Bruxelas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bruxelas (en francés Bruxelles, en holandés Brussel, en alemán Brüssel) é a capital de Bélxica.
Índice |
[editar] Bruxelas na actualidade
Bruxelas é a principal cidade da municipalidade de Bruxelas, unha dos 19 municipios que compoñen a rexión da capital de Bélxica.
A capital é unha rexión da Bélxica de seu, xuntamente con Flandres e Valonia, mais é un enclave en Flandres. A primeiros de xaneiro de 2003, a rexión tiña unha poboación de 992.041 habitantes, nunha área de 161,382 km², o que lle confere unha densidade poboacional de 6.109 habitantes por km². A aglomeración urbana, que se extende para alá das fronteiras da rexión, ten preto de 1774 mil habitantes.
[editar] Historia
Bruxelas, a rexión capital está habitada por belgas de lingua holandesa e de lingua francesa, a pesar do holandés (e as súas linguaxes xermánicas predecesoras) ter sido a lingua histórica de Bruxelas por case toda a súa historia. O francés foi durante séculos apenas falado pola alta-burguesía e a nobreza. Tornouse unha lingua popular durante o dominio de Francia, e depois de 1830, coa inmigración de moitos franceses (algúns deles revolucionarios) e moitos valóns, atraídos polas novas autoridades belgas.
Como en 1830 apenas a alta burguesía e a nobreza (menos de 1% da poboación) tiña dereito a voto, estes grupos quixeron moldear o novo estado de acordo coas súas preferencias. Como resultado, eles tiveron de atraer moitos valóns (de lingua francesa) para traballar nos servizos públicos. Desde este período, a lingua neerlandesa e os flamengos foron discriminados.
[editar] Universidades
Bruxelas ten varias universidades, dúas das cales son a Université Libre de Bruxelles (ULB) e a Vrije Universiteit Brussel (VUB).