Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
10 de outubro - Wikipedia

10 de outubro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Set- Outubro -Nov
lu ma xo ve sa do
  1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2006
lu ma xo ve sa do
  1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31
2005
lu ma xo ve sa do
  1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2004

Os 366 días do ano

O 10 de outubro é o 283º día do ano do calendario gregoriano (284º nos anos bisestos). Quedan 82 días para finalizar o ano.


9 de outubro < 10 de outubro < 11 de outubro

Índice

[editar] Acontecementos

  • 1526 - O voivoda transilvano, Xoán Zapolya faise elixir rei, coa axuda dos turcos, contra Fernando de Hansburgo.
  • 1770 - Unha expedición, ao mando de Filipe González, toma posesión da illa de Pascua no nome de España.
  • 1789 - Por "motivos humanitarios", o médico francés Joseph Ignace Guillotin propón unha nova máquina de execución: a guillotina.
  • 1793 - Comeza a época do Medo, derradeira etapa da Convención Montañesa.
  • 1798 - Os británicos ocupan a illa de Menorca.
  • 1832 - O comandante da goleta de guerra "Sarandi", Xosé María Pineda, ocupa as illas Malvinas no nome de Arxentina.
  • 1840 - Emítese no Reino Unido o primeiro selo de correos.
  • 1843 - A raíña Isabel II pon a primeira pedra do edificio do actual Congreso dos Deputados de Madrid.
  • 1846 - Voda de Isabel II co seu curmán o infante Francisco de Asís, no Palacio Real de Madrid.
  • 1856 - Inauguración en Madrid do Teatro da Zarzuela.
  • 1868 - Carlos Manuel de Céspedes declara a independencia de Cuba, feito que dá orixe a Guerra dos Dez Anos.
  • 1897 - O químico alemán Felix Hoffman sintetiza o ácido salicílico do sabugo, predecesor da aspirina, fármaco que chegaría a ser o máis popular e consumido no mundo.
  • 1898 - España: A firma do tratado de París pon fin á guerra entre España e Estados Unidos por mor da illa colonial de Cuba.
  • 1902 - Incidentes entre obreiros e a Garda Civil en La Línea, cun saldo de 30 mortos e incontables feridos.
  • - Nace o "cabalo mecánico", antecesor do actual tractor.
  • 1903 - Estreo en Amberes da ópera “Princesa Raio de Sol”, de Paul Gilson.
  • 1908 - Inauguración das obras do túnel de ferrocarril transpirenaico por Canfranc (Huesca).
  • - Henri Farman establece un novo récord de velocidade con 52 qm/h.
  • 1912 - Os rebeldes derrotan os gobernamentais no Escalón.
  • 1913 - O presidente estadounidense, Woodrow Wilson, fai estoura-la carga de dinamita que voa o derradeiro obstáculo para a unión das augas do Atlántico co Pacífico a través da Canle de Panamá.
  • 1914 - Fernando I, coroado rei de Romanía.
  • 1916 - Os submarinos alemáns estenden o seu radio de acción contra os buques mercantes aliados a todo o Atlántico, até as costas americanas.
  • 1918 - Rosa Luxemburgo abandona a prisión preventiva.
  • 1919 - Estréase en Viena a ópera “A muller sen sombra”, de R. Strauss.
  • - Inglaterra ratifica o tratado de Versalles.
  • 1921 - O exército español reconquista o monte Gurugú, fronte a Melilla.
  • 1928 - Publícase “O eu e o inconsciente”, de Carl Gustav Jung.
  • 1929 - Vólvese a permiti-la entrada no país aos cregos estranxeiros.
  • 1931 - Constitución das JONS, pola fusión dos grupos políticos dirixidos por Ramiro Ledesma e Onésimo Redondo.
  • 1932 - Inauguración dunha xigantesca central eléctrica soviética sobre o Dniéper.
  • 1933 - Constitúese o cuarto Goberno constitucional da Segunda República española, presidido por Diego Martínez Barrio.
  • - A Sociedade de Nacións crea un Alto Comisariado para os refuxiados, co fin de socorrer os alemáns que teñen que fuxir do seu país.
  • 1934 - Inaugúrase en Arxentina o XXXII Congreso Eucarístico Internacional.
  • - Restablécese a pena de morte para determinados delitos.
  • 1935 - Golpe de Estado que acaba coa República en Grecia. O xeneral Condylis é nomeado rexente para da-lo paso a Monarquía.
  • - O consello da Sociedade de Nacións constitúe un comité de sancións para o asunto de Etiopía.
  • 1940 - Ataque aéreo británico contra as instalacións portuarias de Cherburgo.
  • 1941 - Estréase a película “Fantasía” de Walt Disney.
  • - Fracasa o referendo para a anexión de Luxemburgo a Alemaña co 97% de abstencións.
  • 1944 - Os soviéticos cercan por completo o grupo de exércitos do norte alemán en Curlandia.
  • 1945 - É detido o coronel Perón, ex ditador de Arxentina, o que provoca a dimisión do goberno en pleno.
  • 1946 - Apróbase o borrador do tratado de paz entre Italia e Romanía. Albania recobra a súa independencia.
  • 1947 - Devolución a Italia dun tesouro en ouro valorado en 25 millóns de dólares, descuberto no norte de Italia polo V exército de EEUU.
  • 1950 - Estréase en Barcelona a película “Agustina de Aragón” dirixida por Juan de Orduña e protagonizada por Aurora Bautista.
  • 1951 - Estreo en España da película “Sétima páxina”, dirixida por Ladislao Bajad e protagonizada por Rafael Durán, Alfredo Mayo e María Rosa Salgado.
  • 1953 - O emperador de Vietnam Bao-Dai reúne os líderes políticos para prepara-las negociacións con Francia, pero o congreso dexenera en pelexa.
  • 1954 - Franco presencia en Valencia as manobras da VI flota estadounidense.
  • 1955 - O ministro soviético de Asuntos Exteriores Viacheslav Molotov afirma que na URSS non se logrou aínda a construción do socialismo.
  • 1957 - Grave accidente no reactor nuclear británico de Windscale.
  • 1958 - Patrice Lumumba crea no Congo belga o Movemento Nacional Congoleño.
  • 1962 - 100 chineses e 24 indios morren no curso das operacións militares no Nepal.
  • 1963 - Estréase en España a película “Matar a un reiseñor”, protagonizada por Gregory Peck.
  • - Arxentina: Arturo Umberto Illia asume a presidencia da nación.
  • 1964 - Transmítese vía satélite o primeiro programa comercial, directamente dende Xapón aos Estados Unidos.
  • - O francés Jean Paul Sartre renuncia ao Premio Nobel de Literatura.
  • 1965 - Turquía: A vitoria do Partido da Xustiza favorable ás iniciativas de Estados Unidos terá que facer fronte ás protestas dos estudantes de esquerdas.
  • 1966 - España gasta na investigación o 0,2% da súa renda.
  • 1967 - Celébranse eleccións en España para cubrir 108 procuradores en Cortes para o terzo familiar.
  • 1968 - En España 200 mestres non numerarios (PNN) da Facultade de Ciencias Económicas e Políticas deciden non iniciar, polo momento, ningunha actividade docente.
  • - Francia: A asemblea aproba a lei de orientación da ensinanza superior que marca dous grandes principios: autonomía e participación.
  • 1970 - As Illas Fixi obtén a independencia.
  • 1971 - O Partido Socialista austríaco, encabezado por Bruno Kreisky, consegue a maioría absoluta nas eleccións celebradas para o Consello Nacional.
  • 1972 - A policía retirase das universidades de Madrid, ocupadas dende 1968.
  • 1974 - As eleccións lexislativas do Reino Unido dan como vencedor, por lixeira maioría, o Partido laborista, con tres escanos mais cos conservadores.
  • 1978 - Inauguración da mostra de Arte Vasco-78, en Bilbao.
  • - Kenia: Daniel Arap Moi sucede na presidencia a falecido Jomo Kenyatta e converterase no líder da KANU.
  • 1979 - Os vietnamitas de Camboxa acosan os xemeres vermellos, repregados no norte do país.
  • 1980 - Centos de mortos nun tremor que sacude a rexión alxerina de Al Asnam.
  • 1983 - Isaac Shamir, primeiro ministro do Goberno de Israel.
  • - Elementos antisandinistas provocan un incendio no porto nicaraguano de Corinto.
  • 1984 - Nicolás Ardito Barletta toma posesión do cargo de presidente de Panamá.
  • - O Papa Xoán Paulo II realiza unha escala de cinco horas en Zaragoza, na súa viaxe a Santo Domingo e Porto Rico.
  • - Polonia: Tralo asasinato do vicario da parroquia obreira e defensor popular, Jerzy Popielusko. Tres oficiais de seguridade serán detidos por este crime.
  • 1985 - Nova Celandia: O “Rainbow Warrior”, buque do movemento ecoloxista “Greenpeace” é afundido no porto de Auckland causando un morto. Este feito, xunto coas probas nucleares de Francia no Pacífico provocan o escándalo en París.
  • 1986 - Dous terremotos na capital salvadoreña causan a morte a unhas 900 persoas, feridas a 10.000 e danos materiais a mais de 200.000.
  • 1987 - O ciclista italiano Francesco Moser bate o récord da hora de ciclismo e o deixa nos 48,637 km.
  • 1988 - Lubomir Strougal, primeiro ministro checoslovaco, presenta a sua dimisión oficial tras 18 anos no cargo e é substituído por Ladislav Adamec.
  • 1989 - O ministro de Industria e Enerxía, Claudio Aranzadi, presenta o novo Plan de Enerxías Renovables, polo que España deberá investir nos próximos sete anos 150.000 millóns de pesetas para equipara-la utilización de novas fontes enerxéticas previstas pola CE.
  • 1991 - Os "doce" aceptan, en Bruxelas, coa oposición do Reino Unido e Portugal, o futuro poder de codecisión lexislativa do Parlamento Europeo.
  • 1992 - Constitución do Patronato do Instituto Cervantes, co obxectivo de promove-la expansión do idioma español no mundo.
  • 1993 - O Movemento Socialista Panhelénico gaña as eleccións parlamentarias en Grecia co 48% dos votos.
  • 1994 - Akihito e Michiko inician en Madrid a primeira visita oficial na historia duns emperadores do Xapón a España.
  • 1995 - Prosegue o avance bosnio-croata sobre Bosnia occidental coa conquista de Mrkonjic e Sanski Most, derradeira defensa de importancia na ruta que leva a Banja Luka.
  • 1997 - Premio Nobel da Paz a Campaña Internacional contra as Minas Antipersoas (ICBL).
  • - O Consello de Ministros aproba o Real Decreto que regula o Himno Nacional español. Días antes, o Estado adquirira os dereitos da "Marcha Real" por 130 millóns de pesetas.
  • 1999 - O Partido Socialista de Portugal vence nas eleccións xerais celebradas neste país, aínda que sen maioría absoluta.
  • - O equipo español de golf, integrado por José María Olazábal, Miguel Ángel Jiménez e Sergio García, gaña por primeira vez a copa Dunhill, considerada como o campionato do mundo por equipos.
  • - Óscar Freire gaña con 23 anos o Campionato do Mundo de ciclismo en estrada. Repite así a conquista de Abraham Olano en 1995.
  • 2000 - Jack S. Kilby recibe o Premio Nobel de Física ‘’ex aequo’’ con Herbert Kroemer e Zhores Alfiorov.
  • - Os estadounidenses Alan Heeger e Alan McDiarmid e o xaponés Hideki Shirakawa reciben o Premio Nobel de Química.
  • 2002 - 25 persoas morren ao estourar unha bomba colocada pola guerrilla separatista chechena nunha comisaría de policía no Grozni.
  • - Co asasinato en Virxinia dun home que repostaba nunha gasolineira, o "francotirador de Washington" cóbrase a súa novena vítima.
  • - Un millón de persoas, convocadas pola Coordinadora Democrática, concéntrase en Caracas para esixi-la dimisión do presidente venezolano Hugo Chávez.
  • - O poeta valenciano Carlos Marzal gaña o Premio Nacional de Poesía coa súa obra “Metais pesados”.
  • 2003 - O príncipe Johan Friso de Holanda, segundo fillo da raíña Beatriz, renuncia os seus dereitos sucesorios para casar con Mabel Wisse.
  • - O Goberno español denega o indulto aos "Albertos" (Cortina e Alcocer); coñecidos empresarios, condenados por un delito de estafa e falsidade documental.
  • - O rei de Marrocos, Mohamed VI, impulsa unha reforma legal contra a discriminación das mulleres.

[editar] Nacementos

  • 1483: - Martín Lutero, teólogo e reformador alemán.
  • 1684: - Jean Antoine Watteau, pintor francés.
  • 1731: - Henry Cavendish, físico e químico británico.
  • 1738: - Benxamin West, pintor estadounidense.
  • 1777: - Heinrich von Kleist, poeta e dramaturgo alemán.
  • 1813: - Giuseppe Verdi, compositor italiano.
  • 1830: - Isabel II, raíña de España.
  • 1834: - Aleksis Kivi, escritor finlandés.
  • 1839: - Francisco Ginés de los Ríos, filósofo e pedagogo español, fundador da Institución Libre de Ensinanza.
  • 1841: - José Calderón Díaz, picador de touros español.
  • 1854: - Jerónimo Ximénez, compositor español de zarzuelas.
  • 1856: - Luis Mazzantini e Eguia, matador de touros español.
  • 1860: - Joan Maragall, escritor español en lingua catalá.
  • 1861: - Fridtjof Nansen, explorador noruegués, científico, político, escritor, Premio Nobel da Paz 1938.
  • 1892: - Ivo Andric, novelista serbocroata laureado co Premio Nobel de Literatura 1961.
  • 1895: - Lin Yutang, escritor chinés.
  • 1900: - Helen Hayes, actriz estadounidense.
  • 1901: - Albert Giacometti, escultor suízo.
  • 1910: - Gilberto Alzate Avendaño, avogado, xornalista e político colombiano
  • - Ramón Gaya, pintor e poeta español.
  • - Subrahmanyan Chandrasekhar, astrofísico estadounidense de orixe india, Premio Nobel de Física 1983.
  • 1913: - Claude Simon, escritor francés.
  • 1920: - Thelonious Monk, pianista de jazz e compositor estadounidense.
  • 1924: - Ed Wood, cineasta estadounidense.
  • - James Clavell, guionista e realizador británico.
  • 1930: - Harold Pinter, dramaturgo británico.
  • 1942: - Peter Coyote, actor estadounidense.
  • 1943: - Jean Jacques Annaud, director de cine francés.
  • 1948: - Xabier Aguirresarobe, director de fotografía español.
  • 1951: - Jeanette, cantante británica.
  • 1956: - Martina Navratilova, campioa estadounidense de tenis de orixe checa.
  • 1967: - Thomas Muster, tenista austríaco.

[editar] Mortes

  • 1241: - Celestino IV, Papa.
  • 1827: - Hugo Fóscolo, poeta e patriota italiano.
  • 1837: - Charles Fourier, socialista utópico francés.
  • 1856: - Vicente López Planes, poeta e militar arxentino, autor da letra do himno nacional arxentino.
  • 1913: - Lucio Mansilla, escritor, militar e diplomático arxentino.
  • 1944: - Agustín Fontanella, comediógrafo arxentino.
  • 1970: - Edouard Daladier, político francés.
  • 1973: - Ludwig von Mises, economista austríaco.
  • 1982: - Bernardo Canal Feijoo, escritor, dramaturgo, poeta, pensador e ensaísta arxentino.
  • 1983: - Ralph Richardson, actor británico.
  • 1985: - Orson Welles, cineasta estadounidense.
  • - Yul Brynner, actor estadounidense de cine de orixe rusa.
  • 1986: - Antonio di Benedetto, escritor e xornalista arxentino.
  • 1991: - Pío Cabanillas Gallas, político español.
  • 1999: - Morris West, escritor australiano.
  • 2000: - Sirimavo Bandaranaike, política e primeira ministra de Sri Lanka.

[editar] Santoral

  • San Gonzalo, Tomé de Villanueva, Claro, Pinito, Paulino, Cerbonio (Bispos); Eulampio e Eulampia, Venancio, Daniel, Samuel, Anxo, León, Nicolao, Hugolino, Xereón, André, Demetrio, Tiberio, Alderico, Basian, Víctor, Casio e Florencio (Mártires); Teófilo (Monxe); Zacarías e Francisco de Borxa (Confesores); Daniel Comboni (fundador dos Misioneiros Combonianos). Calendario Romano: Tesmoforias.


[editar] Festas e celebracións

  • Día Mundial da Saúde Mental

[editar] Outros

Os 366 días do ano

Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com