
  • 1895: - Buster Keaton, cineasta e actor cómico estadounidense
  • 1903: - John Vincent Atanasoff, pioneiro da computadora americano
  • - Ernst Kaltenbrunner, funcionario militar alemán
  • 1912: - Francisco de Asís Cabrero Torres-Quevedo, arquitecto español
  • 1917: - Violeta Parra, cantante e folklorista chilena
  • - Jan Murray, cómico americano
  • 1923: - Charlton Heston, actor estadounidense
  • 1926: - Miguel Espinosa Gironés, escritor español
  • 1928: - Alvin Toffler, escritor americano de novela cientifica
  • 1937: - Franz Vranitzky, ex canciller austríaco
  • 1941: - Jackie Collins, novelista britanica
  • - Anne Rice, escritora de novela fastastica americana
  • 1943: - H. Rap Brown (Jamil Al-Amin), activista de dereito civis
  • 1944: - Rocío Dúrcal, cantante e actriz española
  • 1946: - Susan Sarandon, actriz estadounidense
  • 1947: - Ann Widdecombe, membro do Parlamento británico
  • 1949: - Mariano Barbacid, investigador bioquímico español
  • - Armand Assante, actor estadounidense
  • 1950: - Francisco Araiza, tenor mexicano
  • 1953: - Tchéky Karyo, actor francés
  • 1955: - Jorge Alberto Valdano, futbolista hispano-arxentino
  • 1959: - Chris Lowe, músico britanico, compoñente o grupo “Pet Shop Boys
  • - Tony Meo, xogador inglés do billar ruso (snooker)
  • 1960: - Afrika Bambaataa, músico e cantante americano
  • 1962: - Jon Secada, cantante cubano
  • 1963: - A.C. Green, estrela do baloncesto
  • 1967: - Liev Schreiber, actor estadounidense
  • - Marcus Bentley, actor de dobraxe británico
  • 1976: - Alicia Silverstone, actriz americana
  • 1979: - Rachael Leigh Cook, actriz estadounidense

[editar] Mortes

  • 1072: - Sancho II, rei de Castela e León
  • 1160: - Constanza de Castela, raíña de Castela
  • 1226: - Francisco de Asís, santo católico italiano
  • 1582: - Teresa de Cepeda y Ahumada “Santa Teresa de Jesús”, relixiosa española
  • 1669: - Harmenszoon van Rijn Rembrandt, pintor holandés
  • 1821: - John Rennie, enxeñeiro escoces
  • 1851: - Manuel Godoy, político español, valido de Carlos IV
  • 1880: - Jacques Offenbach, compositor alemán
  • 1904: - Frédéric Bartholdi, escultor da Estatua da Liberdade, francés
  • 1946: - Barney Oldfield, pioneiro americano do automovilísmo
  • 1963: - Robert Schumann, un dos artífices da creación da Unión Europea
  • 1970: - Janis Joplin, cantante estadounidense
  • 1982: - Glenn Gould, pianista canadiense
  • 1989: - Graham Chapman, cómico británico
  • 1992: - Dennis Hulme, automobilista neozelandés
  • 1997: - Gunpei Yokoi, deseñador e modisto xaponés
  • 1998: - Jean-Pascal Delamuraz, ex presidente suizo
  • 1999: - Mariano Rubio Jiménez, político español, gobernador do Banco de España
  • - Bernard Buffet, pintor francés.
  • 2000: - Violeta Friedman, escritora venezolana de orixe húngara
  • - Michael Smith, físico estadounidense, Premio Nobel de Química 1993
  • 2002: - André Delvaux, cineasta belga

[editar] Santoral

  • San Francisco de Asís (fundador dos franciscanos, patrón dos ecoloxistas e dos belenistas). Marco, Tiso, Crispín, Marciano, Queremón, Acepsimas, León, Isidoro, Quintin, Tirso e Bonifacio (Martires); Xoaquín, Lucio e Petronio (Bispos); Crispo, Marcos e Caio (Confesores); Paulo "O monxe" (Beato); Diego Luis de Sanvitores (Martir). Calendario Romano: Theseia. Ceres.

[editar] Festas e celebracións

[editar] Outros

Os 366 días do ano


Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com