Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Nacionalismo galego - Wikipedia

Nacionalismo galego

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Nacionalismo galego é unha corrente eminentemente social (coas súas dimensións cultural e política) que propón o recoñecemento de Galiza como nación.

Índice

[editar] Ideoloxía

Dentro do nacionalismo galego podemos atopar dúas correntes ideolóxicas principais:

  • Unha, a maioritaria que avoga por unha ampla autonomía, ou pola transformación de España nun estado federal ou confederal.
  • Outra, a da esquerda independentista, que aposta pola ruptura co estado español e co modelo de sociedade capitalista.

Estas dúas correntes, nembargantes, teñen puntos en común como son a defensa da lingua (defendendo algúns o reintegracionismo) e cultura galega, o recoñecemento de Galicia como nación e a defensa da integración dos concellos galegofalantes de Asturias e Castela e León na Comunidade Autónoma Galega. Por outra parte cabe resaltar o feito de que, ó contrario co que sucede no País Vasco e Cataluña, en Galicia predomina o nacionalismo de esquerdas, dende posicións que van dende a esquerda radical (Primeira Linha) ata posicións moderadas de centro-esquerda (BNG).

[editar] Historia

O nacemento do nacionalismo galego propiamente dito dase coas Irmandades da Fala, pero antes houbo outros tres movementos sen os cales non é doado imaxinar a existencia do nacionalismo galego. O galeguismo nacionalista coñecerá o seu completo desenvolvemento coa creación do Partido Galeguista en 1931. Hoxe en día, o nacionalismo galego é unha corrente de pensamento que conta cada día con máis adeptos.

[editar] Os precursores

Dentro dos precursores podemos sinalar tres movementos:

[editar] O Provincialismo

  • Vexa o artigo principal Provincialismo galego

O provincialismo é un movemento que nace en 1840 para defender a integridade do territorio de Galicia. Esta integridade víase ameazada por mor dun proxecto de división do estado en provincias que se comezara a elaborar trala morte de Fernando VII. Os provincialistas querían que Galicia fose unha soa provincia e que non fose dividida nas catro que hoxe coñecemos.
Hai dúas etapas no movemento provincialista: unha que vai de 1840 a 1846 e outra que vai de 1854 a 1865. A primeira etapa caracterízase por ser un período moi activo cultural e políticamente. É neste período cando os provincialistas súmanse ó pronunciamento do comandante Miguel Solís, que acabará co fusilamento dos Mártires de Carral. O segundo provincialismo é básicamente cultural, e é con el cando se produce o Rexurdimento literario de Galiza.

[editar] O federalismo

A partir de 1865, e ata 1875, desenvólvese o federalismo galego, que acadará o seu cumio coa Primeira República Española. Os federalistas propugnaban que Galicia ficase como un cantón dentro do estado español e que fose rexida pola súa propia Constitución cantonal. Esta etapa, non obstante non é demasiado importante e non perviviu de ningún xeito.

[editar] O rexionalismo

  • Vexa o artigo principal Rexionalismo galego

Este período dura entre 1875 e 1907 (aprox), ainda que hoxe en día hai políticos que seguen a mantelo. Neste período dase unha reestructuración cultural e ideolóxica, na que sectores tradicionalistas e conservadores adoptan as ideas galeguistas. O seu acontecemento destacado é a fundación da Asociación Regionalista Gallega, e terá como líderes principais a Manuel Murguía e Alfredo Brañas. Remata coa fundación da Real Academia Galega e o paso ás Irmandades da Fala.

[editar] Nacemento

[editar] Evolución

[editar] Actualidade

O único partido actual con presenza no Parlamento Galego que se define como nacionalista é o Bloque Nacionalista Galego, posicionado nunha esquerda moderada, con Anxo Quintana á testa. Este coñeceu un considerable aumento dos votos nos anos recentes, chegando incluso a ser, con Xosé Manuel Beiras, a segunda forza política de Galicia, por diante do Partido Socialista de Galicia. Coñeceu, non obstante, un descenso de votos nas eleccións galegas do 2005, pasando a ser a terceira forza política. Na opción de centro preséntase o recentemente refundado Partido Galeguista, que aínda non se ten presentado ás eleccións; e na liña independentista os partidos con máis forza son a Frente Popular Galega e Nós-Unidade Popular.

O nacionalismo galego ten experimentado un notable crecemento nos anos recentes, pasando o voto nacionalista dun 9% a máis dun 13%. Apareceron moitas organizacións xuvenís que apoian o independentismo galego, e, malia seren moi numerosas, carecen de éxito e poder político real. Entre estas, a máis forte é Nós-Unidade Popular, que ten organizado campañas para o retiro dos restos da simboloxía do réxime franquista que aínda quedan en Galicia.

O nacionalismo galego acadou un fito histórico tralas eleccións autonómicas do 2005. Por primeira vez, malia ter experimentado un descenso dos votos, un partido nacionalista galego, o BNG, logrou formar parte do goberno, ocupando o seu dirixente Anxo Quintana o cargo de Vicepresidente da Xunta de Galicia. Nesta lexislatura apróbanse importantes proxectos para o galeguismo, como son a creación dunha rede de galescolas ou a completa reactivación da selección galega de fútbol, que pasou polo seu "bautismo de lume" nun partido amistoso contra a selección de Uruguai o sábado 29 de decembro de 2005, sendo o resultado 3 - 2 a prol de Galicia.

[editar] Partidos políticos e organizacións nacionalistas

[editar] Vexa tamén

[editar] Ligazóns externas

Nacionalismo galego: Orixes e evolución (en castelán).
Galicia espallada: Citas dos máis importantes escritores nacionalistas

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com