Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ano bisesto - Wikipedia

Ano bisesto

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Chámase ano bisesto ao ano que posúe un día a máis que os anos comuns. O obxectivo é manter o calendario utilizado en sincronía cos eventos estacionais relacionados coas estacións do ano. No caso do calendario gregoriano, asignaselle 1 día extra cada 4 anos no mes de febreiro, que pasa a ter 29 días (e o ano 366 días) en vez de 28 como nos anos comuns de 365 días, co fin de equilibrar a duración do ano solar co calendario

Índice

[editar] Causa dos anos bisestos

[editar] Período de traslacion terrestre

A razón de que existan anos bisestos é que a Terra non bota exactamente 365 días en dar a volta arredor do Sol, senón que tarda aproximadamente 365,25 días solares (1 ano trópico) (*) para darlle unha volta completa arredor do Sol, mais o ano común ten 365,000 días solares exactos. Polo tanto, esa sobrante anual dunhas 6 horas representa cada 4 anos case 1 día, que se lle engade ao mes de febreiro por motivos históricos.

[editar] Razóns para correxer o desfase

Se non houbese anos bisestos, as estacións do ano anticiparianse gradualmente co pasar dos anos, debido á falta de sincronía entre o ano trópico e o ano estacional, ocasionando confusións en sectores como a agricultura. De feito iso aconteceu e foi a razón do paso do calendario xuliano ao calendario gregoriano.

(*) a duración do ano trópicp é lixeiramente menor (365,242190) e varía de ano en ano.

[editar] Como saber se un ano é bisesto

No calendario gregoriano, o ano bisesto é aquel que é múltiplo de 4, excepto os múltiplos de 100 que non sexan múltiplos de 400.

  • Son polo tanto bisestos:
  • Os múltiplos de 4 e non múltiplos de 100: 1996, 2004, 2008 e 2012
  • Múltiplos de 400: 1600, 2000, 2400
  • Non son bisextos:
  • Múltiplos de 100 e non de 400: 1700, 1800, 1900 e 2100

[editar] Curiosidades

[editar] Historia

[editar] Calendario xuliano

O calendario xuliano, implantado en 45 a.C por Xulio César, tiña unha regra similar, aínda que máis simple que a actual, para definir os anos bisestos. Serían bisestos, sen excepción, todos os anos múltiplos de 4. A regra foi respetada do 12 d.C ao 1582 d.C, ano da implantación do calendario gregoriano. Entre 45 a.C e 12 d.C os anos bisestos existiron mais seguían outro mecanismo. Dese xeito, a duración media dun ano segundo o calendario xuliano (Tx) en días solares é:


  • Tx = 365 + 1/4 = 365,25



Como a duración media do ano no calendario xuliano (Tx) é maior que a duración do ano trópico, para que se manteña o axuste entre o ano estacional e o ano trópico, esa diferenza de 0,00781 día trai a necesidade de retirarmos 1 día do calendario anual a cada 128 anos. Polo tanto esa fórmula de corrección do ano bisesto acaba causando, a longo prazo, atrasos nas estacións do ano, o inverso do que ocorrería se nada fose feito. Vexa a conta abaixo:


  • Anos para axuste de 1 día = 1 / 0,00781 = 128 anos


A pesar da existencia dese problema nada se fixo para corrixilo ata o 1582.

[editar] Calendario gregoriano

En 1582 o Papa Gregorio XIII implantou o calendario gregoriano. O obxetivo foi corrixir o atraso acumulado. Definiuse que o axuste debería ser feito de forma que o equinoccio de marzo caíse no día 21 daquel mes, o que estaba en conformidade co primeiro Concilio de Nicea (325 d.C). A verdade é que esa definición do equinoccio de marzo foi tamén en consonancia coa vontade da igrexa católica en definir a comemoración da Pascua cristiá en data diferente da Pascua xudaica (Pesach).

Entre 325 e 1582 pasaron 1257 anos, co cal, acumularanse, despois de 1257 anos, aproximadamente 10 días (9,82 días) de desfase. Polo tanto, en 1582, na transición entre os xuliano e o gregoriano, o día 4 de outubro foi seguido polo día 15 de outubro. Eses 10 días elimináronse do calendario de aquel ano.

Estableceuse para o calendario gregoriano que serían bisestos todos os anos múltiplos de 4, excepto se fose múltiplo de 100. Os múltiplos de 400 tamén son bisextos. Na práctica iso significa que hai 97 anos bisextos a cada 400 anos. Polo tanto a duración media dun ano de acordo co calendario gregoriano (Tg) é:


  • Tg = 365 + 1/4 - 1/100 + 1/400
  • Tg = 365 + 97/400
  • Tg = 365,2425


Entón a diferenza entre 1 ano trópico e Tg é:

  • Dg = ano trópico - Tg
  • Dg = 365,242190 - 365,242500
  • Dg = - 0,00031


Ou sexa, aínda hai un erro mais é moito menor que o proporcionado polas regras do calendario xuliano. Nesa nova regra adotada polo calendario gregoriano o erro de 1 día de atraso ocorre só despois de máis de 3000 anos.

[editar] A orixe do nome bisesto

A orixe do nome bisesto ten relación co antigo calendario romano. Os romanos adotaban nomes para os días. O primeiro día dun més chamadase Calendae. Os últimos días dun més eron nomeados en relación a canto tempo faltaba para o primeiro día do mes seguinte (Calendae). Vexa o exemplo: o 7° día antes do Calendae de marzo, o 6° día antes do Calendae de marzo, o 5° día antes do Calendae de marzo e así en diante. Na verdade non existía un 2° día antes do Calendae. Iso ocorría de acordo co sistema de conta usado polos romanos o proprio Calendae era o primeiro día. Entón o día antes do Calendae e o 2° día antes do Calendae significaban a mesma cousa. Na práctica, facendo un paralelo entre o sistema usado polos romanos e o actual, o final do més de febreiro presentaríase da seguinte forma:


7° día antes do Calendae de marzo = 23 de febreiro
6° día antes do Calendae de marzo = 24 de febreiro
5° día antes do Calendae de marzo = 25 de febreiro
4° día antes do Calendae de marzo = 26 de febreiro
3° día antes do Calendae de marzo = 27 de febreiro
o día antes do Calendae de marzo = 28 de febreiro
Calendae de marzo = 1° de marzo

O calendario romano tiña unha peculiaridade: case sempre era necesario incluir un mes extra ou períodos variables de inverno para o ano ficar cun número de días arredor de 365. Na época da adopción do calendario xuliano, o romano tiña 355 días por ano, sen contar os extras. Cada 2 anos era necesario incluir un més chamado Intercalaris de 22 ou 23 días para minimizar os problemas de sincronía deste sistema coas estacións do ano. Retrocedendo algúns séculos na historia, na época da introdución do calendario romano, ese mes extra ficaba entre o 7° e o 6° día antes do Calendae de marzo pois nesta primeira versión, marzo era o primeiro mes do ano e os meses de xaneiro e febreiro non existían. Nada máis natural que colocar o Intercalaris antes do inicio do ano (equivalente a despois do fín do ano). Mesmo despois da primeira reforma do calendario romano que incluiu os meses de xaneiro e febreiro, o mes extra continuou antes do mes de marzo, dentro de febreiro. Xulio César, ao criar seu calendario, mantivo o patrón para o día extra do ano bisesto, dobrando o entón chamado 6° día antes do Calendae de marzo. Facendo novamente un paralelo entre o calendario romano e o sistema actual, incluindo o día extra do ano bisesto, temos:

7° día antes do Calendae de marzo = 23 de febreiro
6° día antes do Calendae de marzo = 24 de febreiro
6° día antes do Calendae de marzo = 25 de febreiro
5° día antes do Calendae de marzo = 26 de febreiro
4° día antes do Calendae de marzo = 27 de febreiro
3° día antes do Calendae de marzo = 28 de febreiro
o día antes do Calendae de marzo = 29 de febreiro
Calendae de marzo = 1° de marzo

O sexto día antes do Calendae duplícase. Por iso o nome é bisexto. E iso tamén explica o motivo de que o día extra do mes de febreiro sexa o 24° e non o 29°. Mais tratase de curiosidade histórica pois nin mesmo a igrexa católica segue esta convención actualmente. De feito, o día adicional é o 29°.

[editar] Alternativas

  • Na década de 1920 as igrexas Ortodoxas do leste Europeo criaron un mecanismo diferente para determinar os anos bisestos. Substituíron o "divisible por 400 é bisexto" por "os anos que divididos por 900 presentaren resto da división igual a 200 ou 600 son bisextos". Iso significa que os anos de 1900, 2100, 2200, 2300, 2500, 2600, 2700, 2800 son comuns (non bisextos) e os anos 2000, 2400 e 2900 son bisextos. Iso non cría conflitos co resto do mundo ata o ano 2800. Na práctica significa que hai 218 anos bisestos por cada 900 anos, o que fai a duración media do ano nese sistema ser de 365,24222 días (365 + 218/900), o que é máis preciso que o adoptado polo calendario gregoriano.
  • O calendario gregoriano posúe 970 anos bisestos cada 4000 anos. Hai estudosos que defenden unha regra na cal haxa 969 anos bisestos en cada 4000 anos (365,24225). A media ficaría máis próxima da duración do ano trópico que no actual modelo. A regra consiste en excluir os anos múltiplos de 4000 como se fosen bisextos. Así como o método suxerido polas igrexas Ortodoxas do Leste Europeu, ese sistema é compatible co actual por moito tempo, ou sexa, podese postergar ata preto do ano 4000 do calendario gregoriano para debater o asunto.


[editar] Fontes

[editar] Wikipedia en inglés

[editar] Externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com